Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONVOCA PARA O MES DE ABRIL AS PRIMEIRAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DA LINGUA GALEGA (CELGA) DO ANO 2016

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 8 de febreiro

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 8 de febreiro

Fecha: 25 de Enero de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

 

O prazo de inscrición nestes exames, que se realizarán os días 2, 3, 9 e 10 de abril en Santiago de Compostela e en Ponferrada (dado o especial interese da promoción do uso do galego nos territorios galegofalantes do Bierzo e Sanabria), está aberto desde mañá ata o vindeiro 8 de febreiro. Canda a publicación das listaxes de admitidos definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.

 

As probas celebraranse nas fins de semana do 2 e 3 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 9 e 10 (Celga 3 e Celga 1, respectivamente). A convocatoria completa pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de hoxe e no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

 

Dúas convocatorias de probas para este ano

A Consellería de Cultura e Educación reorganiza con esta convocatoria, que será a primeira do 2016, a loxística pola que se vén desenvolvendo o sistema de acreditación do Celga desde a súa implantación no ano 2007. Por primeira vez, contarase nas probas con profesorado Celga que desde o ano pasado forma parte do persoal propio deste departamento.

 

Tamén se coordina o desenvolvemento de cursos e probas Celga, para o que se establece un cronograma anual conxunto que contempla a celebración dos exames inmediatamente posterior ao desenvolvemento dos cursos preparatorios, con dúas quendas neste ano, unha en cada semestre.

 

Así, a Xunta de Galicia xa está a traballar nunha segunda convocatoria que se desenvolverá no segundo semestre de 2016, tras a correspondente quenda de cursos preparatorios que se fará pública proximamente.

 

O sistema Celga

O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun  modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

 

O sistema Celga proporciona unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais etc. en toda Europa e configúrase en distintos niveis de coñecemento. Para isto, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en lingua e comunicación (aqueles aspectos relacionados coas funcións comunicativas) e lingua e sistema (os vinculados co coñecemento do código e contidos socioculturais).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones