Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • HORARIO DE INVERNO DO FERRY BOAT A GUARDA - CAMINHA

    Fecha desde el 18 de Septiembre de 2015
    hasta el 30 de Junio de 2016

    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Xa está en funcionamento o horario de inverno do ferry que une A Guarda coa vila portuguesa de Caminha.

    Os cambios son:

    - A primeira viaxe dende A Guarda ata Caminha de luns a venres é as 10,30 e os sábados e os domingos ás 11,30.

    - Mantense o horario da última viaxe das 20,15 horas.

    - O luns continúa a ser o día de non servizo.


    Este horario se manterá ata o próximo 30 de xuño, data que comezará, de novo, o horario de verán.

    Ampliar contenido
  • PRÉMIOS DA II E III BIENAL DE CERVEIRA EM EXPOSIÇÃO A PARTIR DE 12 DEZEMBRO

    Fecha desde el 12 de Diciembre de 2015
    hasta el 13 de Febrero de 2016

    Fundação Bienal de Cerveira propõe uma viajem até 1980 e 1982 e apresenta, de 12 dezembro a 13 fevereiro

    Em jeito de retrospetiva, a Fundação Bienal de Cerveira propõe uma viajem até 1980 e 1982 e apresenta, de 12 dezembro -15 a 13 fevereiro -16, artistas premiados na II e III Bienais de Cerveira. Nas palavras do Vice-Presidente da Fundação Bienal de Cerveira, esta mostra que reflete "as memórias que dizem respeito ao historial das Bienais de Cerveira são a prova de que ela continua viva".

     

    A abertura irá decorrer no dia 12 de dezembro (sábado), às 17h00, no Fórum Cultural de Cerveira. No total são 20 artistas representados e 25 obras de arte de áreas como pintura, desenho, escultura, gravura entre outras. Para o artista Henrique Silva, dar a o conhecer ao público a Coleção do Museu Bienal de Cerveira é "retratar através dos seus 37 anos a evolução artística em Portugal e no estrangeiro que sempre foi e será o espelho da sociedade".

     

    A II Bienal de Cerveira, organizada e dirigida por Jaime Isidoro, que decorreu em 1980, homenageou o Mestre Barata Feyo e Camões e contou com 296 artistas representados e 8 países representados. Por sua vez, a III Bienal de Cerveira, organizada pelo Grupo Alvarez e com Direcção Geral a cargo de Jaime Isidoro teve 250 artistas representados e homenageou Vieira da Silva.

     

    Artistas representados | Premiados III BIENAL DE CERVEIRA

    Pintura: Jiri Kólar

    Escultura: Zulmiro de Carvalho

    Desenho: Robert Schad

    Intervenção: Ção Pestana

    Gravura: David Almeida

    Menção Honrosa: Miguel D'Alte

    Revelação: Ana Vidigal

    Fotografia: Eduardo Nery

    Menção Honrosa: Manuel Dias

    Menção Honrosa: Jaime Azinheira

     

    Artistas representados | Premiados II BIENAL DE CERVEIRA

    Pintura: Ângelo de Sousa

    Escultura: José Rodrigues

    Desenho: Mário Américo

    Gravura: Costa Pinheiro

    Atelier Livre: Artur Bual

    Revelação Escultura: Amaral da Cunha

    Revelação Gravura: Alberto José

    Revelação Desenho: Pedro Casqueiro

    Revelação Intervenção: Leonor Ferrão

    Revelação Pintura: Rui Pimentel

     

    No mesmo dia três alunas do Instituto Politécnico de Viana do Castelo promovem no Fórum Cultural de Cerveira, a Palestra e Concerto "Movimento Feminista e a Arte". O objetivo é discutir o reflexo da condição feminina na arte e vice-versa.

    Ampliar contenido
  • PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOS XACEMENTOS DE STA. TREGA(A GUARDA), O DA CABECIÑA(OIA) E O DO ALTO DOS CUBOS(TUI)

    Fecha desde el 31 de Diciembre de 2015
    hasta el 11 de Febrero de 2016

    A Deputación de Pontevedra intervirá durante o vindeiro ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia

    O concurso para a presentación de proxectos de musealización, convocado polo Ministerio de Fomento, está aberto ata o 11 de febreiro de 2016

     

    A Deputación lanza un recortable infantil sobre a cultura castrexa

     

    A Deputación de Pontevedra intervirá durante o vindeiro ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia, en virtude do convenio que asinou co Ministerio de Fomento para a posta en valor do patrimonio galaico-romano. Como parte do proxecto, o Ministerio vén de convocar un concurso público con xurado para a selección das mellores propostas de restauración e musealización.

     

    As bases da licitación atópanse publicadas na web do Ministerio de Fomento, que estableceu de prazo ata o 16 de febreiro para a recepción de propostas. A intención do Ministerio é contratar a redacción de cada un dos 18 proxectos ao gañador do concurso, a medida que finalicen os traballos previos de arqueoloxía e de escavación acometidos pola Deputación. Poden consultarse todos os detalles das bases na seguinte ligazón:

    https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl=y9eG6ynxdMgQK2TEfXGy%2BA%3D%3D

     

    O convenio asinado pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento ten por obxectivo a recuperación dos xacementos galaico-romanos da provincia, concibidos como un importante instrumento de dinamización socioeconómica, cultural e turística das comarcas. O programa integral inclúe dende labores de limpeza, mantemento e  escavación, ata actividades de promoción, a creación de ambientes museográficos e o rexistro dixital dos xacementos en 3D.

     

    Os xacementos obxecto de intervención son os seguintes: Santa Tegra (A Guarda), Castro de Troña (Ponteareas), Monte de O Facho (Cangas), A Lanzada (Sanxenxo)

    Adro Vello (O Grove), Monte do Castro (Ribadumia), Porta de Arcos  (Rodeiro), Castrolandín (Cuntis), A Cabeciña (Oia), A Subidá (Marín), Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), Alto dos Cubos (Tui), Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Coto de Altamira (As Neves), Igrexa Vella (Valga), Castro de Penalba (Campo Lameiro), Castro de Pena Redonda (Pontecaldelas) e Castro de Toiriz (Silleda).

     

    Para executar o programa, a Deputación de Pontevedra contratou 18 peóns de excavación arqueolóxica, 7 arqueólogos de campo e laboratorio e un coordinador, que xa están a traballar no castro de Santa Tegra, baixo a supervisión do Servizo de Turismo Rias Baixas. Ademais, a partir do 1 de febreiro, iniciaranse as labores de recuperación do  castro Alobre, en Vilagarcía.

     

    Recortable infantil 

    Unha das liñas de actuación do programa é a divulgación do patrimonio histórico e cultural arqueolóxico. No marco deste obxectivo, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha lámina recortable dirixida ao público infantil, baixo o título "En busca da pegada castrexa".

     

    A lámina mostra un mapa coa localización dos 18 xacementos nos que se vai intervir así como diferentes elementos representativos de cada un deles, e os nenos e nenas teñen que relacionalos entre si.

     

    A lámina está disponible para descarga na seguinte ligazón:

    http://www.depo.es/documents/675401/3873328/mapa_xacementos.pdf

    Ampliar contenido
  • CÉSAR MOSQUERA ANUNCIA QUE OS CONCELLOS PODERÁN SOLICITAR CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS Á DEPUTACIÓN ATA FINAIS DE XANEIRO

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 29 de Enero de 2016

    O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

    O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, ven de anunciar que a institución provincial vai ampliar o prazo para que os concellos poidan presentar os seus proxectos para solicitar centros de compostaxe comunitario. Con esta ampliación do prazo inicial búscase, segundo Mosquera, "facilitar o traballo dos municipios, que están a demostrar un grande interese polo Plan Compost celebrando numerosas reunións informativas para involucrar aos veciños de diferentes zonas da provincia. Están implicándose para presentar proxectos solventes e demostrar que este novo sistema de xestión de lixo pode solucionar parte dos problemas económicos e ecolóxicos do actual modelo de residuos".

    O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

    O prazo de presentación dos proxectos para cada proposta de compostaxe comunitaria finalizará, pois, o día 31 de xaneiro. Logo, unha comisión de valoración da Deputación fará a escolma dos proxectos municipais máis viables nun informe. Este finalizará nunha proposta de resolución definitiva co visto bo do departamento de Intervención.

    Segundo asegurou o vicepresidente, deste xeito poderanse instalar os centros nas súas ubicacións definitivas moi probablemente no primeiro trimestre do ano, data que coincide coa fin da formación das mestras e mestres composteiros.

    Listado nominativo
    Mosquera lembra que nas bases de selección das propostas municipais o que máis primará será o compromiso dos veciños e comerciantes da zona para aportar os restos de comida e vexetais (o que se denomina fracción orgánica do lixo) nos composteiros comunitarios situados máis preto dos seus domicilios. Neste sentido, a Deputación require un listado nominativo daquelas persoas que colaborarán na achega dos seus desperdicios, aínda que só un compromiso firmado dun representante de cada unidade familiar. Neste ámbito, os concellos terán que diferenciar que parte deses cidadáns son poboación esporádica e cales son habituais, aclarando, por exemplo, os veciños que só residan na zona durante a fin de semana. Para cada composteiro comunitario terase que garantir unha poboación de entre 60 e 300 persoas (unhas 20-100 familias) situadas nun radio de actuación de 300 metros como máximo.


    Outros dos criterios que darán puntuación para os proxectos dos concellos serán que estes aporten o material estruturante (restos de podas, clareos, limpezas de montes ou fincas) para a mestura coa fracción orgánica do lixo; que se teña estudado como retirar e utilizar o compost obtido por parte dos veciños ou ben en fincas e xardíns públicos; e que a ubicación do centro de compostaxe comunitaria sexa a axeitada, tendo en conta o espazo dispoñible, as características do terreo e os seus usos actuais e as características dos espazos limítrofes. O máximo a acadar serán 100 puntos por proposta.


    Os beneficiarios da primeira fase do Plan Compost poderán ser todas as entidades locais da provincia de Pontevedra, se ben serán os concellos os que deben canalizar as propostas de asociacións, colectivos ou mancomunidades interesados. A cada entidade local subministraráselle un máximo de 24 unidades modulares de un metro cúbico para crear centros de compostaxe de diferentes tamaños (de tres a 12 módulos cada un).


    Por outra banda, o vicepresidente lembra que a Deputación, ademais de ter en marcha xa o procedemento para mercar os composteiros que se repartirán, tamén porá a servizo dos concellos os mestres e mestras composteiros que se encargarán do mantemento dos centros comunitarios e do asesoramento dos veciños participantes durante un período dun ano. Sinalou tamén que, co fin de acadar os mellores resultados posibles, a institución provincial está a traballar coa Universidade de Vigo e, internamente, coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro co fin de potenciar estudos de investigación que relacionen a calidade do compost con beneficios para a terra.


    O obxectivo da Deputación provincial, según insistiu o vicepresidente Mosquera, é que neste mandato se teñan cubertas as necesidades de 240.000 pontevedreses (un cuarto da poboación da provincia).

    Ampliar contenido
  • ABERTO O PRAZO PARA QUE AGRUPACIÓNS E ARTISTAS SOLICITEN A INCLUSIÓN NO PONTEGAL 2016

    Fecha desde el 05 de Enero de 2016
    hasta el 01 de Febrero de 2016

    Entre o 5 de xaneiro e o 1 de febreiro poderán presentar as solicitudes segundo o modelo que se facilita na páxina web da Deputación

    Ata o vindeiro 1 de febreiro permanecerá o prazo aberto para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2016. As bases de dito programa saen publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e inclúen o formulario de solicitude que debe presentarse debidamente cumprimentado e coa documentación anexa pertinente en cada caso.

    Pontegal é o programa mediante o cal a Deputación de Pontevedra colabora cos concellos e coas asociacións sen ánimo de lucro para que contraten actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa. Poderán solicitar a inclusión no Pontegal as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

    Os grupos e artistas deben realizar a solicitude no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral ou na páxina web da Deputación, que debe presentarse, xunto coa documentación complementaria requirida, nas sedes do organismo provincial en Pontevedra ou Vigo.

    A selección e a inclusión dos grupos solicitantes levaraas a cabo o Servizo de Cultura e Lingua, que poderá asesorarse a través dos informes tanto do persoal técnico coma de profesionais expertos en cada unha das materias que avalían os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ao órgano competente a súa aprobación definitiva.

    Clasificación e retribución
    As bases do Pontegal inclúen un baremo de clasificación para as agrupacións e os artistas. No caso de bandas de música, masas corais e grupos folclóricos, a clasificación faise en función do número de membros e de se teñen escola de música e/ou de baile. A clasificación dos grupos de teatro realízase en función da súa proposta de programación e dos datos relacionados co caché, a escenografía e o custo da montaxe. No apartado de música clásica inclúese un apartado para grupos de cámara, outro para solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos, e un terceiro para orquestras. Por último, haberá un apartado para música tradicional e outras disciplinas artísticas nas que se inclúen poetas, humoristas, e, por primeira vez, audiovisuais.

    O Pontegal 2016, que estará dotado con 700.000 euros, establece unha táboa cos importes que por parte da Deputación se aboarán a cada actuación. Dita táboa recolle o importe correspondente a cada tipo de grupo, establecendo un total de 31 clasificacións. Así, para as bandas de música establécese un baremo máximo de 600 euros e mínimo de 450, segundo a clasificación de cada unha -número de membros e escola de música-. Para as masas corais contémplanse importes de 210 e 240 euros segundo a clasificación; para os grupos folclóricos o abano vai entre os 270 e os 200 euros; para os grupos de teatro entre 500 e 375 euros; e para audiovisuais, poetas, e humoristas establece un importe de 201 euros.

    Os importes recollidos nesta táboa correspóndense á cantidade que abonará a Deputación por cada actuación, polo que o resto do importe do caché debe ser asumida pola entidade que contrata dita actuación -concellos ou asociacións sen ánimo de lucro-.

    Ampliar contenido
  • ADCJC ACOLHE 3ª REGATA TROFÉU REMO JOVEM/MASTER ? ARN A 24 JANEIRO

    Fecha desde el 24 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Enero de 2016

    É já no próximo dia 24 janeiro, domingo, que a ADCJC promove a Regata Primeiras Remadas e a 3ª Regata Troféu Remo Jovem/Master - ARN

    É já no próximo dia 24 janeiro, domingo, que a ADCJC promove a Regata Primeiras Remadas e a 3ª Regata Troféu Remo Jovem/Master - ARN, que envolve os escalões infantis, iniciados, juvenis e veteranos, em parceria com a ARN (Associação de Remo do Norte) e a FPR (Federação Portuguesa de Remo).
    Ampliar contenido
  • CICLO DE CINEMA NO CS FUSCALHO DE A GUARDA

    Fecha desde el 14 de Enero de 2016
    hasta el 28 de Enero de 2016

    Com a entrada de janeiro chega um novo ciclo de cinema

    Com a entrada de janeiro chega um novo ciclo de cinema, "reflexións en torno a violencia". O primeiro passe é na quinta 7, com a projeçom de "O odio".

    Ficha técnica:

    - Ano: 1995

    - Director: Mathieu Kassovitz

    - Sinopse: Tras unha noite de disturbios nun barrio marxinal das aforas de París, tres amigos adolescentes, Vinz, Saïd e Hubert (un xudeo, un árabe inmigrante e un boxeador amateur negro, respectivamente), son testemuñas dun feito, no que o seu amigo Abdel resulta ferido pola policia. O deambular pola cidade, a violencia entre bandas e os conflitos coa policia son as constantes nas 24 horas seguintes da vida destes mozos.


    Aguardamos-vos!
    Ampliar contenido
  • A SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONVOCA PARA O MES DE ABRIL AS PRIMEIRAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DA LINGUA GALEGA (CELGA) DO ANO 2016

    Fecha desde el 08 de Enero de 2016
    hasta el 08 de Febrero de 2016

    O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 8 de febreiro

    O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

     

    O prazo de inscrición nestes exames, que se realizarán os días 2, 3, 9 e 10 de abril en Santiago de Compostela e en Ponferrada (dado o especial interese da promoción do uso do galego nos territorios galegofalantes do Bierzo e Sanabria), está aberto desde mañá ata o vindeiro 8 de febreiro. Canda a publicación das listaxes de admitidos definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.

     

    As probas celebraranse nas fins de semana do 2 e 3 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 9 e 10 (Celga 3 e Celga 1, respectivamente). A convocatoria completa pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de hoxe e no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

     

    Dúas convocatorias de probas para este ano

    A Consellería de Cultura e Educación reorganiza con esta convocatoria, que será a primeira do 2016, a loxística pola que se vén desenvolvendo o sistema de acreditación do Celga desde a súa implantación no ano 2007. Por primeira vez, contarase nas probas con profesorado Celga que desde o ano pasado forma parte do persoal propio deste departamento.

     

    Tamén se coordina o desenvolvemento de cursos e probas Celga, para o que se establece un cronograma anual conxunto que contempla a celebración dos exames inmediatamente posterior ao desenvolvemento dos cursos preparatorios, con dúas quendas neste ano, unha en cada semestre.

     

    Así, a Xunta de Galicia xa está a traballar nunha segunda convocatoria que se desenvolverá no segundo semestre de 2016, tras a correspondente quenda de cursos preparatorios que se fará pública proximamente.

     

    O sistema Celga

    O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun  modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

     

    O sistema Celga proporciona unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais etc. en toda Europa e configúrase en distintos niveis de coñecemento. Para isto, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en lingua e comunicación (aqueles aspectos relacionados coas funcións comunicativas) e lingua e sistema (os vinculados co coñecemento do código e contidos socioculturais).

    Ampliar contenido
  • A I EDICIÓN DA BTT DO ATLÁNTICO TERÁ LUGAR O 20 DE MARZO

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 20 de Marzo de 2016

    As inscricións pecharanse o 16 de marzo ou antes desa data se se completara o límite de prazas.

    INSCRICIÓN

    PRAZOS TRAMOS / IMPORTE DE INSCRICIÓN -Do 20 ao 22 de xaneiro de 2016: 8 euros
    -Do 23 de xaneiro ao 13 de marzo: 10 euros
    -Do 14 marzo ao 16 de marzo: 12 euros
    As inscricións pecharanse o 16 de marzo ou antes desa data se se completara o límite de prazas.
    No se admitirán inscricións o día da proba nin fóra de prazo.

    INSCRICIÓN
    ON LINE
    Farase única e exclusivamente na web de Champion Chip Norte: www.championchipnorte.com
    Na zona de eventos atoparás toda a información para efectuar a inscrición.

    INSCRICIÓN
    TRANSF.
    BANCARIA
    Nº conta: ES76.0186.6001.84.0508274810
    Titular: Top Ten SPorts
    Deberá enviarse xustificante do pago ao correo electrónico info@qualitesport.com, indicando nome e apellidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.

    INSCRIPCIÓN
    PRESENCIAL
    Ximnasio Excálibur (Cumieira de Baixo, 5- O Rosal, Pontevedra)

     

    REGULAMENTO BTT D0 ATLÁNTICO

    ARTIGO 1º Presentación A I Edición da marcha BTT DO ATLÁNTICO, organizada pola empresa Qualité Sport Events S.L. en colaboración con AD Top Ten Sports, vaise celebrar o domingo 20 de marzo de 2016 e terá a súa saída e chegada nas inmediacións do CEIP A Sangriña (A Guarda-Pontevedra).

    ARTIGO 2º Carácter da marcha A BTT DO ATLÁNTICO non será competitiva e estará rexida polo Regulamento de cicloturismo-ciclismo para todos. Conforme ao disposto nesa normativa, esta marcha tamén quedará sometida ás disposicións dos artigos 15 e seguintes do anexo II do Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, excepto os ciclo maratóns e as excursións colectivas, as cales estarán sometidas ás normas xerais de circulación.

    ARTIGO 3º Participación A BTT DO ATLÁNTICO estará limitada a un máximo de 400 inscritos. Para poder participar na marcha será preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 20 de Marzo de 2016, data de celebración da mesma.

    ARTIGO 4º Inscripción e importe da mesma O período de inscricións estenderase dende as 00:00 horas do 20 de xaneiro de 2016 até o 16 de marzo de 2016 ás 23:59 horas, salvo que se completen antes as 400 prazas ofertadas. A inscrición farase a través da web oficial da proba www.bttdelatlantico.com ou na web www.championchipnorte.com onde, tras enviar o formulario de inscrición, se procederá ao pagamento a través da pasarela online habilitada pola organización. No momento en que se confirme o pago, asignarase a cada participante un número de dorsal que será persoal e intransferible.
    Tamén se poderá facer a inscrición a través de transferencia bancaria a esta conta:

    Nº conta: ES76 0186 6001 84 0508274810
    Titular: AD Top Ten Sports

    Deberáse enviar xustificante do pago ao correo electrónico info@qualitesport.com, indicando nome e apellidos, DNI, data de nacemento e talla de camiseta da persoa inscrita.
    Ademáis contémplase a inscrición presencial no Ximnasio Excálibur (Cumieira de Baixo, 5- O Rosal, Pontevedra). Non se realizarán inscricións no mesmo día da proba nin fora de prazo.

    Importe da Inscrición:
    8 euros do 20 de xaneiro ao 22 de xaneiro de 2016
    10 euros do 23 de xaneiro ao 13 de marzo de 2016
    12 euros do 14 de marzo ao 16 de marzo de 2016
    Qualité Sport Events S.L., entidade organizadora da proba, conta cos seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes que esixe a lei para este tipo de eventos.

    ARTIGO 5º Dorsais Os dorsais entregaranse na véspera da proba en Singular Lounge Disco (Avenida de Galicia 30 Baixo ,36700-A Guarda) de 17:00 a 21:00 horas e tamén no propio día da carreira. Neste caso entregaranse dende as 8:00 até as 9:15 horas no CEIP A Sangriña (Paseo de Portugal, 19, 36789 A Guarda, Pontevedra).
    Para recoller o dorsal doutro corredor será preciso presentar una fotocopia do su DNI ou un documento acreditativo (carné de conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición.
    O dorsal terá que colocarse no manillar da bicicleta co mecanismo de suxeición que facilite a Organización.

    ARTIGO 6º Horario A Marcha Cicloturista en BTT DO ATLANTICO dará comezo as 09:30 horas do 20 de Marzo de 2016 e pecharase a chegada ás 13:30 horas, salvo que tódolos participantes rematasen a proba antes desa hora, intre no que se pecharía dito control.
    Aqueles participante que decidisen voluntariamente continuar o percorrido marcado da proba sen o permiso dos responsables da organización quedarán excluídos da mesma e tamén da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías publicas baixo a súa total responsabilidade.
    Así mesmo quedarán excluídos da proba e da cobertura xeral e legal da marcha, pasando a ser usuarios normais das vías públicas baixo a súa total responsabilidade, aqueles participantes que decidiran abandonar voluntariamente a marcha en calquera dos puntos do traxecto.

    ARTIGO 7º Control de tempos Non haberá control de tempos nin clasificación final.

    ARTIGO 8º Avituallamentos A organización habilitará un punto de parada e reagrupamento da marcha, que a súa vez será utilizado como avituallamento sólido e liquido.

    ARTIGO 9º Obsequios Os participantes na proba, recibirán o día da mesma un obsequio conmemorativo da mesma.

    ARTIGO 10º Servizos Servizos A organización habilitará para os participantes unha zona de aparcamento e duchas (situadas no Polideportivo Municipal da Guarda, ao carón da liña de chegada xunto ao campo de fútbol)
    Así mesmo porá a disposición dos inscritos diferentes postos de asistencia mecánica ao longo do percorrido.
    Tódolos traballos de mantemento e axuste da bicicleta serán de balde (reparación de pinchazos, reparación de cadeas, axuste da transmisión...).
    Por outras banda, tódolos traballos que impliquen a substitución de calquera tipo de compoñentes da bicicleta (cadea, pulsadores, cubertas...) terán un custo asignado polos propietarios de cada posto de asistencia mecánica, sendo de balde a man de obra.
    Os custos da reparación serán aboados por cada participante ao seu reparador ao finalizar o evento (tomarase nota do número de dorsal correspondente).

    ARTIGO 11º Motivos de descualificación Motivos de descualificación

    1 Non levar casco ríxido homologado durante toda a proba.
    2. Realizar calquera acción voluntaria que poida danar o entorno natural.
    3. Tirar calquera tipo de lixo durante o percorrido fora dos contedores facilitados pola organización.
    4. Non realizar o percorrido completo da marcha atallando, abandonar o percorrido delimitado e/ou non pasar por algún punto de control.
    5. Non levar o dorsal colocado no manillar, ocultalo ou manipulalo.
    6. Participar co dorsal asignado a outro participante ou non autorizado pola Organización.
    7. Realizar a inscrición con datos falsos ou alterados.
    8. Manifestar comportamentos non deportivos e/ou non respectuosos para cos membros da organización, colaboradores, público e resto de participantes.
    9. Enganar ou ocultar con mala intención información do percorrido durante a proba a outros participantes.
    10. Ser responsable ou partícipe de forma neglixente nun accidente no que se vexa envolto con outro participante.
    11. Manifestar claros síntomas de malestar físico que poidan derivar nalgún risco para a saúde.
    12. Ser remolcado por calquera vehículo de calquera forma.
    13. Ser acompañado durante o percorrido da marcha por vehículos a motor.
    14. Calquera outro motivo non recollido nos puntos anteriores que se considere punible.

    ARTIGO 12º Responsabilidade No intre da inscrición, cada participante pon de manifesto que se atopa nunha forma física e psíquica óptima para participar nesta proba e asume, de igual maneira, o risco que comporta a práctica deportiva.
    A organización non se fará responsable dos danos, prexuízos ou lesións que puideran sufrir os participantes desta proba ou aqueles que poidan ocasionar a terceiros, así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que puideran contraer no transcurso do evento.
    A organización tampouco se fará responsable das avarías sufridas nas bicicletas como consecuencia da practica deportiva.
    O participante renuncia, polo tanto, a emprender as accións legais que puideran derivar da súa participación na proba contra a organización da mesma.
    O participante, no intre da inscrición, manifesta que coñece o paso da marcha por estradas nacionais, comarcais e locais, quedando obrigado a cumprir as normas de circulación viaria vixentes, sendo o único responsable das infraccións que puidera cometer.
    En caso de suspensión ou aprazamento da marcha, por causas de forza maior, a organización non asumirá ningún tipo de responsabilidades.

    ARTIGO 13º Cambios A Organización reservarase o dereito de realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios, no caso de que se producisen, deberán ser comunicados a través do medio que consideren máis axeitado antes da celebración da proba.
    A Organización reservase o dereito a suspender ou aprazar a proba cando considere que está en risco a seguridade dos participantes ou se así llo manifestasen as autoridades competentes.

    ARTIGO 14º Aceptación do Regulamento e declaración Ao inscribirse libre e voluntariamente, o participante na marcha declara coñecer e aceptar plenamente este Regulamento.
    No caso de dúbida ou de situacións non reflectidas no mesmo, prevalecerá o que dispoña a tal efecto a Organización. No intre da inscrición o participante declara o seguinte:

    Ao inscribirme na Marcha BTT DO ATLÁNTICO declaro que:
    • Coñezo o contido do Regulamento da mesma, aceptándoo na súa totalidade.
    • Coñezo o carácter cicloturista desta Marcha segundo se recolle no artigo 2 do regulamento da proba.
    • Coñezo que a proba discorre nalgúns tramos por vías públicas abertas ao tráfico.
    • Acepto riscos inherentes á participación en dita proba aberta ao tráfico.
    • Comprométome a cumprir as normas da Lei de Seguridade Viaria e do seu Regulamento, velando pola miña seguridade e a do resto de participantes e usuarios da vía pública.
    • Eximo a Qualité Sport Events S.L., e/ou a calquera persoa física ou xurídica vinculada coa organización da marcha, das responsabilidades derivadas de calquera accidente de circulación ou deportivo causado como participante da proba.
    • Eximo aos anteriormente sinalados da responsabilidade en calquera prexuízo para a miña saúde que puidera derivarse da miña participación nesta marcha cicloturista, asumindo os riscos derivados do esforzo físico que esixe unha proba destas características.

    Así mesmo, por ter sido informado coñezo e acepto:
    • A existencia de todo tipo de vehículos alleos á Organización circulando polo percorrido da proba.
    • Que ditos vehículos circulan como usuarios normais das vías públicas.
    • Que me podo atopar con todo tipo de vehículos circulando tanto no mesmo sentido coma no sentido contrario ao da marcha.
    • Que existen cruces na proba, podendo non estar controlados, nos cales poden incorporarse vehículos.
    • Que existen treitos perigosos nos que deberei extremar a precaución.
    • Que existen descensos prolongados con curvas nos que moderarei a velocidade a fin de evitar danos propios e/ou alleos.
    • Que existe a posibilidade de sufrir un accidente deportivo inherente á práctica do ciclismo, asumindo persoalmente a responsabilidade dos accidentes que puidera causar a calquera participante da proba, excluíndo a Organización de calquera responsabilidade derivada dos mesmos.
    • Que existe a posibilidade de causar un accidente a un terceiro alleo á proba, asumindo persoal e totalmente a responsabilidade do mesmo, excluíndo á Organización de calquera responsabilidade ao respecto.
    • Autorizo á Organización ao uso de fotos, vídeos e nome completo na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.

    ARTIGO 15º Dereitos de imaxe A inscrición na proba e a aceptación do presente Regulamento implica que o participante dá o seu consentimento á Organización para a captación da súa imaxe por distintos medios (vídeo, fotografía...), presta a súa autorización ante a posible difusión da súa imaxe en diversos medios e formatos (prensa, webs, redes sociais...) e cede os dereitos comerciais e publicitarios que puideran ocasionar ditas imaxes, renunciando, en todo caso, a recibir compensación algunha por ditos conceptos.

    ARTIGO 16º Derecho a la imagen O tratamento que se realizará dos datos persoais dos participantes conforme a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, están destinados á xestión administrativa da proba.

    Ampliar contenido
  • VII TACA IBERICA SLALOM O 23 E 24 DE JANEIRO

    Fecha desde el 23 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Enero de 2016

    23 e 24 de Janeiro em Covas - Vilanova de Cerveira

    VII Taça Ibérica de Slalom marca arranque da programação desportiva 2016

    Na envolvência natural da freguesia de Covas, no concelho de Vila Nova de Cerveira, o rio Coura apresenta-se, uma vez mais, como o cenário ideal para acolher a VII edição da Taça Ibérica de Slalom. A prova, que está agendada para domingo, 24 de janeiro, dá início a um plano de atividades desportivas diversificado e de qualidade que o Município vai oferecer no corrente ano.

    Ao longo de aproximadamente 300m, cerca de 130 atletas de 14 clubes portugueses e galegos vão desafiar as águas bravas do rio Coura, procurando obter a melhor classificação na prática da modalidade numa prova de prestígio internacional.

    As excelentes condições facilitam a prática da canoagem em época de inverno, coincidindo com momentos de maior caudal no rio e pelo fato da zona estar protegida dos ventos dominantes.

    Depois de um 2015 muito estimulante ao nível desportivo no concelho, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira volta a apostar, em 2016, uma política de incentivo, apoio e divulgação dos recursos naturais do território, das excelentes infraestruturas existentes, do trabalho desenvolvido e dos meritórios resultados alcançados pelas diversas coletividades do concelho.

    O Vereador com o Pelouro do Desporto, Vitor Costa, sublinha que o objetivo é dar continuidade a eventos já consolidados, mas também procurar atrair outras dinâmicas que elevem ainda mais o nome do concelho nesta vertente.

    Numa organização conjunta da Federação Portuguesa de Canoagem, Federação galega de Piraguismo, do Club Deportivo Miño - Teixugos e da Associação Kaiak Darque Clube, com colaboração da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Junta de Freguesia de Covas e IPDJ, o principal objetivo subjacente à VII Taça Ibérica de Slalom é a sua consolidação, atraindo um número crescente de participantes e público.

    O início da competição está marcado para as 10h00, e a entrega dos prémios prevista para as 16h00, no próprio local, do dia 24 de janeiro.

    Ampliar contenido
  • BASES CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS E DISFRACES INDIVIDUAIS DO ENTROIDO 2016 CONCELLO DO ROSAL

    Fecha desde el 13 de Enero de 2016
    hasta el 07 de Febrero de 2016

    O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2016, o domingo 7 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal.

    O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2016, o domingo 7 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal.
    O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba.

    A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 14:00 horas do mércores 3 de febreiro de 2015.
    Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:
    •Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.
    •Maiores de idade: fotocopia do DNI.
    •Menores de idade: fotocopia do DNI do representante e autorización única da persoa que represente á totalidade dos menores que participen (detallando o nome e apelidos de todos eles).
    •Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante.
    Ampliar contenido
  • A GUARDA ACOLLE A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: IX CERTAME VIAXANDO

    Fecha desde el 14 de Enero de 2016
    hasta el 30 de Enero de 2016

    A exposición poderá ser visitada no Concello ata o 30 de xaneiro.

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda informa que a partir do 13 xaneiro o edificio do Concello da Guarda albergará a exposición composta polas fotografías participantes no 9º certame fotográfico Viaxando.

    Este concurso está organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui e nel participan mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega.

    A exposición poderá ser visitada no Concello ata o 30 de xaneiro.

    Ampliar contenido
  • A MARCHA BTT DO ATLÁNTICO ABRÍU AS SÚAS INSCRICIÓNS

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 20 de Marzo de 2016

    O evento celebrarase o 20 de marzo, non terá carácter competitivo e estará limitado a un máximo de 400 participantes.

    A primeira edición da marcha BTT do Atlántico iniciou o seu período de inscricións. Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.

    As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com , de forma presencial no ximnasio Excálibur da Guarda ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.

    A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosalés Serafín Martínez, declarou que "con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal".

    A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.
    Ampliar contenido
  • COMEZAN AS XORNADAS DE BADMINTON DE AGRUDEBAM

    Fecha desde el 19 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Febrero de 2016

    O martes 19 e mércores 20 daremos comezo coas xornadas deste bádminton, nas distintas categorías, dende Benxamíns ata Cadetes.

    O martes 19 e mércores 20 daremos comezo coas xornadas deste bádminton, nas distintas categorías, dende Benxamíns ata Cadetes. Terán lugar, cada martes e mércores, no pavillón do CEIP de Randufe no da Carballa de Tomiño, respectivamente.

    Ditas xornadas estenderanse ata a xornada final e clasificatoria que terá lugar o 24 de febreiro no pavillón da Carballa.
    Ampliar contenido
  • EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS - MULLERES NA HISTORIA NO ROSAL

    Fecha desde el 19 de Enero de 2016
    hasta el 22 de Febrero de 2016

    Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre vos anos 40 e 80.

    O Concello do Rosal quere organizar unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, testemuño gráfico de mulleres do noso pobo. Unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal.

    O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural da nosa historia.


    Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre vos anos 40 e 80.


    Queremos pedir a todos e todas as persoas do Rosal, que nos acheguedes fotografías antigas que fagan alusión ó traballo da muller, tanto no ámbito doméstico como fora do fogar, nos diferentes sectores nos que estea presente.


    Con estas fotografías organizaremos unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. A exposición será inaugurada uns días antes e estará aberta ó público durante todo o mes.


    Queremos facer un chamamento a toda a poboación para que participe nesta actividade. Estamos seguros de que en cada casa consérvanse eses tesouros que son os nosos recordos, que reflexan fielmente a vida das nosas nais, avoas e en definitiva o noso pasado.


    As fotografías poderán entregarse no mostrador do concello en horario de mañá, na biblioteca municipal en horario de tarde ou poderán ser enviadas ó correo electrónico educacionfamiliar@concellodorosal.es .


    Nos puntos de recollida encherase unha ficha na que figurará: data de entrega das fotografías, datos persoais de quen as entrega (nome, enderezo e teléfono de contacto), a relación detallada das fotografías cun pequeno texto que permita a localización, datas aproximadas e comprensión da mesma.


    Esta actividade non é un concurso, polo que as fotos non compiten, e todas serán benvidas. No caso de que o número de fotografías exceda a capacidade do recinto de exposicións farase unha selección en base á antigüidade das mesmas.


    O prazo de presentación termina o 22 de febreiro de 2016.


    As persoas que participan nesta actividade, coa súa achega están a autorizar a publicación das fotografías nos medios empregados para esta exposición. Cada fotografía será reproducida, quedando o concello cunha copia e devolverase a orixinal á persoa propietaria nun prazo máximo de dúas semanas.


    Esperamos que coa exposición fagamos unha homenaxe a todas as persoas que aparecen nas fotografías, xa que co seu traballo e empeño colaboraron na historia recente do Rosal.

    Ampliar contenido
  • ÉRGUETE BAIXO MIÑO IMPARTE OBRADOIROS DE AUTOESTIMA E TALLER DA RISA

    Fecha desde el 19 de Enero de 2016
    hasta el 02 de Febrero de 2016

    As prazas están limitadas por rigorosa orde de inscrición, sendo a data límite o martes día 2 de febreiro.

    Ábrese o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de "Autoestima" e "Taller da Risa" que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración dos Concellos de A Guarda, Tomiño e O Rosal.
    A duración de cada un dos talleres é de 32 horas que abarcarán dende o 3 -5 de febreiro ao 25-27 de maio, en horario de sete a nove da tarde todos os mércores e venres (ver carteis).

    A actividade realizarase no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e será sen custe para as persoas socias da Asociación para unha actividade (e cun suplemento de 10€/mes se participan nos dous talleres). As persoas non socias e que desexen participar aboarán 15 €/mes.

    As prazas están limitadas por rigorosa orde de inscrición, sendo a data límite o martes día 2 de febreiro.

    As persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org

    Ampliar contenido
  • ACIGU CCA INFORMA DAS NOVAS SUBVENCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 18 de Febrero de 2016

    Códigos de Procedemento: IN216A e IN201H

    SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA.

    Código de Procedemento: IN216A

    FINALIDADE: Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial. Axudas económicas aos transmisores e aos adquirentes do negocio comercial.

    BENEFICIARIOS:
    Comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio, que cumpran os seguintes requisitos

    1.- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

    2.-Ter unha idade mínima de 64 anos feitos na data en que se presenta a solicitude.

    3.-Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos 10 anos. Considérase cumprido este requisito polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tras o falecemento deste ou tras o abandono deste de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ambos sumen os dez anos esixidos. *No caso de que a persoa solicitante estea dada de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas (enténdese por principal a que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso, coa presentación da declaración da renda do último exercicio)

    4.-Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia esixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar á idade ordinaria de xubilación.

    5.-Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio. Tamén se considerarán beneficiarias as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exerceren o comercio, e quedarán vinculadas ambas as dúas persoas para a concesión da subvención. *En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que transmite a actividade comercial, nin aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007,do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

    CONTÍA DAS AXUDAS
    1.-Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, que se fixa na cantidade de 800 €.
    2.-Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación (tendo en todo caso os 64 anos cumpridos) percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, a razón de 800 € mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte á resolución de concesión.

    3.-Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de 2.000 €, con independencia do número de establecementos que adquiran. Durante o período de percepción das axudas reguladas nesta orde, os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizar no correspondente réxime da Seguridade Social, no caso de que deba seguir cotizando para cubrir o período mínimo de cotización establecido, e deberán ser as propias persoas beneficiarias as que fagan o pagamento das ditas cotas de cotización á Seguridade Social e a subscrición, de ser o caso, do correspondente convenio, ou da documentación acreditativa de causar baixa no réxime de autónomos, se non se subscribe. As persoas solicitantes ou beneficiarias deberán comunicar, o antes posible, toda variación no referente á súa situación respecto á Seguridade Social que se produza e, en todo caso, nun prazo non superior aos 10 días seguintes ao da recepción da documentación acreditativa de tales circunstancias.Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito deberá ser comunicado polos seus herdeiros inmediatamente, xuntando a correspondente certificación de defunción.

    O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 DE AGOSTO DO 2016

    Información e Tramitación en DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. https://sede.xunta.es ; http://economiaeindustria.xunta.es ; 981 545 915

     


     
    SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE,MODERNIZACIÓN,ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACION NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA

    Código de Procedemento: IN201H

    FINALIDADE: Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector retallista e artesanal galego. Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva suxeitas ao réxime de mínimis.

    BENEFICIARIOS:
    Persoas físicas ou xuridicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente consitutida que en todo caso cumprirán ademaís estes requisitos:

    1.- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na comunidade autónoma de Galicia.

    2.-Que tendo a condición de peme, empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de graan establecemento comercial

    3.- Que estén dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

    REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
    As actuacións subvencionables teñen que ser realizadas e efectivamente pagadas dende o 1 de Xaneiro do 2016 ata a data límite de xustificación 10 de outobro do 2016.

    INVERSIÓNS E/OU GASTOS COMPUTABLES
    A) Acondicionamiento de local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados. Esta actuación será subvencionable únicamente na superficie comercial adicada a venta. A limitación dos 150 metros cadrados non será de aplicación para actividades do epígrafe do IAE 653.1

    B) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblase e equipamento adicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta.

    En ningún dos casos o custo d adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e nunca se considerarán subvencionabls os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os imposots persoais sobre aa renda. Asimesmo non serán subvencionables: Ordendores, Bolsas, Etiquetas e Caxias convencionais, impresoras, televisores, sistemas de alarma ou similares, impostos recuperables o repercutibles polo beneficiario.
    CONTÍA DAS AXUDAS:

    LIÑA 1:
    Acondicionamento de locais comerciais: Investimento máximo subvencionable: 10.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 40%.

    Medidas mellora da imaxe exterior, moblase e equipamento: Investimento máximo subvencionable: 5.000 Euros IVE Excluido e a porcentaxe de Subvención 40%.

    LIÑA 3:
    Ferramentas e Programas Informáticos: Investimento máximo subvencionable 4.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%

    Implantación sistemas de empaquetado e etiquetaxe: Investimento máximo subvencionable 5.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%

    Novos Sistemas de comercialización combinen ONLINE e OFFline e implantación e actualización páxina WEB. Investimento máximo subvencionable 6.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%.

    Páxinas WEB Comerciais: Investimento Máximo subvencionable 1.000 Euros IVE Excluido e a porcentaxe de subvención 50%.

    Novos Sistemas de Comercialización e Información que implique o uso das redes sociais para a vendaa: Investimento máximo subvencionable 8.000 Euros IVE excluido e a porcentaxe de subvención 50%.

    O INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE POR BENEFICIARIO SERÁ PARA OS COMERCIANTES RETALLISTAS DE 39.000 EUROS IVE EXCLUIDO.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende 18 de xaneiro ao 18 febreiro de 2016.

    Información e Tramitación en DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. Para unha mayor información están disponibles os seguintes teléfonos: 981 545 525; 981 545 507 Así como o enderezo de correo electrónico: cei.dxc.axudas@xunta.es e a páxina web: http://economiaeindustria.xunta.es

     

    Ampliar contenido
  • A GUARDA SOLICITA 4 TITULADOS PARA AS BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

    Fecha desde el 20 de Enero de 2016
    hasta el 08 de Febrero de 2016

    Nestas bolsas o Concello da Guarda solicita: - Un licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte - Un diplomado ou graduado en Turismo - Un graduado en Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica - Un licenciado ou graduado en Xor

    A Deputación de Pontevedra saca a convocatoria de 200 bolsas de prácticas laborais para os Concellos da provincias.
    Estas bolsas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e complementar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación no mercado laboral.

    A información das titulacións requiridas, dos Concellos e as bases para acceder a dita convocatoria, están publicadas na web da Deputación www.depo.es .

    O salario será de 800 euros para as persoas con titulación universitaria e de 700 euros para aqueles que teñan un ciclo superior de formación profesional.
    As bolsas son de seis meses de duración, que poderán prorrogarse outros seis meses máis.

    Inscrición

    Todas as persoas interesadas en conseguir estas bolsas deberán facer unha inscrición previa na páxina da Deputación, descargala e imprimila.
    A continuación deberán presentar o xustificante, xunto con toda a documentación requirida no edificio da Deputación en Pontevedra, nun prazo de vinte días naturais a partir de hoxe (data límite luns 8 de febreiro).

    Unha vez expirado este prazo se ditará unha resolución coa lista de admitidos e excluídos e se abrirá un prazo para emendar o defecto que motivou a exclusión.

    Para seleccionar os candidatos haberá un baremo de méritos e unha segunda fase cunha proba tipo test.


    Concello da Guarda

    Nestas bolsas o Concello da Guarda solicita:

    - Un licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
    - Un diplomado ou graduado en Turismo
    - Un graduado en Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica
    - Un licenciado ou graduado en Xornalismo

    Ampliar contenido
  • ESTE DOMINGO SPORTING GUARDÉS C.D. MOAÑA

    Fecha desde el 24 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Enero de 2016

    Domingo 24 de Enero a las 16:00h en el Estadio Municipal de A Sangriña

    Domingo 24 de Enero a las 16:00h en el Estadio Municipal de A Sangriña
    Ampliar contenido
  • PLAY-DOC REVALIDA A SÚA SECCIÓN DA CRÍTICA

    Fecha desde el 23 de Enero de 2016
    hasta el 15 de Febrero de 2016

    Ábrese convocatoria ata o 15 de febreiro para que os críticos poidan enviar propostas de películas a programar

    O Festival Internacional de Documentais Play-Doc pon en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.

    Outra das ideas fundamentais desta iniciativa é achegar o diálogo da crítica ao público, polo que todas as sesións son presentadas polos profesionais que elixiron as películas, para promover a conversa en torno a elas. Neste mesmo espírito de crear comunidade no certame, este ano a convocatoria ábrese a críticos estranxeiros ata en catro idiomas: español, inglés, francés e portugués.

    A diferencia das máis habituais seccións da crítica, que propoñen unha selección pechada dende a equipa de programación do festival en colaboración con críticos; neste caso ábrese unha convocatoria para que todo crítico que así o desexe, poida enviar as súas propostas. A equipa de RESONANCIAS elexirá tres delas, tendo en conta a relevancia dos títulos enviados como renovadores da linguaxe cinematográfica, e a calidade dos argumentos expostos. Os críticos poden enviar os seus textos ata o 15 de febreiro. As bases poden consultarse xa na web.

    Como novidade, as películas seleccionadas optarán amais ao premio CAMIRA da crítica, outorgado pola asociación internacional de críticos do mesmo nome, competindo en igualdade de condicións cos títulos da sección oficial. En breve, daremos a coñecer a composición dos xurados e das películas seleccionadas en cada unha das seccións do festival.

    Ampliar contenido
  • PARTIDOS DE A QUINTA DE TUI PARA ESTA FIN DE SEMANA

    Fecha desde el 23 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Enero de 2016

    Partidos a disputarse nesta fin de semana

    Novo fin de semana de competición para os equipos de A Quinta de Tui Futsal. As categorías Alevín e Benxamín descansan, o Senior A de Autonómica Sur desprázase a Pontevedra coa intención de continuar cos resultados positivos das últimas xornada. O Senior B recibe ao Unión FS coa obrigación de gañar para manterse no liderato da Liga Local Masculina e o Xuvenil desprázase a Valladares nunha saída difícil.

    Liga Galega Sur Xornada 16
    Leis Marcón - A Quinta de Tui
    Sábado 23, 16:00h. Pavillón de Marcón, Pontevedra.
    Local Senior Masculino Xornada 12
    A Quinta de Tui B - Unión FS B
    Domingo 24, 13:00h. Pavillón Novo de Tui
    Xuvenil Provincial Grupo B Xornada 12
    Valladares - A Quinta de Tui
    Sábado 23, 13:00h. Pavillón de Valladares
    Infantil Masculino Grupo 3 Xornada 9
    Martin Codax - A Quinta Plaintec Tui
    Domingo 24, 12:00h. Pavillón Balaídos 2
    Pre-Benxamín Grupo 2 Xornada 6
    A Quinta Plaintec Tui - Bembrive FS
    Domingo 24, 12:00h. Pavillón Novo de Tui

    Ampliar contenido
  • AGENDA VILANOVA DE CERVEIRA 23-24 JANEIRO 2016

    Fecha desde el 23 de Enero de 2016
    hasta el 24 de Enero de 2016

    Chegada a sexta-feira e o fim-de-semana já espreita! Venha a Vila Nova de Cerveira e desfrute das iniciativas agendadas e das belas paisagens!

    Chegada a sexta-feira e o fim-de-semana já espreita! Venha a Vila Nova de Cerveira e desfrute das iniciativas agendadas e das belas paisagens!
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido