Agenda
ESPECIAL - OIA PREPÁRASE PARA A CELEBRACIÓN DA I MOSTRA DE OIA
Fecha desde el 13 de Junio de 2014
hasta el 14 de Junio de 2014Se realizará os días 13 e 14 de Xuño de 2014 e participan varios colectivos do municipio
Ampliar contenidoO pasado Venres día 16 de Maio de 2014 tivo lugar en Oia a presentación da I Mostra de Oia, un evento que se realizará os días 13 e 14 de Xuño de 2014 e que contará coa participación de varios colectivos do municipio.
No acto de presentación interviron representantes da Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira", ACAMO, Asociación Tralo-Mosteiro e representantes da corporación local do Concello de Oia.
A I Mostra de Oia iniciaráse o día 13 de Xuño cun Serán organizado pola Asociación Tralo-Mosteiro a partires das 22:00h no eirado do Mosteiro. Todos os grupos da zona que desexen participar poden inscribirse no Concello de Oia, no Facebook da Asociación https://www.facebook.com/tralomosteiro.oia?fref=ts ou a través do correo electrónico tralomosteiro_oia@hotmail.es
Na xornada do día 14 de Xuño a Asociación Forestal e de Educación Ambiental do Baixo Miño "A Jalleira" organizará visitas guiadas ás Sobreiras do Faro en Mougás, así coma a diferentes puntos de interese natural do municipio. Trátase dun roteiro duns 5km de longo, de dificultade media e de percorrido circular e carácter gratuíto que terá a súa saída ás 10:30h da mañá dende o Eirado de Viladesuso. Os interesados en participar neste roteiro poden inscribirse de xeito gratuíto no teléfono 652.270.255 ou no correo electrónico ajalleira@gmail.com
Tamén na xornada do 14 de Xuño o Concello de Oia, a través do depto. de Servizos Sociais disporá dun stand no eirado do Mosteiro para recibir doazóns de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas do municipio.
No eirado haberá durante toda a xornada unha variada Mostra na que artesáns e empresas do municipio exporán os seus productos e servizos.
ACAMO, coincidindo co 83º aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural do Conxunto Cisterciense do Mosteiro de Oia, organizará varias visitas guiadas para que os visitantes podan apreciar esta xoia do cister.
O vindeiro día 24 de Maio de 2014, realizaráse unha reunión no Centro Cultural de Pedornes ás 20:00h da tarde, para que todos os interesados en participar na Mostra podan inscribir e ampliar inofrmación sobre a mesma.
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO XIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Fecha desde el 29 de Mayo de 2014
hasta el 27 de Junio de 2014Establécense tres premios para cada modalidade e, á hora de puntuar ás diferentes agrupacións, o xurado valorará a afinación, a sonoridade, a interpretación e a técnica
Ampliar contenidoO Boletín Oficial da Provincial publica hoxe as bases do XIII Certame Provincial de Música e abre o prazo para que todas as agrupacións interesadas en concursar poidan presentar a súa solicitude. Poderano facer desde mañá, xoves 29 de maio, ata o 27 de xuño, ambos incluídos, no rexistro da Deputación de Pontevedra.
Ao concurso poderán presentarse todas as bandas de música federadas, que poderán competir en tres niveis segundo o grao de dificultade da peza de libre elección que interpretarán.
En total serán 22 as agrupacións que participarán no certame, 6 na sección primeira (a de maior dificultade), 8 na segunda e outras 8 na terceira.
A elección das bandas concursantes realizarase por medio dun sorteo público entre todas as agrupacións que opten a participar en cada unha das categorías.
Lalín, Vilagarcía e Tui
O certame disputarase en tres puntos diferentes da provincia. Así, as agrupacións que compiten na sección primeira farano no Auditorio Área Panorámica de Tui o 4 de outubro; mentres que a sección segunda competirá no Auditorio Municipal de Lalín o 11 de outubro; e a sección terceira no Auditorio Municipal de Vilagarcía o 18 de outubro.
Só por participar, cada banda percibirá entre 2.000 e 3.500 euros (en función da sección) e establécense 3 premios aos mellor clasificados en cada nivel.
Sección
1º premio
2º premio
3º premio
Primeira
4.200 €
2.000 €
1.500
Segunda
3.500 €
1.800 €
1.250
terceira
3.000 €
1.500 €
1.000
A clasificación determinarana os membros do xurado atendendo a aspectos como a afinación, a sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), a interpretación e a técnica. Todos eses aspectos valoraranse tanto na interpretación do tema libre como no establecido como obrigatorio nas bases do concurso e que serán, para a sección primeira, 2Q1E In memoriam de David Cuevas; Theseus de Andrés Álvarez na Sección Segunda; e Sangral de Israel Quintas na Sección terceira.
I SONS DO MOSTEIRO E VISITAS GUIADAS Ó MOSTEIRO DE OIA PARA O MES DE XUÑO
Fecha desde el 13 de Junio de 2014
hasta el 15 de Junio de 2014Os día 13, 14 e 15 de xuño van a ter lugar diversas actividades en Oia
Ampliar contenidoI SONS DO MOSTEIRO E VISITAS GUIADAS Ó MOSTEIRO DE OIAOs día 13, 14 e 15 de xuño van a ter lugar diversas actividades en Oia; con motivo da I MOSTRA "OIA EXISTE"
Entre estas actividades, os membros de ACAMO, con motivo do 83 Aniversario da Declaración do Mosteiro de Oia como ben de interese cultural, organizamos:- VISITAS GUIADAS Ó MOSTEIRO: nos seguintes horarios: 16.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas.
- CONCERTO NA IGREXA PARROQUIAL: ás 21.00 horas terá lugar na Igrexa Parroquial o Concerto do cal presentamos hoxe o cartel.
Para ambas actividades, é necesario facer as reservas e inscripcións en acamo.oia@gmail.com e cobraremos 2 euros por cada unha delas, que destinaremos, como ven sendo habitual, á conservación e restauración do patrimonio oiense.
OIA CON MULTITUDE DE ACTIVIDADES NA FÍN DE SEMANA DO 13 Ó 15 DE XUÑO
Fecha desde el 13 de Junio de 2014
hasta el 15 de Junio de 2014Os vindeiros 13, 14 e 15 de xunio, diversos colectivos de Oia, organizamos actividades, baixo o lema Oia Existe.
Ampliar contenidoOia prepárase xa para a celebración dun fin des emana cargado de actividades culturais, deportivas e musicais para os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño de 2014.
Varios colectivos do municipio de Oia, organizarán actividades, baixo o lema Oia Existe, comezando o venres 13 de xuño co II Serán organizado pola Asociación Cultural Folclórica Tra-lo Mosteiro Oia a partir das 22:00 h. no eirado do Mosteiro.
Para a xornada do Sábado día 14, A Jalleira Afea, organiza un roteiro guiado polas Sobreiras do Faro, xoia da Serra da Groba, (unha pequena mostra do patrimonio natural de Oia).
No eirado do mosteiro terá lugar tamén a I Mostra Oia Existe. Onde empresas, artesáns, e colectivos relacionados con Oia, amosarán os seus servizos e productos.
Con motivo da celebración do 83º aniversario da declaración do Mosteiro de Oia como BIC (ben de interese cultural), a asociación cultural Acamo Oia, organiza ese día, visitas guiadas o mosteiro, e un concerto na Igrexa.
Santa María Surf Club, organiza tamén un bautismo de Padel Surf, totalmente de balde.
Ciclismo Oiense, organiza unha Marcha Ciclista Popular.
As 17:00 h. a Federación Galega de Motonáutica, organiza un slalom.
Si o vento (falado con Eolo está) o permite, parapentistas surcarán os ceos de Oia.
TAPEARTE A GUARDA DO 13 Ó 24 DE XUÑO DE 2014
Fecha desde el 13 de Junio de 2014
hasta el 24 de Junio de 2014Ruta que mestura a gastronomía, a elaboracion das alfombras do santísimo e a celebración de San Xoán
Ampliar contenido
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
