Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Case 200 obras de Castelao para desfrutar da obra e pensamento dun dos creadores galegos máis singulares

O Mercado de Tomiño acolle a exposición -Castelao grafista-, unha mostra que reúne facsímiles, debuxos, caricaturas, retratos e portadas de libros ilustradas polo escritor

O Mercado de Tomiño acolle a exposición -Castelao grafista-, unha mostra que reúne facsímiles, debuxos, caricaturas, retratos e portadas de libros ilustradas polo escritor

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Marzo de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o vindeiro 16 de febreiro ata o 17 de marzo a exposición ‘Castelao grafista (facsímile)’, unha mostra realizada en colaboración con Afundación que reúne unha ampla selección das múltiples facetas do rianxeiro.

Un proxecto de difusión internacional coa que divulgar a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares e permitirá a tomiñeses e tomiñesas “coñecer e desfrutar dalgunhas das súas creacións e das súas inmensas achegas á historia máis recente de Galicia”, como sinalou a alcaldesa, Sandra González.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político... Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un dos máis importantes intelectuais galegos, un verdadeiro humanista e un referente de loita, amor e traballo por Galicia. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum ‘Cousas da vida’ de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Ademais, o público poderá desfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

O Concello de Tomiño colabora con este proxecto expositivo organizado por Afundación Obra Social ABANCA, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia. A mostra estará aberta ao público de martes a domingo de 09.00 a 14.00 e de 19.00 a 22.00 horas e contará cun acto de inauguración oficial o vindeiro mércores 21 de febreiro ás 19.00 horas que estará aberto ao público.

A mostra trae ademais aparellada a acción social denominada ‘CulturaxAlimentos’, unha iniciativa de recollida de alimentos non perecedoiros. Dende o Concello anímase a todas as persoas asistentes á exposición a colaborar con esta campaña achegando alimentos que logo serán repartidos no municipio a través do servizo de Benestar Social do Concello de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí