Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Parque Aquático de Cerveira ja abriu as portas

    Fecha desde el 14 de Junio de 2019
    hasta el 27 de Septiembre de 2019

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de junho e finais de setembro

    Com o aproximar de mais uma época balnear, já é conhecida a data de abertura ao público do Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira: 14 de junho. É a contagem decrescente para aliar bons momentos familiares a um ambiente de sol e de beleza natural.

    Vizinho do Aquamuseu e a confrontar com o rio Minho, este parque temático incorpora uma componente lúdico-pedagógica singular, com diversões associadas ao troço internacional de água, com réplicas de canais, comportas, barragens, jatos e repuxos de água.

    De acesso gratuito, o Parque Aquático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de junho e finais de setembro, de terça-feira a domingo, entre as 10h00 e as 12h30 e as 14h00 e as 19h30. O encerramento acontece todas as segundas-feiras para manutenção.
    Ampliar contenido
  • Novo horario de verán no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

    Fecha desde el 22 de Junio de 2019
    hasta el 15 de Septiembre de 2019

    O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

    O Concello da Guarda informa da modificación dos horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de verán ata o 15 setembro.
    O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

    Museo do Mar
    O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
    Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" e "Tesouros vivos".

    Centro de Interpretación
    O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.

    Tasas de acceso:
    •1 € adulto
    •0,50 € menores de 14 anos
    •Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).

    Ampliar contenido
  • Visitas guiadas ao Monte Santa Trega da Guarda en xullo, agosto e setembro

    Fecha desde el 02 de Julio de 2019
    hasta el 28 de Septiembre de 2019

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

    As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
    Ampliar contenido
  • A Guarda oferta este verán visitas guiadas polo casco urbano

    Fecha desde el 16 de Julio de 2019
    hasta el 16 de Septiembre de 2019

    As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

    As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

    Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular           no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".

    A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

     

    Horarios da Rede de Museos

    A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

    • MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
    • Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
    • Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.
    Ampliar contenido
  • O patrimonio do casco urbano da Guarda dáse a coñecer con visitas guiadas

    Fecha desde el 24 de Julio de 2019
    hasta el 15 de Septiembre de 2019

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

    As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a Visita singular no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".

    Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.

    A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.

     

    Horarios da Rede de Museos

    A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

    • MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
    • Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
    • Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
    • Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.
    Ampliar contenido
  • Artista romeno apresenta ?Sacrifício- na Factory VNC até 15 de setembro

    Fecha desde el 03 de Agosto de 2019
    hasta el 15 de Septiembre de 2019

    No total são apresentadas 11 esculturas de grandes dimensões que têm como denominador comum a utilização de madeira como matéria-prima.

    "Sacrifício" é o nome da exposição que leva até Vila Nova de Cerveira um dos mais importantes escultores romenos contemporâneos, Mircea Roman. A mostra, que resulta de uma parceria entre a Fundação Bienal de Arte de Cerveira e o Instituto Cultural Romeno em Lisboa, encontra-se patente até 15 de setembro na Factory VNC (antigo edifício dos Bombeiros Voluntários).

    No total são apresentadas 11 esculturas de grandes dimensões que têm como denominador comum a utilização de madeira como matéria-prima. "A escultura de Mircea Roman é de grande expressividade, com meios simples: pedaços de madeira, por vezes pintados a púrpura, por vezes raiados onde a forma e conteúdo são fragmentação do corpo e se tornam expressão dramática da alma", explica o diretor artístico da FBAC, Cabral Pinto.
    Sobre as obras de Mircea Roman, o crítico de arte Richard Demarco descreve-as como: "eminentemente atemporais e livres da heresia do pós-modernismo e das táticas chocantes de demasiados artistas contemporâneos que se deixam ser facilmente influenciados pelos movimentos artísticos da moda. Olhem atentamente para as esculturas de Mircea Roman e irão descobrir o seu amor pelo esculpir e pintar na madeira, através do milenário estilo tradicional da arte romena".
    Licenciado na Academia de Belas Artes "Ion Andreescu" de Cluj, em 1984, o escultor romeno venceu, em 1992, o Grande Prémio de Escultura da Trienal de Osaka, o mais prestigioso deste tipo no mundo inteiro. No ano seguinte, recebe uma bolsa de estudo da Delfina Studio, que, por 14 anos o fez viver e trabalhar em Londres (onde lhe foi colocado um trabalho monumental, O Homem-barco, nas margens do Tamisa). Mircea Roman representou a Roménia na Bienal de Veneza (1995) no âmbito de uma exposição coletiva, teve exposições individuais em Bucareste, Londres (Centre Point Gallery ACAVA - 1998, Riverside Studios - 2000, Meunier - 2002 etc.) e suas obras encontram-se em prestigiadas coleções públicas e privadas na Europa, América e Ásia.


    Datas da exposição: 3 de agosto a 15 de setembro

    Horário: segunda a sexta-feira, domingos e feriados: 15h00 - 19h00
    sábados: 11h00-13h00 | 15h00-19h00

    Ampliar contenido
  • Orpagu y Terras Gauda unen el mar y el vino en una iniciativa turística pionera

    Fecha desde el 23 de Agosto de 2019
    hasta el 06 de Septiembre de 2019

    -Del Mar a la Viña-, que tendrá lugar los dos últimos viernes de agosto y el primero de septiembre en el Baixo Miño, aúna la experiencia enoturística con la historia de la localidad y las conservas artesanales de los palangreros guardeses.

    De la alianza de la Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu) y Bodegas Terras Gauda ha nacido una iniciativa turística pionera en el Baixo Miño: "Del Mar a la Viña". El evento, que se celebrará los viernes 23 y 30 de agosto y 6 de septiembre, conjuga la experiencia enoturística con una travesía marítima fluvial, en la que los participantes no sólo disfrutarán de la belleza de los paisajes sino que aprenderán algo más sobre la historia de esta zona fronteriza y de sus gentes, tan vinculadas al mundo del mar.

    El auge del turismo enológico, la belleza del entorno y la importancia de dar a conocer la historia de la zona impulsaron a Orpagu y Bodegas Terras Gauda a poner en marcha esta iniciativa. "Del Mar a la Viña" consiste en un recorrido por mar, río y viñedos que permitirá a los visitantes impregnarse de la cultura de esta zona, a la que define su cercanía con Portugal, la espectacularidad del Monte Santa Tegra y los vestigios de los poblados celtas, entre otros muchos atractivos. El paseo entre viñedos y la travesía en barco culminarán con una degustación de vinos y conservas gourmet de pez espada y atún, elaboradas de forma artesanal con los productos obtenidos por los pescadores de Orpagu.

    El punto de partida de "Del Mar a la Viña" en cada uno de los tres días de su celebración será la Enotienda de Bodegas Terras Gauda, desde donde los participantes saldrán hacia el puerto de A Guarda. Allí esperan dos embarcaciones para iniciar el recorrido por mar. Del Atlántico al Miño, río arriba hasta Goián. Y desde ahí, tras la experiencia visual, retorno a la bodega para satisfacer el olfato y el paladar.


    En Terras Gauda se procederá a una cata con tres vinos de la casa -Abadía de San Campio, Terras Gauda y La Mar- y a un delicioso aperitivo que protagonizarán las Conservas Gourmet de Orpagu.


    Para obtener más información e inscribirse en el evento, ya que el aforo es limitado, lo pueden hacer desde la página web de Terras Gauda, en la siguiente dirección https://terrasgauda.com/enoturismo/experiencias/del-mar-a-la-vina/

    Ampliar contenido
  • A Festa das Solhas regresa a Lanhelas do 30 de agosto ao 1 de setembro

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    A freguesía caminhense de Lanhelas acolle do 30 de agosto ao 1 de setembro este evento gastronómico

    Do 30 de agosto ao 1 de setembro de 2019 a freguesía caminhense de Lanhelas acolle unha nova edición da Festa das Solhas, un evento gastronómico que xira entorno a este prezado manxar do Río Miño.

    O evento congrega, ademáis da oferta gastronómica, numerosas actuacións musicais e espectáculos de fogos de artificio.

    Ampliar contenido
  • Nova programación gratuíta na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2019
    hasta el 21 de Septiembre de 2019

    As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática de balde para todas as idades para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro.

    Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, para facer os grupos e o reparto de horarios.

    As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

    Ata fin de ano ofértanse un total de 9 cursos que se realizarán en función da demanda de prazas para os mesmos, destacando o de Informática para nen@s, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica ou o de informática para adultos.

    Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.


    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Nova oferta formativa de Érguete Baixo Miño

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2019
    hasta el 05 de Septiembre de 2019

    Curso de Plantas mediciñais, risoterapia e comunicación

    Curso de "PLANTAS MEDICINAIS"

    O martes día 3 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Depo en Marcha" da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de "Prantas Medicinais".
    Este curso está encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas, preferentemete persoas maiores de 50 anos, optimizando as oportunidades de saúde e de participación. Como obxectivos do curso destacamos :
    ? Promover un espazo de encontro e de intercambio de experiencias.
    ? Mellorar as relacións sociais, a participación e a cooperación.
    ? Coñecer e diferenciar os tipos de prantas con capacidades terapeúticas.
    ? Coñecer as ferramentas básicas para o desenvolvemento da actividade e as orixes destas técnicas e procesos.
    ? Coñecer e aplicar as técnicas de semente, coidado, recolección e tratamento das prantas medicinais.

    A duración do curso é de 30 horas, que se impartirán todos os martes dende o 3 de septembro ata o 10 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 h.
    O custe do curso é de 6 €


    Para máis información:
    Asociación Érguete Baixo Miño
    r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
    Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org


     

    Curso de "Comunicación efectiva; técnicas para falar en público"

    O mércores 4 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, comeza un novo Curso de "Comunicación efectiva; técnicas para falar en público".
    Como obxectivos do curso destacamos :
    ? Mellorar habilidades de comunicación verbal e non verbal en mozos/as ata os 35 anos
    ? Mellorar aptitudes de cara a unha mellor empleabilidade deste colectivo
    ? Facilitar un espazo de entrenamento e mellora de ditas habilidades
    ? Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.
    .

    A duración do curso é de 20 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 4 ata o 25 de septembro, en horario de 16:30 a 20:30.

    Inscríbete xa!!

    Para máis información:
    Asociación Érguete Baixo Miño
    r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
    Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org




    Curso de "RISOTERAPIA"

    O xoves 5 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa "Conectadas 2019" da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de "Risoterapia".
    Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos :
    ? Coñecer as posibilidades que ofrece a risa como ferramenta de intervención lúdica e terapeútica.
    ? Traballar as emocións.
    ? Mellorar o estado físico e anímico do corpo e a mente e previr o malestar físico.
    ? Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.
    ? Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

    A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os xoves dende o 5 de setembro ata o 12 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30.

    Inscríbete xa!!

    Para máis información:
    Asociación Érguete Baixo Miño
    r/Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
    Tlfno.: 986 614 407 / e-mail info@erguete.org

     

     

    Ampliar contenido
  • Inscricións abertas para o Curso de -Coidados, Depencencia II- na Guarda

    Fecha desde el 21 de Agosto de 2019
    hasta el 17 de Septiembre de 2019

    Inscricións e información no 699 39 35 43 / 986 61 17 71

    "COIDADOS,
    DEPENDENCIA II"

    18 de Septembro ó 4 de Decembro
    Mércores de 16.00h - 19.00h

    Prezo: 6 €

    Lugar: Casa de Acollida da Fundación "Las Samaritanas"
    Rúa da Capela nº14,A Gándara, A Guarda
    +INFO: 699 39 35 43 / 986 61 17 71
    Ampliar contenido
  • A Guarda acolle unha nova edición da Festa Castrexa

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    Este ano terá lugar o domingo 1 de setembro na Alameda da Guarda cunha ampla programación de actividades

    A Asociación Veciñal das parroquias da Guarda organiza a IV edición da Festa Castrexa en colaboración co Concello da Guarda e a Deputaicón de Pontevedra.
     
    Este ano a Festa Castrexa terá lugar o domingo 1 de setembro na Alameda da Guarda contando coa seguinte programación:
     
    11:00h - Comezo da Festa na Alameda con música, obradoiros, postos de artesanía e saída da Andaina polo Monte Trega.
     
    13:00h - Xantar e música con grupos de gaitas da localidade
     
    Haberá postos de comida con churrasco, polbo, carne ó caldeiro, empanadas, mexillóns, chourizos, zorza, etc.
     
    15:30h -  Comezo da exhibición de escultor con motoserra e xogos populares para nenos e máis actividades.
     
    18:00h Concerto Folk
     
    Máis actividades e información próximamente.
     
    Ampliar contenido
  • Programación das Festas da Virxe da Guía 2019 na Guarda

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 08 de Septiembre de 2019

    1, 6, 7 e 8 de setembro no barrio da Guía na Guarda

    O barrio da Guía da Guarda acolle os días 1, 6, 7 e 8 de setembro de 2019 as Festas na honra da Virxe da Guía.

    Carreiras Pedestres

    A programación de actividades arranca o 1 de setembro ás 19:00h coa Carreira Pedestre, inscricións en asociaciónfestasdaguia@gmail.com ou o mesmo día ata as 18:30h.

    Actos relixiosos

    O mércores 28 de agosto ás 12:00h unha salva de bombas anunciará o comezo dos festexos e ás 19:30h novena e a continuación misa.

    O domingo 8 de setmebro ás 10:00h unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande das festas, ás 11:30h misa solemne cantada  polo coro parroquial e a continuación procesión  polas rúas do barrio.

    O luns 9 de setembro  ás 9:00h misa polos maiordomos falecidos.

    PROGRAMA

    Venres 6: Ás 22:00h Serán Virxe da Guía e a partir da 1:00h La Guía Fest coas actuacións de  Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners

    Sábado 7: Ás 11:00h pasarrúas a cargo de A Boalleira, a partir das 17:00h tarde infantil e ás 22:30h gran verbena amenizadapolos grupos Club Naval e a Banda de Nash.

    Domingo 8: Ás 17:30h tradicionais poxas, seguida dunha Actuación dun grupo de mariachis e a continuación Atronadora Tirada de Fogos.

    Ampliar contenido
  • Últimos días de inscrición para a XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

    Fecha desde el 24 de Agosto de 2019
    hasta el 04 de Septiembre de 2019

    Este sábado día 7 de setembro celebrase no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.

    Este sábado día 7 de setembro celebrase no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.

    Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda e Noko Deporte y Salud. Contará coa colaboración do club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla.

    As inscricións pechan este mércores día 4 de setembro ás 23:59h da noite a través da web www.galitiming.com contando con dous percorridos de 400m.(Categorías A, B, C e D) e de 1200m.(Categorías E, F, G, H, I, J,K e L).

    Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe:
    • 6€ inscritos ata o 31 de agosto.
    • 8€ inscritos entre o 1 e o 4 de setembro.
    • As categorías de nenos (A, B, C e D) son de balde.

    A inscrición inclúe:
    • Gorro numerado
    • Seguro accidentes
    • Cronometraxe
    • Avituallamento final

    Os nadadores non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor autorice a súa participación. O impreso de autorización debe enviarse asinado previamente a info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

    A proba comezará ás 12:00h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización.

    Descargar Regulamento

    Descargar Autorización Menores

     

    Ampliar contenido
  • Tui regresa ao medievo da man do Festival Arraianos do 30 de agosto ao 1 de setembro

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    Como novidade celebrarase o xogo de rol -Habelas Hainas-. As visitas teatralizadas e a conferencia centraranse na época viquinga

    Tui volverá facer unha viaxe á época medieval do 30 de agosto ao 1 de setembro da man do cuarto Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Cada ano na cidade ábrese un desfase temporal polo que regresa a distintas épocas do pasado debido ás avarías que sofre unha máquina do tempo deseñada por unha científica tola. Así comezou hai catro anos un festival que dende o primeiro momento contou coa involucración da cidadanía, do comercio e da restauración local, e que edición a edición vai gañando adeptos tanto entre tudenses coma entre visitantes.

    O festival foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui. Un acto no que o alcalde, Enrique Cabaleiro, fixo un recoñecemento público aos promotores do evento encabezados pola súa directora, Andrea Costa, por crear este festival que "era unha das carencias a nivel cultural que tiña o municipio tendo en conta que Tui ten o marco idóneo para un evento desta índole", dicía. Engadía o rexedor tudense que "a implicación social é fundamental para consolidar un evento desta magnitude" e afirmou que "hai que facer unha aposta decidida e firme se o queremos consolidar". Facía así un chamamento ao tecido socioeconómico para sumarse ao festival.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que este é un evento que abrangue cultura e lecer nas rúas do conxunto histórico, que ano a ano vai crecendo.

    Mentres Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín foron os responsables da explicar a programación que se poderá gozar do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro.

    Mercado Medieval
    O Festival comezará o venres ás 20 h coa apertura do Mercado Medieval que se desenvolverá nas prazas do Concello, San Telmo e Fromista. Abrirá o venres de 20 a 00 h, o sábado de 12 a 00h e o domingo de 12 a 22 h, aínda que tanto sábado como domingo está establecido un descanso voluntario por parte dos participantes de 15 a 19 h.

    Ceas de Taberna e Noite da Donzela
    No cárcere vello celebrarase o venres, ás 21.30 h as "Ceas de Taberna" na que os comensais deben ir ataviados da época medieval para poder gozar o menú formado por receitas medievais e inspiradas en Xogo de Tronos: polo ao mel. cenorias salteadas con manteiga. pastel medieval de porco, pastel vexetal, carne á brasa, ensalada de sansa, galletas de mel medievais. mazás asadas e froita, con viño, cervexa, e auga.

    O prezo da cea é de 20 € para adultos, 15 € para rapaces e rapazas de 11 a 16 anos, e 10 € para nenos e nenas de 6 a 10 anos. O menores de 5 anos cearán de balde. Existen descontos para grupos de máis de 5 adultos, e familias con máis dun neno. A entradas pódense mercar xa na web de Arraianos. Está limitada a 40 comensais.

    Ás 23.30 h na praza de San Fernando celebrarase a "Noite da Donzela" con espectáculos medievais a cargo de Circocido e Asacocirco.

    A Conquista do Miño en kaiak e xogo infantil
    O sábado, 31 de agosto, ás 19 h celebrarase a carreira popular en kaiaks "A Conquista do Miño". Na mesma os participantes partirán da praia da Mariña e terán que ir até a vella Ponte Internacional na busca dos lazos de cores que lles darán a vitoria. A inscrición está aberta na web asociacionarraianos.es.

    Ás 20 h, tamén no Paseo Fluvial, celebrarase o xogo infantil "Mouchos, coruxas, sapos e bruxas" dirixido a maiores de 10 anos.

    Xogo de rol Habelas Hailas e espectáculo Noite de Curuxas
    O sábado ás 22 h celebrarase o xogo de rol "Habelas Hailas", unha das novidades da edición deste 2019. O número de prazas para participar no xogo está limitado a 30, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interasados en participar deben enviar un correo electrónico a produccion@asociacionarraianos.es co asunto "Habelas Hailas" e indicando o nome e apelido, idade e teléfono de contacto dos participantes. A participación é gratuíta.

    Este xogo de rol ambiéntase no século XIV tras a desaparición do Malleus Maleficarum, coñecido coma o Martelo da Bruxas, e que fora empregado durante moito tempo polos inquisidores para a caza de bruxas.

    Ás doce da noite Circocido e Hípica Celta serán os protagonistas dos espectáculos da "Noite das Curuxas" na praza de San Fernando.

    Visitas teatralizadas e conferencias
    Están previstas tres visitas teatralizadas. A primeira delas, con temática de medo, será o sábado, 31 de agosto, ás 23 h - en pase único - co título "Noite das Curuxas". Na mesma percorreranse os recunchos medievais máis escuros da cidade. Xa o domingo, con dobre pase, o primeiro ás 18 h e o segundo ás 19.30 h realizarase a "Visita Teatralizada Arraianos" centrada no mundo viquingo. A participación nas visitas é limitada e é preciso inscribirse previamente en asociacionarraianos.es. Teñen un prezo de 8 € por adultos, 4 para rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, e gratuíta para os menores de 10 anos.

    O domingo a programación ábrese ás 12h no cárcere vello coa conferencia Arraianos a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela.

    Noite do escudeiro
    O domingo, 1 de setembro, ás 21h celebrarase no Paseo Fluvial a "Noite do escudeiro" que presenta unha serie de espectáculos medievais con combates corpo a corpo, xustas medievais,...

    Caracterización Medieval
    Está aberto o prazo, para os establecementos de Tui, para participar no concurso de Caracterización Medieval, no que competirán pola mellor adaptación medieval da súa vestimenta e dos seus locais. No mesmo valorarase a vestimenta, adaptación do local e orixinalidade. O local gañador obterá o Trofeo de Caracterización. O locais que desexen participar deben enviar un correo a produccion@asociacionarraianos.es co asunto: Caracterización Medieval. O xurado avaliará o venres á mañá os establecemento participantes e o domingo darase a coñecer o ganador.

    Proposta gastronómica medieval
    Cinco locais de Tui ofrecerán durante o festival - de venres a domingo de 20 a 23 h - un receitario medieval no que poderán degustar as tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 2 €. Será "Pasteis medievais de París" en Puro Sabor (so o venres); "Krépa D'nos" en Tapería Época; "Manxar de Meigas" en El Pórtico, "Camiño de Santiago" en Tapas e Viños, e "Carne ao caldeiro" en O Novo Cabalo Furado.
    Ampliar contenido
  • Derradeiro día de prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

    Fecha desde el 23 de Agosto de 2019
    hasta el 30 de Septiembre de 2019

    Os interesados poden enviar un máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na rúa Martínez Padín

    O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico "Enmárcate en Tui". No mesmo poderase participar coas instantáneas realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

    Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno

    Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.

    As fotografías deben enviarse dende hoxe venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

    Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual. Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo concello.
    Ampliar contenido
  • Torneo de Volei Praia esta fin de semana no Codesal

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

    O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

    Este torneo está pensado para un nivel básico ou amateur, coa finalidade de que os participantes gocen deste deporte pasando un bo día entre todos e todas.

    As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico c.volley.minho@gmail.com ou tamén mediante whatsapp no 607 577 671, facilitando os nomes e apelidos dos dous membros do equipo(parellas) e a categoría para a cal se desexa inscribir. Dende o clube organizador remitirase a normativa de participación, o prazo de inscricións estará aberto ata o xoves 29 de agosto, tendo un custo de 8€ por parella.

    En total disporanse de 4 pistas para a celebración deste torneo, polo que as prazas serán limitadas.

    Os horarios definitivos dos partidos deste torneo serán publicados na xornada deste venres día 30 de agosto a través das redes sociais do Clube de Volei Miño.

    O torneo arrancará sobre as 10:00h da mañá do domingo día 1 de setembro e haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

    Ampliar contenido
  • Anho no Forno, Uma das Maravilhas Gastronómicas de Portugal, à Mesa em Valença

    Fecha desde el 31 de Agosto de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    No fim de semana de 31 de agosto e 1 de setembro tem a oportunidade de o saborear num festival gastronómico, em Gondomil, Valença.

    Anho no forno, com arroz pingado, em alguidar, confecionado nos fornos a lenha, à moda antiga, é um prato consagrado e um autentico manjar dos deuses. No fim de semana de 31 de agosto e 1 de setembro tem a oportunidade de o saborear num festival gastronómico, em Gondomil, Valença.
    Festival gastronómico
    O Festival Gastronómico Sabores do Anho é o certame mais antigo da região a celebrizar uma receita consagrada e reconhecida por todos os apreciadores. Esta é uma oportunidade única para saborear um prato que é um emblema da gastronomia valenciana e da região.

    É um autentico manjar, elaborado por mãos sábias e sempre foi rei das festas grandes das aldeias e dos grandes convívios das famílias.

    Os Segredos do Anho no Forno
    Banhado com os temperos e os segredos das ervas aromáticas da região, vai a cozer nos tradicionais fornos de lenha.
    Apresenta-se à mesa tostado por fora, de carne tenra e suculenta, no típico alguidar oval de barro minhoto, firme nos paus de loureiro. No interior do alguidar resguarda-se o celebre arroz pingado que incorporou os sucos do anho durante a cozedura.

    Anhos de Puras Pastagens
    Os anhos, preparados para este festival, são criados nas pastagens dos montes e campos locais em pastoreio livre, entre a erva e a carqueja que vão dar um toque único à carne do anho.

    Dois Dias de Festa Gastronómica
    Durante dois dias é possível saborear o anho no forno, a preços populares e desfrutar de um amplo programa de animação, com musica tradicional portuguesa, estando garantida uma grande festa de sabores. As refeições podem ser saboreadas no sábado 31 de agosto, ao almoço, a partir das 12h e ao jantar e no domingo 1 de setembro ao almoço, também, a partir das 12h.

    O Largo de Santa Rita, em Gondomil, é o espaço de acolhimento deste festival gastronómico.

    A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, Junta da União de Freguesias de Sanfins e Gondomil e da Associação Cultural de Gondomil.
    Ampliar contenido
  • A Guarda regresa este domingo á época castrexa

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da Festa Castrexa

    O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da Festa Castrexa, un evento no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas da vila da Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.

    A Festa Castrexa arranca o domingo ás 11:00h con música, obradoiros relacionados coa cultura castrexa, apertura da Feira de Artesanía e saída dunha Andaina de dificultade baixa na que se visitará o Castelo de Santa Cruz e diferentes espazos do casco urbano da Guarda como a Igrexa Parroquial ou a Praza do Reló. Nesta andaina visitaranse tamén as exposicións de maquetas de Praxíteles González e Ramón González, amosando boa parte da arquitectura da comarca do Baixo Miño.

    A partires das 13:00h realizarase un xantar no que se contará cunha oferta gastronómica na que se inclúen churrasco, polbo, carne ó caldeiro, empanadas, mexillóns, chourizos e sobremesas. Amenizarán o xantar as actuacións en directo dos grupos Do Lusco ó Fusco, Tralo Mosteiro ou A Boalleira.

    Ás 15:30h terá lugar unha exhibición de talla e escultura con motoserra, así como o inicio dos xogos populares para nenos.

    Xa para rematar, ás 18:00h realizarase un concerto Folk.

     

    Ampliar contenido
  • Novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos en Tomiño

    Fecha desde el 28 de Agosto de 2019
    hasta el 04 de Septiembre de 2019

    O Concello de Tomiño organiza un novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos-robótica, os días 4 e 5 de setembro.

    O Concello de Tomiño organiza un novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos-robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.

    Previamente, o alumnado recibirá unha aproximación ao concepto de robótica (sensores e actuadores) e aprenderá a construir e programar robots, co fin de promover a súa creatividade e pensamento computacional. Actividade dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. Aulas días 4 e 5 de setembro, de 11 a 13 horas. Aula Cemit (Campo da Feira s/n). Custe inscrición: 15 euros. Aínda quedan prazas libres.

    A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, salienta a idea de ofrecer dende o Concello actividades que respondan aos intereses da poboación nova, rompendo as veces, coas propostas máis tradicionais, co fin de dar a coñecer materias novidosas que poidan servir, tanto coma hobby, ou coma punto de partida dunha posible saída laboral.

    Ampliar contenido
  • O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño 2019 reúne este domingo a máis de 300 atletas

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    Os participantes terán que nadar unha distancia de 750 m., realizar unha proba de ciclismo de 20 Km. e unha carreira a pé de 5 Km.

    O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño celebrarase o vindeiro día domingo 1 de setembro, no marco da Eurocidade, prevéndose a participación de máis de 300 atletas federados/as e non federados/as, oriúndos dos dous países veciños, e que van disputar o circuito novo de promoción en BTT, no período da mañá (inicio 11h15 hora galega), e o Triatlón Sprint Estrada, cuxo arranque está previsto para as 15h30 (hora galega).

    As persoas participantes na proba terán que nadar unha distancia de 750 m., previamente a unha proba de ciclismo de estrada de 20 Km. e finalizando cunha carreira a pé de 5 Km. As probas transcorrerán entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e a lusa de Vila Nova de Cerveira, con puntos de partida e chegada localizados no Espazo Fortaleza, en Goián, e o parque de transición no Caês do Río Miño, en Cerveira .

    Sendo o único triatlón organizado entre Portugal e España, o Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño carrexa unha gran responsabilidade, polo recoñecemento dos equipos de atletas participantes e o carácter de potenciación do deporte transfronteirizo, tendo o río Miño como recurso de conexión .

    Con 11 anos de historia , a organización optou en 2018, por suspender a realización da proba por un ano, facéndoa máis áxil, competitiva e cunha maior bisagra dos recursos existentes.

    En conferencia de prensa celebrada hai un par de semanas no Concello de Tomiño, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira , Vitor Costa, acompañados polos representantes das federacións e os concelleiros de Deportes, explicaron que se procedeu á adaptación da normativa das dúas federacións envoltas, co propósito de realzar os puntos comúns e a valorización do cariz transfronteirizo do evento; á introdución da cronometraxe electrónica (chip) emitindo os timings parciais e os resultados finais de forma máis fidedigna; á clasificación única deixando de existir a entrega de premios por nacionalidade; e á reprogramación no calendario deportivo, pasando do 3º fin de semana de setembro para o primeiro.

    Está en disputa o "Trofeo da Amizade", unha obra do escultor español Arcádio Blasco. Esta pequena escultura, ten a designación de "Encontro de Culturas" e desde a primeira edición, é o símbolo do Triatlón da Amizade.
    Ampliar contenido
  • Aberto prazo de inscricións para o Curso de -Comunicación Efectiva- Técnicas para falar en público

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 04 de Septiembre de 2019

    Esta formación comezará o mércores 4 de setembro, na sede da Asociación Érguete Baixo Miño

    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso sobre "Comunicación Efectiva: técnicas para falar en público" dirixido á mocidade de 18 a 35 anos. Esta formación comezará o mércores 4 de setembro, na sede da Asociación Érguete Baixo Miño, e terá unha duración de 20 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 4 ata o 25 de setembro, en horario de 16:30 a 20:30.

    Como obxectivos do curso destacamos:
    ð Mellorar habilidades de comunicación verbal e non verbal en mozos/as
    ð Mellorar aptitudes de cara a unha mellor empregabilidade deste colectivo
    ð Facilitar un espazo de adestramento e mellora de ditas habilidades
    ð Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.

    Este Curso, xunto con outras iniciativas, englóbase dentro do Programa E ti que prefires? Xuventude que emprende ou Xuventude que participa que a Asociación Érguete Baixo Miño leva a cabo este 2019 a través do Programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Concellería de Política Social.

    Inscríbete xa!!

    Para máis información:
    Asociación Érguete Baixo Miño
    R/ Colón, 20 - A Guarda (Pontevedra),
    Tlfno.: 986 614 407 / 640 08 63 76 / e-mail info@erguete.org

    Ampliar contenido
  • Carreras, festejos, exposiciones, visitas guiadas y mucho más para disfrutar de A Guarda este fin de semana

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    Del viernes 30 de agosto al domingo 1 de septiembre A Guarda oferta numerosas actividades para locales y visitantes como numerosos eventos deportivos, festejos, exposiciones y visitas guiadas.

    Del viernes 30 de agosto al domingo 1 de septiembre A Guarda oferta numerosas actividades para locales y visitantes como numerosos eventos deportivos, festejos, exposiciones y visitas guiadas.

    VIERNES 30

    La «Casa dos Alonso» acoge la Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de 9:00h a 14:00h e de tarde de 19:00h a 21:00h.

    En la jornada de este viernes continúan las visitas guiadas para conocer el patrimonio do Monte Santa Trega, a las 11:30h se realizará la visita guiada al Castro de Santa Trega, que tendrá como punto de encuentro la vivienda reconstruida del castro, y que tendrá una duración aproximada de 30 minutos.
    A las 12:30h y a las 17:00 tendrán lugar dos nuevas visitas guiadas al Monte Santa Trega, con punto de encuentro en el Museo Arqueológico (MASAT), y que tendrán una duración aproximada de 90 minutos.
    Estas visitas guiadas son de carácter gratuito y sin inscripción previa. Para los grupos de más de 10 personas es necesario hacer una reserva previa llamando al teléfono 986 610 504.
    La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y de 0,5€ para los menores de 14 años.


    SÁBADO 31

    El sábado día 31 de agosto a las 16:00h el barrio de A Gándara celebra la XII edición del Torneo de la Cachiza, enmarcado en las Fiestas de las Mercedes 2019 y organizado por la Asociación O Percamino en colaboración con el Ayuntamiento de A Guarda. Las inscripciones tienen un coste de 10€ por pareja a través de los teléfonos 669 031 798 y 680 340 784.

    El Auditorio de San Benito será el escenario este sábado día 31 de agosto para la celebración de la IV edición del «Encontro da Canción Mariñeira», un evento musical que arrancará a las 20:30h contando con la participación de los grupos Coiro Vello de A Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) y la Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.

    El Club Alagua, en colaboración con la Federación Gallega de Vela y el Ayuntamiento de A Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto la 10º edición del «Cruceiro Río Miño», una prueba deportiva de vela clasificada dentro de la categoría C. Las regatas arrancarán a las 16:00h de la tarde de este sábado para todas las clases, con la posibilidad de dividir la misma en la mitad para recoger tiempos y asegurar la clasificación de la prueba.

    La «Casa dos Alonso» acoge la Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este sábado en horario de 19:00h a 21:00h.

    Este sábado continúan las visitas guiadas para conocer el patrimonio do Monte Santa Trega, a las 11:30h se realizará la visita guiada al Castro de Santa Trega, que tendrá como punto de encuentro la vivienda reconstruida del castro, y que tendrá una duración aproximada de 30 minutos.
    A las 12:30h y a las 17:00 tendrán lugar dos nuevas visitas guiadas al Monte Santa Trega, con punto de encuentro en el Museo Arqueológico (MASAT), y que tendrán una duración aproximada de 90 minutos.
    Estas visitas guiadas son de carácter gratuito y sin inscripción previa. Para los grupos de más de 10 personas es necesario hacer una reserva previa llamando al teléfono 986 610 504.
    La tasa de acceso al Monte Santa Trega es de 1€ para adultos y de 0,5€ para los menores de 14 años.

    El Centro de Interpretación de las Fortalezas en el Castillo de Santa Cruz acoge la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González en la que se exponen varias maquetas del artista rosaleiro, como "Ponte do Tamuxe", "Igrexa de Santa Mariña do Rosal", "Muíño Serradoiro" y "Dúas vivendas rosaleiras", todos estes, elementos de O Rosal. Además de las maquetas de las catedrales de Santiago y Notre Dame. Completa esta exposición una selección de las más de 40 esculturas realizadas por el artista. Horario de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h.
    Entrada: 1€ adultos y 0,5€ hasta los 14 años inclusive.

    DOMINGO 1

    El domingo día 1 de septiembre a partir de las 10:00h de la mañana las pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acogen el Torneo de Voley Playa Villa de A Guarda, organizado por el Club de Volei Miño en colaboración con la Concejalía de Deportes del Ayuntamiento de A Guarda.

    El próximo domingo día 1 de septiembre la Alameda de A Guarda acoge la cuarta edición de la «Festa Castrexa», un evento en el que se mezcla la gastronomía con la exaltación de las raíces castrexas de la villa de A Guarda, contando con mucha animación y actividades paralelas a lo largo del día.

    Este domingo se celebra en A Guía la Carrera Pedestre «Virxe da Guía», que arrancará a las 19:00h. Inscripciones abiertas hasta el mismo día a las 18:30h en el correo asociacionfestasdaguia@gmail.com

    La «Casa dos Alonso» acoge la Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este domingo en horario de 19:00h a 21:00h.

    El Centro de Interpretación de las Fortalezas en el Castillo de Santa Cruz acoge la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González en la que se exponen varias maquetas del artista rosaleiro, como "Ponte do Tamuxe", "Igrexa de Santa Mariña do Rosal", "Muíño Serradoiro" y "Dúas vivendas rosaleiras", todos estes, elementos de O Rosal. Además de las maquetas de las catedrales de Santiago y Notre Dame. Completa esta exposición una selección de las más de 40 esculturas realizadas por el artista. Horario de 11:00h a 14:00h y de 18:00h a 21:00h.
    Entrada: 1€ adultos y 0,5€ hasta los 14 años inclusive.

    Ampliar contenido
  • A apertura do Mercado Medieval inicia o programa do festival Arraianos

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    Xustas medievais, espectáculos nocturnos, xogos de rol e visitas teatralizadas forman parte da oferta que esta fin de semana se poderá gozar en Tui

    O ambiente medieval toma xa as rúas de Tui e distintos establecementos comerciais preparados para a celebración dende o venres e até o domingo do IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.

    A apertura da trintena de postos do Mercado Medieval nas prazas do Concello, San Telmo, A Estrela e Frómista marcará o inicio desta cita coa historia. A gastronomía e a artesanía centrarán os artigos ofrecidos nos distintos postos onde haberá tamén produtos de bixutería, xoguetes, complementos, decoración e vestimenta medieval. Abrirá o venres de 20 a 00 h, o sábado de 12 a 00h e o domingo de 12 a 22 h, aínda que tanto sábado como domingo está establecido un descanso voluntario dos participantes de 15 a 19 h.

    Mañá venres xa dende ás 19 h comezará tamén a animación polas rúas do Conxunto Histórico con música e animación medieval, convidando ao público a achegarse a Arraianos.

    Cinco locais de Tui ofrecerán durante o festival - de venres a domingo de 20 a 23 h - un receitario medieval no que poderán degustar as tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 2 €. Será "Pasteis medievais de París" en Puro Sabor (so o venres); "Krépa D'nos" en Tapería Época; "Manxar de Meigas" en El Pórtico, "Camiño de Santiago" en Tapas e Viños, e "Carne ao caldeiro" en O Novo Cabalo Furado.

    O cárcere vello acollerá ás 21.30 h as "Ceas de Taberna" na que máis de medio centenar de comensais gozarán das receitas medievais e de Xogos de Tronos. Hai xa días que se venderon as entradas para a cea. Circocido e Asacocirco protagonizarán a "Noite da Donzela", o primeiro dos espectáculos medievais previstos, a partir das 23.30 h na praza de San Fernando.

    Quedan aínda algunhas prazas para a "Conquista do Miño en kaiak" que se vai celebrar o sábado ás 19 h. Dende a praia da Mariña os participantes terán que ir até a vella Ponte Internacional na busca dos lazos de cores que lles darán a vitoria. A inscrición está aberta na web asociacionarraianos.es ou se poden mercar as entradas no posto informativo que a Asociación Arraianos terá na praza do Concello.

    Por outra parte o Paseo Fluvial acollerá o sábado ás 20 h o xogo infantil "Mouchos, coruxas, sapos e bruxas" dirixido a maiores de 10 anos.

    O xogo de rol "Habelas Hailas", que terá lugar o sábado ás 22 h, é unha das novidades deste 2019, que ten contado cunha gran aceptación, de feito esgotáronse as 30 prazas ofertadas, e estase a realizar unha lista de agarda que no caso de completar outra trintena de xogadores permitiría levar a cabo unha segunda rolda. Para anotarse nesta lista de agarda os interesados deben enviar un correo electrónico a produccion@asociacionarraianos.es co asunto "Habelas Hailas" e indicando o nome e apelido, idade e teléfono de contacto dos participantes, ou anotarse no posto da asociación organizadora dende mañá. Este xogo de rol ambiéntase no século XIV tras a desaparición do Malleus Maleficarum, coñecido coma o Martelo da Bruxas, e que fora empregado durante moito tempo polos inquisidores para a caza de bruxas. Haberá distintos personaxes que loitarán pola vitoria.

    "A Noite das Curuxas" é o título da primeira das visitas teatralizadas previstas, que se vai realizar o sábado ás 23 h con temática de medo - para a que se completaron as prazas - , e tamén do espectáculo que ás 00 h Circocido e Hípica Celta realizarán na praza de San Fernando.

    O domingo a programación ábrese ás 12 h no cárcere vello coa conferencia Arraianos a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. A entrada é de balde.

    Pola tarde haberá dobre pase da "Visita Teatralizada Arraianos" centrada no mundo viquingo. A participación nestas visitas é limitada e é preciso inscribirse previamente en asociacionarraianos.es ou no posto da asociación. Teñen un prezo de 8 € por adultos, 4 para rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, e gratuíta para os menores de 10 anos.

    O programa péchase o domingo ás 21h no Paseo Fluvial coa "Noite do escudeiro" que presenta unha serie de espectáculos medievais con combates corpo a corpo, xustas medievais,...

    Restricións no tráfico
    Debido á celebración do Festival Arraianos estará prohibida a circulación e o estacionamento dende mañá venres ás 8 h até o domingo ás 23.59 h en Porta da Pía, rúa das Monxas, rúa Seixas, praza de San Fernando, praza do Concello, rúa Sanz, rúa Entrefornos, rúa do Párroco Rodríguez Vázquez, rúa de San Telmo, praza do Pracer, praza da Estrela, praza de Fromista, rúa Lorenzo Cuenca ( ata a rúa Tide), e Praza da Armada. Amais o domingo durante todo o día estará prohibida a circulación e o estacionamento na Baixada ao Embarcadoiro.
    Ampliar contenido
  • As máis de 50 obras do Certame de pintura Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Bienal de Arte de Cerveira

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2019
    hasta el 07 de Septiembre de 2019

    A mostra inclúe as tres obras premiadas e ofrece a posibilidade de contactar cos autores

    As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima. A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.

    O sétimo certame de pintura ao aire libre tivo lugar en Goián e Vila Nova de Cerveira o 18 de agosto pasado, dando a oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras procedentes de varios puntos da Península e Estranxeiro.

    O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do "Ano Antonio Fernández", iniciándose unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada. Como novidade, este ano o evento ampliou o seu percorrido a Cerveira, formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño e grazas á participación da Fundación da Bienal de Arte. Deste xeito, ambas vilas foron retratadas polos artistas que visitaron ambos os dous municipios fronteirizos.

    As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia de Goián, de Rafael Carrasco (Toledo) que se fixo co primeiro galardón. O segundo e terceiro premio foron para Leticia Gaspar (Bilbao) e para Antonio Lorenzo (Mondariz). O 1ºpremio estivo dotado con 1.500€ e financiado polo Concello de Tomiño, mentres que os dous seguintes (2º e 3º) con 500€, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundación da Bienal de Cerveira, respectivamente.

    O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández integra as actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

    Datas da exposición: 27 de xullo a 7 de setembro de 2019
    Horario: martes a venres (terça a sexta-feira): 15h00 a 19h00
    sábados e festivos: 11h00 a 13h00 - 15h00 a 19h00
    Ampliar contenido
  • O ciclo de música -Camiño de cantares- arranca este domingo na Igrexa de Oia

    Fecha desde el 01 de Septiembre de 2019
    hasta el 01 de Septiembre de 2019

    A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20:00h na Igrexa de Oia de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación de Camiño de Cantares nun acto que se levou a cabo na Cidade da Cultura e no que tamén estivo presente a directora de comunicación deste ciclo, Nieves García Soto, e o director xeral de CLUN, Rafael Prieto.

    Camiño de Cantares é unha iniciativa musical promovida pola Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera composta por oito concertos e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo.

    A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20.00h na Igrexa de Santa Mª de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis, un coro masculino de música vogal, que interpretará composicións medievais nos que o Camiño de Santiago ou a figura do Apóstolo cobran especial protagonismo.

    Esta iniciativa, tal e como precisou Anxo M. Lorenzo, forma parte dos máis de 350 proxectos de O teu Xacobeo impulsados pola Xunta para colaborar na difusión dos valores do Camiño de Santiago grazas a unha achega global de 4,7 millóns de euros. Así, grazas a esta colaboración, a Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera levará a música relixiosa e paralitúrxica a diferentes localidades galegas que forman parte do Camiño como Oia, Allariz, Fisterra, Negreira, O Saviñao, Caldas de Reis, Oseira e Cea. Todos os concertos terán lugar en igrexas, mosteiros e capelas de gran beleza patrimonial.

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido