Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa Reactívate de Tomiño arranca con máis dunha ducia de actividades de envellecemento activo

Dirixido a maiores de 60 anos, as persoas interesadas xa poden anotarse nas oficinas de Rexistro do Concello.

Dirixido a maiores de 60 anos, as persoas interesadas xa poden anotarse nas oficinas de Rexistro do Concello.

Fecha: 26 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Mellorar a calidade de vida das persoas maiores con actividades que favorezan a participación social e o mantemento de facultades físicas e psíquicas. Ese é o obxectivo do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño con máis dunha ducia de actividades dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse xa de forma presencial nas oficinas de Rexistro do Concello de Tomiño.

Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade da vila, ofrecendo "un completo plan de actividades que lles resulten de interese e útiles para a súa vida cotiá. O obxectivo destes obradoiros, cursos, saídas e actividades é axudarlles a seguir en activo, animalos a saír do seu fogar, a manter a súa autonomía persoal e a relacionarse con máis xente tanto da súa idade como máis nova", explica a concelleira de Benestar, Educación e Igualdade, Cristina Martínez, que anima a todas e todos os maiores do municipio a participar no programa.

Máis dunha ducia de actividades impartidas por expertos coas que favorecer a estimulación cognitiva ou a mobilidade, manter o ton físico e cognitivo, diminuír o risco de padecer enfermidades... pero tamén coas que achegar aos maiores de Tomiño a outro tipo de actividades menos habituais entre as persoas con máis de 60 anos.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán desfrutar de actividades como risoterapia, informática, ximnasia e pilates, accións para a promoción da saúde ou manualidades, ademais de actividades coa comunidade, un club de lectura, un cinefórum ou roteiros saudables. Xunto con estas nove actividades tamén están programados catro obradoiros de expresión corporal, memoria, escritura creativa e xogos da nosa vida.

As actividades comezarán o vindeiro 1 de outubro e desenvolveranse martes e venres en horario de mañá no Centro Vontade. Terán un custe de 15 euros mensuais. Para recibir máis información ou realizar a solicitude de inscrición as e os interesados poden dirixirse ao Concello ou chamar ao teléfono 986 622 001 entre as 08.00 e as 15.00 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones