Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARME ADÁN: -NÓS NON SOMOS UNHA CANDIDATURA DE PLÁSTICO, TEMOS UN PROXECTO ANTI RECURTES E PARA GALIZA, CON CONTIDO DETRÁS-

A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega lembrou o labor do nacionalismo galego no Congreso que grazas á súa presión e iniciativa logrou que Montoro rebaixase o IVE ao sector da floricultura

A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega lembrou o labor do nacionalismo galego no Congreso que grazas á súa presión e iniciativa logrou que Montoro rebaixase o IVE ao sector da floricultura

Fecha: 07 de Diciembre de 2015

Fuente: Nós Candidatura Galega

A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, afirmou no acto de Tomiño que "Nós non somos unha candidatura de plástico nin un escaparate de Nadal, temos un proxecto serio detrás, pensado para Galiza e cun programa anti recurtes".

Advertiu aos presentes do "silenzo informativo existente" e animou a facer unha campaña cercana, nas rúas e explicando as nosas propostas. Advertiu que "o nacionalismo galego molesta porque ten un proxecto político auténtico, porque demostramos que pelexamos no Congreso cada vez que atacan aos nosos sectores produtivos e cada vez que atacan aos nosos dereitos laborais, educativos, sanitarios ou económios". "Nunca demos un paso atrás, non nos arredramos e denunciamos as inxustizas co leite, coa pesca, co naval, coa conserva, e tamén os recurtes do PP. Cada un dos seus recurtes tivo a nosa frontal oposición. Por eso nos queren silenciar, porque molestamos".

No acto de Tomiño participou tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e Miriam Rodríguez.

A candidata fixo unha especial alusión a sectores produtivos destacados no Baixo Miño como o da floricultura e plantas de ornamentación. "Un sector que se logrou asentar e desenvolver con moito esforzo e traballo pero ao que Montoro castigou cun IVA demoledor que lle prexudicou enormemente a pesar da relevancia internacional que adquiriu". Coa suba do IVE do PP non podía competir cos prezos do sector en Portugal, cun IVA rebaixado. Lembrou o labor incansable de Olaia Fernández Davila no Congreso, que grazas ás súas iniciativas e a súa insistinte presión perante o Ministro de Facenda, conseguiu que se rebaixase o IVE ao sector da floricultura, algo que lle agradeceu e recoñeceu o sector do Baixo Miño en numerosas ocasións.

Neste sentido, tamén destacou o impacto negativo do IVE no importante tecido comercial existente en Tomiño. E comprometeuse a levar ao Congreso a demanda de rebaixar o IVE até coseguer o seu descenso.

"Temos que pagar menos de factura de luz"
A candidata de Nós puxo de manifesto que o Baixo Miño é unha comarca rica tamén noutro recurso: a riqueza que proporciona o río Miño. "Un Miño moi castigado polos encoros e os saltos hidráulicos das empresas eléctricas. Esta sobreexplotado, con enormes impactos medioambientais e no eido socio-económico da comarca, especialmente no colectivo de pescadores de río. Os encoros teñen un impacto negativo no ecosistema de especies piscícolas e a apertura de comportas afecta aos seus ciclos. Algo que coñecen ben os pescadores do Baixo Miño".

Subliñou que "sofrimos estas consecuencias pola explotación dos nosos recursos naturais pero non recibimos nada a cambio. Non hai compensación con esta comarca. As eléctricas lévanse toda a ganancia e nada deixan aquí. Por iso nós propomos unha compensación: unha tarifa eléctrica galega para que paguemos menos de luz. Reivindicamos que se nos compense cun recibo da luz máis barato porque producimos enerxía e a exportamos a conta de que se prexudique ao noso medio ambiente e tamén a modos de vida como a pesca".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones