Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • FERNANDO TORDO SOBE AO PALCO DO VALADARES, TEATRO MUNICIPAL DE CAMINHA DIA 26

    Fecha desde el 21 de Abril de 2014
    hasta el 30 de Abril de 2014

    Espetáculo integra-se nas comemorações dos 40 anos de Abril

    Fernando Tordo vai subir ao palco do Valadares, Teatro Municipal de Caminha, no dia 26 de abril, às 22 horas. Este concerto integra as comemorações dos 40 anos de Abril que o município vai promover para assinalar os 40 anos de Democracia em Portugal. Os bilhetes já estão à venda na Câmara Municipal de Caminha e nos Postos de Turismo de Caminha e de Vila Praia de Âncora.

    Fernando Tordo começou a cantar aos 16 anos. Compôs algumas das músicas mais emblemáticas do cancioneiro da língua portuguesa com o poeta José Carlos Ary dos Santos entre elas: "Tourada", "Estrela da Tarde", "Lisboa Menina e Moça", "Cavalo à Solta", "Balada para os Nossos Filhos" e "O Amigo que eu canto". Os seus temas são cantados por intérpretes como Carlos do Carmo, Mariza, Carminho, Amor Electro, Simone de Oliveira entre outros. Venceu também o Festival RTP da Canção em 1973 com "Tourada" e em 1977 com "Portugal no Coração". É considerado uma figura tutelar da música Portuguesa pela extensão e originalidade da sua obra.

    No Valadares, Teatro Municipal, o músico, compositor e intérprete Fernando Tordo vai entoar clássicos de Abril.

    Os bilhetes custam 10 euros e já se encontram à venda na Câmara Municipal de Caminha e nos Postos de Turismo de Caminha e de Vila Praia de Âncora.

    Para além de Fernando Tordo, também a cantora e compositora galega Uxia e o Orfeão de Vila Praia de Âncora vão assinalar os 40 anos de Abril em Caminha com a realização de concertos alusivos à temática.

    É de realçar que, de 21 a 30 de abril, o Município de Caminha vai assinalar os 40 anos de Abril com exposições: "Imagens de Abril em Caminha", "40 artistas, 40 obras. 40 anos de Abril" e "Jornais de Abril"; com concertos; com apresentação de livros; com ateliês e com as comemorações oficiais que incluem cerimónias de hastear da bandeira em Vila Praia de Âncora e em Caminha e uma Assembleia Municipal extraordinária.

    Ampliar contenido
  • O PREGÓN DAS FESTAS, A CARGO DE CLARA TORRES, INICIA OFICIALMENTE AS FESTAS DE SAN TELMO ESTE SÁBADO EN TUI

    Fecha desde el 19 de Abril de 2014
    hasta el 28 de Abril de 2014

    As Festas na honra a San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego, vanse celebrar en Tui ata o luns 28 de abril.

    As festas patronais de Tui na honra a San Pedro González Telmo van comezar oficialmente este sábado, 19 de abril, coa lectura do pregón dos festexos a cargo da mestra Clara Torres. O acto solemne de lectura do pregón e coroación das raíñas das festas e das súas damas terá lugar ás 19h no Teatro Municipal de Tui con entrada libre ata completar o aforamento. O acto contará coa actuación da Banda de Gaitas Lembranzas de Terra de Guillarei

    Clara Eugenia Torres Martínez, natural de Areas, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Nacional a Distancia e Especialista en Educación Infantil e en Lingua Galega, exerceu como mestra en Tui entre os anos 1980 e 2003. Clara Torres foi promotora de seminarios permanentes de Educación e fundadora da Asociación de Innovación Educativa "Ponte Internacional de Tui" O Colexio Rural Agrupado de Tui leva o seu nome en recoñecemento ao seu labor. Na actualidade colabora semanalmente coa Radio Municipal de Tui, na súas palabras "o seu maior orgullo na actualidade...".


    As Festas na honra a San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego, vanse celebrar en Tui ata o luns 28 de abril. Nas mesmas terá lugar un amplo programa de actividades tanto culturais, deportivas, relixiosas coma de lecer.

    Ampliar contenido
  • O DOMINGO 27 DE ABRIL CELEBRARASE EN TUI A FESTA POPULAR DO MEIXÓN

    Fecha desde el 27 de Abril de 2014
    hasta el 27 de Abril de 2014

    Será no Parador de Turismo e haberá tamén carne ao caldeiro e polbo

    A Festa Popular do Meixón volverá a celebrar en Tui co gallo das Festas de San Telmo. A recuperación deste festexo gastronómico chega da man da iniciativa privada, o Parador de Turismo San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación desta festa que correu a cargo do director do Parador, Francisco Plaza e do xefe de cociña deste establecemento, Miguel Rodríguez.

    A cita será o domingo, 27 de abril, Domingo de San Telmo, entre ás 11.30h e ás 15h no Parador de Turismo San Temo de Tui. A ración de 100 gramos meixón terá un prezo de 32€, que en venda anticipada no propio Parador e nos cafeterías El Pilar e Boby, se reduce ata os 29€. O meixón será subministrado pola empresa Delicias do Miño. O público tamén poderánse degustar racións de carne ao caldeiro por 10€ e asemade tamén haberá polbo.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba esta mañá que a recuperación da Festa do Meixón era unha aspiración lóxica nunha cidade coma Tui moi vinculada con este produto de río. Salientou feito de que sexa a iniciativa privada, neste caso o Parador do que dixo é unha peza fundamental no turismo da cidade, quen se envorque nesta festa. O rexedor desexou que esta sexa a semente do renacemento deste festexo cunha nova organización e nova dirección acorde cos tempos actuais. Augurou amais Moisés Rodríguez, moito éxito á cita gastronómica do próximo 27 de abril xa que dicía "temos bo produto, bo sitio, e está preparado por profesionais".

    O director do Parador de Turismo San Telmo, Francisco Plaza, explicou coma a iniciativa xurdiu do propio persoal deste establecemento que están sempre tendo novas ideas para contribuír á dinamización e mantemento do Parador. Engadiu coma esta festa está moi arraigada na zona desexando que sexa un éxito.

    Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador, comezou sinalando que o meixón é "o produto estrela da gastronomía galega" apostando por "pór en valor os produtos do Miño". Apuntaba que esta festa popular "é un primeiro paso" que se pode completar no futuro cun festa exaltación dos distintos produtos do Miño.

    Ampliar contenido
  • ESPECIAL - TRINTA VIVEIRISTAS DA COMARCA AMOSARÁN A SÚA PRODUCIÓN NA XI MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO

    Fecha desde el 26 de Abril de 2014
    hasta el 27 de Abril de 2014

    A feira terá lugar a fin de semana do 26 e 27 de abril

    Unha trintena de produtores do mundo do viveirismo (planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería) e empresas auxiliares do campo, daranse cita na décima primeira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, a vindeira fin de semana (26 e 27 de abril), no pavillón polideportivo de Goián (Tomiño).

    Organizada por Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño) en colaboración co Concello de Tomiño, a feira abarcará unha superficie total de 1500 metros cadrados de exposición e venda.

    Esta mañá, tivo lugar nos locais de Coplant S.L. -unha das empresas asociadas- a presentación da mostra aos medios de comunicación, na que estiveron presentes os membros da directiva de Acubam e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

    Segundo salientou na oportunidade o presidente de Acubam, José Cosmed, a presente edición terá importantes novidades, coma que a xornada do sábado 26, se adicará exclusivamente a profesionais do sector, mentres que a do domingo, será para público en xeral.

    Outro dato a destacar é que este ano se organiza, por primeira vez, unha ruta guiada por seis viveiros da zona, co fin de que os visitantes (profesionais) poidan coñecer in-situ a produción do sector, e ampliar a súa visión do que ven exposto na mostra.

    Coma curiosidade, comentaron que nesta edición contarase cun xardín especialmente traído dende o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, e que será unha das principais atraccións deste ano. Colocarase no exterior do pavillón co fin de atraer visitantes.

    José Cosmed, salientou, asemade, a importancia que ten para os produtores e comercializadores da comarca, seguir mantendo esta mostra, única no seu tipo en Galicia, xa que "pon de releve que o Baixo Miño é unha zona de referencia do sector en todo o país". Explicou tamén que a formación de Acubam, foi posible grazas á consolidación da mostra de cultivos. "Despois de dez anos de mostra, démonos conta de que non se podía seguir facendo so un traballo dun fin de semana", comentou, salientando a importancia de dar a coñecer o traballo que se fai nos viveiros da comarca e o que representan na economía da mesma. Nesta liña, lembrou as actividades de sensibilización que se están levando a cabo nos centros educativos de primaria e infantil de Tomiño, a través do proxecto, impulsado por eles, "As nosas amigas, as plantas".

    A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, reiterou o apoio incondicional do Concello á mostra, e agradeceu a implicación dos produtores na organización de mesma, resaltando a importancia cada vez maior que o sector ten a nivel económico, comercial e de emprego. Por último, informou que nesta edición renderase un homenaxe a Juan Peixoto, pioneiro no sector dos viveiros e na organización da mostra.

    Manuel Bacelo, membro da directiva de Acubam, explicou que entre os produtos expostos este ano, haberá planta ornamental, flor cortada, kiwi e conservas con froitos locais; maquinaria agrícola, etc.

    Por último, Rafael Carrera, salientou o traballo desinteresado de voluntarios e colaboradores que fan posible reducir o orzamento da mostra de forma importante.

    O sector dos cultivos na comarca do Baixo Miño, xera máis de 500 empregos directos (70% deles femininos) e máis de 200 indirectos. Na actualidade, adícanse unhas 600 hectáreas ao cultivo de planta ornamental e flor. A distribución da produción faise en España (60 %) e no estranxeiro (40 % restante), cunha facturación anual que supera os 55 millóns de euros.

     

    PROGRAMA:

     

    Sábado 26 Abril | XORNADA PROFESIONAL

    HORARIO: 12.00h a 20.00h

    12.00h INAUGURACIÓN OFICIAL

    PORTAS ABERTAS: A xornada permitirá un maior coñecemento das empresas expositoras.

    Seis dos nosos socios abrirán as súas instalacións para que, quen o desexe, visite as súas empresas. Brotes, Coplant, Río Tollo, Vidaplan, VBM, Cultivos Amado, Viveiros Nilo e planIDga permanecerán abertas todo o sábado 26.

    A visita pode ser libre ou nas rutas programadas pola organización da Mostra de Cultivos en autobús.

     

    Domingo 27 Abril | PÚBLICO XERAL

    HORARIO: 10.00h a 20.00h

    ACTIVIDADES

    12.30h Praza dd Preta

    Inauguración da escultura de Carlos Fernández en honra de Juan Peixoto Carreira, como xerme do viverismo en Tomiño.

    17.00h Vai ser boa! Espectáculo musical infantil da compañía Migallas Teatro

    20.00h Clausura

    E ademais...

    -Tallado de madeira con motosierras | Patrocinado por Talleres O Milagre

    -Actividades Infantís | Dirixidas por un monitor de tempo libre

    -Exposición de escultura co viverismo como temática |  Ignacio Moure, Xuxo Malone, Luís Álvarez, Carlos Fernández, Carlos Fierro, José dá Silva, Anxo Ferreira, Genaro Alonso, Adrián Pena, Francisco Liquito, Madalena Maceda, Xabi Garrido e José Luís Rodríguez.

    -Exposición de Bonsais | Javier González

    Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

     

    Ampliar contenido
  • TUI CELEBRA OS DÍAS GRANDES DAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SAN TELMO

    Fecha desde el 25 de Abril de 2014
    hasta el 28 de Abril de 2014

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, fai unha invitación a achegarse esta fin de semana á Tui e disfrutar do amplo programa de actividades previsto, desexándolle unha felices festas tanto aos tudenses coma a cantos visiten a cidade.

    Tui continúa a celebrar as festas na honra a San Telmo ata o próximo luns 28, festivo local, con diversidade de actividades deportivas, musicais, gastronómica, relixiosas... O programa festivo está organizado polo Comisión de Festas de San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

    Dobre é a proposta gastronómica destes festexos. Por unha banda a rúa Compostela albergará unha feira gastronómica onde os visitantes poderán degustar racións de polbo e churrasco así coma viños do país a prezos populares. A feira permanecerá aberta a partir do sábado ás 19:30h, e o domingo e luns desde as 11h. Os amantes do meixón poderán volver a gozar nestas festas deste manxar coa Festa do Meixón no Parador de Tui o domingo a partir das 11:30h e ata as 15h a 32 euros a ración, 29 en venda anticipada. Haberá tamén carne ao caldeiro e polbo.

    A música correrá a cargo da charanga tudense Cantos Somos con pasarrúas o sábado ás 10:30h e 18h polas principais rúas da cidade. Tamén ofrecerá un pasarrúas a Banda de Música Popular de Tui o domingo ás 13h, e un concerto ese mesmo día ás 19h no Paseo da Corredoira. Xa o luns 28, ás 12h, actuarán no Paseo da Corredoira de Tui o grupo de gaitas "Santiago" de Malvas.

    A música non faltará tampouco polas noites da man das orquestras Pontevedra e Salsa Rosa o sábado ás 22:30h, Gran Parada e Marbella o domingo e Panorama o luns a partir das 23:45h da noite, logo da tirada de fogos de lucería que concluirá esta edición das Festas de San Telmo 2014.

    O deporte tamén estará presente coa tradicional Carreira Popular de San Telmo o domingo 27 ás 10:30h con saída do Paseo da Corredoira, e coa Andaina Saudable da Eurocidade polo Alto do Coello que sairá ás 10h desde a Praza de Abastos da cidade. Previamente o sábado ás 10:30h dará comezo o III Torneo de Xadrez no Pavillón do IES San Paio , ás 17h a terceira edición de Tenis na rúa no Paseo da Corredoira con 5 pistas de xogo e xa ás 19h no novo pavillón de Tui terá lugar o Partido Solidario de Fútbol Sala coa aportación dun alimento non perecedoiro coma entrada.

    Outras actividades serán a representación da obra de teatro afecionado "Las Antipáticas del segundo" a cargo do grupo Chirlomirlo de Randufe o sábado ás 20:15h no Teatro Municipal. O domingo haberá Desfile Exaltación do Traxe Tradicional. Irá acompañado dos xigantes e cabezudos - que tamén sairán o luns á rúa - restaurados hai un par de años polo Concello de Tui que este ano aproveitou para cambiar a estrutura interna dos mesmos por unha máis lixeira, de xeito que se reduce o peso de cada xigante en 20 quilos, e para aplicar a estas figuras unha imprimación que evite que se danen en caso de choiva. Mentres o luns o Barrio de San Bartolomeu acollerá a tradicional Feira dos Cabalos con concentración cabalar, exhibición de doma, e carreira de burros.

    A Catedral de Santa María albergará os actos relixiosos da festividade de San Telmo o sábado as 20h cunha misa presidida por Fr. Javier Aguilera Fierro acompañada pola Coral Polifónica da Guarda seguida da novena na honra a San Telmo. O domingo ás 12h dará comezo a misa de ofrenda a San Telmo por nenos e maiores ataviados co traxe tradicional, presidida por D. Faustino Martínez Álvarez,e ese mesmo día ás 20h terá lugar unha nova misa acompañada polo Coro do Centro Sportivo de Ponteareas seguido da novena na honra ao patrón tudense. O luns a Igrexa de San Telmo acollerá misas de 8h a 10h, e unha hora máis tarde na Catedral de Santa María celebrarase unha misa e procesión das reliquias pola Coronilla presidida polo bispo da diocese e cantada pola Coral da S.I. Catedral. Novamente, ás 20h a misa estará presidida polo prior da Confraría de San Telmo, D. Ricardo García, e ás 21h comezará a solemne procesión de San Telmo percorrendo as principais rúas da cidade. Ao remate terá lugar a ofrenda floral na Praza de San Fernando, e a Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín interpretarán a Salve Mariñeira e o Himno a San Telmo.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, fai unha invitación a achegarse esta fin de semana á Tui e disfrutar do amplo programa de actividades previsto, desexándolle unha felices festas tanto aos tudenses coma a cantos visiten a cidade.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido