Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

LOUZÁN CONSIDERA QUE -NON HAI PARTIDO NA PROVINCIA QUE PRESENTE UNHA CANDIDATURA COMO O PP-

As listas populares presentan un 70% de renovación

As listas populares presentan un 70% de renovación

Fecha: 20 de Noviembre de 2015

Fuente: PP Pontevedra

O PP provincial presentou hoxe, arroupados polo presidente rexional do partido, Alberto Núñez Feijóo, aos 26 integrantes das candidaturas ao Congreso e ao Senado que esta formación presenta para as eleccións do 20 de decembro e que segundo recalcou o presidente provincial Rafael Louzán, se caracteriza por unha "elevadísima renovación", superior ao 70% só nos candidatos titulares, e por conformar "unha lista equilibrada, na que están representadas todas as comarcas da provincia".

Neste sentido, Rafael Louzán, indicou que na conformación das listas populares buscouse darlle un peso específico ás principais cidades da provincia, pero tamén a representación de todas as demais comarcas, como o Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Salnés, Condado-Paranta, Morrazo, Caldas e Baixo Miño.

Explicou ademais que non se buscaron cotas senón a mellor representación, e indicou que os integrantes das dúas candidaturas (cámara alta e baixa) son un total de 12 mulleres e 14 homes, cunha media de idade de 45 anos.

Louzán asegurou que se tratou ademais de combinar a experiencia nos tres niveis da administración coa renovación e a ilusión de traballar pola súa provincia.

"Non hai candidatura na provincia que presente un cartel coma o noso, e menos aínda cun cabeza de lista coma a nosa, porque incluso me atrevo a dicir que non hai ningúen nesta provincia que fixera tanto por Pontevedra como Ana Pastor".

"Temos, en definitiva, ao mellor equipo e aos máis preparados, porque para recuperar totalmente este país fai falta xente con experiencia, que saiba de que fala, que saiba negociar, xestionar e sobre todo dar solucións", sinalou o líder provincial.

Non hai tampouco ningún partido que poida darnos leccións de nada, e moito menos os alumnos de Zapatero, porque cando tiveron a súa oportunidade non a souberon aproveitar, ao contrario, despreciaron a Galicia e despreciarion a esta provincia".

En alusión directa ás declaracións realizadas pola presidenta da Deputación, e concelleira de Vigo, Carmela Silva, nas que asegurou, na presentación da candidatura do PSOE que todos os proxectos que se executaron nos últimos catro anos na provincia quedaran asinados e acordados polo anterior goberno do PSOE, Louzán recordoulle aos socialistas que a única herdanza que deixou foi un país ao borde da quebra, con facturas por pagar e todo por facer".

"Como pode ter esta señora o atrevemento de falar do que fixo o deixou o de facer o PP cando o seu xefe-instrutor de Vigo prometeu en 2007 que o AVE chegaría en 2012 a Vigo, preguntou o presidente provincial.

En canto aos resultados, Louzán explicou que "fixemos unha lista ganadora, pero sabemos que isto non abonda, temos que seguir explicando o noso proxecto de futuro, e concienciar á sociedade do que suporía para este país unha volta ao pasado". Sabemos que os resultados non van ser os mesmos que hai 4 anos, porque nin as circunstancias son as mesmas nin antes sufrimos o desgaste propio de estar gobernando, pero aspiramos a unha maioría absoluta".
LISTA AO CONGRESO
ANA PASTOR JULIÁN
IRENE GARRIDO VALENZUELA
PILAR ROJO NOGUERA
SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE
TOMÁS FOLE DÍAZ
GONZALO JORGE ORDÓÑEZ PUIME
ANA SIMÓNS SÁNCHEZ
SUPLENTES
SHEILA FERNÁNDEZ COBAS
RUBÉN OUBIÑA PAZ
SALOMÉ TRONCOSO VIÉITEZ
ÓSCAR SOTO ABADÍN
JUAN MANUEL BAPTISTA OVIEDO
ANDRÉS SAMPEDRO FERNÁNDEZ
JORGE CALDAS DOMÍNGUEZ
MARÍA DEL CARMEN ALONSO ALONSO
CONCEPCIÓN ISOLINA SOMOZA CALVIÑO
PABLO NOVÁS CABALLERO

CANDIDATOS AO SENADO
MARTA LUCIO GÓMEZ
SUPLENTES
RAFAEL LOUZÁN ABAL
ROCÍO DE SINDE PENAS

MIGUEL FIDALGO IGLESIAS
SUPLENTES
MARÍA ELVIRA LARRIBA LEIRA
MANUEL ÁNGEL LORES BUEZAS

JOSÉ CRESPO IGLESIAS
SUPLENTES
JESÚS OTERO VARELA
CONCEPCIÓN ORTEGA MARTÍNEZ

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí