Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este -Outono de libros- descubrimos con Luisa Martínez o superpoder das persoas para frear o cambio climático

A doutora en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do presenta este venres 4 no Mercado de Tomiño (20.00 h) o seu libro Que teñen que ver as vacas co cambio climático?

A doutora en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do presenta este venres 4 no Mercado de Tomiño (20.00 h) o seu libro Que teñen que ver as vacas co cambio climático?

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Si, os eructos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Así de contundente é Luisa Martínez Lorenzo no seu libro ‘Que teñen que ver as vacas co cambio climático?’, unha obra escrita en colaboración con Marián Martínez que explica como funciona o planeta e por que os arrotos e as flatulencias destes animais favorecen o quecemento global.

A investigadora e divulgadora estará este venres 4 de novembro no Mercado Municipal de Tomiño (20.00 h) presentando un libro que, lonxe de ser catastrofista, fala das consecuencias do fenómeno pero tamén dá as instrucións para activar o superpoder para frear o cambio climático. E quen ten ese superpoder? As persoas consumidoras. Neste libro “as autoras imprimen a súa esencia e a súa visión sobre os retos que temos por diante como especie, explicándoo cunha linguaxe sinxela e con orixinais ilustracións  e empregando a dixestión dunha vaca como fío condutor”, como explica a alcaldesa, Sandra González.

Luisa Martínez, doutora en Ciencias do Mar, dende moi pequena sentiu unha enorme curiosidade e admiración pola natureza que foi alimentando con libros, guías de campo e documentais e que traslada a todas as súas obras. Durante unha década dedicouse á investigación oceanográfica ata que, no ano 2007, decidiu redirixir a súa carreira profesional á comunicación social da ciencia. Dende entón é responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e deseña, coordina e participa en accións de divulgación dirixidas a públicos moi diversos e a presentar os contidos científicos dun xeito atractivo e accesible. Publica no ano 2018 o seu primeiro libro ‘Puf! Vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes’ e, dende 2019, dirixe a colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles.

A rexedora convida a toda a veciñanza a participar na presentación deste libro, unha actividade que se celebra ao abeiro do programa ‘Outono de libros’ coa que descubrir unha obra que busca “empoderar ás e aos consumidores e achegar á poboación máis nova a conceptos como os gases de efecto invernadoiro”.

A presentación será ás 20.00 horas e de balde, con entrada libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí