Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carmela Silva e Sandra González asinan o convenio do Plan Reacpon para dotar a Tomiño do Espazo Isaura Gómez

O novo equipamento socio cultural, -un soño feito realidade- terá un orzamento de 1,7 millóns de euros e albergará a nova biblioteca, a área de Atención Temperá, o Arquivo Municipal e unha sala de usos múltiples

O novo equipamento socio cultural, -un soño feito realidade- terá un orzamento de 1,7 millóns de euros e albergará a nova biblioteca, a área de Atención Temperá, o Arquivo Municipal e unha sala de usos múltiples

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Enero de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

Un equipamento icónico de uso sociocultural que quere converterse nun referente para a cultura de toda a comarca e do veciño norte de Portugal, amais dun novo lugar de encontro da veciñanza. Coa sinatura do convenio entre a Deputación e o Concello de Tomiño que protagonizaron a presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e a alcaldesa Sandra González, arranca o proceso para a construción na parroquia do Seixo do novo “Espazo Isaura Gómez”, proxecto do Plan ReacPon xa adxudicado e cuxas obras poderán comezar este mesmo mes de xaneiro.

 

Cun importante investimento de 1.740.586,11€, dos que a Deputación achega 1.108.423,05€ e o Concello 632.163,06€, o novo edificio estará situado moi próximo á Praza do Seixo que xa contou cunha achega do Plan DepoRemse, polo que este novo espazo socio cultural continuará facendo da zona un lugar de convivencia da cidadanía.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou o seu orgullo pola sinatura “deste importante convenio” que servirá para financiar unha obra “tan fermosa na forma pero, sobre todo, no contido”. Neste senso, a presidenta subliñou que “dende a Deputación temos moi claro que a única forma de manter e aumentar a poboación ten que ver con garantir equipamentos e dotacións de calidade así como os dereitos das persoas para realizar toda actividade, e moi particularmente a sociocultural que é tan demandada pola cidadanía”. Ademais, como sinalou, o edificio que se construirá en Tomiño ao abeiro do ReacPon “leva nome de muller, o que tamén amosa o compromiso por visibilizar ás mulleres que deixan pegada na nosa provincia”. Carmela Silva tamén destacou a importancia deste espazo “a nivel arquitectónico e estético posto que constrúe unha trama urbana moi atractiva baixo os parámetros de eficiencia enerxética e aforro de enerxías, o que tamén ten un enorme valor”. Do mesmo xeito, puxo en valor que as obras vaian a comezar “moi brevemente o que amosa que os concellos (pequenos, medianos e grandes) teñen moita capacidade de desenvolver grandes proxectos e son eficientes á hora de poñelos en marcha”. Por iso, reivindicou a chegada de “moitos recursos ao mundo local, que sempre é capaz de executalos e de dar conta. É unha das administracións máis eficiente e eficaz e, dende logo, os concellos da provincia de Pontevedra están a demostralo”.

Para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “hoxe é un día grande e emocionante” xa que o Espazo Isaura Gómez “é un soño feito realidade e vai a ser o corazón da cultura de Tomiño”. A alcaldesa destacou que “levamos catro ou cinco anos traballando e madurando este proxecto que non podería levarse a cabo con recursos ordinarios. Esta obra, afirmou, só cabe cando unha institución como a Deputación é sensible a esa necesidade dos concellos medianos de acometer obras tan importantes para a nosa veciñanza”. Sandra González trasladou ao goberno a ilusión das e dos tomiñeses por acometer este espazo “que vai a ser un lugar emblemático, pedido, demandado e case deseñado pola xente”. Entre os recursos cos que contará o edificio destacou a biblioteca, que albergará “o rincón de Tomiño, un sitio moi simbólico -incluso a nivel arquitectónico- onde vai a estar toda a bibliografía do concello e da comarca así como o arquivo da imaxe de Tomiño no que levamos traballando máis de dous anos e que ten máis de 7.000 fotografías”. Ademais, agardan que este sexa “un dos primeiros edificios clasificados como Passive House, cun consumo enerxético absolutamente baixo e respectuoso co medio. Vai a ser pioneiro como edificio público en Galicia”.

 

O vicepresidente César Mosquera chanceou asegurando que a sinatura do convenio supón para Tomiño “un bo regalo de Reis” por parte da Deputación, mais subliñou que o investimento acadado é moi merecido xa que o proxecto tivo a mellor puntuación do REACPON por ser moi atinado e estar moi ben elaborado. “Notouse que o Concello leva traballando nel catro ou cinco anos pola finura dos detalles”, dixo. Mosquera destacou tamén que o programa provincial pretendeu dende a súa concepción ser unha inxección para dinamizar a economía en xeral, seguir as normas da UE na expectativa de conseguir financiamento comunitario que reverter nos concellos, ademais de permitir a alcaldes e alcaldesas cumprir soños e ideas que cos recursos ordinarios serían “difíciles de atacar”. “Cremos que eses obxectivos cumpríronse e os concellos demostraron a súa capacidade para adaptarse e facer as cousas ben cando se lles estimula”.

 

A actuación

O novo inmoble, de cinco plantas, contará cun soportal exterior por toda a fachada cunha especial arquitectura e adaptada á estética dos edificios próximos, e cumprirá cos obxectivos fixados no Plan ReacPon: empregará enerxías renovables, será eficiente e accesible para todas as persoas (con ascensor adaptado), luminoso e integrador. O “Espazo Isaura Gómez” contará con biblioteca, Aula CeMIT e Área de Atención Temperá. Igualmente, centralizarase o arquivo municipal e crearase unha Sala de usos múltiples para realizar accións relacionadas co uso cultural ou social. Tamén contará cun xardín, para actividades culturais ao aire libre, e unha terraza exterior.

 

O novo espazo público levará o nome de Isaura Gómez dedicado a esta muller tomiñesa da parroquia de Figueiró, unha muller culta e moi activa, defensora de valores como a xustiza, a igualdade e a liberdade. Sufriu de preto a Guerra Civil e a represión franquista pero en ningún momento deixou de estar do lado das persoas que tiñan máis dificultades e necesidades, converténdose así nunha referente.

 

O Plan da Deputación ReacPon, dotado con 26,3 millóns de euros, beneficiará a 47 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Contou con bases esixentes e criterios obxectivos, aberto a proxectos maduras que contribúan a unha economía descarbonizada e á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e nos fondos europeos. O programa suporá nestes concellos, ao longo do próximo ano e medio, a execución de ata 25 actuacións de mobilidade segura, tres novas bibliotecas, cinco reformas de casas consistoriais, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio, e oito novas infraestruturas deportivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí