Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARME ADÁN AFIRMA QUE HAI -QUE REMATAR COS NÍVEIS DE PROBEZA- E LEMBRA QUE -HAI PERSOAS TRABALLANDO PERO ESTÁN NOS UMBRAIS DA PROBEZA-

Salientou as potencialidades de Tui como comarca productora no ámbito da floricultura.

Salientou as potencialidades de Tui como comarca productora no ámbito da floricultura.

Fecha: 09 de Diciembre de 2015

Fuente: Nós Candidatura Galega

Adan advertiu que "quedan 260 horas para que se pechen as urnas, e hoxe aínda estamos a tempo para non arrepentirnos o día 21" e ironiza sobre "a ridícula rebaixa de 5 céntimos na apeaxe da AP-9 cando debería ser gratuita"

A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, advertiu este serán nun acto en Tui que "quedan 260 horas para que se pechen as urnas, e hoxe aínda estamos a tempo para non arrepentirnos o día 21. "Temos tempo para convencer a todo o mundo de que isto non vai de catro magníficos".

A candidata de Nós puxo de manifestó que "isto non vai de catro magníficos. O noso non vai dun debate televisivo de bipartidismo a catro, do que non só se excluiu a Nós senón que se excluiu a Galiza e os seus problemas". E pediu o voto para Nós porque "somos parte deste país e entendemos os seus problemas e as súas necesidades".

"Cada vez hai máis probeza, incluso tendo traballo"

Adán destacou o programa social de Nós, poñendo de relieve que "hoxe aínda que teñas traballo, cada vez hai máis xente probe. Todos coñecemos no noso entorno a xente que perdeu o seu traballo, ou fillos que traballan por 400 euros e máis de 8 horas. Iso chámase empobrecemento da vida".

Salientou as potencialidades de Tui como comarca productora no ámbito da floricultura. "Unha vila rica en patrimonio que merece estar nun lugar destacado". Puxo de manifesto que no debate de onte "nin nomearon a Galiza, e moito menos a Tui". "No bipartidismo a catro non están os problemas de todos os días e tampouco as propostas para saír adiante".

Criticou o panorama que deixou Rajoy no que "hoxe os mozos e as mozas soñan con ser mileuristas, fixádevos ben, porque están a cobrar salarios de 400 ou 500 euros. Imos a pior". Censurou as altas peaxes da AP-9, unha autoestrada amortizada e cunha concesionaria que ingresa grandes beneficios. "Ven Ana Pastor a dicernos que rebaixa a autoestrada 5 céntimos. Xa vedes, cando Nós pedimos que sexa gratuita, non se pague".

Alertou da existencia de 180.000 persoas na Galiza que non poden pagar a factura da luz. "Chámase probeza enerxética e subliñou o paradoxo de sermos "excedentarios na producción de electricidade pero non temos compensación na factura da luz". cousas de comer, sobre as pensións máis baixas do estado que temos en Galiza, sobre o repagamento dos medicamentos, da privatización da sanidade pública e da educación.

Adán dixo que "debemos ter forza para estos días que nos quedan fronte ao apagón informativo. A política é para as persoas, ese é o noso compromiso. E a partir do 21-D, comprométome a levar todos os problemas de Galiza ao Congreso e representarvos todo o mellor que poida".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones