Agenda
O MÉDICO TUDENSE ROSENDO BUGARÍN GONZÁLEZ PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2013
Fecha desde el 30 de Marzo de 2013
hasta el 30 de Marzo de 2013O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013.
Ampliar contenido
O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013. O Alcalde tudense informa da aceptación por parte do Dr. Bugarín González deste nomeamento e que, por tanto, asumirá a alta función de convocar a tudenses e visitantes á participación nas tradicionais festas de San Telmo nun acto solemne que terá lugar o vindeiro sábado 30 de marzo de 2013.Par ao rexedor tudense estamos diante dunha coñecida personalidade no mundo da medicina e dunha persoa altamente estimada na nosa localidade. Coa designación de Rosendo Bugarín González o Concello de Tui da continuidade á súa aposta na elección do pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de personalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas quen este ano 2013 abranguen do 30 de marzo ao 8 de abril.
Rosendo Bugarín González
Naceu en Tui no ano 1961. Casado coa tamén tudense Menchu Diz. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Sanidade. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Especialista Universitario en Urxencias.
Traballou durante mais de 15 años no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo.
É o presidente do Comité de Ética de Investigación Clínica de Galicia e vocal da Comisión Galega de Bioética. Forma parte da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
Autor de múltiples publicacións relacionadas coa atención primaria e a medicina de urxencias. Relator de múltiples ponencias e actividades docentes no ámbito da medicina. Editor da revista de medicina Semergen.
FESTA DA LAMPREIA FIMS-DE-SEMANA EM CERVEIRA
Fecha desde el 02 de Febrero de 2013
hasta el 31 de Marzo de 2013A edição 2013 do evento -Lampreia do Rio Minho - um prato de excelência- começa no próximo fim-de-semana, estendendo-se pelos meses de fevereiro e março. Esta é uma organização conjunta da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da Adriminho
Ampliar contenido
Esta época do ano é ansiosamente aguardada pelos apreciadores da famosa lampreia do Rio Minho e ela aí está este ano, mais uma vez, para satisfazer os paladares mais exigentes. Cozinhada à bordalesa ou com arroz, a iguaria constará obrigatoriamente, todos os fins-de-semana, dos cardápios de catorze restaurantes cerveirenses, que aderiram à iniciativa gastronómica.
Este evento visa, a partir da divulgação da lampreia do Rio Minho como um prato tradicional e único, criar sinergias entre os vários agentes locais, por forma a valorizar as potencialidades dos municípios do Vale do Minho
Os restaurantes cerveirenses aderentes à edição 2013 da "Lampreia do Rio Minho - um prato de excelência" são: "Abrigo das Andorinhas" / Rua Queirós Ribeiro, Tel. 251 795 335; "Boega - O Peregrino" / Gondarém, Tel. 251 700 500; "Braseirão do Minho" / EN 13 - Vila Meã, Tel. 251 700 240; "Cantinho dos Amigos" /Rua Queirós Ribeiro, Tel.251 795 725; "Casa Lau" / Lugar da Igreja - Loivo, Tel. 251 795 162; "Casa das Velhas" / Quinta das Mineirinhas, Tel. 251 708 482; "Restaurante Central" / Terreiro, Tel. 251 794 898; "Costa Verde" / EN 13 - Campos, Tel. 251 795 430; "Glutão" / Sta. Marinha - Loivo, Tel. 251 795 654; "Lavrador" / Alto das Cerejas - Campos, Tel. 251 796 604; "Luso Galaico" / Terreiro, Tel. 251 795 225; "Momento`S" / Rua 25 de Abril; Tel. 251 797 102, "Quinta da Estação" / Rua Alto da Pedra Vedra, Tel. 251798139; "Sol Nascente" / Sapardos, Tel. 251 941 233.
A PARTIR DESTE MES DE FEBREIRO, CADA ÚLTIMO LUNS DE MES, CELEBRARANSE NA SALA DE AUDICIÓNS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI, CONCERTOS ENGLOBADOS NO -I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS-
Fecha desde el 25 de Febrero de 2013
hasta el 27 de Mayo de 2013O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA Mestre Martínez Pose do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
Ampliar contenido
A partir deste mes de Febreiro, cada último luns de mes, celebraranse na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Concertos englobados no "I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS".
O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA "Mestre Martínez Pose" do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
As datas concretas son: Luns 25 de Febreiro.Luns 25 de Marzo.Luns 29 de Abril.Luns 27 de Maio. Todolos concertos son as 21:00h.
A entrada será gratuíta ata completar o aforo.
O primeiro concerto, será a cargo dos solistas:
Miguel González Diz (Gaita)
1.Luces do Atlántico .......................Ernesto Campos. * Amencer en Fisterrra * Cabo Home no Solpor.2.Suite de Xotas. *Xota de Santa Xuliana.(Trad) *Xota de Fonsagrada. (Trad) *Xota de Forcarei. Arreglo de Pablo Seoane.
Tamboril acompañante Ramón Corral Blanco.
Manuel Madarnás Pérez (Trompeta)
1. Ave María .................. Schubert2. Concerto ................ A. Arutunian3. My Way .................... F. Sinatra
Con ambos músicos, de pianista acompañante e Rubén López López.
ESPECIAL - O CENTRO CULTURAL DE A GUARDA ACOLLE EXPOSICIÓN -VÍA SACRA DE JESÚS CRISTO-
Fecha desde el 16 de Marzo de 2013
hasta el 05 de Abril de 2013A inauguración celebrouse o pasado Venres día 15 de Marzo de 2013
Ampliar contenidoAta o 5 de Abril a Sala de Exposicións do Centro Cultural do Concello de A Guarda acolle unha exposición de promoción da Semana Santa de Braga, en especial da Freguesía de San Vítor.
Na tarde do pasado Venres día 15 de Marzo de 2013 levouse a cabo a inauguración desta Exposición, previa unha presentaciónna que participaron o Alcalde de A Guarda Sr. José Manuel Domínguez Freitas, o Párroco de A Guarda D. Jesús García Villadóniga e oPresidente da Freguesía de San Vítor en Braga-Portugal Sr. José Rodrígues Marques, acompañados de parte da comitiva que participa activamente no "cortejo" de Semana Santa de Braga, que conta con máis de 1.000 figurantes e ó que acuden cada ano millares de persoas.
Na presentación proxectouse un video sobre a Semana Santa de Braga e posteriormente pasouse a visitar a exposición de pintura que nos achega 14 magníficos cadros, correspondentes ás pasaxes do Via Crucis, pintados polo artista Francisco Neto, promotor da ARTE SACRA Bracarense e da Región.
Esta exposición insírese dentro das diferentes actividades que dende a Junta de Freguesía de Braga, realizan para promocionar a Semana Santa Bracarense, unha das máis importantes e tradicionais en Portugal, que se caracteriza por un completo programa de "solemnidades": procesións tan destacadas como a do ECCE HOMO, no Venres Santo ou a da NOSA SENHORA DA BURRINHA, o Mércores Santo, que representa a fuxida da Sagrada Familia a Exipto. As diferentes rúas desta vila portuguesa engalánanse con luces e flores, con motivos alusivos a estas datas, e os tradicionais "Passos", altares de rúa, que complementan a suntuosidade das igrexas. Actuacións, concertos e actividades como esta exposición que se presenta na Guarda, ou a de Eu Kristo, na Catedral de Tui, conforman esta programación.
FOTOGRAFÍAS
Fotos de Jorge Alonso Daldea
¡Fai clic na imaxe para acceder á Galería!
SEMANA SANTA DE VILANOVA DE CERVEIRA ENTRE 24 E 31 DE MARÇO
Fecha desde el 24 de Marzo de 2013
hasta el 31 de Marzo de 2013Entre 24 e 31 de março decorrem em Vila Nova de Cerveira as festividades da Semana Santa.
Ampliar contenido
Entre 24 e 31 de março decorrem em Vila Nova de Cerveira as festividades da Semana Santa. No Domingo de Ramos começam as celebrações, com a bênção dos ramos e a eucaristia de dominical. Nos restantes dias, o programa é variado, mas paralelamente, este período é também uma oportunidade para revisitar o percurso da Via Sacra, com os sete Nichos da Paixão de Cristo.
Trata-se de um conjunto de sete oratórios da Paixão de Cristo, com os Passos da Via Sacra, em estilo barroco, (Senhor no Horto, Senhor ao Pé da Cruz, Senhor da Prisão, Senhor da Cana Verde, Senhor das Oliveiras, Senhor dos Passos e Senhor dos Martírios) construídos nos séculos XVII - XVIII, apresentam uma arquitetura semelhante. Distribuem-se pelo aro histórico da vila e na Semana Santa, são palco de manifestações de fé, na procissão de Passos, durante a qual se fazem ouvir os cânticos da Verónica.
PROGRAMA
24 - Domingo de Ramos
Bênção dos Ramos e Eucaristia
Local: Igreja Matriz de Vila Nova de Cerveira| Horário: 11h00
Local: Igreja da Misericórdia | Horário: 12h00
27 - Quarta-feira Santa
Missa Vespertina pelos irmãos vivos e falecidos da Misericórdia
Local: Igreja da Misericórdia | Horário: 17h00
Local: Igreja Matriz de Vila Nova de Cerveira| Horário: 18h00
28 - Quinta-feira Santa
Lausperene
Local: Igreja da Misericórdia | Horário: 15h00
Procissão com a Imagem de Nossa Senhora da Soledade para a Igreja Matriz
Local: Igreja da Misericórdia | Horário: 17h00
Cerimonial da Última Ceia e Lava-pés
Local: Igreja Paroquial de Covas | Horário: 18h00
Procissão dos Passos: Solene Procissão dos passos que percorrerá as Ruas da Vila parando nos nichos ao longo do percurso, fazendo-se ouvir os cânticos de Verónica.
Na Igreja Matriz será proclamado o sermão do encontro.
A procissão recolhe à Igreja da Misericórdia, terminando com a bênção do Santo Lenho.
21h00: Igreja Matriz e Centro Histórico de Vila Nova de Cerveira
29 - Sexta-Feira Santa
Adoração da Cruz
Liturgia da Palavra, Adoração da Cruz e distribuição da Comunhão
Local: Igreja Matriz | Horário: 15h00
Celebração da Paixão e Morte e Via Sacra
Local: Igreja Paroquial de Covas | Horário: 15h00
Via Sacra
Local: Senhor do Outeirinho - Freguesia de Covas
Horário: 21h00
30 - Sábado
Vigília Pascal
Local: Igreja Paroquial de Covas | Horário: 20h30
Vigília Pascal
Liturgia da Luz, Liturgia da Palavra, Liturgia Baptismal e Liturgia Eucarística
Local: Igreja Matriz | Horário: 21h00
31 - Domingo e segunda-feira de Páscoa
Compasso Pascal
Local: Freguesias do Concelho | Horário: 10h00
ESPECIAL - PRESENTACIÓN AXENDA CULTURAL CORREDOIRA TUI MARZO-XUÑO 2013
Fecha desde el 23 de Marzo de 2013
hasta el 30 de Junio de 2013Programación cultural no Concello de Tui dende Marzo a Xuño de 2013
Ampliar contenido
O pasado Venres día 22 de Marzo de 2013 tivo lugar no 1º Andar do Edificio da Área Panorámica a presentación da 25º Axenda Cultural Corredoira, que recolle os eventos culturais a celebrarse na cidade tudense entre os meses de Marzo e Xuño de 2013.Neste acto estiveron presentes o Alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez, A Concelleira de Cultura, Sra. Vanesa Rodríguez e representantes de dúas compañías escénicas, Tatán de Tanxarina Títeres e Manuel Botana de Fulano, Mengano e Citano.
No vindeiro mes de Abril o Teatro Municipal de Tui cumpre o seu 10º aniversario coma espazo cultural da cidade, onde se teñen realizado unha gran variedade de eventos culturais, concertos, proxeccións, exposicións, entre outras.
A programación do Teatro Municipal para esta etapa acada os 10.000€, fondos que proveñen directamente das arcas municipais, e que se manifestan na Axenda Cultural Corredoira, da que se realizarán 15.000 exemplares que serán repartidos tanto na cidade de tui coma na cidade de Valença do Minho.
Toda a programación pode consultarse na Axenda Cultural Corredoira e na web www.culturatui.info .
ENLACES:
FOTOGRAFÍAS
Haz clic en la imagen para acceder a la galería de fotos.
ACTOS PROGRAMADOS NA SEMANA SANTA GUARDESA 2013
Fecha desde el 28 de Marzo de 2013
hasta el 31 de Marzo de 2013Calendario de actos religiosos Semana Santa 2013
Ampliar contenidoSEMANA SANTA 2013
A GUARDA
DOMINGO DE RAMOS:
11:00 - BENDICIÓN DE RAMOS E PALMAS, no Auditorio da Praza de San Benito
11:30 - MISA CANTADA, na Igrexa Parroquial.
19:45 - VÍA CRUCIS CANTADO Ó CALVARIO.
XOVES SANTO: "CENA DEL SEÑOR"
17:00 - MISA, na Capela de San Benito
17:00 - MISA SO PARA HOMES, na Igrexa Parroquial
18:00 - SOLEMNE CELEBRACIÓN DA CENA DEL SEÑOR (Canta Coro parroquial), na Igrexa Parroquial.
19:30 - ADORACIÓN DO SEÑOR SACRAMENTADO. Xuvenil. Quenda de adultos ata ás 23 horas
20:30 - PROCESIÓN DOS PASOS
23:00 - HORA SANTA EUCARISTÍA
24:00 - VÍA CRUCIS COMENTADO Ó CALVARIO
VENRES SANTO: "PAIXÓN E MORTE DE CRISTO"
10:00 - VÍA CRUCIS PARA NENOS
11:00 - PROCESIÓN DO ENCONTRO
18:00 - SOLEMNE CELEBRACIÓN DA MORTE DO SEÑOR E DESENCRAVO (Canta Coral Polifónica), na Igrexa Parroquial.
20:30 - PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO
SÁBADO SANTO:
08:00 PROCESIÓN DE LA SOIDADE DE MARÍA
10:00 SOLEMNE VIXILIA PASCUAL
ROSENDO BUGARÍN DARÁ LECTURA ESTE SÁBADO AO PREGÓN DAS FESTAS DE SAN TELMO
Fecha desde el 30 de Marzo de 2013
hasta el 31 de Marzo de 2013O acto solemne celebrarse no Teatro Municipal a partir das 19h
Ampliar contenido
A lectura do
pregón dará inicio de forma oficial este sábado ás Festas na honra a San Telmo.
O acto solemne celebrarse no Teatro Municipal a partir das sete da tarde. O pregoeiro deste ano é o médico tudense Rosendo Bugarín.
Rosendo Bugarín é licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Sanidade e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, así como especialista Universitario en Urxencias. Durante máis de 15 anos traballou no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo.
Previamente á lectura do pregón terá lugar a coroación das raíñas e das damas das festas. A raíña xuvenil das festas é Sara González Rodríguez que estará acompañada por Uxía Ribeiro Pumar e Paula Somoza Candelo como damas de honra. Mentres a raíña infantil é Jenifer Ferreira Álvarez, e as súas damas son Nuria Romero Gómez e Lara Feijoo Pérez.
No acto vai actuar a Banda de Gaitas de Pexegueiro.
Festival Folclórico Festas de San Telmo
Por outra parte o domingo ás 18.00h no Teatro Municipal de Tui celébrarase o "Festival Folclórico San Telmo 2013" coa participación dos grupos folclóricos "San Fins" de Rebordáns, "Santa Columba" de Ribadelouro, "Seixos Albos" de Areas, "San Xoán" de Paramos, "Inquendanzas" de Pazos de Reis, "O Mosteiro" de Pexegueiro e "Xuntanza" de Randufe. Entrada é libre.
-QUEIMA DE JUDAS- PROGRAMADA PARA HOJE EM CERVEIRA FAR-SE-Á NO FÓRUM CULTURAL SE A CHUVA IMPEDIR ESPECTÁCULO AO AR LIVRE NO CASTELO DE CERVEIRA
Fecha desde el 30 de Marzo de 2013
hasta el 30 de Marzo de 2013A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal e a produção está a cargo das Comédias do Minho.
Ampliar contenido
O espetáculo de teatro "Queima de Judas", previsto para o próximo dia 30 de março, sábado, pelas 22h30, manter-se-á conforme planeado. No entanto, se as condições atmosféricas não forem adequadas, será realizado no Fórum Cultural. A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal e a produção está a cargo das Comédias do Minho.
A instabilidade do tempo que se tem feito sentir nos últimos dias, e que as previsões meteorológicas indicam irá continuar pelo menos até domingo, levaram a Câmara Municipal e as Comédias do Minho a procurar uma alternativa, caso chova. Habitualmente, o espetáculo acontece no Castelo de Cerveira, o local mais adequado para a sua realização. A chuva, porém, poria em causa a encenação, mas se isso acontecer, o Fórum Cultural receberá a "Queima de Judas", não ficando a população e o público em geral privados do evento.
Recorde-se que esta é uma tradição de grande sucesso no concelho e que atrai muita gente. A direção do espectáculo, este ano, será de Gonçalo Fonseca e Tânia Almeida e o evento contará com a participação do Grupo de Teatro Amador de Cerveira - Outra Cena.
A "Queima de Judas" é uma festa popular que tem lugar no sábado que antecede a Páscoa, na qual se recupera o ritual pagão da morte do ano velho e da chegada da primavera. Nesta representação de pendor judaico-cristão, condena-se Judas, o traidor, e festeja-se a ressurreição de Jesus Cristo.
A "Queima de Judas" de Cerveira tornou-se, após várias edições com sucesso, no maior espetáculo de teatro comunitário do Vale do Minho, durante a Semana Santa.
PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN TELMO TUI 2013
Fecha desde el 30 de Marzo de 2013
hasta el 08 de Abril de 2013Programación de actividades nas Festas de San Telmo 2013 en Tui
Ampliar contenido
Sábado, 30 de marzo
Ás 15.30h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.
Ás 17h a charanga tudense Cantos Somos comeza a súa actuación polas principais rúas de Tui.
Ás 19h no Teatro Municipal na Área Panorámica solemne acto de coroación das raíñas das festas de San Telmo 2013 e lectura do pregón a cargo do tudense Rosendo Bugarín González. Actuación da Banda de Gaitas de Pexegueiro. Entrada libre.
Ás 20h inauguración da exposición colectiva "Imago Tude" na Sala de Exposicións Municipal.
Ás 21h Acendido do alumeado das festas
Domingo, 31 de marzo
Ás 8.30h tirada de bombas de palenque anunciando o comezo das festas
Ás 10h saída dende a Casa Forestal no P.N. do Monte Aloia da 2ª Andaina Saudable da Eurocidade Tui-Valença polo sendeiro do "Rego da Pedra". Percorrido de 8 quilómetros de dificultade fácil. Tempo estimado 2 horas. (Para aqueles que non coñezan o emprazamento da Casa Forestal quedarase ás 9.50h no Centro Interfederado de Tui)
Ás 15.30h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.
Ás 17.15h no Centro Sociocomunitario de Tui o grupo musical Tráfico amenizará unha tarde de baile.
Ás 18.00h no Teatro Municipal de Tui celébrase o "Festival Folclórico San Telmo 2013" coa participación dos grupos folclóricos "San Fins" de Rebordáns, "Santa Columba" de Ribadelouro, "Seixos Albos" de Areas, "San Xoán" de Paramos, "Inquendanzas" de Pazos de Reis, "O Mosteiro" de Pexegueiro e "Xuntanza" de Randufe. Entrada libre. Acada grupo actuará 15 minutos.
Ás 20.30h a orquestra Pontevedra amenizará a primeira verbena das festas no Paseo da Corredoira.
Luns, 1 de abril
Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, celébrase a VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Brave"
Ás 17.30h as raíñas das festas e as súas damas visitarán as residencias San Telmo e Paz y Bien acompañadas dun grupo folclórico
Ás 20.15h no Teatro Municipal de Tui comeza a V Semana do Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura de Tui coa actuación de "Garabullada Teatro" da Asociación "Xuntanza" de Randufe pondo en escena "Un día de espías". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Martes, 2 de abril
Ás 11h visita guiada polo conxunto histórico de Tui. Saída dende a S.I. Catedral.
Ás 10h inauguración dunha exposición de animais exóticos na Área Panorámica.
Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Madagascar"
Ás 21.15 h no Teatro Municipal actuación do grupo de teatro "San Fins" da Asociación Cultural "San Fins de Rebordáns representando a obra "Ratibrom" no marco da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Mércores, 3 de abril
Ás 11h.30h celébrase no Claustro da S.I. Catedral o tradicional Concurso de Debuxo Festas de San Telmo
Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Tadeo Jones"
Ás 21.15h no Teatro Municipal o grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui leva a escena a obra "O cianuro, só ou con leite" dentro da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Xoves, 4 de abril
Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, proxección da película Hotel Transilvania na IX Semana de Cinema Infantil.
Ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas presenta a obra "O Ciridonio". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Venres, 5 de abril
Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, clausura da IX Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Blancanieves mirror mirror".
Ás 19h no Paseo da Corredoira celébrase unha nova edición do Karaoke Infantil.
Ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo "Aloia Teatro" da Asociación Cultural "Aloia" de Pazos de Reis leva a escena "A vinganza da Petra". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Ás 22h no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao remate música con Kiko Carballo.
Ás 23:30 h na Cafetería El Pilar celébrase o Campionato de Tute Festas de San Telmo.
Sábado, 6 de abril
Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas.
Ás 10.30h a charanga tudense Cantos Somos iniciará a súa actuación polas rúas de Tui.
Ás 11h Xornada de Xogos Populares Festas de San Telmo no Paseo da Corredoira. Xogos populares: canicas, comba, mariquitiña, goma, chapas. Organiza Concello de Tui, CRA Mestra Clara Torres e Comisión de Festas.
Ás 17h no Paseo da Corredoira terá lugar o "Torneo de Minitenis na rúa" dirixido a público de todas as idades. Inscricións dende ás 16.30h. Obsequios para os participantes. Organiza: Club Tenis Tui.
Ás 17h no Claustro da S.I. Catedral celebrarse II Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2013. Categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto. Máis información en www.xadreztui.org. Organiza: Club Xadrez Tui e Comisión de Festas. Colabora: Concellería de Deportes do Concello de Tui.
Ás 18h pasarrúas a cargo da charanga tudense Cantos Somos
Ás 20.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo "Chirlomirlo Teatro" da Asociación "Xuntanza" de Randufe leva a escena a obra "O enfermo imaxinario". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.
Ás 22.30h verbena amenizada polas orquestras La Oca e Fania Blanco Show
Domingo, 7 de abril
Ás 9h 21 bombas de palenque anunciará o segundo día grande das festas
Ás 9h inicio I Campionato de Pesca Popular Trofeo Eurocidade. Saída dende o Centro Interfederado. Organiza: Sociedade de Pesca Reo Miño.
Ás 10.30h Celébrase a Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui -Thermalia. A liña de saída e de meta estará no Paseo da Corredoira. Circuíto urbano. Categorías dende pitufos a absoluta. Máis información en www.atletismotui.es
Ás 10.30h saída da Área Panorámica do Desfile Exaltación do Traxe Tradicional coa participación das raíñas e damas das festas, xunto a todo aquel que desexe lucir o traxe típico. Remate na S.I. Catedral. Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui. Participarán os xigantes e cabezudos acompañados do grupo de pandereteiras "As d'Abadía" de Caldelas e o grupo folclórico "Refaixos e polainas" de Baldráns.
Ás 13h pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui
Ás 19h a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no Paseo da Corredoira
Ás 20.30h inicio da verbena a cargo das orquestras Salsa Rosa e París de Noia
Luns, 8 de abril - Día de San Telmo (Festivo local)
Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das festas.
Ás 10h na rúa Calzada, no barrio de San Bartolomé, celebración da "Feira dos Cabalos".
Ás 11.30h saída dos xigantes e cabezudos dende a Área Panorámica ata a o Paseo da Corredoira.
Ás 11.30h actuación do grupo de gaitas "Lembranzas da Terra" de Guillarei no Paseo da Corredoira.
Ás 14h repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran tirada de bombas de palenque.
Ás 18h entrada a Tui dende o Paseo da Corredoira da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VIII.
Ás 18h no Teatro Municipal, na Área Panorámica, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Entrada 3€. Venda de localidades media hora antes do comezo do concerto no despacho de billetes.
Ás 20h recital a cargo da orquestra Televisión.
Ás 21h inicio da solemne procesión de San Telmo dende a Catedral percorrendo as rúas de Tui.
Ás 23:30h espectacular tirada de fogos de lucería.
Ao remate actuará de novo a orquestra Televisión pechando as Festas de San Telmo 2013.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
