Agenda
A PARTIR DESTE MES DE FEBREIRO, CADA ÚLTIMO LUNS DE MES, CELEBRARANSE NA SALA DE AUDICIÓNS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI, CONCERTOS ENGLOBADOS NO -I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS-
Fecha desde el 25 de Febrero de 2013
hasta el 27 de Mayo de 2013O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA Mestre Martínez Pose do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
Ampliar contenido
A partir deste mes de Febreiro, cada último luns de mes, celebraranse na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Concertos englobados no "I CICLO DE XOVENES CONCERTISTAS".
O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA "Mestre Martínez Pose" do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
As datas concretas son: Luns 25 de Febreiro.Luns 25 de Marzo.Luns 29 de Abril.Luns 27 de Maio. Todolos concertos son as 21:00h.
A entrada será gratuíta ata completar o aforo.
O primeiro concerto, será a cargo dos solistas:
Miguel González Diz (Gaita)
1.Luces do Atlántico .......................Ernesto Campos. * Amencer en Fisterrra * Cabo Home no Solpor.2.Suite de Xotas. *Xota de Santa Xuliana.(Trad) *Xota de Fonsagrada. (Trad) *Xota de Forcarei. Arreglo de Pablo Seoane.
Tamboril acompañante Ramón Corral Blanco.
Manuel Madarnás Pérez (Trompeta)
1. Ave María .................. Schubert2. Concerto ................ A. Arutunian3. My Way .................... F. Sinatra
Con ambos músicos, de pianista acompañante e Rubén López López.
ESPECIAL - PRESENTACIÓN AXENDA CULTURAL CORREDOIRA TUI MARZO-XUÑO 2013
Fecha desde el 23 de Marzo de 2013
hasta el 30 de Junio de 2013Programación cultural no Concello de Tui dende Marzo a Xuño de 2013
Ampliar contenido
O pasado Venres día 22 de Marzo de 2013 tivo lugar no 1º Andar do Edificio da Área Panorámica a presentación da 25º Axenda Cultural Corredoira, que recolle os eventos culturais a celebrarse na cidade tudense entre os meses de Marzo e Xuño de 2013.Neste acto estiveron presentes o Alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez, A Concelleira de Cultura, Sra. Vanesa Rodríguez e representantes de dúas compañías escénicas, Tatán de Tanxarina Títeres e Manuel Botana de Fulano, Mengano e Citano.
No vindeiro mes de Abril o Teatro Municipal de Tui cumpre o seu 10º aniversario coma espazo cultural da cidade, onde se teñen realizado unha gran variedade de eventos culturais, concertos, proxeccións, exposicións, entre outras.
A programación do Teatro Municipal para esta etapa acada os 10.000€, fondos que proveñen directamente das arcas municipais, e que se manifestan na Axenda Cultural Corredoira, da que se realizarán 15.000 exemplares que serán repartidos tanto na cidade de tui coma na cidade de Valença do Minho.
Toda a programación pode consultarse na Axenda Cultural Corredoira e na web www.culturatui.info .
ENLACES:
FOTOGRAFÍAS
Haz clic en la imagen para acceder a la galería de fotos.
VILA PRAIA ESTÁ EM FLOR ATÉ AO DIA 12
Fecha desde el 08 de Mayo de 2013
hasta el 12 de Mayo de 2013A organização e a população enfeitam a vila com maias e outras flores
Ampliar contenidoA iniciativa Vila Praia em Flor estende-se até 12 de maio. Até lá, Vila Praia de Âncora mantém-se revestida de flores, dando vida à tradição do maio em flor. A animação é constante e a população e os visitantes são convidados a interagir.
Vila Praia em Flor começou ao revitalizar a tradição das maias no 1º de maio. Vila Praia de Âncora encheu-se de maias para afastar os maus-olhados, como diz a tradição, e para atrair visitantes, como espera a organização. "A entreajuda entre a organização e a população resultou num espetáculo lindíssimo, têm todos sido incansáveis e a beleza da vila tem atraído muitos visitantes", revela Paulo Pereira, vereador com os pelouros da Cultura e do Turismo.
Para além da decoração da vila, o Vila Praia em Flor propõe um programa de animação. Assim, em paralelo com a iniciativa, vão estão patentes: uma exposição de bonsais, no Parque Dr. Ramos Pereira, nos dias 11 e 12 de maio; e uma Montra da Criatividade, na Praça da República, de 4 a 12 de maio. Para além disso, todo o espaço público vai estar decorado pelas associações desportivas, culturais e recreativas do Vale do Âncora, comunidade escolar e Junta de Freguesia de Vila Praia de Âncora.
Ainda sobre a arte do bonsai, decorre um Workshop no dia 11 de maio, pelo Bonsai Clube do Porto, às 16h, no Parque Dr. Ramos Pereira. É a oportunidade de descobrir como cuidar do bonsai e mantê-lo são e bonito. As pré-inscrições devem ser feitas no Posto de Turismo de Vila Praia de Âncora ou na Câmara Municipal de Caminha, ou enviadas por correio eletrónico. Estão disponíveis mais informações aqui.
O evento realízase en Vila Praia de Ancora-Caminha do 1 ó 12 de Maio de 2013
A GUARDA E CAMINHA COMBINAN ESFORZOS PARA FAVORECER E GARANTIR A NAVEGABILIDADE DO RÍO MINHO BAIXO O LEMA -O MINHO QUE NOS UNE-
Fecha desde el 10 de Mayo de 2013
hasta el 10 de Mayo de 2013A vila de A Guarda acollerá o vindeiro Venres 10 de Maio un seminario internacional e as viaxes no Ferry-Boat serán gratuitas durante ese día
Ampliar contenidoO pasado Martes día 7 de Maio de 2013 celebrouse no Ferry-Boat que une as localidades de A guarda(Galicia) e Caminha(Portugal) a presentación do Seminario internacional "O Minho que nos une" que se celebrará no Centro Cultural de A Guarda o vindeiro Venres día 10 de Maio de 2013 .Neste acto, que estivo seguido por medios de comunicación de ámbalas ribeiras do Río Miño estiveron presentes o Alcalde de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e o Vicepresidente de Caminha, D. Flamiano Martins, acompañados de técnicos de ámbolos municipios.
Durante este acto presentouse o Seminario Internacional que terá lugar o próximo venres día 10 de maio no Centro Cultural do Concello da Guarda e que está organizado polos dous municipios. Este seminario ten como obxectivo abordar temas relacionados co río Miño e permitir a participación das institucións e veciños de Portugal e España. O seminario intégrase no proxecto para a promoción do río Miño promovido polos municipios de ámbolos lados da fronteira.
Os dous representantes definiron o programa que comprende un conxunto de conferencias onde se abordará a evolución e a historia do río Miño, o programa europeo transfronteirizo entre 2014 e 2020 e algúns casos de éxito noutros ríos de Portugal e España. Durante a tarde realizaranse tres grupos de traballo con representantes de diversas institucións e especialistas de ámbolos lados da fronteira, onde serán debatidos temas relacionados co desenvolvemento económico sustentábel da rexión, estratexias para a promoción do patrimonio e a preservación dos usos e da biodiversidade do río Miño. Tamén foi programada unha visita guiada polo Monte de Santa Trega.
Os moderadores dos grupos de traballo exporán as aportacións e acordos tomados como conclusións no acto de peche do seminario. Ó seminario poden asistir todos aqueles interesados ou entes vinculados o Miño.
FOTOGRAFÍAS
(Fai clic na imaxe para acceder ó Album de fotografías)
ESPECIAL - TUI ACOLLERÁ ESTE VENRES UNHA DOBRE SESIÓN DA OBRA -DÍAS SEN GLORIA- NA QUE ACTÚA MANUEL MANQUIÑA
Fecha desde el 10 de Mayo de 2013
hasta el 10 de Mayo de 2013Pola mañá celebraráse unha función escolar e pola tarde unha función para público en xeral
Ampliar contenidoO pasado Mércores día 8 de Maio tivo lugar no hall do Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui a presentación da obra de Roberto Vidal Bolaño "Días sen gloria" coa dirección escénica de Fefa Noia e producción do Centro Dramático Galego.
Nesta presentación estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sra. Vanesa Rodríguez, o Director do Centro Dramático Galego, Sr. Manuel Guede, o Alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez e o actor Manuel Manquiña.
Trátase do 5º espectáculo da programación da Axenda Cultural do Concello de Tui 2013 que conta coa colaboración do Centro Dramático Galego. O teatro municipal da área panorámica de Tui ten acadado nesta programación unha media de 290 espectadores por función, o que para a Concelleira de Cultura confirma a aposta cultural do municipio e a complicidade dos ciudadanos tudenses coa programación cultural.
Para o director do Centro Dramático Galego é un placer poder contar con esta representación teatral na vila tudense, favorecendo a condición de vila fronteiriza co mesmo carácter desta obra que se representará en dobre sesión o Venres 10 de Maio contando cunha proposta escénica de alta calidade cun reparto extraordinario encabezado polo actor Manuel Manquiña na súa faceta dramática.
Esta é a primeira vez que o Centro Dramático Galego adica toda unha tempada a un autor en particular como é Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado nas Letras Galegas 2013.
Para o actor Manuel Manquiña, dende que lle propuxeron a representación desta obra, a aceptou con gran respeito hacia a figura e obra do seu autor, considerando coma un dos seus mellores papeis, con certa complexidade, e convencido de que o público tudense quedará moi satisfeitocoa mesma.
O alcalde de Tui amosou a súa satisfacción coa visita desta obra á cidade de Tui, destacando o compromiso do Centro Dramático Galego, ofertando obras de gran calidade e da nosa terra. Tamén despertou o interese do rexedor tudense poder ver a Manquiña noutro rol diferente ó que estamos acostumados a velo, convencido de que o fiel público do teatro municipal agradecerá esta posta en escea.
Entre o elenco de actores desta representación teatral atópanse Borja Fernández, Manuel Manquiña, Felisa Segade, Eva Souto e Sergio Zearreta.
Días sen gloria ten a súa base noutra producción bolañesa titulada "Xubileu", estreada en 1982 pola compañía Troula baixo a dirección de Antonio Simón. O texto foi levemente modificado para presentalo en 1992 ao Premio Rafael Dieste, que acabou por recibir.
A historia desta obra está disposta de xeito fragmentario, en 37 cadros ou escenas breves, que transcorre nun lapso de tempo de 30 días polo Camiño de Santiago. Conta a viaxe dun home e unha muller, personaxes sen nome, peregrinos a Compostela por razóns moi distintas, nun mundo de prostitutas, cabaleiros, soldados, esmoleiros, falsos predicadores, santos e demonios...
Días sen gloria retoma o vello mito do amor e da morte, nun camiño de violencia e sexo, no que, por encima de todo, triunfa a solidariedade, a amizade e o amor.
O Venres 10 de Maio realizaráse unha sesión escolar na que participarán arredor de 320 alumnos de Tui e Tomiño e ás 21:30h da noite realizaráse unha sesión que ten un custe de 5€ e 7€.
CDG con “Días sen gloria”
Data: Venres, 10 de maio, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal
Entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h n o despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.
FOTOGRAFÍAS
(Fai clic na imaxe para acceder á galería)
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

ESPECIAL - VILA PRAIA DE ANCORA EM FLOR 2013
