Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A OMIX Tomiño elabora un programa multidisciplinar de cursos para o 2017

    Fecha desde el 31 de Marzo de 2017
    hasta el 04 de Diciembre de 2017

    A programación abarca dende abril ata decembro cunha ampla variedade de actividades

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, vén de elaborar a súa proposta de cursos e obradoiros para o presente ano. A programación, que conta co apoio da Deputación Provincial, arranca o 8 de abril cun curso de Monitor de Tempo Libre, de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e remata en decembro, cun obradoiro de elaboración de chocolate.

    A primavera contará tamén cun obradoiro de panadería e bolería (24 de abril), un Faladoiro de Inglés (10 de maio), un curso de emprendemento (16 de maio), e outro de "Stop-motion". Maxia foto a foto (8 de xuño).

    No verán, as propostas terán que ver cos deportes acuáticos: Iniciación ao Kaiak (7 de xullo); ao Flyboard (14 de xullo); ao Paddle-Board (21 de xullo), e ao Esquí Acuático (28 de xullo).

    No outono, haberá un curso de Radio, de 22 horas de duración, que comezará o 21 de setembro; outro de Iniciación ao Lettering, de 20 horas (comezo 10 de outubro) e un terceiro de Elaboración de Chocolate (4 de decembro).


    Para máis información e inscricións, chamar ao teléfono 986 622 001 ou escribir un correo a omix@tomino.gal

     

    Ampliar contenido
  • Feira de Artes e Velharias o segundo domingo do mes em Vila Nova de Cerveira

    Fecha desde el 14 de Mayo de 2017
    hasta el 12 de Noviembre de 2017

    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.

    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.

    Ponto de referência no mapa nacional de Feiras de Velharias e Antiguidades, reúne expositores e colecionadores e recebe milhares de pessoas à procura de raridades.

    10h00

    Praça da Galiza
    Câmara Municipal
    Ampliar contenido
  • Adeto continúa coa campaña de dinamización comercial -As Cores do Comercio de Tomiño-

    Fecha desde el 22 de Septiembre de 2017
    hasta el 31 de Octubre de 2017

    A campaña de dinamización comercial rematará o día 31 de outubro.

    Adeto pon en marcha unha iniciativa para incentivar o comercio de proximidade. Trátase dunha campaña na que os clientes que fagan as súas compras nos establecementos dunha cor, por un importe mínimo, recibirán 1€ de desconto para poder comprar nun establecemento doutra cor.

    A campaña presentouse o día 22 de setembro e rematará o día 31 de outubro.

    Esta iniciativa busca potenciar e apoiar ós comercios asociados así como dar a coñecer ó público comercios de nova apertura ou que a xente non sabe que están alí ou qué produtos teñen. Dende Adeto expoñen que é vital potenciar a necesidade veciñal de realizar o maior número de compras no comercio local, xa que iso leva a unha mellora na economía local.


    É unha campaña nova e non será a última, xa que forma parte do proxecto para mellorar a competitividade do comercio e chegar a facer a "Marca Tomiño", despois dun ano no que se leva traballado, facendo talleres formativos, enquisas, estudios da situación do comercio, a hostalaría e os servizos, etc. e que se espera continuar no ano próximo.

    Ampliar contenido
  • A sala de exposicións da Área Panorámica de Tui acolle unha exposición de cadros ao óleo e arte con teas

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2017
    hasta el 23 de Octubre de 2017

    A mostra con traballos de María Luísa Crespo e María Jesús Prieto pódese visitar de 10h a 14h e de 16h a 20h

    Até o 23 de outubro pódese visitar na sala de exposicións do edificio da Área Panorámica unha mostra de cadros ao óleo e arte con teas. Trátase dunha mostra do traballo de María Luísa Crespo na parte de pintura e María Jesús Prieto na parte de traballos con tecidos ou patchwork que se pode visitar pola mañá de 10h a 14h e pola tarde de 16h a 20h.
    Ampliar contenido
  • Un percorrido nocturno polo barrio xudeu de Tui na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas

    Fecha desde el 11 de Octubre de 2017
    hasta el 31 de Octubre de 2017

    Amais haberá percorridos temáticos os días 11, 12, 30 e 31 ás 20.15 h

    As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Pasan a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día. Nestes percorridos darase a coñecer o amplo patrimonio que ten Tui ligado á presenza da comunidade xudía na cidade con visitas ao lugar onde se emprazaba a sinagoga na rúa Ordóñez, e á carnicería na rúa Entrefornos, entre outros.

    Durante este mes de outubro programáronse amais catro visitas temáticas concretas a realizar os días 11, 12, 30 e 31 deste mes, saíndo todas ás 20.15h dende a praza da Inmaculada. Así o mércores 11 proponse un percorrido nocturno polo Burgo Premedieval, e o xoves 12 - festivo - pola cidade medieval. Mentres no remate do mes o luns 30 visitaranse os Sambenitos Inquisitoriais, pezas únicas en Europa que se custodian no Museo Diocesano, e o martes 31 farase un percorrido polos cárceres e outros lugares vinculados á presenza da Inquisición en Tui.

    Cómpre lembrar que as visitas guiadas foron postas en marcha novamente este verán pola Concellería de Turismo do Concello de Tui co obxectivo de achegar o patrimonio e a historia tudense tanto aos propios veciños coma aos visitantes. O historiador Suso Vila é o encargado de guiar estes percorrido. Durante os meses estivais as visitas realizáronse con dúas proposta diarias de luns a venres e un percorrido vespertino nas fins de semana e festivos participando nas mesmas máis de 2.600 persoas. No outono e inverno apostase por visitas temáticas que comezan en outubro e continuarán no mes de novembro e decembro con outras propostas que se darán a coñecer proximamente.

    Visita culturais gratuítas mes de outubro
    Punto de Partida: Praza da Inmaculada
    Horario:
    • Venres, sábados e domingos ás 20.15h percorrido nocturno polo Barrio Xudeu
    Visitas nocturnas especiais
    • Mércores 11 de outubro ás 20.15 h Visita Burgo Premedieval
    • Xoves 12 de outubro ás 20.15 h Visita Cidade Medieval
    • Luns 30 de outubro ás 20.15 h Visita Sambenitos Inquisitoriais
    • Martes 31 de outubro ás 20.15 h Visita Cárceres e Inquisición en Tui
    Ampliar contenido
  • Candidatura às Bolsas de Estudo até 3 de Novembro em Valença do Minho

    Fecha desde el 05 de Octubre de 2017
    hasta el 03 de Noviembre de 2017

    Os interessados deverão formular a sua candidatura, nos Serviços de Ação Social, da Câmara Municipal, até 3 de novembro.

    A Câmara Municipal de Valença abriu as candidaturas para a atribuição de bolsas de estudo, aos estudantes que frequentam ou ingressaram no ensino superior. Os interessados deverão formular a sua candidatura, nos Serviços de Ação Social, da Câmara Municipal, até 3 de novembro.

    Nos últimos anos a Câmara Municipal de Valença tem reforçado a aposta na formação dos jovens valencianos com um aumento do número de bolsas atribuídas. No último ano letivo foram 64 os beneficiários.

    As bolsas destinam-se a alunos valencianos, naturais e ou residentes, a frequentar ou que ingressaram no ensino superior e que apresentem, comprovadamente, limitações a nível económico e, bom aproveitamento escolar.

    A atribuição das bolsas de estudo pretende estimular a frequência do ensino superior, com o objetivo de melhorar o tecido económico de Valença dotando-o de quadros técnicos superiores e assim incentivar o desenvolvimento social, económico e cultural do concelho.

    Os interessados devem preencher o formulário em papel disponível no Gabinete de Ação Social:

    Rua Dr. Ilídio do Vale, nº 7 - 1º Andar - Fortaleza
    Tlm: 964 431 029  /  925 646 490
    E-mail: asocial@cm-valenca.pt
    Horário: 9h às 12h30m e das 13h30m às 17h
    Ou on-line em http://www.cm-valenca.pt/bolsas-estudo.
    Ampliar contenido
  • Derradeira cita do ciclo de charlas -Manual de instrucións para educar- na Guarda

    Fecha desde el 17 de Octubre de 2017
    hasta el 12 de Diciembre de 2017

    Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso

    Os encontros celebraranse os días 17 de outubro, 14 e 28 de novembro e o 12 de decembro ás 19:30 horas na Casa dos Alonso, con novas temáticas suxeridas polas nais, pais e profesionais participantes na primeira edición do ciclo.

    Tras a boa acollida da primeira edición, o Programa de Educación Familiar e a Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda organizan catro novas charlas dentro do ciclo "Manual de instrucións para educar", orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

    A actividade contará coa colaboración dos terapeutas familiares Esteban Figueirido e María Jesús Núñez, encargados de guiar as charlas nas que se animará á participación dos asistentes mediante o intercambio de experiencias. Os profesionais aportarán vías para resolver os conflitos diarios de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como chaves no establecemento de relacións saudables entre nais, pais e os seus fillos e fillas. Falarase tamén das normas e os límites como un dereito dos menores ofrecendo, asemade, ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade das rapazas e os rapaces.

    Novas temáticas e datas
    Os encontros desta segunda edición terán lugar na Casa dos Alonso ás 19:30 horas os días 17 de outubro, 14 de novembro, 28 de novembro e 12 de decembro. A primeira das charlas, co título "Familias centradas en solucións", xirará entorno á busca de enfoques positivos en detrimento dos pensamentos que se centran "no que vai mal e non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo", segundo explica o psicólogo Esteban Figueirido.

    O encontro do 14 de novembro, "Educar en intelixencia emocional", atenderá ás emocións como chave para realizar unha intervención eficaz. "Se dende pequenos axudámoslle a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol", sinala o experto, que dirixirá as dúas primeiras conversas.

    "Duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas" é o título da terceira charla, dirixida pola psicóloga María Jesús Núñez e na que se analizará como funcionan as perdas nos cativos e cativas (dende algún xoguete ata outras de maior impacto, como a separación dos pais ou falecemento de seres queridos) para axudarnos a acompañalos mellor e evitar posibles secuelas.

    O derradeiro encontro dedicarase ás "Maneiras creativas de resolver conflitos", isto é, distintas formas de abordar os momentos críticos "con algo de humor e creatividade", segundo apunta Figueirido, director da charla. Ao respecto, aclara que "moitos pensamos que xa probamos todo cos nosos fillos e parece que nada funciona, pero normalmente non é así", de xeito que novas formas de resolución de conflitos son posibles e desexables.

    Dende o Concello da Guarda animamos a todas as persoas con inquedanzas e interese educativos -sexan pais e nais, avoas e avós, educadores e educadoras, así como veciñas e veciños- a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que aprendamos xuntos como acadar unha mellor convivencia familiar nos fogares da nosa vila.
     

     

    RESUMO TEMAS CHARLAS "MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR":

     

    1- Familias centradas en solucións

    A miúdo vivimos centrados no que vai mal, no que non funciona, descoidando o que vai ben e valorándoo para que sirva de reforzo positivo, e favoreza o cambio. Nesta charla veremos a importancia de cambiar o noso enfoque e como facelo.

     

    2- Educar en intelixencia emocional

    Atender ás emocións é clave para unha intervención eficaz. Se desde pequenos axudámoslles a identificar as emocións e a expresalas, poderán resolver mellor os conflitos e ter un maior autocontrol.

     

    3- O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas

    Os fillos e fillas pasan por moitas perdas, desde algún xoguete ao que lle tiñan moito agarimo, ata un animal que consideraban o seu mellor amigo, pasando por outras de maior impacto como: separación de pais, falecemento de ser querido, cambios de domicilio ou de centro escolar, etc. Nesas situacións de duelo é necesario estar ao seu lado e mostrar a máxima comprensión. Comprender como funcionan as perdas neles axúdanos a acompañarlles mellor e evitar secuelas.

     

    4- Maneiras creativas de resolver conflitos

    Moitos pensamos que xa probamos de todo cos nosos fillos e parece que nada funciona. Normalmente non é así, e sempre anima pensar que aínda queda algo máis que se pode facer. Nesta charla comentaremos sobre outras maneiras de abordar os momentos críticos, cando somos capaces de recuperar algo de humor e creatividade.

     

    DATA
     HORA TEMA 
    RELATOR/A

    17 outubro

    martes

    19:30-21:00

    "Familias centradas en solucións"

    Esteban Figueirido

    Psicólogo

    14 novembro

    martes

    19:30-21:00

    " Educar en Intelixencia emocional"

    Mª Jesús Núñez

    Psicóloga

    28 novembro

    martes

    19:30-21:00

    "O duelo infantil. O neno ante as múltiples perdas"

    Esteban Figueirido

    12 decembro

    martes

    19:30-21:00

    "Maneiras creativas de resolver conflitos"

    Esteban Figueirido

     

     


    Ampliar contenido
  • A programación cultural de outono deu comezo en Tomiño o pasado sábado

    Fecha desde el 07 de Octubre de 2017
    hasta el 18 de Noviembre de 2017

    Continuará durante o mes de outubro e novembro cunha variada oferta de espectáculos

    A pasada fin de semana deu comezo a Programación do Outono Cultural 2017 do Concello de Tomiño.

    A programación "Outono Cultural" continuará durante o mes de outubro e novembro cunha variada oferta de espectáculos do ámbito da música e do teatro e sendas exposicións no Mercado de Tomiño. A programación completa pódese consultar na web do Concello de Tomiño.

    Ampliar contenido
  • Candidaturas para atribuição de incentivos a estudantes do ensino superior em Caminha

    Fecha desde el 08 de Octubre de 2017
    hasta el 23 de Octubre de 2017

    Prazo termina a 23 de outubro

    Está a decorrer o processo de candidaturas para atribuição de incentivos a estudantes do ensino superior para o ano letivo 2017/2018. Para além dos beneficiários de anos anteriores, a Câmara Municipal de Caminha vai apoiar até cinco estudantes do concelho. O prazo de candidatura termina a 23 de outubro.

    Numa política de continuidade, a educação e o apoio financeiro às famílias caminhenses são uma prioridade para executivo caminhense. Recorda-se que, no ano letivo 2016/2017, a Câmara beneficiou 10 estudantes.

    É de referir que os incentivos se dirigem a candidatos que reúnam os requisitos seguintes: residam no concelho de Caminha, há pelo menos 2 anos; ingressem ou frequentem um curso superior; façam prova do pedido de bolsa de estudo aos serviços sociais da respetiva universidade/ instituto ou comprovativo do benefício da mesma; não sejam titulares de curso superior; e que o agregado familiar não ultrapasse um rendimento "per capita" superior a 40 % do Salário Mínimo Nacional. Estes requisitos também se aplicam aos beneficiários de anos anteriores.

    O valor a atribuir a cada estudante será igual a três vezes o salário mínimo nacional fixado para o primeiro dos anos civis que constituem o ano letivo respetivo e a sua duração será igual à do tempo mínimo estabelecido para a obtenção do grau de licenciatura com aproveitamento escolar.

    As candidaturas terminam a 23 de outubro. Os candidatos deverão efetuar a inscrição na Câmara Municipal de Caminha, no Gabinete de Ação Social ou no Gabinete de Apoio no Munícipe em Vila Praia de Âncora.

    Ampliar contenido
  • A IV Quedada BTT Carballas Loureza-Oia terá lugar este domingo

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2017
    hasta el 26 de Noviembre de 2017

    En unos días se abrirán las inscripciones en www.tracktherace.com

    QUEDADA BTT AS CARBALLAS

    - 4ª Edición de la Quedada BTT As Carballas organizada por el club Cornelios Raiders en colaboración con la comisión de fiestas de San Juan (Loureza) y el ayuntamiento de Oia.

    - Se retoma la organización de esta ruta Btt (Rodadora) dormida durante varios años para volver a disfrutar de este monte que al entender de la organización, le sobra potencial en cuanto a vistas, carreteras de monte ciclables y parajes naturales que hicieron de esta ruta en su dia un evento que juntaba a un buen número de de BTTeros.

    Arranca el evento, en unos días se actualizará información y se presentará el cartel definitivo de la Quedada.

    PROGRAMA PARA EL DÍA DE LA RUTA.
    26 Noviembre 2017
    8:30h a 9:15h entrega de dorsales a los participantes de la Quedada.
    9:30h salida de la ruta desde el Colegio de Refoxos (oia).
    Rutas alternativas de 32km 1000m desnivel positivo y 45 km 1120m desnivel positivo aprox, para mayores de 16 años y con uso obligatorio de casco. Dificultad Media.
    En paralelo a la ruta, se realizará una Andaina popular de entre 5/7 km aproximadamente que pasará por "As Pozas de Loureza" y "O Pozo do Arco".
    BTT 10 EUROS Andaina 5 EUROS que incluye: Seguro, avituallamiento y al finalizar la ruta para todos los participantes 1º Sopa casera 2º callos + bebida.
    Límite de inscritos 400 participantes.
    Plazo cierre de inscripción 22/11/17 a las 24:00h
    Se realizarán sorteos varios donde cada uno participará con su número de dorsal asignado.
    Para todo público asistente durante la mañana se servirá comida y bebida a precios populares por parte de la comisión de fiestas.
    COORDENADAS UTM SALIDA: Cord. X: 515.188,78 Cord Y: 4.649.321,25
    ORGANIZA: CLUB CORNELIOS
    COLABORA: COMISIÓN DE FIESTAS SAN XOAN DE LOUREZA Y CONCELLO DE OIA.

    En unos días abriremos las inscripciones en nuestra página de costumbre www.tracktherace.com

     

    Más información:

    Ampliar contenido
  • O mundo dos cogumelos regresa ó Rosal este sábado

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2017
    hasta el 18 de Noviembre de 2017

    Praza de inscricións aberto. As persoas interesadas deben pasar polo concello para anotarse.

    O Concello do Rosal organiza unha xornada relacionada co mundo dos cogumelos. As persoas interesadas deben pasar polo concello para anotarse.
    Ampliar contenido
  • Obradoiro sobre técnicas para falar en público do 26 de outubro ao 2 de novembro na Guarda

    Fecha desde el 19 de Octubre de 2017
    hasta el 26 de Octubre de 2017

    As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

    O obradoiro "Comunicación eficaz: técnicas para falar en público", programado para os días 19 e 24 de outubro, ten que cambiar as súas datas de instrución por razóns ligadas á saúde da formadora. Así as cousas, o taller celebrarase finalmente os días 26 de outubro e 2 de novembro, mantendo o seu horario orixinal (de 17 a 20 horas) na Casa dos Alonso.

    No obradoiro traballaranse as técnicas de comunicación verbal e non verbal, a escoita activa, a asertividade e a empatía, así como os mecanismos para superar o medo a falar en público. Buscarase, como idea principal, mellorar a comunicación social, así como as relacións no medio laboral ou en outros ámbitos da vida cotiá.

    As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

     

    Ampliar contenido
  • Unidad móvil de donación de sangre el lunes 23 de octubre en A Guarda

    Fecha desde el 23 de Octubre de 2017
    hasta el 23 de Octubre de 2017

    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.

    Lunes 23

    A GUARDA

    UNIDAD MÓVIL EN LA
    PLAZA AVELINO
    VICENTE
    (PARADA DEL BUS,
    ENFRENTE AL FROIZ)
    10:00 - 14:00
    16:30 - 21:00
    Ampliar contenido
  • Alumnos do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián organizan unha andaina

    Fecha desde el 20 de Octubre de 2017
    hasta el 30 de Noviembre de 2017

    A andaina servirá de axuda para a excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid

    Os alumnos no curso de 6º E.P. do CPI Pintor Antonio Fernández de Goián(Tomiño) organizan unha andaina o vindeiro día 3 de decembro en colaboración co comercio de Goián e Figueiró para a axuda da excursión de final de curso que realizarán no mes de maio a Madrid.

    O itinerario realizarase contando coa colaboración de Espazo en Forma por diferentes fontes de Goián e levará aproximadamente hora e media podendo participar tanto nenos como adultos. As inscricións realizaranse no Bar Avenida (Pepa) situado na praza de Goián ata o 30 de novembro.

    Invitamos a todos os interesados en entrar na nosa páxina de Facebook Excursión 6º Primaria Cole de Goián a Madrid 2018 e botarlle un ollo ós premios que sortearemos entre os participantes ó final da andaina. Ademáis teremos doces e outras cousas máis que iremos informando.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido