Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CÉSAR MOSQUERA ANUNCIA QUE OS CONCELLOS PODERÁN SOLICITAR CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS Á DEPUTACIÓN ATA FINAIS DE XANEIRO

O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

Fecha: 05 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, ven de anunciar que a institución provincial vai ampliar o prazo para que os concellos poidan presentar os seus proxectos para solicitar centros de compostaxe comunitario. Con esta ampliación do prazo inicial búscase, segundo Mosquera, "facilitar o traballo dos municipios, que están a demostrar un grande interese polo Plan Compost celebrando numerosas reunións informativas para involucrar aos veciños de diferentes zonas da provincia. Están implicándose para presentar proxectos solventes e demostrar que este novo sistema de xestión de lixo pode solucionar parte dos problemas económicos e ecolóxicos do actual modelo de residuos".

O vicepresidente lembrou que os concellos de Tomiño, Sanxenxo, Barro, Bueu, Redondela ou Moraña, entre moitos outros, están traballando arreo para presentar as súas propostas con visos de cumprir todas as esixencias técnicas marcadas dende a Deputación.

O prazo de presentación dos proxectos para cada proposta de compostaxe comunitaria finalizará, pois, o día 31 de xaneiro. Logo, unha comisión de valoración da Deputación fará a escolma dos proxectos municipais máis viables nun informe. Este finalizará nunha proposta de resolución definitiva co visto bo do departamento de Intervención.

Segundo asegurou o vicepresidente, deste xeito poderanse instalar os centros nas súas ubicacións definitivas moi probablemente no primeiro trimestre do ano, data que coincide coa fin da formación das mestras e mestres composteiros.

Listado nominativo
Mosquera lembra que nas bases de selección das propostas municipais o que máis primará será o compromiso dos veciños e comerciantes da zona para aportar os restos de comida e vexetais (o que se denomina fracción orgánica do lixo) nos composteiros comunitarios situados máis preto dos seus domicilios. Neste sentido, a Deputación require un listado nominativo daquelas persoas que colaborarán na achega dos seus desperdicios, aínda que só un compromiso firmado dun representante de cada unidade familiar. Neste ámbito, os concellos terán que diferenciar que parte deses cidadáns son poboación esporádica e cales son habituais, aclarando, por exemplo, os veciños que só residan na zona durante a fin de semana. Para cada composteiro comunitario terase que garantir unha poboación de entre 60 e 300 persoas (unhas 20-100 familias) situadas nun radio de actuación de 300 metros como máximo.


Outros dos criterios que darán puntuación para os proxectos dos concellos serán que estes aporten o material estruturante (restos de podas, clareos, limpezas de montes ou fincas) para a mestura coa fracción orgánica do lixo; que se teña estudado como retirar e utilizar o compost obtido por parte dos veciños ou ben en fincas e xardíns públicos; e que a ubicación do centro de compostaxe comunitaria sexa a axeitada, tendo en conta o espazo dispoñible, as características do terreo e os seus usos actuais e as características dos espazos limítrofes. O máximo a acadar serán 100 puntos por proposta.


Os beneficiarios da primeira fase do Plan Compost poderán ser todas as entidades locais da provincia de Pontevedra, se ben serán os concellos os que deben canalizar as propostas de asociacións, colectivos ou mancomunidades interesados. A cada entidade local subministraráselle un máximo de 24 unidades modulares de un metro cúbico para crear centros de compostaxe de diferentes tamaños (de tres a 12 módulos cada un).


Por outra banda, o vicepresidente lembra que a Deputación, ademais de ter en marcha xa o procedemento para mercar os composteiros que se repartirán, tamén porá a servizo dos concellos os mestres e mestras composteiros que se encargarán do mantemento dos centros comunitarios e do asesoramento dos veciños participantes durante un período dun ano. Sinalou tamén que, co fin de acadar os mellores resultados posibles, a institución provincial está a traballar coa Universidade de Vigo e, internamente, coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro co fin de potenciar estudos de investigación que relacionen a calidade do compost con beneficios para a terra.


O obxectivo da Deputación provincial, según insistiu o vicepresidente Mosquera, é que neste mandato se teñan cubertas as necesidades de 240.000 pontevedreses (un cuarto da poboación da provincia).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones