Agenda
CULTURA E EDUCACIÓN PECHARÁ EN DECEMBRO O CICLO GALICIA IMPORTA 2012 CUN CONCERTO DO MÍTICO GUITARRISTA STEVE VAI EN SANTIAGO
Fecha desde el 10 de Diciembre de 2012
hasta el 10 de Diciembre de 2012Tocará xunto á súa banda o 10 de decembro na Sala Capitol, na que será a primeira visita a Galicia deste virtuoso da guitarra e lenda viva da historia do rock
Ampliar contenidoO ciclo musical Galicia Importa, patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pechará a súa edición de 2012 co concerto que Steve Vai, considerado como un dos mellores guitarristas da historia do rock, ofrecerá acompañado da súa banda o vindeiro 10 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
A confirmación desta lenda viva do rock, cunha técnica e unha traxectoria ao alcance de poucos guitarristas, vén completar o cartel de sete grupos e artistas de primeiro nivel que ofrece a quinta edición do ciclo, con outras tres citas pendentes para o mes de novembro: Mavis Staples, o día 6 tamén en Compostela (Auditorio de Galicia); e Therapy? e Saint Etienne, os días 15 e 16 de novembro, respectivamente, en Vigo (Mondo Club).
Esta será a primeira actuación en Galicia de Steve Vai, quen foi durante moitos anos man dereita de Frank Zappa, ademais de ter tocado xunto a algúns dos grandes nomes do rock contemporáneo como Joe Satriani, con quen empezou a tomar clases aos 12 anos de idade, David Lee Roth, Ozzy Osbourne, Brian May, Ry Cooder, Al Di Meola ou Alice Cooper, entre moitos outros.
Traxectoria galardoada
Aínda que conta tamén cunha destacada carreira como produtor e arranxista, este músico norteamericano é internacionalmente coñecido polo seu virtuosismo á guitarra. De feito, o seu nome figura en todas as listas dos mellores guitarristas do rock, ademais de ter sido galardoado cos máis prestixiosos premios da industria musical –obtivo o Grammy en tres ocasións– e dos medios especializados.A súa discografía inclúe máis de 60 albumes, 16 discos en solitario, ademais de gravacións en vivo, recompilatorios, traballos de orquestra e colaboracións en multitude de discos de grandes bandas como Whitesnake, Motorhead ou Dream Theater. O seu último traballo editado é The Story of Light, publicado este mesmo ano polo seu propio selo discográfico, Favored Nations Entertainment, e co que está inmerso nunha ampla xira internacional que en decembro recalará en España, con outras catro actuacións confirmadas ata o momento: unha en Madrid, dúas en Barcelona e unha en Murcia.
Entradas
As entradas para o seu concerto na Sala Capitol poranse á venda esta semana nas canles habituais que emprega Galicia Importa –a web www.servinova.com , o teléfono 902 504 500 e a rede Ticketmaster (Halcón Viajes, Carrefour, tendas Tipo, FNAC...)– onde xa se poden adquirir, así mesmo, as entradas para os concertos de Mavis Staples, Therapy? e Saint Etienne.O ciclo, que organiza a promotora viguesa Sweet Nocturna co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), celebra este ano a súa quinta edición, reforzando o seu papel na procura de situar Galicia no mapa de distribución internacional de grandes nomes da música en moi diferentes estilos. Neste sentido, os espectadores galegos tiveron xa a oportunidade de gozar doutros tres destacados concertos dentro da programación deste ano: os The Jon Spencer Blues Explosion e Thurston Moore no mes de marzo e The Jayhawks o pasado 27 de setembro.
ESPECIAL - TOMIÑO PRESENTA UNHA COMPLETA E AMBICIOSA PROGRAMACIÓN DE NADAL 2012
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2012
hasta el 05 de Enero de 2013O tinte solidario volve a estar presente nesta edición coa recollida de xoguetes, comida e libros para os máis desfavorecidos do concello
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño presentou en rolda de prensa a Programación de Nadal 2012 o pasado Martes día 4 de Decembro de 2012, unha programación que novamente ten un tinte solidario coa recollida de xoguetes, comida e libros para os máis desfavorecidos do concello, grazas á colaboración e implicación das Asociacións de Veciños e distintos colectivos do municipio.Para a alcaldesa de Tomiño, Sra. Sandra González, os veciños de Tomiño "destacan polo seu espíritu solidario", resaltando a iniciativa promovida polo Concello e máis de 20 Asociacións e colectivos do municipio que un ano máis colaboran na recollida de xoguetes, comida(alimentos non perecedeiros) e libros para que ningún nen@ quede sen xoguetes neste nadal, a campaña de recollida continúa activa ata o día 9 de Decembro, cando os servizos sociais serán os encargados de realizala entrega ás familias máis necesitadas.A programación de Nadal 2012 do Concello de Tomiño estimula tamén o comercio local, con actividades de dinamización comercial levadas a cabo conxuntamente con Adeto, nas que se repartirán tikets entre os clientes para a realización de diferentes sorteos, así coma a instalación do alumeado de Nadal, que se encenderá o Sábado día 15 de Decembro. Tamén o día 2 de Xaneiro en Goián e o día 3 de Xaneiro na Praza da Mina realizaránse espectáculos de maxia para os máis cativos.O Auditorio de Goián acollerá o 22 de Decembro unha actuación de canto coral e o 23 de Decembro terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián. O Sábado día 15 de Decembro realizaráse a actuación da artista Uxía Senlle ás 20:30h da tarde.Dentro da Programación de Nadal realizaráse, no Pavillón da Carballa, unha gran festa infantil con 3 día de duración (26, 27 e 28 de Decembro), na que os máis cativos poderán disfrutar de hinchables, unha gran variedade de obradoiros, así coma espectáculos de maxia e un sorteo de 3 bicicletas.Destaca tamén a proxección do filme galego "O Apóstolo" en primicia para a comarca do Baixo Miño e que se poderá disfrutar en dúas funcións, a primeira delas o Sábado 29 ás 20:00h e a segunda o Domingo 30 ás 18:00h no Auditorio de Goián.O Venres 4 de Xaneiro realizaráse un obradoiro de teatro no Auditorio de Goián e o Sábado día 5 de Xaneiro terá lugar a Gran Cabalgata de Reis, que partirá dende o Campo do Alivio sobre ás 16:30h ata chegar á Praza do Seixo, onde as súas Maxestades de Oriente recibirán @s nen@s.Dende o luns 3 de decembro ábríuse o prazo de inscrición para os obradoiros gratuitos de nadal para nen@s de 3 a 12 anos, organizados pola Omix do concello de tomiño. Serán os días 17, 19 e 21 de decembro (nen@s de 3-6 anos de 16.30h a 18.30h e nen@s de 7-12 anos de 18.30 a 20.30h) e os días 28 e 29 de decembro (nen@s de 3-6 anos de 10.30 a 12.30h e nen@s de 7-12 anos de 12.30h a 14.30h). Para realizar a inscrición pódese pasar pola omix (campo da feira s/n), chamar ao teléfono 986623304 ou enviar un correo electrónico a voluntariado2europeo@gmail.com e dar os seguintes datos: nome e apelidos do neno ou nena, data de nacemento, número de teléfono e localidade de empadronamento.
FOTOGRAFÍASVIDEO
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
