Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Laura LaMontagne y Picoamperio inagura o ciclo -Música e Románico- no concello de Tomiño

O concerto será o primeiro de catro e terá lugar o venres 1 de xullo na Igrexa de San Salvador de Tebra a partir das 20:30h

O concerto será o primeiro de catro e terá lugar o venres 1 de xullo na Igrexa de San Salvador de Tebra a partir das 20:30h

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Dentro da axenda de verán do Concello de Tomiño, destaca con luz propia o ciclo “Música e Románico”, organizado por primeira vez dende a Concellalía de Cultura, co fin de por en valor o importante patrimonio histórico artístico que representan as igrexas de época románica situadas en catro parroquias do municipio (Santa Mª de Tomiño, San Salvador de Tebra, Santa Mª de Tebra e Barrantes). O ciclo será inagurado este venres 1 de xullo ás 20:30h na Igreza de San Salvador de Tebra por Laura La Montagne & Picoamperio. O evento é para tódolos públicos e con entrada de balde.

Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos esenciáis da súa particular expresión artística. Na súa proposta, Laura La Montagne & Picoamperio misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro e Luz Fandiño. Unha listaxe á que en 2021 se suma a poeta Xela Arias, á que está dedicado o Día das Letras Galegas.

Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019 entre Santiago de Compostela e Lugo. Viñan de experiencias moi dispares. Pedro (Teo, 1995) participou do colectivo 'Hip Hop Ateneu' e dos grupos Pura Mestura e Furnier. Mentres que Laura (Lugo, 1993) experimentou nos recitáis de poesía de Compostela, en concertos en solitario e noutros proxectos previos dos que formou parte.

Ademais, como complemento ao concerto, varios especialistas en Historia da Arte brindarán ao público unha breve explicación previa das principais características do templo que albergue o evento musical.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí