Agenda
PLAY-DOC VIAXA DO NEPAL A TEXAS NA SÚA SECCIÓN OFICIAL
Fecha desde el 02 de Abril de 2014
hasta el 06 de Abril de 2014Seis filmes compiten polo premio que concede o xurado internacional, composto polos críticos e programadores Fernando Vílchez, Antonio Weinrichter e Jara Yáñez
Ampliar contenidoPlay-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebrará do 2 ao 6 de abril, programa nesta edición seis títulos na súa sección oficial, todos eles cun amplo percorrido e recoñecemento en festivais internacionais. As historias destas películas percorren boa parte do globo terráqueo, dende a próxima (mais exótica alén das nosas fronteiras) Costa da Morte a templos nepalís, granxas de Texas, ou o rural de Filipinas. Esta diversidade levará tamén aos espectadores á fronteira entre Brasil e Arxentina, e descubrirá a tradición ancestral da tribo Iaka/Mbendiele no interior do Congo. Todos estes filmes competirán polo premio que outorga o xurado internacional, composto nesta ocasión por Fernando Vílchez, xefe de programación do festival Lima Independiente; Antonio Weinrichter, profesor especializado en documental e cinema non narrativo da Universidade Carlos III; máis Jara Yáñez, redactora da prestixiosa revista especializada Caimán Cuadernos de Cine.Mantendo a liña de apoio ao cinema galego máis rompedor, Play-Doc elixiu desta volta Costa da Morte, do vigués Lois Patiño, para competir na sección oficial. O realizador é un habitual do certame, que xa pasou en dúas ocasións anteriores as súas curtas paisaxísticas. A longa que presenta agora é a consecución lóxica desa traxectoria pictórica, á que engade elementos etnográficos e míticos nesta galardoada cinta: premio ao director emerxente en Locarno, mención especial en Valdivia, mellor película no FICUNAM de México... E segue sumando. Sen dúbida, este ano, Patiño está a ser o embaixador da paisaxe e cultura galegas entre os cinéfilos de todo o mundo.Algo semellante podería dicirse de Roberto Minervini. Italiano de nacemento e educación, leva porén moitos anos vivindo nos EUA, onde rodou o seu último filme, Stop the Pounding Heart. Cunha curta mais intensa carreira, que inclúe tamén os títulos The Passage e Low Tide, Minervini perfílase coma un dos directores italianos novos máis interesantes do seu país. Neste último filme, segue o día a día de Sara, unha adolescente que se cría nunha familia de granxeiros de Texas, moi tradicional. A película ficcionaliza ese ambiente real, traballando con actores non profesionais, que se interpretan a si mesmos. É unha estratexia similar á que segue o homenaxeado desta edición, Nicolás Pereda, que en Minervini adquire dimensións de western etnográfico.Adxectivos similares foron utilizados para definir Sweetgrass, que en 2010 se alzara co premio á mellor longa no Play-Doc. O prestixioso Harvard Sensory Ethnography Lab estaba detrás desta proposta, como tantas outras (Leviathan ou Foreign Parts, entre elas), que estiveron a revolucionar o eido do documental etnográfico no último lustro. Agora é a quenda de Manakamana, na que Stephanie Spray e Pacho Vélez nos mostran as viaxes en teleférico a e dende o templo hinduísta do título, situado no Nepal. O filme semella levar o mesmo percorrido fulgurante que outros do laboratorio estadounidense, dende a obtención do Leopardo de Ouro en Locarno o pasado verán.Unha traxectoria, novos valoresNa aposta polos novos valores, Play-Doc programa varias primeiras ou segundas obras de autores emerxentes de todo o mundo. É o caso da sueca Linda Vastrik nesta edición. Logo dunha dilatada experiencia como directora de fotografía e guionista, asina con Forest of the Dancing Spirits a súa primeira longa. Un proxecto no que se deixa notar ese percorrido previo, rodado de xeito preciosista e cunha voz en off poética, que conta as tradicións centenarias da tribo Iaka/Mbendiele no Congo. O pano relixioso de fondo desta historia, centrada en atrapar o cotián deste pobo, achega unha dimensión mística a este completo relato, situando o filme entre a tradición fantástica de Jacques Tourneur e a etnográfica de Jean Rouch.Na liña de recuperación de materiais de arquivo que marcou parte da traxectoria de Play-Doc, con nomes como Jay Rosenblatt, Peter Tscherkassky ou Xurxo Chirro; o festival selecciona este ano Anak Araw, da promesa filipina Gym Lumbera, director de fotografía doutros membros dunha nova xeración de cineastas, que están a rachar moldes no país asiático. Entre eles, John Torres ou Sherad Anthony Sanchez. Os seus filmes destacan precisamente polo lado estético, responsabilidade de Lumbera. En Anak Araw, o realizador toma imaxes en branco e negro de noticiarios e arquivos para construír, a través delas, unha reflexión en torno á construción da linguaxe e o colonialismo norteamericano a través da lingua en Filipinas.Por último, completa a sección oficial Ricardo Bär, outra historia que se move entre a ficción e o documental, ao xeito de Nicolás Pereda, gran convidado desta edición. Nesta película, Nele Wohlatz e Gerardo Naumann seguen os pasos do rapaz de 22 anos do título, na súa procura por se converter en pastor protestante. A cinta segue o seu día a día, nunha colonia alemana na fronteira entre Brasil e Arxentina. Unha historia centrada, desta volta, na construción dunha identidade propia, difusa para Ricardo, perdido entre un conxunto de filiacións, como as coordenadas xeográficas que definen o lugar, fronteirizas.
PLAY-DOC PON EN MARCHA UN LABORATORIO DE CREACIÓN CON REPUTADOS DIRECTORES GALEGOS
Fecha desde el 02 de Abril de 2014
hasta el 06 de Abril de 2014O festival dedica unha sección aos documentais de Galicia máis relevantes do ano e volve apostar polos novos valores da cinematografía local
Ampliar contenidoPlay-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebrará do 2 ao 6 de abril, pon en marcha este ano un novo laboratorio de creación, logo do éxito dos Retratos Filmados das anteriores edicións. Marta Andreu, responsable do Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra, volve coordinar o curso, desta volta centrado na idea da "transformación". A intención do LAP (Laboratorio de Apuntes Fílmicos) é que cada cineasta convidado capture, dende a súa propia caligrafía, os cambios de diversa índole -sociais, económicos, paisaxísticos...- que se están a producir no seu entorno. Nesta edición, os autores elixidos son Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos; todos eles cunha importante traxectoria profesional, e cuxas obras foron seleccionadas en edicións anteriores do certame. Os directores xa están a traballar nesta proposta, experimentando en torno a esta idea do cambio. Os resultados poranse en común durante a celebración do Play-Doc, nunha sesión especial o domingo día 6 de abril, ás 18.30 horas. Nela, compartiranse as secuencias co público, reflexionando sobre o que cada autor quixo evocar con elas.O mellor documental galego da tempadaAlén de favorecer a creación de novos traballos en e sobre Galicia, o festival apoia a difusión dos talentos que, de seguro, marcarán o devir do documental galego. Play-Doc reserva unha sección para as curtas de Hugo Amoedo, Nacho Canosa, Iván Castiñeiras, Eloy Domínguez Serén e David Hernández, novos valores do audiovisual local; aos que se suman Alberto Gracia e Ramiro Ledo coas súas últimas longametraxes. Canosa e Castiñeiras retratan ambientes tamén en transformación, nas súas respectivas Ecos de lo urbano e A Raia. O primeiro, o espazo rururbano da periferia de Barcelona, onde xorden hortos que resisten á urbanización de polígonos industriais e autovías. O segundo, a paulatina perda das tradicións na fronteira rural entre Galicia e Portugal.Pola súa banda, Hernández e Amoedo retratan o día a día das comunidades nas que filman. Este último observando e conversando cos particulares habitantes de Camping Wesertal, na zona valona de Bélxica. Unha aproximación máis naturalista que a de Spaces of Time#1 - Vigo, na que a cidade galega é fotografada tendendo á abstracción propia das sinfonías urbanas do cinema de vangarda de inicios do século XX. Mais, se cadra, a obra máis persoal sexa a de Domínguez Serén. Pettring, aprendiz en sueco, remite aos seus primeiros meses en Suecia, onde traballa como peón de obra, nun país que lle resulta alleo. Honesto diario filmado, moitos galegos sentiranse identificados nel, ao remitir a unha das realidades máis comúns de Galicia: a emigración.Ramiro Ledo presenta VidaExtra, un arriscado ensaio fílmico sobre as vías de contestación política da súa xeración, baseado na novela de Peter Weiss A estética da resistencia. Inspirado tamén por outra obra, O enigma de Kaspar Hauser de Werner Herzog, Alberto Gracia filma O quinto evanxeo de Gaspar Hauser. Unha proposta de carácter experimental moi libre e esteticamente abraiante, que reflexiona sobre os mecanismos de construción da linguaxe.A distribución a debatePreocupado pola difusión destas obras, e nun contexto cada vez máis reducido para os filmes de non ficción e de baixo presuposto, Play-Doc organiza unha mesa de debate para falar das alternativas que existen á distribución comercial tradicional. Moderada polo programador do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) José Manuel Sande, contará coa presenza de Felipe Lage, produtor de Zeitun Films, quen dende a súa experiencia, dará unhas pautas de como presentar este tipo de filmes a festivais internacionais; Manuel Precedo, presidente de FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia), interesado na proxección destas películas con máis regularidade nas salas de Galicia; Diego Rodríguez, un dos responsables do festival Márgenes, nado en Internet, pero tamén con presenza física en diversos espazos de exhibición; e María Yáñez, unha das socias da empresa de contidos web A Navalla Suíza, cun claro interese no cinema e nas novas narrativas dixitais, quen se centrará nas posibilidades que ofrece a rede para distribuír e dar a coñecer filmes. Pola súa banda, o festival achegará a súa propia visión sobre a materia, a través do proxecto Play-Doc TV, plataforma de vídeo baixo demanda dispoñible no operador de cable R. Nesta, o certame programa contidos relacionados coa súa liña editorial durante todo o ano.
SEQUIN, MALANDRÓMEDA E NOVEDADES CARMINHA POÑEN A MÚSICA EN DIRECTO NO PLAY-DOC
Fecha desde el 02 de Abril de 2014
hasta el 06 de Abril de 2014A sección Play-Doc Live! inclúe os documentais When Youre Strange, sobre a mítica banda The Doors, e as galegas 19.06, Galician Hi-Fi e Agra do Orzán, o barrio dos músicos
Ampliar contenidoPlay-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebrará do 2 ao 6 de abril, programa este ano de novo a xa tradicional sección Play-Doc Live!, que inclúe concertos e filmes sobre música, procurando os puntos en común entre as dúas artes. Desta volta, a noite do sábado 5 de abril estará animada por tres bandas, cun concerto na sala Metropol, ás 00.30 horas. Elas son Sequin, Malandrómeda e Novedades Carminha, que presentará o seu novo e popular álbum Juventud Infinita. As entradas, a 7 euros, poderán adquirirse na propia sala durante a celebración do festival, ou en venda anticipada en entradasgo.com.Sequin supón un descubrimento no contexto español. Esta lisboeta fai un pop electrónico moi persoal, que escapa ás etiquetas. Con ritmos que beben da música tradicional hindú ou o afrobeat, entre outras influencias de carácter cosmopolita, Sequin irá quentando motores para Malandrómeda. Os seus directos son enérxicos e sen medo ao ridículo, sempre dispostos á experimentación. O rap bailable dos galegos é divertido, enxeñoso e sobre todo moi canalla, un espírito que comparten con Novedades Carminha. Irreverentes coma sempre, con esa factura lo-fi que os caracteriza, nun lugar entre a psicodelia e o punk, os composteláns presentan este ano disco, Juventud Infinita. O seu sinxelo, do mesmo nome, está a recoller boas críticas, e o público dálles boa acollida nos concertos que están a ofrecer estes meses. Con este percorrido, o seu novo disco será, seguro, unha das sensacións musicais do panorama independente do 2014.Imaxes ao ritmo da músicaA sección Play-Doc Live! componse ademais dun conxunto de documentais sobre música. A traxectoria da mítica banda The Doors está recollida en When You're Strange, do reputado director Tom DiCillo. Narrada polo popular actor Johnny Depp, nela desvélase o lado máis descoñecido do líder do grupo Jim Morrison, un deses solistas malditos do rock, morto con 27 anos, o que fixo acrecentar máis, se cabe, a súa lenda.Os outros tres filmes deste ano son de denominación de orixe galega. 19.06, de Pablo Cuesta e Alejandro Enríquez, recolle concertos sorpresa na rúa, tocados simultaneamente en varias cidades. Entres os artistas que participan, Raimundo Amador ou Jorge Pardo. Pola súa banda, Galician Hi- Fi, de Bruno Vence, trata as relacións de varios grupos galegos coa Internet, como ferramenta de promoción da súa música. Por último, Agra do Orzán, o barrio dos músicos, de Carmina Escrigas, é un retrato do que o barrio herculino significou como xerador de novas tendencias e ritmos musicais.
PLAY-DOC CELEBRA O SEU DÉCIMO ANIVERSARIO A SEMANA VINDEIRA
Fecha desde el 02 de Abril de 2014
hasta el 06 de Abril de 2014Os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, presentaron o festival en rolda de prensa, acompañados de Jacobo Sutil, director da AGADIC; Moisés Rodríguez, alcalde de Tui; e Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura
Ampliar contenidoPlay-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebrará do 2 ao 6 de abril, presentouse esta mañá en rolda de prensa no Teatro Municipal de Tui, sede do certame, que cumpre nesta edición o seu décimo aniversario. O director de AGADIC Jacobo Sutil, o alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e a súa concelleira de Cultura Vanesa Rodríguez; acompañaron aos directores desta cita, Sara García e Ángel Sánchez, na presentación. "Estamos nun momento de crecemento e proxección interesantes, con moitas ganas de seguir aprendendo e ao mesmo tempo deixando atrás unha etapa, concluíndo un ciclo", indicou García, quen explicou que para conmemorar os dez anos, haberá unha sección especial con títulos que marcaron a traxectoria do Play-Doc. Filmes de homenaxeados doutras edicións, como Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Bogdan Dziworski ou Albert Maysles, entre outros.En 2014, o convidado especial será o mexicano Nicolás Pereda, un dos máximos valores do seu país, un cineasta que se move entre a ficción e o documental para palpar a realidade de México coa súa cámara. Play-Doc dedícalle unha retrospectiva completa, estreando en España os seus filmes máis recentes, Matar extraños e El palacio. A este ciclo súmase unha sección oficial con seis títulos, "todos eles con elementos etnográficos comúns, aínda que con moi diversas e interesantes aproximacións", indica García. "Ante todo, trátase de procurar os filmes máis interesantes da tempada", di a directora, que tamén recordou que todas as películas chegan avaladas por boas críticas e premios en festivais internacionais.A estas dúas pedras angulares do festival, súmanse outras iniciativas xa habituais no Play-Doc, como son a sección dedicada a repasar os documentais galegos máis relevantes do pasado ano, ou Play-Doc Live! "Alma do festival", como a definiu Ángel Sánchez, intenta establecer diálogo entre o cinema e a música, mostrando documentais con esta temática, e ofrecendo un concerto para animar a noite do sábado 5 de abril. Este ano, Novedades Carminha presenta o seu esperado disco Juventud infinita, un álbum que xa está a colleitar moi boas críticas nas súas primeiras semanas de vida, e a obter entusiastas comentarios por parte do público. Acompañaranos no concerto Sequin e Malandrómeda para ir abrindo boca. E, na sala de cine, un conxunto de filmes musicais, entre eles o que trata a vida de The Doors, When You're Strange, narrado polo popular actor Johnny Depp.Sánchez quixo recordar, a este respecto, que o documental pode verse en Play-Doc TV, plataforma de televisión por cable dispoñible na compañía R, na que se programan varios contidos do festival e outros complementarios, co mesmo espírito dos do certame. O director de Play-Doc confesou que, "nun contexto económico complicado, onde cada ano custa máis sacar o festival adiante, ir sumando valores coma este pode ser unha das bases da nosa continuidade".Entre estes valores, atópanse varias actividades paralelas que arrincan este ano en Play-Doc, con vocación de continuidade. Unha delas é un Laboratorio de Apuntes Fílmicos, dende o que reflexionar sobre conceptos concretos en cada edición, convidando a varios directores galegos a que filmen pezas en torno a eles. Desta volta, o concepto é a "transformación", e sobre el traballan Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos. Ademais, a revista especializada A Cuarta Parede pon en marcha un seminario para formar a novos críticos, e presenta o seu libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI, acompañando isto con tres sesións de cinema luso.Completan as actividades paralelas do festival unha clase maxistral de Nicolás Pereda, na que falará sobre as características do seu particular selo autoral; e un debate en torno á distribución de filmes galegos fóra dos circuítos comerciais, moderado polo programador do CGAI José Manuel Sande.
PLAY-DOC INICIA HOXE A SÚA DÉCIMA EDICIÓN
Fecha desde el 02 de Abril de 2014
hasta el 05 de Abril de 2014Os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, acompañados de Jacobo Sutil, director da AGADIC, e Moisés Rodríguez, alcalde de Tui; participan na sesión de apertura, que conmemora o décimo aniversario con curtas de Bogdan Dziworski
Ampliar contenidoPlay-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebra do 2 ao 6 de abril, terá hoxe a súa sesión inaugural ás 20:30 no Teatro Municipal de Tui. O director de AGADIC Jacobo Sutil, o alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e os directores desta cita, Sara García e Ángel Sánchez; serán os encargados de inaugurar esta edición, que se abre cun conxunto de curtametraxes de Bogdan Dziworski. Este realizador foi un dos homenaxeados doutras edicións. Precisamente no seu décimo aniversario, Play-Doc quere facer repaso da súa traxectoria, programando obras de cineastas que marcaron esta primeira década de certame. Nomes coma os de Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Jay Rosenblatt ou Albert Maysles, entre outros.A segunda sesión no día inaugural será a de É na Terra não é na Lua, dirixida polo luso Gonçalo Tocha. Esta película, un conxunto de retratos na illa do Corvo, nas Azores, é só a primeira dun pequeno ciclo que Play-Doc lle dedica ao cinema portugués recente. A cinematografía do país veciño terá un especial protagonismo nesta edición, coa presentación do libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI, primeira monografía en español sobre esta última xeración de cineastas lusos que, coma os galegos, están a experimentar un auxe crecente. Por esta razón, o festival tampouco se esquece de dedicar unha sección aos traballos feitos en Galicia, para dar a coñecer o que se está a facer na rexión; así como de poñer en marcha un Laboratorio de Apuntes Fílmicos, no que catro directores galegos (Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos) filman material en torno á idea da "transformación".En 2014, o convidado especial será o mexicano Nicolás Pereda, un dos máximos valores do seu país, un cineasta que se move entre a ficción e o documental para palpar a realidade de México coa súa cámara. Play-Doc dedícalle unha retrospectiva completa, estreando en España os seus filmes máis recentes, Matar extraños e El palacio. Tamén ofrecerá unha clase maxistral. A este ciclo súmase unha sección oficial con seis títulos, todos eles cunha tendencia etnográfica.Outra das pedras angulares do festival é Play-Doc Live!, sección que intenta establecer diálogo entre o cinema e a música, mostrando documentais con esta temática, e ofrecendo un concerto para animar a noite do sábado 5 de abril. Este ano, Novedades Carminha presenta o seu esperado disco Juventud infinita, un álbum que xa está a colleitar moi boas críticas nas súas primeiras semanas de vida, e a obter entusiastas comentarios por parte do público. Acompañaranos no concerto Sequin e Malandrómeda para ir abrindo boca. E, na sala de cine, un conxunto de filmes musicais, entre eles o que trata a vida de The Doors, When You're Strange, narrado polo popular actor Johnny Depp.Completan o programa do festival actividades paralelas coma o debate en torno á distribución de filmes galegos fóra dos circuítos comerciais, que terá lugar o domingo 6; ou o seminario sobre crítica de cinema, que se desenvolve ao longo da fin de semana.
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
