Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tui foi esta fin de semana a capital da Cervexa Artesá

O Paseo fluvial de Tui acolleu a primeira edición do Tui Beer Fest

O Paseo fluvial de Tui acolleu a primeira edición do Tui Beer Fest

Fecha: 30 de Septiembre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O Paseo Fluvial de Tui acolleu do 27 ao 29 de setembro o I Tui Beer Fest, o Festival da Cervexa Artesá e Foodtruck organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns coa colaboración do Concello de Tui.

Con este evento os organizadores buscaron dar a coñecer a cervexa elaborada de xeito artesanal ao tempo que profundar na cultura desta bebida. No Tui Beer Fest combinouse este produto coa gastronomía e unha ampla programación paralela con concertos e sesións "Beer-mú".

Foi un evento de carácter familiar onde se maridou a cervexa con gastronomía, música, actividades infantís... Entre as cervexas que se puideron degustar, houbo cervexa con castaña, con mel, con chile ou con licor café.

Preto de 50 tipos de cervexa artesás elaboradas por Menduíña de Cangas, Skynet de Ourense, The One Beer de Madrid/Sanxenxo, Castreña de Ponferrada, O Corvo de Vila Nova de Arousa, Go! de Madrid e Belecker de León.   As food trucks participantes ofreceron hamburguesas, comida alemá e mexicana e filloas.

Entre as actividades previstas houbo un espazo adicado a xogos populares de madeira coma a ra, a pica, o peixe, a chave, o aro... e tamén distintos obradoiros infantís.  A música estivo presente na sesión "Beer-Mú" e cos concertos que ofreceron os grupos Losto Kinski, Esquecidos e Los Pontiaks. Na xornada do domingo elixiuse a mellor cervexa, a mellor etiqueta e o mellor food truck presente no festival, nunhaprimeira edición cunha moi aceptable participación e asistencia de público.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O Paseo fluvial de Tui acolleu a primeira edición do Tui Beer Fest

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones