Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Visitas guiadas ao Monte Santa Trega da Guarda en xullo, agosto e setembro

    Fecha desde el 02 de Julio de 2019
    hasta el 28 de Septiembre de 2019

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
    Ampliar contenido
  • Derradeiro día de prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

    Fecha desde el 23 de Agosto de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    Os interesados poden enviar un máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na rúa Martínez Padín

    O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico "Enmárcate en Tui". No mesmo poderase participar coas instantáneas realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

    Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno

    Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.

    As fotografías deben enviarse dende hoxe venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

    Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual. Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo concello.
    Ampliar contenido
  • Exposição -Atelier Primeiro de Outubro- apresenta Mafalda Santos a solo

    Fecha desde el 07 de Septiembre de 2019
    hasta el 26 de Octubre de 2019

    Com inauguração agendada para o dia 7 de setembro (sábado), às 16h00, esta mostra marca a rentrée da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

    Desenvolvida em contexto site specific para o Open Space do Fórum Cultural de Cerveira, a exposição "Atelier Primeiro de Outubro" dá a conhecer ao público a obra de Mafalda Santos. Com inauguração agendada para o dia 7 de setembro (sábado), às 16h00, esta mostra marca a rentrée da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

    Vila Nova de Cerveira tem sido escolhida por artistas, escritores, políticos, entre outros, como um destino comum para experimentar, trabalhar e viver, muito em resultado da dinâmica que a Bienal Internacional de Arte de Cerveira tem proporcionado desde 1978. Mafalda Santos é um desses casos que encontrou na "Vila das Artes" um espaço privilegiado para habitar e criar. Foi na Avenida Primeiro de Outubro que nasceu o seu atelier, em 2018, o qual dá agora nome a esta mostra.


    Segundo a curadora, Helena Mendes Pereira, "a série de trabalhos que aqui se apresenta pretende ser um mergulho retrospetivo nas várias vertentes da sua produção artística, que privilegiam sempre o detalhe e a minúcia em composições dadas através de um degradé de cores, escolhidas para a paleta, que são denominador comum da pintura, do desenho e das construções em que combina o reaproveitamento de papel de gráfica, sobre estruturas de madeira dinâmica".


    O papel, a tela e as estruturas dinâmicas são, assim, a matéria-prima desta exposição que tem o desenho como ponto de partida da produção plástica.


    Biografia
    Mafalda Santos (1980) é licenciada em Pintura pela Faculdade de Belas Artes do Porto. Entre 2002 e 2007, foi programadora do espaço independente PêSSEGOpráSEMANA, no Porto.


    Expõe regularmente desde 2001. Em 2007/2008 foi bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian e da Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento (FLAD) na residência artística Location One, em Nova Iorque. Foi selecionada para o Prémio EDP Novos Artistas 2007.


    Entre 2013 e 2018 geriu, com Manuel Mesquita, o programa de residências artísticas Moinho da Fonte Santa no Alentejo, em Alandroal. Vive e trabalha em Vila Nova de Cerveira desde 2018.


    O seu trabalho encontra-se incluído nas coleções portuguesas de António Cachola, das Fundações EDP e Ilídio Pinho, Grupo RAR, Fundação PLMJ, Colecção Norlinda e José Lima, da Câmara Municipal de Lisboa e da Câmara Municipal do Porto.

    Ampliar contenido
  • Programación de cursos para nenos e adultos na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano

    Fecha desde el 05 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro.

    Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, os cursos serán en horario de mañá e de tarde.

    As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    Destacan na programación de cursos os de Informática para nen@s, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica, follas de cálculo ou o de informática para adultos.

    Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.


    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones presenta nas Festas do Alivio a exposición -Camiños Converxentes-

    Fecha desde el 07 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), será inaugurada o sábado ás 12.00h.

    Este ano, o Concello organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título "Camiños Converxentes". A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), será inaugurada o sábado ás 12.00h.

    Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía "Holanda", na que a autora retrata a unha anciana da localidade aurensá de Riós.

    Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcadesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.
    Ampliar contenido
  • Obradoiro de Cociña verde e superalimentos e xornada de Micoloxía na Guarda

    Fecha desde el 05 de Septiembre de 2019
    hasta el 18 de Octubre de 2019

    As inscricións para estas dúas actividades están xa abertas na OMIX da Guarda no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    A Omix da Guarda organiza para os meses de outubro e novembro novas actividades nas que se inclúen un Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e unha Xornada de Micoloxía.

    O Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos terá lugar os venres en horario de 18:00h a 20:30h dende o 18 de outubro ata o 15 de novembro, cun custe de 35€ por persoa.

    A Xornada de Micoloxía terá lugar un sábado do mes de novembro con saída ao monte pola mañá e pola tarde.

    As inscricións para estas dúas actividades están xa abertas na OMIX da Guarda no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • OP 2019: Três propostas em votação até 30 de setembro em Vila Nova de Cerveira

    Fecha desde el 05 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    Até 30 de setembro, naturais, residentes, estudantes e trabalhadores do concelho cerveirense voltam a ser desafiados a votar numa das três propostas validadas

    Já está a decorrer o período de votação da edição 2019 do Orçamento Participativo Geral de Vila Nova de Cerveira. Até 30 de setembro, naturais, residentes, estudantes e trabalhadores do concelho cerveirense voltam a ser desafiados a votar numa das três propostas validadas, através da plataforma online http://op.cm-vncerveira.pt/ A 1 de outubro, Dia do Município, são revelados os projetos vencedores até aos 90 mil euros cabimentados.
    Durante a fase de submissão de propostas, o OPGeral 2019 registou quatro ideias-projeto, tendo sido validadas três, após a Comissão de Análise Técnica ter considerado "não elegível" uma das propostas apresentadas. Propostas em votação:
    • ‘Execução de Memorial do Bombeiro': Obra que pretende homenagear os bombeiros que já nos deixaram e que continuam a inspirar aqueles que no dia-a-dia dão a sua vida para salvar outras vidas, além de se apresentar como uma obra de arte que embelezará um espaço junto ao Quartel;
    • ‘Apoio +': Aquisição de um veículo devidamente capacitado e adaptado para o Centro Paroquial de Reboreda, Instituição Particular de Solidariedade Social, de forma a apoiar toda a comunidade, famílias e pessoas de todas as idades, desejando dissipar barreiras de mobilização e acessibilidade;
    • ‘Núcleo Interpretativo dos Moinhos da Gávea': Arranjo genérico de todos os moinhos, com especial incidência no moinho número 5, por ser o que se encontra num estado mais degradado e que necessita de intervenções urgentes.
    No que diz respeito ao processo de votação, podem participar pessoas com idade igual ou superior a 15 anos, naturais, residentes, trabalhadores ou estudantes no concelho. No caso dos residentes há uma validação automática, quanto aos restantes será necessário o envio de um comprovativo de trabalhador, de estudante ou de natural (op@cm-vncerveira.pt )
    Cada pessoa tem direito a um voto que pode ser concretizado digital ou presencialmente: Através da plataforma http://op.cm-vncerveira.pt , o votante deve preencher o formulário apresentado, clicar em entrar e, após selecionar a proposta que mais lhe suscita interesse, será emitido um ‘pin' de validação para o número de telemóvel associado e que deverá ser introduzido na plataforma, confirmando o voto. Este processo decorre até 30 de setembro; já o voto presencial é efetuado na respetiva Junta de Freguesia, através do preenchimento de uma ficha própria cedida pela autarquia, e que deve ser entregue pelo Presidente da Junta de Freguesia, em envelope selado, no Gabinete de Comunicação, até ao dia 18 de setembro, de modo a introduzir os votos na plataforma.
    O OPGeral de Vila Nova de Cerveira tem um montante total de 90 mil euros, estando regulamentado um limite máximo de 60 mil euros a cada proposta, de forma a dar oportunidade à concretização de mais projetos.
    O anúncio público dos projetos vencedores está previsto para o dia 1 de outubro, Dia do Município. Toda a informação em http://op.cm-vncerveira.pt/
    Ampliar contenido
  • Dezaoito restaurantes de Tui participan nas xornadas de gastronomía xudía con menús con pratos de bacallau

    Fecha desde el 09 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    Estas xornadas forman parte do programa de actividades para conmemorar o 20 aniversario das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, nas que Tui participa este ano, por vez primeira, como membro da Rede de Xuderías de España

    Dezaoito restaurantes tudenses terán nas súas cartas pratos de bacallau durante este mes de setembro, a iniciativa gastronómica enmarcase dentro das xornadas de gastronomía xudía, que é unha das actividades organizadas polo Concello de Tui dentro do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que anualmente organiza a Rede de Xuderías de España, e que este ano chegan a súa edición número 20.
     
    O concello de Tui elixiu como motivo principal destas xornadas as pontes, aproveitando o amplo sentido que podemos dar a esta palabra, pontes culturais, pontes, pontes gastronómicas e pontes físicas.

    Así as diferentes rutas guiadas polo patrimonio sefardí de Tui, a exposición de fotografías de pontes de Tui de Gus Abreu ou a publicación de micro relatos únese tamén esta iniciativa gastronómica, que ten coma centro o bacallau, prato moi habitual na cociña sefardí, e que serve de ponte tamén co país veciño, onde este peixe é considerado prato nacional.
     
    O bacallau servido de distintos xeitos será servido nos restaurantes participantes durante todo este mes. Os pratos e os restaurantes son os seguintes: O Alboio: bacallau en empanada, Ideas peregrinas: tosta con bacallau, Parador de Tui: bacallau con broa, A Ponderosa: Bacallau á portuguesa, El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado, Jaqueyvi: á brasa, Tapas e viños: ensalada con bacallau, La de José Luís: á brasa, El Molino: á portuguesa e tamén empanada, Puro sabor: ó forno e empanada, O Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada, O Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños, Santiamén: asado con cebola, A Macoca: ó forno, O pote: ensalada de bacallau e á galega, Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada, Monte Aloia: á brasa e ó forno, Cruceiro do Monte: á portuguesa.
    Ampliar contenido
  • Pily Reñones rende tributo ao traballo da muller tomiñesa

    Fecha desde el 07 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    A mostra inclúe máis de sesenta retratos de mulleres traballando ou desfrutando da vida a través de momentos cotiáns

    Este ano, o Concello organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título "Camiños Converxentes". A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), e foi inaugurada o pasado sábado ante numeroso público.

    A exposición consta de máis de sesenta retratos en branco e negro de mulleres de Tomiño exercendo a súa profesión ou oficio, ou desfrutando de momentos cotiáns, de reunión e ledicia. A fotógrafa, que dedicou a maior parte da súa carreira a fotografías de vodas, explicou que esta mostra retrata a mulleres de Tomiño; de distintas idades e condicións, desenvolvendo os seus oficios en diferentes espazos e épocas.

    Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía "Holanda", na que a autora retrata a unha ancián da localidade aurensá de Riós.

    Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcaldesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.
    Ampliar contenido
  • Aberto período de propostas para Orçamento Participativo Transfronteiriço Cerveira-Tomiño

    Fecha desde el 11 de Septiembre de 2019
    hasta el 31 de Octubre de 2019

    Propostas com interesse partilhado devem ser apresentadas até 31 de outubro.

    Aberto período de propostas para Orçamento Participativo Transfronteiriço Cerveira-Tomiño
    Prosseguindo com o envolvimento de ambas as comunidades em prol de um território comum sustentável, a Eurocidade Cerveira-Tomiño lança a 4ª edição do Orçamento Participativo Transfronteiriço. Propostas com interesse partilhado devem ser apresentadas até 31 de outubro. Todo o processo encontra-se disponível na plataforma http://participacerveiratomino.eu

    Dotado com 20 mil euros, o Orçamento Participativo Transfronteiriço Cerveira-Tomiño é uma das prioridades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, com a qual se pretende potenciar a participação pública e o poder de decisão da cidadania de ambas margens do rio Minho.


    As três edições já concretizadas corroboram a excelente dinâmica das populações dos dois concelhos vizinhos em alavancar a partilha e o intercâmbio existente a outras áreas de interesse comum, através da realização de ações e atividades com implicações positivas na melhoria da qualidade de vida.


    Desta forma, a partir desta terça-feira, 10 de setembro, encontra-se aberto o processo para a apresentação de propostas ao OPT Cerveira-Tomiño 2020 que se prolonga até 31 de outubro. Podem participar pessoas singulares ou coletivas com morada social ou fiscal em Vila Nova de Cerveira ou Tomiño, sendo que cada proposta deve ter um proponente de cada concelho. Haverá dois projetos vencedores (dotação de 10 mil euros cada) pelo que, no período de votação, as pessoas têm de selecionar obrigatoriamente dois projetos.


    Todo o processo de candidatura e votação decorre através da página web http://participacerveiratomino.eu


    De relembrar que o OPT é um projeto cofinanciado em 75% pelo programa INTERREG VA POCTEP de cooperação transfronteiriça, através de fundos FEDER da União Europeia. A Agenda Estratégica de Amizade Cerveira-Tomiño promove igualmente iniciativas como a provedora transfronteiriça e ações para facilitar a utilização partilhada de serviços e a dinamização económica do território.

    Ampliar contenido
  • A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos

    O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.

    As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos na modalidade de carreira. As inscricións pechan o 25 de setembro.

    A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.

    Este ano contarase con actividades complementarias como una Ruta Cabalar que terá lugar o sábado 28 de setembro ás 17:00h e que percorrerá os municipios da Guarda, O Rosal e Oia con chourizada para os participantes ao remate. As inscricións para a Ruta Cabalar están abertas a un prezo simbólico de 5€ en www.multisportdacosta.com ou no teléfono 627 419 528.

    Tamén contarase este ano cunha novidade, a representación teatral de "O veleno, ¿So ou con leite" a cargo do grupo oiense "Os Melhores do Ghrupo", que terá lugar o domingo 29 de setembro ás 19:00h na esplanada do Mosteiro de Oia.

    Ampliar contenido
  • Este xoves pecha o período de propostas para o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño

    Fecha desde el 12 de Septiembre de 2019
    hasta el 31 de Octubre de 2019

    Os proxectos, con interese compartido, poden ser presentadas até o día 31 de outubro

    Seguindo co compromiso de ambos concellos a prol dun territorio común sustentable, a Eurocidade Cerveira-Tomiño laza a 4ª edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

    As propostas con interese compartido poden ser presentadas ata o 31 de outubro. Dotado con 20.000 euros, o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño é unha das prioridades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do río Miño.

    As tres edicións anteriores corroboran a excelente dinámica das poboacións de ambos os dous concellos veciños en aproveitar o intercambio e colaboración existente noutras áreas de interese común, a través da realización de accións e actividades con implicacións positivas na melloría da calidade de vida.

    Desta forma, a partir do 10 de setembro, está aberto o proceso para a presentación de propostas ao OPT Cerveira-Tomiño 2020, unha fase de recepción de iniciativas que se prolongará ata o vindeiro 31 de outubro. Poden participar persoas individuais ou colectivas con domicilio social ou fiscal en Vila Nova de Cerveira ou Tomiño, debendo cada proposta ter un propoñente de cada concello. Haberá dous proxectos vencedores, dotados con 10.000 euros cada un, polo que no período de votación a poboación deberá seleccionar obrigatoriamente dous proxectos.

    Todo o proceso de candidatura e votación pode seguirse a través da páxina web.

    O OPT é un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea. A Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño promove igualmente iniciativas como a valedora transfronteiriza e accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.
    Ampliar contenido
  • Apertura do prazo de inscrición das Deporte Escolas 2019-2020 da Deputación de Pontevedra

    Fecha desde el 13 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    Máis información na OMIX do Concello da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    "Deporte Escolas" é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

     

    Formalización da inscrición

    A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

    Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

    Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. (por exemplo ORAL)

    Prazo de presentación de solicitudes

    Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

    • 1.oprazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019
    • 2.oprazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020

    Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na seguinte páxina web https://www.depo.gal/deporte-escolas

    Modalidades Deporte Escolas na Guarda

     

    • Baloncesto - no IES A Sangriña - os mércores de 16:00h a 18:00h.

     

    • Patinaxe - no Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde

          Luns, de 17:00h a 18:00h (nados no 2009 ao 2014)
          Luns, de 18:00h a 19:00h (nados no 2003 ao 2008)

     

    • Atletismo - No Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde - os venres de 16:30h a 18:00h.

     

    Máis información na OMIX do Concello da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

     

    Ampliar contenido
  • Joana Vasconcelos e os grandes nomes da POP ART juntos no Museu Bienal de Cerveira

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 19 de Octubre de 2019

    Joana Vasconcelos, Andy Warhol, Steve Kaufman e Keith Haring, são alguns dos artistas representados nesta mostra que está a surpreender o público.

    Promovendo uma aproximação ao universo de um dos movimentos artísticos mais importantes da história da Arte, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira (FBAC) promove, em colaboração com a Fundación Cum Laude, uma exposição dedicada à POP ART. Joana Vasconcelos, Andy Warhol, Steve Kaufman e Keith Haring, são alguns dos artistas representados nesta mostra que está a surpreender o público.

    A exposição "PURE POP ART" apresenta no Museu Bienal de Cerveira, até 19 de outubro, a obra gráfica de alguns dos artistas mais representativos e icónicos da POP ART, movimento surgido na década de 1950 em Londres (Inglaterra) que alcançou a sua maturidade em Nova York (Estados Unidos da América) nos anos 60. Joana Vasconcelos é a artista em destaque, tendo sido convidada pelo diretor artístico da FBAC, Cabral Pinto, a integrar esta mostra. Junta-se, assim, a nomes bem conhecidos do público como Andy Warhol, Steve Kaufman, Keith Haring, Robert Indiana, Roy Lichtenstein, Pietro Psaier, Mel Ramos e Robert Rauschenberg.
    "Trata-se de uma coleção privada de arte gráfica da empresa MBA Grupo Incorporado que é apresentada pela primeira vez em Portugal, sendo para nós uma honra expor no Museu Bienal de Cerveira estes grandes nomes intemporais da POP ART e esta que é uma das artistas mais conceituadas do país, a Joana Vasconcelos" afirma o presidente da FBAC, Fernando Nogueira.
    A exposição convida os visitantes a embarcar numa divertida viagem a uma era que, apesar da passagem do tempo, continua bem presente nos dias de hoje. Segundo a curadora da exposição, Ángeles Rodríguez Baliño: "Apresentar esta coleção da POP ART em Vila Nova de Cerveira é um desafio e uma responsabilidade. Uni-la a uma obra de Joana Vasconcelos é certificar que este movimento intemporal está mais vivo do que nunca". As serigrafias, os cartazes e as instalações representam ícones populares da época que o visitante vai reconhecer. A partir de mais de 120 obras, a mostra apresenta "um toque nostálgico à memória de Marilyn e James Dean, com uma profunda admiração ao trabalho de Warhol, a curiosidade da figura de Pietro Psaier e a responsabilidade social de Steve Kaufman, a exuberância de Keith Haring, o excelente trabalho de Mel Ramos, a inovação de Rauchsenberg e uma pequena menção a Robert Indiana", acrescenta.
    A exposição conta ainda com dois vídeos cedidos pelo museu nacional de arte moderna do Reino Unido sediado em Londres, "Tate Gallery". Recorde-se que a POP ART é um movimento que liga a arte à produção em massa, a popularidade com a vanguarda e que desenvolveu um novo conceito artístico ao relacionar-se intimamente com a sociedade de consumo.

     


    Horário:
    terça a sexta-feira: 15h00-19h00
    sábados e feriados: 11h00-13h00; 15h00-19h00

    Ampliar contenido
  • Este luns pecha o prazo de inscrición para un curso de risoterapia en Loureza

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    As persoas interesadas poderanse inscribir no Concello de Oia ata o próximo 30 de setembro

    Oia acollerá un curso de risoterapia que se celebrará os luns pola tarde a partir do 7 de outubro na Abadía de Loureza. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.

    A actividade desenvolverase os luns entre o 7 de outubro e o 30 de decembro, en horario de 17.00 a 19.30 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir no Concello de Oia ata o próximo 30 de setembro (tel. 639.32.94.93). O curso terá un prezo de 6 euros por persoa.

    A actividade de risoterapia está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais do Baixo Miño e enmárcase dentro da iniciativa Conectadas da Deputación de Pontevedra. Colabora tamén o Concello de Oia.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Oia organiza un obradoiro de autoestima e empoderamento feminino

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    Desenvolverase os martes entre o 1 de outubro e o 17 de decembro en Torroña e Loureza

    O Concello de Oia organiza un obradoiro de empoderamento feminino, unha iniciativa que comezará o próximo mes de outubro co obxectivo de favorecer o autocoñecemento e autoanálise das mulleres, a mellora da súa autoestima e o fomento da súa motivación.

    Este obradoiro desenvolverá un total de 12 sesións, a celebrar nos lugares de Torroña e Loureza. Desenvolverase os martes entre o 1 de outubro e o 17 de decembro en horario de tarde (de 16.00 a 17.15h. nas Escolas de Torroña e de 17.45 a 19.00h. na Abadía de Loureza).

    O programa incluirá contidos como a análise e reflexión arredor da imaxe que cada muller ten de si mesma, tanto no físico como no emocional; a definición de metas persoais e a identificación de barreiras que limitan ou condicionan esas metas.

    Tamén abordará a independencia na toma de decisións, a comunicación asertiva e a empatía, o autocoidado físico para o benestar emocional, a procura de espazo e tempo para unha mesma e os beneficios do empoderamento feminino.


    Actividade gratuíta

    Esta iniciativa desenvolverase de xeito gratuíto, organizada polo Concello de Oia e co financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

    As mulleres interesadas en asistir a este obradoiro poderán inscribirse no rexistro do Concello (teléfono 986.36.21.25) ata o 29 de setembro. As prazas son limitadas.

    Ampliar contenido
  • Convocado un proceso para a formación dunha lista de reserva de prazas de administrativo en Tui

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 08 de Octubre de 2019

    As persoas que desexen participar teñen até o 8 de outubro para presentar as súas solicitudes

    Até o 8 de outubro pódense presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo convocado polo Concello de Tui.

    O anuncio da convocatoria deste proceso selectivo ven hoxe publicado no BOPPO e iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.

    As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deben estar en posesión do título de Bacharel, técnico ou equivalente. Deben ingresar na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame que ascende a 7,75€.

    O proceso selectivo contará dunha fase de oposición na que os aspirante deberán realizar un primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistente en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa anexo á convocatoria . Haberá un segundo exercicio, obrigatorio e eliminatorio, de carácter práctico que consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos de carácter procedemental e administrativo. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o tribunal. Haberá un terceiro exercicio sobre coñecemento do idioma galego, que os e as aspirantes en posesión do CELGA IV non estará obrigados a realizar.  Na segunda fase de concurso teranse en conta os méritos presentados polas persoas aspirantes relativos a formación académica, formación específica na que se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo ao que se aspira, incluídos os cursos de coñecemento do idioma galego, e a experiencia profesional.

    As bases completas desta convocatoria pódense consultar na web municipal tui.gal onde está dispoñible o impreso de solicitude.

    Ampliar contenido
  • O programa Reactívate de Tomiño arranca con máis dunha ducia de actividades de envellecemento activo

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Octubre de 2019

    Dirixido a maiores de 60 anos, as persoas interesadas xa poden anotarse nas oficinas de Rexistro do Concello.

    Mellorar a calidade de vida das persoas maiores con actividades que favorezan a participación social e o mantemento de facultades físicas e psíquicas. Ese é o obxectivo do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño con máis dunha ducia de actividades dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse xa de forma presencial nas oficinas de Rexistro do Concello de Tomiño.

    Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade da vila, ofrecendo "un completo plan de actividades que lles resulten de interese e útiles para a súa vida cotiá. O obxectivo destes obradoiros, cursos, saídas e actividades é axudarlles a seguir en activo, animalos a saír do seu fogar, a manter a súa autonomía persoal e a relacionarse con máis xente tanto da súa idade como máis nova", explica a concelleira de Benestar, Educación e Igualdade, Cristina Martínez, que anima a todas e todos os maiores do municipio a participar no programa.

    Máis dunha ducia de actividades impartidas por expertos coas que favorecer a estimulación cognitiva ou a mobilidade, manter o ton físico e cognitivo, diminuír o risco de padecer enfermidades... pero tamén coas que achegar aos maiores de Tomiño a outro tipo de actividades menos habituais entre as persoas con máis de 60 anos.

    As persoas interesadas en participar neste programa poderán desfrutar de actividades como risoterapia, informática, ximnasia e pilates, accións para a promoción da saúde ou manualidades, ademais de actividades coa comunidade, un club de lectura, un cinefórum ou roteiros saudables. Xunto con estas nove actividades tamén están programados catro obradoiros de expresión corporal, memoria, escritura creativa e xogos da nosa vida.

    As actividades comezarán o vindeiro 1 de outubro e desenvolveranse martes e venres en horario de mañá no Centro Vontade. Terán un custe de 15 euros mensuais. Para recibir máis información ou realizar a solicitude de inscrición as e os interesados poden dirixirse ao Concello ou chamar ao teléfono 986 622 001 entre as 08.00 e as 15.00 horas.
    Ampliar contenido
  • A Guarda conmemora o Día Mundial do Turismo cunha visita nocturna polo casco urbano

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2019
    hasta el 28 de Septiembre de 2019

    A cita terá lugar o vindeiro sábado día 28 de setembro e a visita guiada sairá ás 23:00h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    O Concello da Guarda organiza con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda.

    Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.

    A cita terá lugar o vindeiro sábado día 28 de setembro e a visita guiada sairá ás 23:00h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda.
    Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

    Ampliar contenido
  • Apertura de inscricións para as Andainas de Outono na Guarda

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    Inscricións e información na Concellería de Deportes do Concello da Guarda ou a través do correo electrónico deportes@aguarda.es

    O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este outono, no que se inclúen un total de 3 novas andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

    Andaina 1: Senda da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)
    17,3km
    Ruta PR-G
    ruta circular
    Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña
    Dificultade media

    Ruta situada arredor do Río Barragán cun gran interese natural (bosque autóctono), etnográfico (muíños, pontes...) e histórico (restos dun asentamento)

    Andaina 2: Nossa Senhora do Minho (Caminha)
    12km
    ruta circular
    Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña

    Ruta iniciada no santuario de Nossa Senhora do Minho, que goza dunha espectacular vista panorámica de 360º. Dende aí desprazarémonos ao longo da Serra D'Arga, espazo de gran riqueza natural pertencente á rede Natura 2000 e que permite contemplar o mar, os ríos Miño e Lima e diversas vilas e cidades galegas e portuguesas

    Andaina 3: Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar)
    12km
    ruta circular
    Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña
    Dificultade baixa

    Percorrido polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque.

    O prazo de inscrición para as citadas andainas está aberto do 18 de setembro ata o 30 de setembro, con preferencia para as persoas que se inscriban ás 3 andainas.

    Inscricións e información na Concellería de Deportes do Concello da Guarda ou a través do correo electrónico deportes@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Empieza el curso con energía en el Centro Deportivo Baixo Miño de A Guarda

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 17 de Octubre de 2019

    Infórmate de nuestras novedades en el 986 910 408 663 374 895

    El Centro Deportivo Baixo Miño de A Guarda te invita a empezar el curso con energía con nuevas propuestas deportivas:

    Masaje

    Presoterapia

    Judo adultos e infantil

    Zumba adultos e infantil

    Pilates

    Interval trainning + steptono

    Hip Hop Infantil - Juvenil

    Training infantil

    Jazz Dance-Fusión  Infantil - Juvenil

    Infórmate en:

    Centro Deportivo Baixo Miño

    Baixada á Praia - A Guarda

    986 910 408

    663 374 895

     

    Ampliar contenido
  • Comienza el nuevo curso con Danza Moderna - Estilo fusión en el Centro Do-Majo de A Guarda

    Fecha desde el 26 de Septiembre de 2019
    hasta el 17 de Octubre de 2019

    Infórmate sin compromiso en el 986 61 1604, primera sesión gratuíta!

    DANZA MODERNA - ESTILO FUSION

    COMIENZO NUEVO CURSO

    El Centro DO-MAJO de A Guarda, inicia en octubre el nuevo curso 2019-2020 de DANZA MODERNA - ESTILO FUSION para niños y niñas a partir de 5 años.
    El baile moderno es uno de los estilos más populares de hoy en día, es de las únicas disciplinas que no se encasilla en una música específica, se suele utilizar desde britney spears, Michael jackson...hasta música más melódica.
    El baile moderno es una forma de expresar y liberar nuestros sentimientos y estados de ánimo a través de la música y la utilización del espacio. Desarrolla la coordinación, lateralidad y el ritmo. La complejidad de los pasos es variable y se planifica de acuerdo a la edad y capacidad del alumno.

    ¡! INFORMATE SIN COMPROMISO! ¡
    1 SESION GRATUITA ¡!!
    c/ Manuel Álvarez, nº 8 A GUARDA Teléfono 986611604

    Ampliar contenido
  • O Concello de Oia oferta un curso de baile galego como actividade extraescolar gratuíta

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2019
    hasta el 04 de Octubre de 2019

    As inscricións deberán facerse no rexistro do Concello ata o 4 de outubro.

    O Concello de Oia organiza un curso gratuíto de baile galego como actividade extraescolar durante o presente ano académico. As clases comezarán o próximo 9 de outubro e van dirixidas a nenos e nenas entre 4 e 12 anos.

    O curso desenvolveranse no CEIP Refoxos os mércores de outubro a xuño de 16.15 a 17.15 horas. As prazas son limitadas e cómpre inscribirse previamente.

    As inscricións deberán facerse no rexistro do Concello ata o 4 de outubro. As persoas interesadas poderán informarse nos números de teléfono do Concello 986.36.21.25 e 639.32.94.93.

    Ampliar contenido
  • A visita nocturna ao casco urbano e a 15k do Atlántico centran a programación para esta fin de semana na Guarda

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades entre as que destacan a celebración dunha visita nocturna ao caso urbano e a celebración da 15k do atlántico.

    Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades entre as que destacan a celebración dunha visita nocturna ao caso urbano e a celebración da 15k do atlántico.


    VENRES 27


    Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

    SÁBADO 28

    O Concello da Guarda organiza este sábado con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda.

    Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.

    A visita guiada sairá ás 23:00h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda.
    Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

    Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.


    DOMINGO 29


    Este domingo día 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira, que contará nesta edición cun total de 555 participantes.

     

    A Carreira partirá como cada ano ás 11:00h dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta. A andaina sairá ás 10:00h e a ruta a patíns ás 10:30h.

    Ampliar contenido
  • Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    Sábado 28 e domingo 29 de setembro nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui

    Baixo a organización da Federación Galega de Motonáutica e a Real Federación Española de Motonáutica, co apoio do Concello de Tui, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Club Náutico San Telmo, os días 28 e 29 de setembro terá lugar en Tui o Campionato de España de Circuito Radiocontrol Térmico.
    Ampliar contenido
  • Xornada de Portas Abertas este sábado no Circuito de BTT Pódium Team

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2019
    hasta el 28 de Septiembre de 2019

    Sábado 28 de setembro ás 15:00h en Couselo - O Rosal

    O Club deportivo Pódium Team do Rosal organiza este sábado día 28 de setembro unha xornada de portas abertas no seu novo circuito de BTT, ubicado ao carón das viñas de Couselo, no termo municipal do Rosal.

    Haberá sorteo de agasallos,  pinchos para os participantes, música e diversión, nunha actividade gratuita nun circuito pechado e apto para todos os públicos.

    Máis información no 670 656 962

    Ampliar contenido
  • O Paseo Fluvial de Tui acolle o I Tui Beer Fest, Festival da Cerverxa Artesá e Foodtruck

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2019
    hasta el 29 de Septiembre de 2019

    Poderanse degustar 50 tipos de cervexa e outros produtos gastronómicos. Haberá actividades infantís e concertos.

    O Paseo Fluvial de Tui acolle dende mañá venres, 27 de setembro, ata este domingo, 29 de setembro, o  I Tui Beer Fest, o Festival da Cervexa Artesá e Foodtruck organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e polo presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro.

    Con este evento os organizadores buscan dar a coñecer a cervexa elaborada de xeito artesanal ao tempo que profundar na cultura desta bebida. No Tui Beer Fest combinarase este produto coa gastronomía e unha ampla programación paralela.

    Enrique Cabaleiro, o alcalde de Tui, indicou que na programación que se realiza en Tui faltaba un evento deste tipo, non baseado no consumo, senón na cultura da cervexa de fabricación artesá. Un festival que atopa en Tui, dicía o rexedor, a situación idónea por ser un enclave natural e patrimonial, e por ser unha cidade punteira en Turismo, e porta de entrada do Camiño Portugués de Santiago.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destacou o emprazamento onde se vai celebrar esta festa, o Paseo Fluvial, que brindará un espazo axeitado para o seu desenvolvemento, cunha ampla zona de lecer e onde se poderá disfrutar tanto da paisaxe coma da cervexa.

    Esteban Lourido, o presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, salientou na súa intervención a importancia que ten para os cervexeiros artesáns este tipo de eventos que lles permite a venda directa dos seus produtos e ao tempo son a plataforma perfecta para dalos a coñecer. Indicou tamén que dende a Asociación, que organiza este tipo de festivais, é importante achegarse ata Tui pola súa poboación e situación estratéxica.  O desta fin de semana explicaba que será un evento de carácter familiar onde se maridará a cervexa con gastronomía, música, actividades infantís... Entre as cervexas que se poderán degustar indicou que haberá cervexa con castaña, con mel, con chile ou con licor café.

    Durante estes tres días nos postos situados no Paseo Fluvial poderanse degustar, dende 2€,  preto de 50 tipos de cervexa artesás elaboradas por Menduíña de Cangas, Skynet de Ourense, The One Beer de Madrid/Sanxenxo, Castreña de Ponferrada, O Corvo de Vila Nova de Arousa, Go! de Madrid e Belecker de León.   As food trucks participantes ofrecerán hamburguesas, comida alemá e mexicana e filloas.

    Entre as actividades previstas haberá un espazo dedicado a xogos populares de madeira coma a ra, a pica, o peixe, a chave, o aro... e tamén están previstos distintos obradoiros infantís.  A música estará presente na sesión "Beer-Mú" e cos concertos que ofrecerán os grupos Losto Kinski, Esquecidos e Los Pontiaks. Na xornada do domingo elixirase a mellor cervexa, a mellor etiqueta e o mellor food truck presente no festival.

    Programación I Tui Beer Fest

    Venres

    • Ás 18.00 h inauguración do festival
    • Ás 18.30 h Apertura da zona de xogos populares
    • Ás 19.00 h Actuación dun dj
    • Ás 21.00 h Concerto do grupo Losto Kinski
    • Ás 00.00 h Peche

    Sábado

    • Ás 12.00 h Apertura dos postos
    • ÁS 12.30 h Apertura da zona de xogos populares
    • Ás 13.00 h Sesión "Beer-Mú"
    • Ás 19.00 h Obradoiro para nenos e nenas "Pintacaras"
    • Ás 22.00 h Concerto do grupo tudense Esquecidos
    • Ás 01.00 h Peche do festival

    Domingo

    • Ás 12.00 h Apertura dos postos
    • ÁS 12.30 h Apertura da zona de xogos populares
    • Ás 13.30 h Sesión "Beer-Mú" co grupo Rona
    • Ás 20.30 h Concerto do grupo Los Pontiaks
    • Ás 22.30 h Concurso á mellor etiqueta do festival
    • Ás 22.35 h Concurso á mellor cervexa do festival
    • Ás 22.40 h Concurso á mellor food truck do festival
    • Ás 23.00 h Entrega de premios aos cervexeiros
    • Ás 23.00 h Clausura do festival
    Ampliar contenido
  • Últimas prazas para os cursos de informática na Aula CeMIT da Guarda

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2019
    hasta el 11 de Octubre de 2019

    As inscricións continúan abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    A Aula CeMIT da Guarda informa das últimas prazas vacantes na programación de novos cursos de informática de balde para nenos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. As prazas ofertadas para adultos xa están todas cubertas ata fin de ano.

    As inscricións continúan abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    Quedan prazas libres para os seguintes cursos:
    • Informática nen@s(7-10 anos) os martes de 18:00h a 19:00h
    • Informática nen@s(10-13 anos) os venres de 17:30h a 19:00h
    • Libreoffice - Impress os xoves de 17:00h a 18:00h
    • Libreoffice - Calc os xoves de 18:00h a 19:00h
    • Mecanografía e Libreoffice os martes de 11:00h a 12:00h ou de 16:30h a 17:30h
    • Correo electrónico os martes de 12:00h a 13:00h
    • Redes sociais para maiores os venres de 12:00h a 13:00h

    Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.


    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros -Cultiva a Mente- que poñen en marcha o Concello de Tui e AFAGA

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2019
    hasta el 19 de Octubre de 2019

    Celebraranse, con carácter gratuíto, en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

    O Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, poñen en marcha os obradoiros gratuítos "Cultiva a mente" en seis parroquias tudenses. Celebraranse de outubro a xuño nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

    As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

    Os obradoiros celebraranse os martes de 10 a 11.30 h en Caldelas e de 12 a 13.30 h en Guillarei. Os mércores terán lugar de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis e de 12 a 13.30 h en Areas, e por último os xoves de 10 a 11.30 h en Rebordáns e de 12 a 13.30 h en Ribadelouro.

    As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui, no correo electrónico aux.ssociais@tui.gal, ou no teléfono 986 60 36 25 ext. 54. Poden elixir o horario que mellor se axuste as súas preferencias independentemente do seu lugar de residencia.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido