Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Na Revolta e a Orquestra Kv2211 encheron de música a pasada fin de semana na Guarda

A Guarda recibíu a primeira fin de semana do mes de abril con dous concertos a cargo do grupo folk Na Revolta e da Orquestra Kv2211.

A Guarda recibíu a primeira fin de semana do mes de abril con dous concertos a cargo do grupo folk Na Revolta e da Orquestra Kv2211.

Fecha: 09 de Abril de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Na xornada do sábado día 6 de abril o Auditorio do Centro Cultural da Guarda acolleu o Concerto e gravación do Grupo Folk local Na Revolta para a posterior edición e lanzamento do seu segundo traballo discográfico que levará por nome «Dale al ON».
Esta gravación realizase despois de que o ano pasado celebrara o seu 15+2 aniversario(17 anos) cun Concerto no mesmo lugar. A iniciativa de gravar este segundo disco-concerto xurde das demandas dos propios seguidores de Na Revolta. Ademais, sendo un grupo de amizade, estas gravacións quedan no recordo dos seus integrantes para sempre. O Grupo Na Revolta sempre estivo formado por antigos integrantes do Grupo de Baile e Gaitas Semente Nova e posteriormente Trullada, ambos levados a cabo e dirixidos por María Asunción. A ela lle deben a unión de amizade e música xa que Iván Gómez, María Elena Baz, Miguel Rodríguez e Xurxo Ameal foron compoñentes de ditos grupos, uníndose despois tamén as parexas Silvia Castro e Diego González. Durante uns anos formou parte de Na Revolta tamén Eduardo Rodríguez, integrante ademais dos grupos citados. Na Revolta leva 18 anos ensaiando, creando e tocando música tradicional-folk galega, tendo nestes anos moitas actuacións, tanto no eido local, como galego, acudindo a programas de televisión e festas de diferentes puntos de Galicia. As actuacións mais memorables de Na Revolta foron no Festival Interceltique de Lorient e a actuación no Festival As Penizas Folk, compartindo escenario con Berroguetto, unha das súas maiores inspiracións.
Por outra banda, na xornada do domingo, o Centro Cultural da Guarda foi o escenario da celebración dun concerto da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 de Vigo, dentro dos actos programados pola Asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo na Guarda.
Un dos obxectivos da KV2211 é social e este concerto adicouse, co fin de compartir e facer visibles os valores que representa, a Avelaiña unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.

A Orquestra Kv2211 conta con 50 membros, nenos e mozos entre 8 e 20 anos de idade, con
formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. A Orquestra realizou a súa actuación na Guarda coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, integrantes da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto, baixo a dirección de José M. Fernández e Raquel Fernández Núñez.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

NA REVOLTA

A Guarda recibíu a primeira fin de semana do mes de abril con dous concertos a cargo do grupo folk Na Revolta e da Orquestra Kv2211.  

KV2211

 A Guarda recibíu a primeira fin de semana do mes de abril con dous concertos a cargo do grupo folk Na Revolta e da Orquestra Kv2211.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones