Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • HORARIO DE INVERNO DO FERRY BOAT A GUARDA - CAMINHA

    Fecha desde el 18 de Septiembre de 2015
    hasta el 30 de Junio de 2016

    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Xa está en funcionamento o horario de inverno do ferry que une A Guarda coa vila portuguesa de Caminha.

    Os cambios son:

    - A primeira viaxe dende A Guarda ata Caminha de luns a venres é as 10,30 e os sábados e os domingos ás 11,30.

    - Mantense o horario da última viaxe das 20,15 horas.

    - O luns continúa a ser o día de non servizo.


    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Ampliar contenido
  • PRIDE, UNHA COMEDIA BRITÁNICA NO CINECLUB POLEIRO O XOVES 14

    Fecha desde el 08 de Octubre de 2015
    hasta el 14 de Enero de 2016

    O próximo xoves ,14 de xaneiro, o cineclub Poleiro proxecta Pride, de Matthew Warchus, no auditorio de Goián ás 21:30 hors.

    Pride (Orgullo) é unha comedia dramática británica baseada en feitos reais que trata a homosexualidade.
    En 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o sindicato Nacional de Mineiros convoca unha folga. Un grupo de gays e lesbianas recauda fondos para axudar ás familias dos traballadores na manifestación do orgullo Gay en Londres pero o sindicato rexeita os cartos. O grupo decide poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha localidade de Gales . O contraste entre o grupo londinense , todo cor, co gris que envolve a localidade mineira provoca momentos brillantes.

    Pride pecha o primeiro ciclo da tempada. Estamos elaborando o segundo ciclo, catro películas de febreiro a maio

     

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    Ampliar contenido
  • NATAL É EM VALENÇA

    Fecha desde el 01 de Diciembre de 2015
    hasta el 09 de Enero de 2016

    Chocolate, Comboio, Presépios, Duendes, Pai Natal, Compras com Prémios, Cavalgata e muita animação.

    Chocolate, Comboio, Presépios, Duendes, Pai Natal, Compras com Prémios, Cavalgata e muita animação.
    Ampliar contenido
  • O MERCADO DE TOMIÑO CONGREGA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE NADAL

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Do 5 de Decembro ó 5 de Xaneiro no Mercado de Tomiño

    Este Nadal o Concello de Tomiño, o Mercado de Tomiño e os comerciantes pertencentes á Asociación ADETO teñen preparadas moitas sorpresas... mira o programa.
    Ampliar contenido
  • NATAL É EM VALENÇA! 40 DIAS COM CHOCOLATE, DUENDELÂNDIA E COMPRAS COM PRÉMIOS

    Fecha desde el 01 de Diciembre de 2015
    hasta el 09 de Enero de 2016

    Valença veste-se de tons, sons e sabores natalícios durante 40 dias, proporcionando uma oferta cheia de atrativos.

    Fortaleza de Chocolate, Duendelândia, Compras com Prémios, Comboio de Natal e Festa dos Reis marcam a oferta natalícia e de reis de Valença que arranca em 1 de dezembro e prolonga-se até 9 de janeiro. Valença veste-se de tons, sons e sabores natalícios durante 40 dias, proporcionando uma oferta cheia de atrativos.
    Compras de Natal com Prémios
    A campanha de Natal de Valença arranca a 1 de dezembro com as Compras de Natal, a Valença Cidade Presépio e as iluminações artísticas e prolonga-se até 9 de janeiro.
    A maior exposição de presépios do país, nos espaços públicos, serviços e montras encanta pela originalidade e diversidade das instalações, por toda a cidade.
    As Compras de Natal com Prémios são um convite a conhecer a oferta do comércio tradicional de Valença, habilitando a cheques compra nos comércios aderentes.
    Fortaleza de Chocolate Adoça o Natal
    A Fortaleza de Chocolate adoçará o Natal entre 4 e 8 de dezembro. Uma oportunidade para deliciar-se, em Valença, com os os licores, as pizzas, os crepes, os gelados artesanais, as espetadas de fruta, os waffles, os cupcakes e cakepops, o vinho e muito mais, tudo com chocolate.
    Duendelândia, o Encanto da Pequenada
    A Duendelândia estará em Valença entre 5 e 13 de dezembro. Uma oportunidade para os mais pequenos desfrutarem do mundo mágico da Duendelândia, com a Casa do Pai Natal, o percurso Duendaventura com arborismo suspenso, o Bosque Encantado, as pinturas faciais, a modelagem de balões, os atelier's de manualidades, a carta ao Pai Natal e a oferta de rebuçados.
    Comboio de Natal
    O comboio turístico percorrerá os centros históricos de Valença e Tui entre 4 de dezembro e 5 de janeiro dando a conhecer os principais encantos patrimoniais da Eurocidade e toda animação programa para esta quadra.
    Festa dos Reis
    A programação de Natal / Reis ficará marcada pela Festa dos Reis, com transmissão do programa "Somos Portugal" da TVI, em 3 de janeiro. Cavalgata de Reis, Presépio Vivo, Mostra de Reis, com produtos locais, artistas de renome nacional levam a Festa dos Reis de Valença aos quatro cantos do mundo.
    Em 5 de janeiro decorrerá a tradicional Cavalgata Internacional de Reis da Eurocidade Valença Tui, com saída dos Bombeiros de Valença, às 16h00.
    Ampliar contenido
  • O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA -NADAL NO MERCADO-

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A programación conta con actividades para todos os públicos

    O primeiro evento será este sábado coa gravación en directo do programa de Radio Vigo Ser "la guía gastronómica" de Carmen Albo.

    O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación do "Nadal no mercado". Toda unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos que se inicia o sábado 5 coa gravación en directo do programa radiofónico de Radio Vigo Ser, "la guía gastronómica" conducido por Carmen Albo, autora do blog de cociña "guisándomela vida". A gravación será dende o mercado municipal de 13h00 a 14h00.


    Este Nadal o mercado municipal está de aniversario e celebrarao con dúas feiras. Por un lado, o fin de semana do 12 e 13 de decembro Adeto organiza o "mercado gastronómico e artesanal" en horario de 11h00 a 21h00 en horario continuo. Por outro lado, o 1º andar do mercado albergará un espazo gastronómico con postos de comida e bebida dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 12h a 15h00 e de 19h00 a 22h00.


    Este Nadal, os máis pequenos contarán cunha programación dirixida a eles. Por un lado, contaremos con obradoiros de manualidades promocionados por varios postos do mercado en horario de 17h00 a 19h00. As datas será o 10 de decembro con " a miña libreta decorada" co apoio de Bacalaos Barcas; o 15 de decembro con "decorar en nadal" promovido por Floristería Montse; e 18 de decembro con "a bola de cristal", actividade promovida por Panadería Morales.


    Ademais, contaremos con obradoiros de cociña para nenos de 5 a 12 anos. Haberá dúas turnas, unha os días 21, 22 e 23 de decembro e outra, os días 28, 29 e 30 de decembro.


    Os obradoiros de cociña terán un custo de 5€, e os obradoiros de manualidades de 2€ salvo o do día 15 de decembro que será de 3€.


    O mercado ademáis, organizará un sorteo co premio de 1.000€ e anuncia que a gravación do programa larpeiros da semana pasada sairá o día 24 de nadal.

     

    Ampliar contenido
  • MÚSICA, DEPORTE, BELÉNS OU EXPOSICIÓNS SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS DA AXENDA DE NADAL DA EUROCIDADE

    Fecha desde el 04 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A Música, o deporte, a gastronomía, os beléns xunto coas exposicións, son algunhas das actividades previstas para este Nadal na Eurocidade Tui-Valença.

    A Música, o deporte, a gastronomía, os beléns xunto coas exposicións, son algunhas das actividades previstas para este Nadal na Eurocidade Tui-Valença.

    A Axenda de Nadal da Eurocidade foi presentada este mediodía na Pousada de San Teotónio en Valença por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro; xunto cos concelleiros de Cultura de Tui, María José González e o de Valença, José Monte; e o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que "este se trata dun acto simbólico con moita transcendencia, xa que Tui e Valença realizaron por segundo ano consecutivo esta axenda conxunta entre as dúas cidades, o que representa o espírito da Eurocidade". O rexedor tudense amosouse convencido de que nos anos vindeiros poderá acudir a máis presentacións de actividades realizadas en conxunto pola Eurocidade.

    Pola súa parte, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, deu conta dos obxectivos desta Axenda de Nadal, que é a de potenciar o papel da Eurocidade atraendo visitantes e turistas. Puntualizou Jorge Salgueiro que ademais pretenden proporcionar ós cidadáns e comerciantes unha oportunidade de lecer e ledicia nestas datas festivas.

    A concelleira de Cultura, María José González agradeceu a oportunidade de poder traballar conxuntamente e destacou a programación a celebrar en Tui, como o Mercado de Nadal desta fin de semana, o Concerto de Nadal da Escola de Música e do Conservatorio, exposicións de beléns e a ruta de visitas, torneo de bádminton ou o Concerto de Fin de Ano. Tamén quixo o concelleiro de Cultura de Valença, José Monte, destacar as 26 actividades que conforman esta programación de Nadal na Eurocidade.

    Un amplo abano de actividades conforman a Axenda de Nadal

    O acendido da iluminación de Nadal nas dúas cidades marca mañá venres o inicio desta programación. Asemade, dende mañá venres e ata o 6 de xaneiro funcionará de novo o tren turístico cun percorrido dunha hora entre Tui e Valença. O prezo por persoa é de 3€ e os nenos menores de 10 anos 1,50€.

    Ademais, mañá venres na Cámara de Valença ás 22.30 hora española será presentado o libro "Valença da fundación á Eurocidade" de Manuel Augusto Pinto Neves. Continuando en Valença, a partir de mañá e ata o próximo martes celebrarase a Fortaleza de Chocolate, unha actividade á que se suma o sábado Duendelândia que se prolongará ata o domingo 13 con actividades de animación para nenos e a presenza de Papa Noel.

    Este domingo terá lugar en Tui o cuarto Mercado de Nadal na Praza de San Fernando, Praza do Concello e rúa Ordóñez, con máis de 70 postos do comercio local, hostalería e artesanía. Mentres o domingo no mercado de Valença terá lugar a feira de antigüidades.

    No eido deportivo o sábado 12 celebrarase o Trilho de Mosteiró pechando o circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade e tamén o IV Trofeo da Eurocidade de Natación. O sábado 19 disputarase o I Torneo de Xadrez da Eurocidade, o domingo 20 haberá o II Paseo BTT de Nadal, e o martes 29 celebrarase o I Torneo de Bádminton.

    A música será protagonista con distintos eventos, entre os que destaca o Concerto de Fin de Ano que terá lugar en Tui o mércores 30 de decembro, o Concurso de Panxoliñas na Catedral o 3 de xaneiro, ou os concertos de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música de Tui o 17 de decembro, da Academia de Música de Valença o 11 deste mes, e da Asociación Cultural de Verdoejo o día 13, e do coro polifónico de San Teotónio o 20 de decembro.

    Nesta programación figura tamén a Exposición Colectiva de Presépios que ata o 9 de xaneiro se pode visitar en Valença, ou a Exposición Colectiva de Beléns que do 19 de decembro ó 7 de xaneiro se amosará na Catedral de Tui e nas igrexas de San Francisco e San Telmo, así coma na Residencia San Telmo e no Convento das Encerradas.

    Un ano máis volverá estar na Eurocidade o programa "Somos Portugal" da TVI.
    Esta programación pecharase o 5 de xaneiro coa Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que sairá ás 17h españolas de Valença, cruzará a vella Ponte Internacional, e rematará no Paseo da Corredoira en Tui entorno ás 19h.

    Ampliar contenido
  • CAMPAÑA DE NADAL NO CENTRO COMERCIAL ALBERTO DE A GUARDA ACIGU C.C.A

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Esta iniciativa irá acompañada de Cartas a Papa Noel y a los Reyes Magos.

    El pasado lunes 30 de noviembre los comerciantes de la localidad nos reunimos para presentar la Campaña do Nadal en ACIGU C.C.A, bajo el lema "Teu Nadal no teu C.C.A"

    Os comunicamos que la iniciativa de este año para la Campaña de Nadal constará de:

    Hinchables instalados en la Alameda y zona Joaquín Alonso (Praza Nova), cuando el tiempo lo permita y en el patio de los PP.Somascos si el tiempo es desfavorable.

    Para ello se repartirán tickets entre los comerciantes asociados que los entregarán entre sus clientes de forma gratuita.

    Los hinchables estarán disponibles los días 5,12,19,21,22,23,26, 28,29,30,31 de Diciembre, 2 y 4 de Enero durante todo el día; y 24 y 31 solo por la mañana.

    Esta iniciativa irá acompañada de Cartas a Papa Noel y a los Reyes Magos. Junto a la instalación de buzones de correos para las cartas en la zonas de hinchables.

    Tendremos un papa Noel repartiendo caramelos entre los comercios de la localidad.

    El parking en los PP. Somascos abrirá sus puertas el próximo sábado 19 hasta el 5 de Enero. Recordar a los clientes que realicen sus compras en los comercios de la asociación que tienen 15 minutos gratuitos si llevan un ticket de compra de un establecimiento o una tarjeta de visita o algo que identifique han estado que en algún negocio de servicios pertenecientes al Centro Comercial Aberto (seguros, asesorias, centros médicos, dentistas...)

    Esta campaña tendrá un coste de todas estas actividades rondando los 10.000 € que asumirá en su totalidad el Centro Comercial Aberto de A GUARDA, ACIGU C.C.A

    Ampliar contenido
  • VILA PRAIA DE ÂNCORA ABRE A ÚNICA PISTA DE GELO NATURAL DO DISTRITO ATE 10 DE JANEIRO

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2015
    hasta el 10 de Enero de 2016

    Prevista realização de duas galas de patinagem artística

    Vila Praia de Âncora vai ter a única pista de gelo natural do distrito de Viana do Castelo. A pista de gelo “Âncora On Ice” abre portas sábado, dia 5 de dezembro e vai promover duas galas de patinagem artística. Esta é uma das iniciativas que integra a Agenda de Natal Concelho de Caminha 2015. 

    Depois do sucesso do ano passado, este ano as expetativas são grandes. Em 2014, passaram pela pista de gelo cerca de 10 mil pessoas, número que a organização acredita qua vai ultrapassar este ano. A grande aposta e novidade são as duas galas de patinagem artística que vão ser realizadas em data ainda a definir.
    Até dia 10 de janeiro, todos os caminhos vão dar à pista de gelo que já está colocada no Parque Dr. Ramos Pereira, em Vila Praia de Âncora, a única com gelo natural do distrito. Na realidade, esta pista com 200 m₂ conta também com monitores que auxiliarão todos os que necessitarem e vai funcionar de segunda a quinta-feira das 10h00 às 20h00 e de sexta-feira a domingo das 10h00 às 00h00. O custo por pessoa é de 3 € cada meia hora e não está autorizada a utilização por menores de 4 anos. 

    No entanto, a organização também pensou nas crianças com idade inferior a 4 anos, por isso a animação do espaço envolvente está garantida com a Casinha do Pai Natal e com insufláveis, sempre que o tempo o permitir. 

    A Câmara Municipal apostou numa forte programação para o Natal e fim de ano, capaz de atrair mais gente ao concelho e dinamizar a economia local. O concelho oferece 40 dias de cultura e entretenimento: concertos de Natal e Ano Novo, pista de gelo natural, Feira de Tradições de Natal em Caminha e Vila Praia de Âncora, Passeio de Pai Natal de Bicicleta, Fitas de Natal, festa da passagem de ano ao ritmo dos Sons do Minho e Paulo Baixinho & Groove Ban, são algumas das propostas. A programação resulta de um projeto que junta Câmara Municipal, juntas de freguesia, comerciantes, associações e empresas.
    Ampliar contenido
  • PRÉMIOS DA II E III BIENAL DE CERVEIRA EM EXPOSIÇÃO A PARTIR DE 12 DEZEMBRO

    Fecha desde el 12 de Diciembre de 2015
    hasta el 13 de Febrero de 2016

    Fundação Bienal de Cerveira propõe uma viajem até 1980 e 1982 e apresenta, de 12 dezembro a 13 fevereiro

    Em jeito de retrospetiva, a Fundação Bienal de Cerveira propõe uma viajem até 1980 e 1982 e apresenta, de 12 dezembro -15 a 13 fevereiro -16, artistas premiados na II e III Bienais de Cerveira. Nas palavras do Vice-Presidente da Fundação Bienal de Cerveira, esta mostra que reflete "as memórias que dizem respeito ao historial das Bienais de Cerveira são a prova de que ela continua viva".

     

    A abertura irá decorrer no dia 12 de dezembro (sábado), às 17h00, no Fórum Cultural de Cerveira. No total são 20 artistas representados e 25 obras de arte de áreas como pintura, desenho, escultura, gravura entre outras. Para o artista Henrique Silva, dar a o conhecer ao público a Coleção do Museu Bienal de Cerveira é "retratar através dos seus 37 anos a evolução artística em Portugal e no estrangeiro que sempre foi e será o espelho da sociedade".

     

    A II Bienal de Cerveira, organizada e dirigida por Jaime Isidoro, que decorreu em 1980, homenageou o Mestre Barata Feyo e Camões e contou com 296 artistas representados e 8 países representados. Por sua vez, a III Bienal de Cerveira, organizada pelo Grupo Alvarez e com Direcção Geral a cargo de Jaime Isidoro teve 250 artistas representados e homenageou Vieira da Silva.

     

    Artistas representados | Premiados III BIENAL DE CERVEIRA

    Pintura: Jiri Kólar

    Escultura: Zulmiro de Carvalho

    Desenho: Robert Schad

    Intervenção: Ção Pestana

    Gravura: David Almeida

    Menção Honrosa: Miguel D'Alte

    Revelação: Ana Vidigal

    Fotografia: Eduardo Nery

    Menção Honrosa: Manuel Dias

    Menção Honrosa: Jaime Azinheira

     

    Artistas representados | Premiados II BIENAL DE CERVEIRA

    Pintura: Ângelo de Sousa

    Escultura: José Rodrigues

    Desenho: Mário Américo

    Gravura: Costa Pinheiro

    Atelier Livre: Artur Bual

    Revelação Escultura: Amaral da Cunha

    Revelação Gravura: Alberto José

    Revelação Desenho: Pedro Casqueiro

    Revelação Intervenção: Leonor Ferrão

    Revelação Pintura: Rui Pimentel

     

    No mesmo dia três alunas do Instituto Politécnico de Viana do Castelo promovem no Fórum Cultural de Cerveira, a Palestra e Concerto "Movimento Feminista e a Arte". O objetivo é discutir o reflexo da condição feminina na arte e vice-versa.

    Ampliar contenido
  • O NADAL CHEGA A TOMIÑO DO 19 DE DECEMBRO Ó 5 DE XANEIRO

    Fecha desde el 19 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A programación conta con obradoiros lúdico e educativos gratuitos, teatro e unha festa infantil na Praza do Seixo.

    O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación do "O Nadal chega a Tomiño". Toda unha serie de actividades dirixidas aos máis pequenos. A axenda cultural contará con obradoiros lúdicos e educativos gratuitos os días 22 e 23 de decembro en horario de tarde. Para estos obradoiros e para a Festa Infantil dos días 28, 29 e 30 de decembro acondionarase unha carpa na praza do Seixo ao onde os máis pequenos poderán acceder de xeito gratuito. A festa infantil ademáis dos obradoiros contará con inchables e cunha exposición de postais feitas por nenos, nenas e polos maiores do Concello.

    Ademáis dos obradoiros, contaremos con cursos de cociña infantís os días 21, 22 e 23 de decembro, e os días 28, 29 e 30 de decembro no mercado. Para esta actividade é preciso inscribirse previamente no Concello.

    O teatro voltará a Tomiño con dúas citas. Por un lado, o domingo 27 de decembro Educateatro producións traerá a obra "Carapuchiña vermella". A obra está dirixida a todos os públicos e será de balde para os nenos pero custará 3€ para os adultos. Tanto esta cita co teatro como a do domingo 3 de xaneiro na que nos visitá Migallas Teatro coa obra "Vai ser boa" será no auditorio de Goián ás 17h00.

    Para rematar as vacacións de Nadal, o día 5 de xaneiro os Reis visitarán Tomiño saíndo a real cabalgata ás 16h30 dende o Alivio hacia a praza do Seixo onde as súas Maxestades recibirán aos nenos e nenas e producirase o tradional sorteo.

    Ademáis desta programación infantil, este sábado 19 de decembro ás 18h00, o auditorio de Goián acollerá o Concerto Solidario da Agrupación Musical en colaboración con SOS Tomiño para o cal a entrada consistirá na entrega dun 1kg de alimento non perecedeiro a asociación solidadaria.
    Ampliar contenido
  • O CONCELLO DA GUARDA ACOLLE A EXPOSICIÓN -A PAZ CUESTIÓN DE FONDO-

    Fecha desde el 12 de Diciembre de 2015
    hasta el 08 de Enero de 2016

    A exhibición xa está aberta o público e permanecerá na vila ata o próximo 8 de xaneiro

    O Concello da Guarda acolle a mostra ‘A Paz Cuestión de Fondo', organizada dende a OMIX en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exhibición xa está aberta o público e permanecerá na vila ata o próximo 8 de xaneiro.


    A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre ricos e pobres. O Fondo Galego de Cooperación entende que o desenvolvemento sostible non é posible neste contexto, por iso quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.

    Os paneis da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo' pretenden achegar á cidadanía os conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos e actitudes que contribúen a promovela. Trátase de que nenos e adultos entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.

    O Concello da Guarda convida a todos os veciños e veciñas da vila a achegarse e desfrutar da exposición que se exhibe tanto na planta baixa coma no primeiro andar.

    Ampliar contenido
  • AXENDA DE NADAL A GUARDA 2015-16

    Fecha desde el 02 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Programación de actividades no Nadal en A Guarda

    Obradoiros infantís onde os rapaces e rapazas farán adornos de nadal ou instrumentos, mercado de artesanía na Praza de Abastos, festival de pandereteiras ou un concerto de panxoliñas, son algunhas das iniciativas que se levarán a cabo durante os meses de decembro e xaneiro.
    Ademais haberá festas de inchables, unha Carreira San Silvestre con fins benéficos, espectáculos de teatro e cinema para rapaces e rapazas ou chocolatadas.

    Como non podería ser doutra maneira, non faltará a cabalgata dos Reis Magos e a posterior recepción na Casa dos Alonsos o 5 de xaneiro.

    As actividades, ademais de estar organizadas polo Concello da Guarda, tamén as hai organizadas por ACIGU, por +k ARTE ou pola Coral Polifónica da Guarda.

    O goberno local quere desexar a todos os veciños e veciñas da Guarda, e tamén aos visitantes que se acheguen á vila durante estas datas, unhas felices festas e un bo aninovo.

    Ampliar contenido
  • EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE MIGUEL NÚÑEZ NA ÁREA PANORÁMICA DE TUI

    Fecha desde el 19 de Diciembre de 2015
    hasta el 10 de Enero de 2016

    A exposición, que estará aberta ó público ata o 10 de xaneiro, poderase visitar en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h.

    Esta exposición é unha nova mostra, nesta ocasión da man do fotógrafo Miguel Núñez baixo o título "Illas, náufragos invisibles".

    A exposición, que estará aberta ó público ata o 10 de xaneiro, poderase visitar en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h.

    Nesta mostra fotográfica Miguel Núñez expresa a sensación de naufragar, xa que somos illas, e en ocasións naufragamos condenados á deriva. Entón é cando aparece algo ou alguén, senón desaparecemos co noso pasado, sen futuro. Segundo o fotógrafo a eles vai dedicado este grito, ós "invisibles", ós que non lograron salvarse aínda, ós que deambulan ó outro lado da fronteira, de onde non se volta, da sutil liña divisora que te leva a unha vida sen futuro e ausente de horizontes, sen unha táboa á cal aferrarse que te empurra ó naufraxio, á nada que é ser un invisible.

    Ampliar contenido
  • O CONCELLO DE TOMIÑO CELEBRA O PRIMEIRO ANIVERSARIO DO MERCADO MUNICIPAL CUN ESPAZO GASTRONÓMICO NO PRIMEIRO ANDAR

    Fecha desde el 23 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A actividade forma parte da programación Nadal no Mercado.

    O Mercado de Tomiño celebra o seu primeiro aniversario cun espazo gastronómico no primeiro andar. Trátase dun encontro gastronómico no que haberán viños, cervexas e tapas elaboradas cos productos frescos do mercado servindo o primeiro andar do mercado dun espazo de encontro nestas datas de Nadal.

    A actividade forma parte da programación de Nadal no Mercado e estará aberta dende hoxe até o 5 de xaneiro, víspera de Reis, no horario de mañán de 12 a 14h e de 20 a 22h.

    Ademáis, o vindeiro 24 de Nadal coincidindo coa Noiteboa, emitarase no programa de Larpeiros a visita ao mercado de Tomiño que os seus protagonistas fixeron coa excusa de mercar productos frescos para os pratos especiais de Nadal.

    En pouco tempo, o primeiro andar do mercado albergará dous novos postos que están a piques de ser adxudicados, respondendo a dinamización económica da que se está beneficiando o núcleo comercial do Seixo.

    Ampliar contenido
  • INSCRIPCIÓN ABIERTA PARA CLASES DE PILATES Y ZUMBA EN A GUARDA

    Fecha desde el 28 de Diciembre de 2015
    hasta el 11 de Enero de 2016

    Las Plazas seran mas limitadas y se podran inscribir al Telefono: 686512863

    Comenzaremos Curso de Pilates y de Zumba,
    Pilates el Horario sera Lunes y Miercoles de 18h a 19h
    Zumba el Horario sera Lunes y Miercoles de 19h a 20h

    El Lugar donde esta Asociacion impatira los cursos sera en el Recreo Artistico Guardes, en la Guardia. Y comienzan el 11 de Enero del 2016.

    Las Plazas seran mas limitadas y se podran inscribir al Telefono: 686512863

    Ampliar contenido
  • O ESPECTÁCULO -CARAPUCHIÑA VERMELLA- ACAPAROU A ATENCIÓN DE MÁIS 300 NENOS E NENAS NA PRIMEIRA CITA CO TEATRO INFANTIL DAS VACACIÓNS DE NADAL

    Fecha desde el 28 de Diciembre de 2015
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A programación -Nadal cultural- continua ao longo da semana cunha Festa Infantil e unha nova cita co teatro o domingo.

    O espectáculo infantil "Carapuchiña vermella"completou o seu aforo na tarde de onte. A cita co teatro foi todo un éxito entre os máis pequenos da casa que riron e se emocionaron co musical sobre este clásico conto de transmisión oral.

    O teatro infantil voltará o vindeiro domingo día 3 de xaneiro ás 17h00 no auditorio de Goián. A cita será coa compañía Migallas Teatro que nos representará a peza "Vai ser boa". As entradas para os máis miúdos voltará a ser gratuita.

    A programación de Nadal para os máis pequenos ademáis conta cunha Festa Infantil o 28, o 29 e o mércores 30 de decembro. Celebrarase na carpa que está montada na Praza do Seixo e que albergará inchables e obradoiros lúdicos-educativos ademáis que contar coa exposición de postais feitas polos nenos e nenas ao longo do mes de decembro.

    O fin das actividades será o martes 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis ás 16h30.

    Ampliar contenido
  • 200 FIGURANTES E 1 TONELADAS DE CARAMELOS NA CAVALGATA DA EUROCIDADE VALENÇA-TUI

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    A eurocidade Valença Tui promove a Cavalgata Internacional de Reis, terça-feira, 5 de Janeiro, com saída dos Bombeiros de Valença, às 16h00 (PT).

    A eurocidade Valença Tui promove a Cavalgata Internacional de Reis, terça-feira, 5 de Janeiro, com saída dos Bombeiros de Valença, às 16h00 (PT). Carruagens alegóricas, charangas, bandas de música, grupos de janeiras, 10 carros alegóricos, mais de 200 figurantes e mais 1000 quilos de caramelos sem gluten darão vida à cavalgata num percurso de 4 Km.

    Os Reis Magos Melchior, Gaspar e Baltasar seguirão em carroças acompanhados dos pajens e de carros alegóricos das associações culturais de Valença e Tui, bem como do comboio turístico da Eurocidade.

    Desde o Quartel dos Bombeiros Voluntários de Valença a Cavalgata vai percorrer a avenida dos Bombeiros, a Rotunda da Trapicheira, a avenida de Espanha, a antiga Ponte Internacional, às 17h00 (PT) e já em Tui o percurso seguirá pela Avenida de Portugal, rua Martínez Padín e Augusto González Besada e Paseo da Corredoira, onde está prevista a chegada às 18h (PT)

    No Passeio da Corredoira estará localizado o palco de receção aos Reis Magos, em frente do Seminário menor, onde decorrerá a oferta no portal de Belém.

     

    200 Figurantes e 1 Toneladas de Caramelos


    Esta cavalgata de caráter internacional é um dos pontos altos da festa dos reis da Eurocidade que ano após ano atrai um número crescente de turistas para acompanhar uma manifestação cultural muito enraizada nesta região raiana.


    A Cavalgata contará com a colaboração da Rádio Municipal de Tui, do Grupo Scout Alhoia de Tui, da Polícia Local, da GNR e dos Bombeiros Voluntários de Valença.

    Ampliar contenido
  • OS REIS MAGOS REALIZARÁN UN PERCORRIDO INTERNACIONAL ENTRE TUI E VALENÇA O DÍA 5

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Máis de 200 persoas integran a comitiva real que repartirá máis de 1000 quilos de caramelos sen gluten

    A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade sairá o próximo martes, 5 de xaneiro, ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença. A comitiva real fará un percorrido de tres quilómetros e medio durante case dúas horas polas Avenida dos Bombeiros Voluntarios e a Avenida de Espanha en Valença para cruzar pola vella Ponte Internacional e xa en Tui percorrerá a Avenida de Portugal e as rúas Martínez Padín, Augusto González Besada e Paseo da Corredoira a onde chegará entorno ás sete da tarde. Este será o sexto ano consecutivo en que Melchor, Gaspar e Baltasar realizan este percorrido internacional.

     

    A comitiva real fará un percorrido de tres quilómetros e medio durante case dúas horas

    Os Reis Magos chegarán a Tui en tres magnificas carrozas na compaña de 18 paxes, e acompañados de cinco carrozas máis realizadas polas asociacións culturais Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis  e Xuntanza de Randufe, así coma por unha carroza da Cámara de Valença e o tren turístico. A Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro será a responsable da animación musical. En total a comitiva real estará integrada por 200 persoas entre figurantes e voluntarios.

     

    Amais do incremento no número de carrozas participantes, entre as novidades deste ano destaca tamén o cambio no emprazamento do belén vivinte que se ubicará diante do Seminario Menor no Paseo da Corredoira. Aí os Reis farán a súa ofrenda e darán lectura á mensaxe real, agasallarán con caramelos ao público e posteriormente recibirán a todos os nenos e nenas que desexen saudalos.

     

    Entre ás 18.30h e ás 20:30h diante do Palco da Música no Paseo da Corredoira estarán Goofy e Bugs Bunny animando aos cativos mentres agardan a chegada dos Reis Magos.

     

    A Cabalgata Internacional de Reis está organizada pola Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui conxuntamente coa Cámara Municipal de Valença, dentro das actividades da Eurocidade Valença-Tui. Colaboran a Radio Municipal de Tui, o Grupo Scout Alhoia, e a  Policía Local, por parte tudense, e a GNR, e Bombeiros Voluntarios de Valença.

     

    Restricións no tráfico

     

    Debido á celebración da Cabalgata de Reis haberá restricións de tráfico nas rúas por onde transcorre, con prohibición de aparcar dende primeira hora da tarde tanto na rúa Martínez Padín coma Augusto González Besada. Amais estará pechado ao tráfico dende ás 18.30h a N-550 dende a intersección entre Augusto González Besada e a Betanzos e a intersección entre a Avenida da Concordia e a rúa Maristas.

     

    Visita ás residencias Paz e Ben e San Telmo

    Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán  o martes pola mañá aos maiores que viven na residencia Paz e Ben e na residencia San Telmo. Irán acompañados pola Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro

     

    Cabalgata Internacional de Reis

    Saída: Ás 17 hora española do Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença

    Chegada: Ás 19h diante do Seminario Menor no Paseo da Corredoira en Tui 

    Percorrido: 3,5 quilómetros. Reparto de 1.500 quilos de caramelos sen gluten

    Ampliar contenido
  • PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOS XACEMENTOS DE STA. TREGA(A GUARDA), O DA CABECIÑA(OIA) E O DO ALTO DOS CUBOS(TUI)

    Fecha desde el 31 de Diciembre de 2015
    hasta el 11 de Febrero de 2016

    A Deputación de Pontevedra intervirá durante o vindeiro ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia

    O concurso para a presentación de proxectos de musealización, convocado polo Ministerio de Fomento, está aberto ata o 11 de febreiro de 2016

     

    A Deputación lanza un recortable infantil sobre a cultura castrexa

     

    A Deputación de Pontevedra intervirá durante o vindeiro ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia, en virtude do convenio que asinou co Ministerio de Fomento para a posta en valor do patrimonio galaico-romano. Como parte do proxecto, o Ministerio vén de convocar un concurso público con xurado para a selección das mellores propostas de restauración e musealización.

     

    As bases da licitación atópanse publicadas na web do Ministerio de Fomento, que estableceu de prazo ata o 16 de febreiro para a recepción de propostas. A intención do Ministerio é contratar a redacción de cada un dos 18 proxectos ao gañador do concurso, a medida que finalicen os traballos previos de arqueoloxía e de escavación acometidos pola Deputación. Poden consultarse todos os detalles das bases na seguinte ligazón:

    https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl=y9eG6ynxdMgQK2TEfXGy%2BA%3D%3D

     

    O convenio asinado pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento ten por obxectivo a recuperación dos xacementos galaico-romanos da provincia, concibidos como un importante instrumento de dinamización socioeconómica, cultural e turística das comarcas. O programa integral inclúe dende labores de limpeza, mantemento e  escavación, ata actividades de promoción, a creación de ambientes museográficos e o rexistro dixital dos xacementos en 3D.

     

    Os xacementos obxecto de intervención son os seguintes: Santa Tegra (A Guarda), Castro de Troña (Ponteareas), Monte de O Facho (Cangas), A Lanzada (Sanxenxo)

    Adro Vello (O Grove), Monte do Castro (Ribadumia), Porta de Arcos  (Rodeiro), Castrolandín (Cuntis), A Cabeciña (Oia), A Subidá (Marín), Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), Alto dos Cubos (Tui), Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Coto de Altamira (As Neves), Igrexa Vella (Valga), Castro de Penalba (Campo Lameiro), Castro de Pena Redonda (Pontecaldelas) e Castro de Toiriz (Silleda).

     

    Para executar o programa, a Deputación de Pontevedra contratou 18 peóns de excavación arqueolóxica, 7 arqueólogos de campo e laboratorio e un coordinador, que xa están a traballar no castro de Santa Tegra, baixo a supervisión do Servizo de Turismo Rias Baixas. Ademais, a partir do 1 de febreiro, iniciaranse as labores de recuperación do  castro Alobre, en Vilagarcía.

     

    Recortable infantil 

    Unha das liñas de actuación do programa é a divulgación do patrimonio histórico e cultural arqueolóxico. No marco deste obxectivo, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha lámina recortable dirixida ao público infantil, baixo o título "En busca da pegada castrexa".

     

    A lámina mostra un mapa coa localización dos 18 xacementos nos que se vai intervir así como diferentes elementos representativos de cada un deles, e os nenos e nenas teñen que relacionalos entre si.

     

    A lámina está disponible para descarga na seguinte ligazón:

    http://www.depo.es/documents/675401/3873328/mapa_xacementos.pdf

    Ampliar contenido
  • CABALGATA DOS REIS MAGOS 2016 NO ROSAL

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Día 5 de xaneiro de 2016 Saída ás 10.00h dende a praza do calvario

    Pola mañá: O Calvario (10.00h), Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín (11.00h), Viso dos Eidos, Novás (11.15h), Parada, Marzán (11.40h), Sanxián e Portecelo (12.00h), Cachada, Fecha (12.50h), Pancenteo, Cunchada, Pías (13.30h).

    Pola tarde: Tabagón (15.20h), A Portela, Eiras, Morán (16.20h), Valdemiñotos, Couselo (16.35h), A Lomba, Urgal, Barrio Novo (16.50h), Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba, Sandián.


    A partir das 17.00h na Praza do Calvario recibiremos ós REIS MAGOS e para rematar disfrutaremos dunha
    GRAN CHOCOLATADA

    Ampliar contenido
  • VIAJE DE LA PEÑA CELTISTA DO BAIXO MIÑO A MADRID

    Fecha desde el 04 de Enero de 2016
    hasta el 22 de Enero de 2016

    La PEÑA CELTISTA DO BAIXO MIÑO, organiza un viaje a Madrid para acompañar al Celta en su partido frente al Rayo Vallecano, a celebrar el sábado, día 23 de enero, a las 20,05 horas en Vallecas.

    La PEÑA CELTISTA DO BAIXO MIÑO, organiza un viaje a Madrid para acompañar al Celta en su partido frente al Rayo Vallecano, a celebrar el sábado, día 23 de enero, a las 20,05 horas en Vallecas.

    El viaje se hace en el día, la salida es a las 7 horas de A Guardia y se vuelve al finalizar el partido.

    El precio es de 40 € para los socios de la Peña y de 45 € para los demás aficionados, incluye solo el bus

    Se pueden hacer las reservas en la Cafetería Oasis y en el As de Copas
    Ampliar contenido
  • CABALGATA DOS REIS MAGOS NA GUARDA

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    En caso de choiva a cabalgata non sairá pero se realizará a recepción real na Casa dos Alonsos dende ás 18 horas

    A vila da Guarda xa ten todo preparado para a esperada chegada dos Reis Magos o próximo martes, día 5 de xaneiro.

    Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 18 horas dende a Alameda para, tras pasar pola Rúa Galicia e a Praza da Igrexa, chegar a Praza do Reló e celebrar unha gran recepción real na Casa dos Alonsos.

    Aos tres reis os acompañarán unha trintena de paxes ademais de a charanga de "Os Zanfonos", o grupo de Gaitas da Terceira Idade e o grupo de baile "Xamaraina".

    Durante o percorrido os acompañantes da comitiva real e tamén os propios Reis repartirán case 400 quilogramos de caramelos polas rúas.

    Unha vez na Casa dos Alonsos terá lugar a gran recepción real. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os rapaces e rapazas que así o desexen e lles farán entrega dun pequeno agasallo.

    En caso de choiva a cabalgata non sairá pero se realizará a recepción real na Casa dos Alonsos dende ás 18 horas. Neste caso tamén haberá actuacións musicais e reparto de caramelos.

    Ampliar contenido
  • CÉSAR MOSQUERA ANUNCIA QUE OS CONCELLOS PODERÁN SOLICITAR CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS Á DEPUTACIÓN ATA FINAIS DE XANEIRO

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 29 de Enero de 2016

    O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

    O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, ven de anunciar que a institución provincial vai ampliar o prazo para que os concellos poidan presentar os seus proxectos para solicitar centros de compostaxe comunitario. Con esta ampliación do prazo inicial búscase, segundo Mosquera, "facilitar o traballo dos municipios, que están a demostrar un grande interese polo Plan Compost celebrando numerosas reunións informativas para involucrar aos veciños de diferentes zonas da provincia. Están implicándose para presentar proxectos solventes e demostrar que este novo sistema de xestión de lixo pode solucionar parte dos problemas económicos e ecolóxicos do actual modelo de residuos".

    O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

    O prazo de presentación dos proxectos para cada proposta de compostaxe comunitaria finalizará, pois, o día 31 de xaneiro. Logo, unha comisión de valoración da Deputación fará a escolma dos proxectos municipais máis viables nun informe. Este finalizará nunha proposta de resolución definitiva co visto bo do departamento de Intervención.

    Segundo asegurou o vicepresidente, deste xeito poderanse instalar os centros nas súas ubicacións definitivas moi probablemente no primeiro trimestre do ano, data que coincide coa fin da formación das mestras e mestres composteiros.

    Listado nominativo
    Mosquera lembra que nas bases de selección das propostas municipais o que máis primará será o compromiso dos veciños e comerciantes da zona para aportar os restos de comida e vexetais (o que se denomina fracción orgánica do lixo) nos composteiros comunitarios situados máis preto dos seus domicilios. Neste sentido, a Deputación require un listado nominativo daquelas persoas que colaborarán na achega dos seus desperdicios, aínda que só un compromiso firmado dun representante de cada unidade familiar. Neste ámbito, os concellos terán que diferenciar que parte deses cidadáns son poboación esporádica e cales son habituais, aclarando, por exemplo, os veciños que só residan na zona durante a fin de semana. Para cada composteiro comunitario terase que garantir unha poboación de entre 60 e 300 persoas (unhas 20-100 familias) situadas nun radio de actuación de 300 metros como máximo.


    Outros dos criterios que darán puntuación para os proxectos dos concellos serán que estes aporten o material estruturante (restos de podas, clareos, limpezas de montes ou fincas) para a mestura coa fracción orgánica do lixo; que se teña estudado como retirar e utilizar o compost obtido por parte dos veciños ou ben en fincas e xardíns públicos; e que a ubicación do centro de compostaxe comunitaria sexa a axeitada, tendo en conta o espazo dispoñible, as características do terreo e os seus usos actuais e as características dos espazos limítrofes. O máximo a acadar serán 100 puntos por proposta.


    Os beneficiarios da primeira fase do Plan Compost poderán ser todas as entidades locais da provincia de Pontevedra, se ben serán os concellos os que deben canalizar as propostas de asociacións, colectivos ou mancomunidades interesados. A cada entidade local subministraráselle un máximo de 24 unidades modulares de un metro cúbico para crear centros de compostaxe de diferentes tamaños (de tres a 12 módulos cada un).


    Por outra banda, o vicepresidente lembra que a Deputación, ademais de ter en marcha xa o procedemento para mercar os composteiros que se repartirán, tamén porá a servizo dos concellos os mestres e mestras composteiros que se encargarán do mantemento dos centros comunitarios e do asesoramento dos veciños participantes durante un período dun ano. Sinalou tamén que, co fin de acadar os mellores resultados posibles, a institución provincial está a traballar coa Universidade de Vigo e, internamente, coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro co fin de potenciar estudos de investigación que relacionen a calidade do compost con beneficios para a terra.


    O obxectivo da Deputación provincial, según insistiu o vicepresidente Mosquera, é que neste mandato se teñan cubertas as necesidades de 240.000 pontevedreses (un cuarto da poboación da provincia).

    Ampliar contenido
  • ABERTO O PRAZO PARA QUE AGRUPACIÓNS E ARTISTAS SOLICITEN A INCLUSIÓN NO PONTEGAL 2016

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 01 de Febrero de 2016

    Entre o 5 de xaneiro e o 1 de febreiro poderán presentar as solicitudes segundo o modelo que se facilita na páxina web da Deputación

    Ata o vindeiro 1 de febreiro permanecerá o prazo aberto para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2016. As bases de dito programa saen publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e inclúen o formulario de solicitude que debe presentarse debidamente cumprimentado e coa documentación anexa pertinente en cada caso.

    Pontegal é o programa mediante o cal a Deputación de Pontevedra colabora cos concellos e coas asociacións sen ánimo de lucro para que contraten actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa. Poderán solicitar a inclusión no Pontegal as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

    Os grupos e artistas deben realizar a solicitude no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral ou na páxina web da Deputación, que debe presentarse, xunto coa documentación complementaria requirida, nas sedes do organismo provincial en Pontevedra ou Vigo.

    A selección e a inclusión dos grupos solicitantes levaraas a cabo o Servizo de Cultura e Lingua, que poderá asesorarse a través dos informes tanto do persoal técnico coma de profesionais expertos en cada unha das materias que avalían os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ao órgano competente a súa aprobación definitiva.

    Clasificación e retribución
    As bases do Pontegal inclúen un baremo de clasificación para as agrupacións e os artistas. No caso de bandas de música, masas corais e grupos folclóricos, a clasificación faise en función do número de membros e de se teñen escola de música e/ou de baile. A clasificación dos grupos de teatro realízase en función da súa proposta de programación e dos datos relacionados co caché, a escenografía e o custo da montaxe. No apartado de música clásica inclúese un apartado para grupos de cámara, outro para solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos, e un terceiro para orquestras. Por último, haberá un apartado para música tradicional e outras disciplinas artísticas nas que se inclúen poetas, humoristas, e, por primeira vez, audiovisuais.

    O Pontegal 2016, que estará dotado con 700.000 euros, establece unha táboa cos importes que por parte da Deputación se aboarán a cada actuación. Dita táboa recolle o importe correspondente a cada tipo de grupo, establecendo un total de 31 clasificacións. Así, para as bandas de música establécese un baremo máximo de 600 euros e mínimo de 450, segundo a clasificación de cada unha -número de membros e escola de música-. Para as masas corais contémplanse importes de 210 e 240 euros segundo a clasificación; para os grupos folclóricos o abano vai entre os 270 e os 200 euros; para os grupos de teatro entre 500 e 375 euros; e para audiovisuais, poetas, e humoristas establece un importe de 201 euros.

    Os importes recollidos nesta táboa correspóndense á cantidade que abonará a Deputación por cada actuación, polo que o resto do importe do caché debe ser asumida pola entidade que contrata dita actuación -concellos ou asociacións sen ánimo de lucro-.

    Ampliar contenido
  • OS REIS MAGOS RECIBIRÁN AOS NENOS NUNHA CARPA NO PASEO DA CORREDOIRA DE TUI

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    As adversas condicións previstas manteñen aínda no aire a celebración da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que ten a súa saída prevista ás 17h dende Valença

    Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán mañá aos nenos e nenas que desexen saudalos nunha carpa que se instalará no Paseo da Corredoira diante do Seminario Menor. Deste xeito garántese a recepción real independentemente do tempo. As adversas condicións previstas manteñen aínda no aire a celebración da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que ten a súa saída prevista ás 17h dende Valença, e a chegada ás 19h á Corredoira a Tui. Mañá ao mediodía decidirase a saída ou non da comitiva real en función das previsións do tempo. De todos os xeitos Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no Paseo da Corredoira para saudar aos pequenos.

    Visita ás residencias Paz e Ben e San Telmo
    Xa pola mañá os Reis Magos visitarán aos maiores que viven na residencia Paz e Ben e na residencia San Telmo acompañados pola Rondalla do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro

    Ampliar contenido
  • GRAN RECEPCIÓN REAL NA CASA DOS ALONSOS DE A GUARDA

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 05 de Enero de 2016

    Por motivos meteorolóxicos, os Reis Magos non percorrerán as rúas da Guarda na habitual cabalgata, pero si recibirán a todos os nenos e nenas na Casa dos Alonsos.

    Hoxe chegou o día máis esperado por todos os rapaces e rapazas e por iso, a vila da Guarda, vístese de gala para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.

    Por motivos meteorolóxicos, os Reis Magos non percorrerán as rúas da Guarda na habitual cabalgata, pero si recibirán a todos os nenos e nenas na Casa dos Alonsos.

    A partir das 18 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dunha trintena de paxes e da charanga "Os Zanfonos", o grupo de gaitas da Terceira Idade e o grupo de baile Xamaraina, celebrarán a Gran Recepción Real.

    Neste encontro todos os rapaces e rapazas poderán achegarse aos Reis Magos e estes lles farán entrega dun pequeno agasallo. Ademais hai case 400 quilogramos de caramelos para repartir entre os nenos e nenas.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido