Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tui recupera a Festa do Meixón

Un evento gastronómico no que se poderá degustar o meixón ata o 9 de abril

Cinco restaurantes ofrecerán este produto buscando recuperar e consolidar unha tradición gastronómica

Fecha: 23 de Marzo de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Dende mañá 24 de marzo e até o luns 9 de abril celébrase en Tui a Festa do Meixón. Con este evento gastronómico búscase "recuperar e consolidar unha tradición gastronómica que nos facía singulares e nos facía importantes" en palabras do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.

Durante 17 días cinco restaurantes, Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino e La de Manu, ofrecerán a ración de meixón, acompañada de pan e viño Remesal, ao prezo de 55€. Será preciso reserva previa.

 

 

Na presentación realizada esta mañá no Teatro Municipal de Tui dúas veteranos cociñeiras Pilar Blanco de El Molino, e Nieves Silva do Cruceiro do Monte foron as encargadas de preparar o meixón que servirán para a festa as empresas Delicias del Miño e Ángulas Río Miño, amosando a súa mestría na elaboración dun produto que  cualificaron de gran calidade. Tamén estiveron presentes Laura Méndez de El Molino, María Domínguez de O Novo Cabalo Furado, Paulo Salvado de Asador Paulo e Manu Garrido de La de Manu, xunto a concelleiros tudenses, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou na presentación que o concello quere darlle un protagonismo especial a este evento gastronómico, de aí a presentación realizada esta mañá, sinalando que "as festas gastronómicas singulares son un elemento dinamizador do turismo e da cultura fundamentais", engadindo que "Tui ten a gran sorte de estar vinculada coa tradición do meixón, un produto singular e excepcional, e hai que buscar a fórmula para que isto se poida consolidar".  Engadía que facer a festa nos restaurantes "da un percorrido moi importante de atracción da xente a Tui, enlazando coa Semana Santa, o que é tamén un activo moi importante, e logo continuando xa durante as festas de San Telmo". Concluía afirmado que "imos facer máximo esforzo para que a Festa do Meixón sexa un éxito e o ano que vén poder continuar e consolidar este proxecto que é revitalizar a festa do meixón".

Festa do Meixón 2018

Datas: do sábado 24 de marzo ao luns 9 de abril

Establecementos:

?Asador Paulo - Estrada Tui-Gondomar - 986 60 42 14

Cruceiro do Monte - Cruceiro, Randufe - 986 60 75 75

El Molino - Augusto González Besada- 986 60 30 12

La de Manu - Paseo da Corredoira - 674 54 94 94

O Novo Cabalo Furado - Praza do Concello - 986 60 12 15

Prezo: 55€ a ración formada por unha cazola de meixón, pan e unha copa de viño Remesal

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

Un evento gastronómico no que se poderá degustar o meixón ata o 9 de abril  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones