Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A OMIX Tomiño elabora un programa multidisciplinar de cursos para o 2017

    Fecha desde el 31 de Marzo de 2017
    hasta el 04 de Diciembre de 2017

    A programación abarca dende abril ata decembro cunha ampla variedade de actividades

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, vén de elaborar a súa proposta de cursos e obradoiros para o presente ano. A programación, que conta co apoio da Deputación Provincial, arranca o 8 de abril cun curso de Monitor de Tempo Libre, de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e remata en decembro, cun obradoiro de elaboración de chocolate.

    A primavera contará tamén cun obradoiro de panadería e bolería (24 de abril), un Faladoiro de Inglés (10 de maio), un curso de emprendemento (16 de maio), e outro de "Stop-motion". Maxia foto a foto (8 de xuño).

    No verán, as propostas terán que ver cos deportes acuáticos: Iniciación ao Kaiak (7 de xullo); ao Flyboard (14 de xullo); ao Paddle-Board (21 de xullo), e ao Esquí Acuático (28 de xullo).

    No outono, haberá un curso de Radio, de 22 horas de duración, que comezará o 21 de setembro; outro de Iniciación ao Lettering, de 20 horas (comezo 10 de outubro) e un terceiro de Elaboración de Chocolate (4 de decembro).


    Para máis información e inscricións, chamar ao teléfono 986 622 001 ou escribir un correo a omix@tomino.gal

     

    Ampliar contenido
  • Feira de Artes e Velharias o segundo domingo do mes em Vila Nova de Cerveira

    Fecha desde el 14 de Mayo de 2017
    hasta el 12 de Noviembre de 2017

    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.

    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.

    Ponto de referência no mapa nacional de Feiras de Velharias e Antiguidades, reúne expositores e colecionadores e recebe milhares de pessoas à procura de raridades.

    10h00

    Praça da Galiza
    Câmara Municipal
    Ampliar contenido
  • Este domingo terá lugar a derradeira das Andainas Turísticas na Guarda

    Fecha desde el 30 de Septiembre de 2017
    hasta el 22 de Octubre de 2017

    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda

    A Asociación Veciñal e Cultural das Parroquias da Guarda coas Comunidades de Montes de A Guarda, Campsoancos e Salcidos, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e o Concello de A Guarda, organizan 3 Andainas Turísticas para coñecer diferentes emprazamentos de interés da vila mariñeira de A Guarda.

    A primeira delas terá lugar o sábado día 30 de setembro con saída ás 17:00h da tarde dende o Campo de fútbol de Chans, onde realizaráse a RUTA DOS MIRADORES DO TREGA, polo arqueólogo Rafael Rodríguez, inclúe visita as excavacións do Poboado de Mergelina.

    O sábado día 7 de outubro terá lugar a RUTA DO TORROSO, con saída dende a Casa Comunal de Montes de Salcidos ás 17:00h da tarde. Guiada por Miguel Reboredo, visitaránse diferentes espazos de Salcidos, o Castro da Bandeira, Muíños de Zamar, restos do castelo medieval...

    O domingo 22 de Outubro realizaráse a derradeira andaina pola RUTA DO CASCO URBANO de A Guarda, guiada por Miguel Reboredo, visitaráse as murallas, o Museo do Mar, a cetárea, o Centro Cultural e demáis lugares de interés da vila de A Guarda. O remate haberá castañas asadas para os asistentes.

    Ampliar contenido
  • O domingo 8 de outubro celebrarase o II Concurso de Pintura ao aire libre -Pinta Tui-

    Fecha desde el 23 de Septiembre de 2017
    hasta el 08 de Octubre de 2017

    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos

    O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura "Pinta Tui" que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización da oferta turística e as actividades no concello.

    Poderán participar todos os artistas nacionais i estranxeiros que o desexen, existindo unha categoría para maiores de idade e outra para os menores de 18 anos. Poderán empregar na súa obra óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carbonciño, tintas ou ceras sobre lenzo para pintar calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui e necesariamente as obras deberán ser realizadas o día do concurso nun soporte cun tamaño máximo de 120 centímetros e mínimo de 40 centímetros. Os soportes serán selados pola organización o domingo 8 de outubro de 10 a 11h na Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando.

    A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.
    Os artistas disporán dende ás 11h ata ás 19h para realizar a súa obra en entregala Oficina Municipal de Tui. O xurado, nomeado pola organización, terá ata ás 20h para deliberar entregándose a continuación so premios establecidos.

    Na categoría de maiores de idade haberá tres premios, un primeiro de 200 € en material de pintura e 100 € en metálico, un segundo de 100 € en material de pintura e 50 en metálico, e un terceiro de 50€ en material de pintura e 25€ en metálico, así coma todos terán a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui. O xurado poderá conceder amais mencións especiais que recibirán un agasallo ou trofeo

    Para os menores de idade haberá tres premios de 100€, 50€ e 25€ en material de pintura.
    Ampliar contenido
  • Adeto continúa coa campaña de dinamización comercial -As Cores do Comercio de Tomiño-

    Fecha desde el 22 de Septiembre de 2017
    hasta el 31 de Octubre de 2017

    A campaña de dinamización comercial rematará o día 31 de outubro.

    Adeto pon en marcha unha iniciativa para incentivar o comercio de proximidade. Trátase dunha campaña na que os clientes que fagan as súas compras nos establecementos dunha cor, por un importe mínimo, recibirán 1€ de desconto para poder comprar nun establecemento doutra cor.

    A campaña presentouse o día 22 de setembro e rematará o día 31 de outubro.

    Esta iniciativa busca potenciar e apoiar ós comercios asociados así como dar a coñecer ó público comercios de nova apertura ou que a xente non sabe que están alí ou qué produtos teñen. Dende Adeto expoñen que é vital potenciar a necesidade veciñal de realizar o maior número de compras no comercio local, xa que iso leva a unha mellora na economía local.


    É unha campaña nova e non será a última, xa que forma parte do proxecto para mellorar a competitividade do comercio e chegar a facer a "Marca Tomiño", despois dun ano no que se leva traballado, facendo talleres formativos, enquisas, estudios da situación do comercio, a hostalaría e os servizos, etc. e que se espera continuar no ano próximo.

    Ampliar contenido
  • A mostra -Sorrisos transformadores- chega á Guarda para dar visibilidade ao colectivo trans

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2017
    hasta el 02 de Octubre de 2017

    Unha mostra artística que busca dar visibilidade, sensibilizar e naturalizar ao colectivo trans, co o obxectivo de promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes

    O próximo luns 2 de outubro inaugurarase no IES A Sangriña a exposición "Sorrisos transformadores", unha mostra artística que busca dar visibilidade, sensibilizar e naturalizar ao colectivo trans, co o obxectivo de promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

    Baixo o lema "respecta - defende - sensibiliza - iguala - vive e deixa vivir", o proxecto está integrado por unha exposición fotográfica de visibilización positiva que inclúe imaxes de persoas alegres e orgullosas, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea dos seus protagonistas. Trata, en xeral, de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por cuestión de orientación sexual ou identidade de xénero, atallando a problemática da intolerancia dende as xeracións máis mozas.

    A traballadora social, docente e presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (Arelas), Cristina Palacios, ofrecerá a charla-coloquio "Crianzas trans*formando a sociedade", dirixida ao público en xeral, no IES da Sangriña o 2 de outubro (16:00 h), inaugurando a exposición que permanecerá no instituto con acceso libre ata o día 8 de outubro. Previamente, presentarán a mostra o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes. Do 9 ao 15 de outubro, a mostra poderá visitarse no Centro Cultural.

    "Sorrisos transformadores" é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e Arelas, con fotografías de Noemí Chantada e en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda.
    Ampliar contenido
  • Abertas as inscricións para un Curso de Cestería na Guarda

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2017
    hasta el 09 de Octubre de 2017

    Enmárcase no programa Conectadas 2017 da Deputación de Pontevedra

    A Asociación Veciñal, Cultural e deportiva O Cancelón de A Guarda, organiza un Curso de Cestería enmarcado no programa Conectadas 2017 da Deputación de Pontevedra.

    Realizaráse os luns e mércores en horario de 19:00h a 21:00h con inicio o 9 de outubro e ata o 11 de decembro.

    Horas 35 e prezo 6€.

    Inscricións en Enerxía Galega Máis(Alameda de A Guarda)

    Ampliar contenido
  • O 17 de outubro inícianse as clases da Escola de Teatro Municipal de Tomiño

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2017
    hasta el 16 de Octubre de 2017

    O formulario de inscrición está dispoñible tamén no Departamento de Cultura, Rúa A Rocha, número 8 e na páxina web: tomino.gal

    A Escola Municipal de Teatro arrinca este novo curso cunha importante novidade, a creación dun grupo de teatro para os adultos e as adultas interesados/as en participar.
    Aos 3 grupos existentes, de 4 a 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos, este ano incorpórase un cuarto grupo para persoas maiores de 18 anos. Esta nova ampliación nace da crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir ás clases de teatro. Os horarios dos grupos son, respectivamente, de 17:30h a 19:00h, de 16:00h a 17:30h, de 19:00h a 20:30h e de 20:30h a 22:00h.
    Co novo grupo o Concello de Tomiño busca iniciar no teatro a tódalas persoas que desexen adentrarse no mundo da interpretación, e á súa vez, dar continuidade aos mozos e mozas que xa asistían ás clases de teatro e que ao alcanzar a maioría de idade non podían continuar nos antigos grupos de idade establecidos. Deste xeito, acércanse as artes escénicas a tódolos públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.
    Os tres primeiros grupos teñen un máximo de 20 prazas cada un, e o grupo de persoas adultas ten un máximo de 16 prazas. O prezo da actividade é de 15 € ao mes, aínda que existen descontos para irmáns ou irmás nos grupos de menores e para familiares no grupo de maiores de idade.
    As inscricións e toda a información necesaria están dispoñibles na Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, no teléfono 986 622 001, ou na páxina web www.tomino.gal .
    Ampliar contenido
  • El Centro Do-Majo inicia este lunes las actividades extraescolares del nuevo curso

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2017
    hasta el 02 de Octubre de 2017

    El Centro DO-MAJO, ofrece la posibilidad de asistir GRATUITAMENTE a 2 clases para que el niño/a pueda probar la actividad y elegir la que mejor se adapte a sus gustos.

    El Centro DO-MAJO de La Guardia, inicia el próximo lunes día 2 de octubre las actividades extraescolares infantiles del curso 17-18.

    DANZA MODERNA, HIP-HOP, AEROBIC DANCE, TAEKWONDO, PSICOMOTRICIDAD, son algunas de las actividades que podrán realizar los niños y niñas a partir de los 3 años. En horario de tarde y con la posibilidad de asistir 1 ò 2 días a la semana.

    El Centro DO-MAJO, ofrece la posibilidad de asistir GRATUITAMENTE a 2 clases para que el niño/a pueda probar la actividad y elegir la que mejor se adapte a sus gustos.

    Impartidas por profesores titulados y con años de experiencia.

    TE DIVERTIRÁS ....
    Ampliar contenido
  • O Concello de Tomiño prepara a adultos para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria(ESO)

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2017
    hasta el 06 de Octubre de 2017

    O obxectivo é preparar ao alumnado para a proba do o graduado da eso por libre, proba de competencias clave e proba de acceso a ciclos formativos de grao medio

    O Concello de Tomiño organiza un novo curso de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2 (mediante a proba de competencias clave) ou para preparar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.

    Os requisitos para a inscrición no curso serán:

    • Estar empadroado en Tomiño.
    • Ter cumpridos os 16 anos.
    Tamén se poderán admitir persoas de fora de Tomiño, se quedan prazas vacantes.
    Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do mes de maio será necesario:
    • Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo durante curso 2017/2018.
    • Ter cumpridos os 18 anos antes do día de realización da proba da ESO, que se prevé que será a finais de maio.

    Os interesados, poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días: xoves 28 de setembro e ata o venres 6 de outubro de 2017, en horario de 8:00 a 14:00 horas, presentando o modelo de solicitude dispoñible no propio rexistro, xunto cunha fotocopia do DNI. Unha vez finalizado o prazo, seguiranse recollendo inscricións, por se quedaran prazas vacantes.

    Durante o curso 2017/2018,que se prevé que dará comezo o día 16 de outubro, as clases terán lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas no Centro de Formación "O Regatiño" en Goián (Av. Pío Troncoso,8).
    Ampliar contenido
  • Abierta la matrícula en el Aula UNED de Tui

    Fecha desde el 30 de Septiembre de 2017
    hasta el 20 de Octubre de 2017

    Hasta el 20 de octubre permanecerá abierta la matrícula para inscribirse en la oferta académica del aula universitaria tudense.

    Hasta el 20 de octubre permanecerá abierto el periodo de inscripción en cualquier titulación oficial de la Universidad Nacional de Educación a Distancia. Todas aquellas personas interesadas podrán formalizar su matrícula en cualquiera de los 28 grados, 72 másteres y 13 idiomas que oferta la UNED.  Durante el curso 2017/2018, el Aula UNED de Tui, tutorizará los cuatro cursos del Grado en Psicología.

    Asimismo, el aula universitaria tudense, por cuyas instalaciones pasaron más de medio millar de estudiantes el pasado año académico, impartirá también el Curso de Acceso a la Universidad para Mayores de 25 y/o 40 años. En dicho curso de acceso podrán matricularse aquellas personas que no tengan la titulación requerida para el ingreso en la Universidad o en el caso de personas mayores de 40 años, todos aquellos que acrediten experiencia profesional y laboral previa.

    La matrícula deberá realizarse online en la página web de la Universidad Nacional de Educación a Distancia (www.uned.es) hasta el 20 de octubre. El estudiante dispondrá de cuatro plazos para formalizar el pago, debiendo abonar el 40% del importe total en el momento de efectuar matrícula y el 60% restante en tres plazos iguales, que se liquidarán el 28 de octubre, el 28 de noviembre y el 28 de diciembre.

    Acceso sin selectividad
    Todas aquellas personas que estén en posesión de un título de Bachiller del Sistema Educativo Español obtenido con anterioridad al curso 2016/2017, es decir, que posean un Título de Bachiller anterior a la LOMCE podrán acceder a cualquier de los Grados ofertados por la UNED sin necesidad de haber superado la prueba de Evaluación de Bachillerato para el acceso a la universidad.

    Inicio de tutorías y actividades de extensión
    El próximo lunes, 9 de octubre, arrancarán las tutorías de acompañamiento al estudio en el Aula de Tui. Además, ya es posible matricularse en las diferentes actividades de extensión que organiza el Aula. Los idiomas y el arte centran la oferta formativa complementaria que el Aula ofrece a sus estudiantes, que incorporará también diferentes seminarios relacionados con el márketing digital, la salud y la educación. 
    Ampliar contenido
  • Curso de Prevención de Riscos Laborais para traballadores en activo en Oia

    Fecha desde el 30 de Septiembre de 2017
    hasta el 11 de Octubre de 2017

    Para máis información e inscripcións no Concello 986362125

    O Concello de Oia vai a organizar, en colaboración coa empresa de formación FORMAGAL, un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

    Este curso é GRATUÍTO e dirixido preferentemente a traballadores en activo. Non obstante, se quedan prazas vacantes, tamén poden participar desempregados
    O curso é a distancia con catro horas presenciais.
    Para máis información e inscripcións no Concello 986362125
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido