Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 50 concellos da provincia xa solicitaron á Deputación de Pontevedra o servizo de implantación da administración electrónica

En total, 55 concellos e unha entidade menor, adheríronse ao plan da Deputación de Pontevedra para implantar a administración electrónica e dar cumprimento á lei 39/2015

Preténdese facilitar que os concellos que non conten cos recursos suficientes poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica

Fecha: 22 de Agosto de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, para dar cumprimento á lexislación vixente relativa ao acceso electrónico da cidadanía ás actuacións públicas, está a prestar o servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Con esta prestación, á que a institución provincial destina 847.000 €, preténdese facilitar que os concellos que non conten cos recursos suficientes poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica.

Dende a posta en marcha desta actuación foron varios os concellos que se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para pedir esta subministración, incluída no marco das competencias que a lei de réxime local lle ten concedido ás institucións provinciais. Deste xeito, ata o momento, 55 concellos e unha entidade menor adheríronse a este plan da Deputación de Pontevedra, cuxa principal característica é que se trata dun modelo de servizo ofrecido na nube, e xa en 36 se comezou a implantar a administración electrónica, dando formación a preto de 2.100 empregadas e empregados e 700 cargos públicos.

A través desta actuación, a Deputación de Pontevedra está a impulsar solucións de administración electrónica para que os concellos poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada para a súa relación coa cidadanía e, por outro lado, un portal para que o persoal da administración local poida realizar a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos. Polo tanto, a través desta ferramenta poderase consultar un catálogo de servizos electrónicos de trámites, consultas de expedientes, procedementos, etc. que se poden iniciar de forma telemática e presentar no rexistro electrónico sen necesidade de realizar un desprazamento presencial ás administracións.


A Deputación de Pontevedra está a implantar as aplicacións necesarias, a impulsar un plan de formación orientado á aprendizaxe dos aspectos técnicos e funcionais da nova ferramenta para a súa posta en funcionamento, un soporte ás e ós usuarios para resolver consultas, o mantemento correctivo, evolutivo e perfectivo dos servizos, a súa actualización e a inclusión de novas funcionalidades, sempre en estreita colaboración cos servizos informáticos dos concellos da provincia adscritos á iniciativa.

Amais, nestes momentos a institución provincial está inmersa no proceso de licitación do servizo de padrón municipal de habitantes que estará integrado na solución de administración electrónica e cuxo prazo de presentación de ofertas remata o 1 de setembro. A través deste servizo, que conta con orzamento de preto de 500.000 euros, desenvolverase un sistema informático para xestionar os padróns municipais que facilitará e axilizará os trámites e reducirá os tempos de espera da cidadanía, ademais de permitir a optimización de gastos e recursos e a xeración dunha administración máis próxima ás veciñas e veciños.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones