Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A Guarda acolle o 24 de novembro unha nova edición do Trail do Trega

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2019
    hasta el 24 de Noviembre de 2019

    Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións xa están abertas a través da web www.traildotrega.es

    O vindeiro 24 de novembro A Guarda acolle unha nova edición do Trail do Trega, un evento deportivo que contará con varias opcións competitivas coma a Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.

    A Advance 18k terá un desnivel acumulado de 1.111 metros, mentres que a Experience 12k terá 650 metros acumulados, con saída e chegada dende a Alameda da Guarda.

    Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións xa están abertas a través da web www.traildotrega.es
    Ampliar contenido
  • -O fío invisible- abre a actividade do Cineclub Poleiro de Goián

    Fecha desde el 03 de Octubre de 2019
    hasta el 09 de Enero de 2020

    O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño

    O xoves, 3 de outubro no auditorio de Goián ás 21:30 horas o Cineclub Poleiro proxecta O FÍO INVISIBLE unha comedia dramática multipremiada, dirixida por Paul Thomas Anderson.
    Sinopse: No Londres de posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá visten á realeza e ás mulleres elegantes. Un día o modisto solteiro coñece a unha moza que se convirte en musa e amante. Unha vida metódica transformada polo amor.

    O xoves, 7 de novembro, proxección da película francesa SAUVAGE unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet
    Sinopse: Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo. O futuro é incerto.

    O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL , con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017)
    Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. dunha muller. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.

    O xoves 9 de xaneiro , cine fantástico , LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)
    Sinopse : Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna .Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.

    O bono para as catro películas custa 12 euros

    O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño
    Ampliar contenido
  • O outono chega a Tomiño con máis de 30 actividades culturais, deportivas e de lecer para todos os públicos

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    O Concello de Tomiño ven de editar en papel a súa Axenda de Outono, na que se recollen todas as actividades previstas ata xaneiro, dende teatro ou concertos ata cursos, actividades deportivas e de voluntariado ou exposicións e obradoiros

    Un programa de actividades transversal e integrador dirixido a todos os públicos. Así é a programación cultural, deportiva e lúdica que o Concello de Tomiño ten prevista para os vindeiros meses e que ven de recoller en papel na xa tradicional Axenda de Outono. Un completo programa trimestral no que se aglutinan todas as actividades de cultura, mocidade, deporte, voluntariado e transfronteirizas "dun xeito cómodo e planificado, informando debidamente á veciñanza e garantindo que todas as actividades son un éxito", salienta a alcaldesa, Sandra González.

    A nova edición da Axenda de Outono recolle as preto de 30 actividades que se levarán a cabo entre outubro, novembro e decembro, rematando coa ampla programación preparada para o Nadal. Así, a programación trimestral arrancará esta mesma fin de semana coa obra de teatro ‘#Camiños', de Butaca Zero e, a vindeira semana, con dous cursos dirixidos á mocidade sobre cociña vegana e danzas urbanas, cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición.

    A partir de aí comezará unha intensa lista de actividades entre as que destaca a ampla programación teatral, con 8 obras para toda a familia e outras 6 dirixidas a público adulto. Así, o público infantil poderá desfrutar o 13 e o 27 de outubro de Baobab Teatro e de Roque e os seus contos no Mercado Municipal de Tomiño; o 3 de novembro dos ‘Contos do recreo' de Redrum Teatro; o 17 de novembro de Xarope Tulú e as súas ‘Nómades'; o 28 de decembro dos ‘Contos do animalario' de Daboapipa; o 29 de decembro das espectaculares pompas de xabón de de ‘Os fabulosos Cleaners' de Malasombra Producións e o 4 de xaneiro co último panda do planeta, ‘Mai-Mai', de Baobab Teatro.

    Pola súa banda, o público adulto disporá dun amplo abano de obras no auditorio de Goián: o 19 de outubro Contraproducións representará ‘Commedia' no auditorio de Goián; o 2 de novembro Chévere chegará con ‘Anatomía dunha serea'; o 9 de novembro Artesacía presentará a ‘Chola, a It Girl'; o 16 de novembro Destexeito Producións estará con ‘Loló e mamá' e o 24 de novembro Redrum Producións escenificará ‘Invisibles'.

    Actividades para todos os gustos
    A programación complétase cunha vintena de actividades e concertos, entre os que destacan os que ofrecerá Agrupación Musical de Goián en honra de Santa Icía (23 de novembro) e por Nadal (22 de decembro), os da Coral Polifónica de Tomiño (13 de outubro e 15 de decembro) ou o Festival de Nadal Virxe de Alivio. Pola súa banda, o Mercado Municipal de Tomiño acollerá en outubro unha exposición da Asociación de Cultivos do Baixo Miño e dende Voluntariado levaranse a cabo dúas actividades: a creación dun vídeo sobre a realidade das mulleres no rural e unha xornada de retirada de plantas invasoras.


    Os amantes do deporte teñen dúas citas este trimestre. Por un lado, o vindeiro 27 de outubro a Eurocidade Cerveira-Tomiño celebra o remate do seu programa Deporte para todas as persoas cunha xornada de actividades no Parque de Lazer do Castelinho, en Vila Nova de Cerveira, e o 22 de decembro terá lugar unha nova edición da Carreira de Nadal.


    E, como cada ano, Tomiño contará cunha programación especial de Nadal que comezará o 15 de decembro co concerto da Coral Polifónica e rematará coa tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro. Entrementres, 20 días de música, actividades deportivas, contacontos, teatro, obradoiros, inchables e moito máis pensados para que toda a familia poida desfrutar destas datas.


    Esta axenda en papel repartirase e colocarase en lugares de moito tránsito para difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, pero tamén pode consultarse directamente na web do Concello: https://tomino.gal/axenda-de-outono-2019/ .

    Ampliar contenido
  • Curso de voluntariado ambiental no Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 10 de Octubre de 2019
    hasta el 22 de Noviembre de 2019

    No Espazo Xove de Tui será do 25 ao 28 de novembro de 2019 de 16.30 a 20.30 horas

    ESPAZO XOVE DE TUI

    CURSO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL

    No Espazo Xove de Tui será do 25 ao 28 de novembro de 2019 de 16.30 a 20.30 horas

    Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

    Información e inscricións:

    :: Voluntariado Galego :: Curso presencial: Voluntariado ambiental 2019

     Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

    Nº de horas: 20 horas

    Nº de edicións: 3 (Carballo, Noia e Tui)

    Nº de prazas: 25 por edición

    Contidos:
    Módulo I. O voluntariado ambiental. _4h.
    -Obxectivos do voluntariado ambiental
    -Crise ambiental e participación social
    -Marco legal do voluntariado

    Módulo II. Un escenario de degradación ambiental _5h.
    - O papel do home na degradación ambiental
    - Consecuencias e impactos
    - Como actuamos dende o voluntariado?

    Módulo III. Sensibilización e educación ambiental dende unha perspectiva de xénero _6h.
    - Educación ambiental como ferramenta transformadora en igualdade
    -Tipoloxía de actuacións de educación ambiental dende a perspectiva do voluntariado.
    - A superación do sesgo androcéntrico no desenvolvemento socioambiental
    - Educación ambiental e perspectiva de xénero: claves para a súa integración

    Módulo IV. Voluntariado ambiental e xénero_2´5h.
    -Relacións de xénero e medioambiente
    -A superación do sesgo de xénero no desenvolvemento socioambiental
    -Actuacións de voluntariado ambiental dende unha perspectiva de xénero: claves para a súa integración no contexto rural.

    Medidas do PEVX

    Medida nº 31- Ter en conta na realización das campañas de sensibilización contra a violencia de xénero, a maior incidencia desta nas mulleres que viven no ámbito rural e as súas circunstancias.

    Módulo V. Boas prácticas no voluntariado ambiental dende unha perspectiva de xénero _
    2´5h.
    - Experiencias de interese
    -Recursos para o voluntariado ambiental

    Medida do PEVX
    Medida nº 19- Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe "Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero.

    Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
    Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso "Voluntariado ambiental" aborda unha serie de contidos que tocan aspectos vencellados a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
    Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuación de sensibilización. Dende este eixe encadrado no Pacto de Estado, os contidos abordados neste curso pretenden transversalizar a perspectiva de xénero de xeito xeral, como un escenario para a promoción da convivencia e a igualdade entre mulleres e homes.

    Modalidade: presencial

    Lugares de impartición:
    Espazo Xove Carballo: R/ Valle Inclán, 24 - 15100 Carballo
    Espazo Xove de Noia: R/ Pedra Sartaña, s/n - 15200 Noia
    Espazo Xove de Tui: R/ Sanz, 28 - 36700 Tui

    Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

    Datas previstas de realización:
    Espazo Xove Carballo: do 4 ao 8 de novembro de 16:00 a 20:00 horas.
    Espazo Xove de Noia: Pendente de datas
    Espazo Xove de Tui: do 25 ao 28 de novembro de 16:30 a 20:30 horas.

     

    Ampliar contenido
  • Duas novas exposições para desfrutar no Aquamuseu do rio Minho

    Fecha desde el 10 de Octubre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    Até ao final do ano, o Aquamuseu do rio Minho sugere mais duas exposições que convidam ao conhecimento de duas espécies: o Ruivaco e a Enguia.

    Assim, até 30 de novembro, os visitantes do Aquamuseu podem conhecer um pouco mais sobre o Ruivaco do Oeste, um pequeno ciprinídeo (< 15cm) que só existe em Portugal, em três rios do Oeste: no rio Alcabrichel e Sizandro, em Torres Vedras e na ribeira do Safarujo, em Mafra. Tem estatuto de ameaça de "criticamente em perigo", consequência da poluição, destruição de habitats, escassez de água e predação por parte do lagostim-da-Louisiana. A presente exposição em painéis descreve as características gerais, habitats e problemas desta espécie endémica da Península Ibérica que, apesar de não ter importância comercial, tem muita importância para o equilíbrio dos ecossistemas.

    Já até dia 31 de dezembro, encontra-se patente ao público a exposição "A enguia no rio Minho", onde é abordado o ciclo biológico, as características gerais, a distribuição, a tendência do recurso, a pesca do meixão, as ameaças e a investigação. A enguia é um peixe serpentiforme, que vive grande parte da sua vida em água doce, migrando para o mar para se reproduzir. A sua exploração comercial e a construção de obstáculos à sua migração são considerados importantes fatores de ameaça.

    O Aquamuseu do rio Minho encontra-se de portas abertas de terça-feira a domingo, das 10h00 às 12h30 e das 14h00 às 18h00.
    Ampliar contenido
  • -Queima Segura- volta a ser aplicada em cinco freguesias do concelho de Vila Nova de Cerveira

    Fecha desde el 28 de Octubre de 2019
    hasta el 19 de Noviembre de 2019

    Sapardos: 28 a 30 de outubro | União de Freguesias de Candemil (31 de outubro) e Gondar (4 de novembro) | Mentrestido: 5 a 8 de novembro | Sopo: 11 a 14 de novembro | Covas: 15, 18 e 19 de novembro

    No âmbito do programa "Queima Segura 2019", financiado pelo Fundo Florestal Permanente, o Município de Vila Nova de Cerveira, através do Serviço Municipal de Proteção Civil, está a dinamizar um conjunto de ações de sensibilização florestal em cinco freguesias prioritárias definidas pelo Despacho n.º 744/2019.

    O programa "Queima Segura", lançado pelo Governo, consiste no acompanhamento por parte de uma equipa de bombeiros ou sapadores das operações de Queima e de Queimadas, em dias e locais previamente definidos, dotando as populações de informações específicas para a realização dessas operações em segurança, contribuindo assim para a diminuição dos incêndios florestais.

    Após uma primeira fase de implementação no final de abril e início de maio, o "Queima Segura 2019" volta a ser aplicado no concelho de Vila Nova de Cerveira, em cinco freguesias identificadas como prioritárias, e nas quais a equipa dos Sapadores florestais ESF20-111 vai estar no terreno com a seguinte calendarização:

    Sapardos: 28 a 30 de outubro | União de Freguesias de Candemil (31 de outubro) e Gondar (4 de novembro) | Mentrestido: 5 a 8 de novembro | Sopo: 11 a 14 de novembro | Covas: 15, 18 e 19 de novembro
    Ampliar contenido
  • Chega á Guarda a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique

    Fecha desde el 04 de Noviembre de 2019
    hasta el 22 de Noviembre de 2019

    A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edicion do certame Imaxes con Fondo

    A Casa dos Alonso acolle a partir do luns 4 de novembro a exposición "Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista", promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello da Guarda. A mostra ofrecerá ata o 22 de novembro unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

    A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 300.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa "irmá" a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD).

    Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

    O fotógrafo
    Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.


    Un dos países máis empobrecidos
    Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego, que nos últimos anos mesmo iniciou unha liña de traballo coa Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos.


    O Fondo Galego
    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 97 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

    Ampliar contenido
  • A alcaldesa de Tomiño inaugura a mostra -Unha mirada de antaño- con fotos da estadounidense Ruth Matilda Anderson

    Fecha desde el 04 de Noviembre de 2019
    hasta el 24 de Noviembre de 2019

    A exposición pode visitarse até o 24 de novembro, todos os días (agás os luns), no 1º andar do mercado, de 09.00 a 22.00 horas.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, inaugurou este mediodía a exposición "Unha mirada de antaño". Fíxoo acompañada de Luis Martín Blanco (director de zona de A Banca), e Paloma Vela (coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación), así coma de outras autoridades locais e rexionais da mesma entidade bancaria.

    Tras a sinatura do correspondente convenio de colaboración no Concello, trasladáronse ao Mercado Municipal de Tomiño, onde participaron nunha visita guiada pola colección de instantáneas realizadas pola fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, a principios do século pasado (1924-1926), durante unha expedición financiada pola "Hispanic Society of America", institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispano.

    A mostra, que permanecerá aberta até o 24 de novembro, reúne unha colección de fotografías que buscaban documentar a vida da xente, especialmente en aqueles lugares rurais de difícil acceso. Ata entón, as actividades da poboación traballando no campo e no mar, nin a cultura de Galicia, foran obxecto de atracción para a fotografía.

    A actividade, enmarcada dentro do proxecto Corrente Cultural e supón unha aposta por espallar a cultura galega e construír unha rede de coñecemento que transcenda o material.

    A exposición pode visitarse todos os días (agás os luns), no 1º andar do mercado, de 09.00 a 22.00 horas.

    Ruth Mathilda Anderson (nada en Nebraska en 1893 e falecida en Nova York con 90 anos) foi una fotógrafa estadounidense, que se iniciou nesta profesión no mundo da fotografía da man do seu pai. En 1921 cando traballaba como decoradora de interiores, foi contratada pola Hispanic Society of America e fixo cinco viaxes a España, centrando a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, publicando varios libros e artigos sobre o tema.

    Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, comprou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotografías. As imaxes polo xeral, cobren a contorna rural e artesanías tradicionais. Estivo acompañada polo seu pai que escribiu un diario. Viaxaron cun Ford de aluguer e un chofer francés. Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.

    Ampliar contenido
  • O Crochet Veste com Arte em Cerveira

    Fecha desde el 06 de Noviembre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento

    Exposição 'O Crochet Veste com Arte' - Artes e Ofícios Tradicionais
    Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento
    Ampliar contenido
  • Abertura de Candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2019
    hasta el 11 de Diciembre de 2019

    Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.

    Está a decorrer, entre esta segunda-feira e o dia 11 de dezembro, o período para apresentação de candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020, atribuídas pelo Município de Vila Nova de Cerveira.

    À semelhança dos anos anteriores, a autarquia cerveirense volta a atribuir 10 bolsas de estudo para agregados familiares do concelho com menores possibilidades, contribuindo para um maior e mais equilibrado desenvolvimento social, económico e cultural local.

    Além do preenchimento da documentação necessária e dos requisitos descritos no Regulamento Municipal de Concessão de Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior, os candidatos devem disponibilizar-se para a realização de 70 horas de trabalho comunitário em atividades/serviços da Câmara Municipal na área de formação frequentada ou outras.

    O processo de candidatura para o presente ano letivo 2019/2020 encontra-se aberto até às 16h30, do dia 11 de dezembro, formalizado com a entrega do requerimento próprio previamente preenchido na Secção de Atendimento ao Utente da Câmara Municipal.

    Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.
    Ampliar contenido
  • Ampliado ata o 5 de decembro o prazo de inscrición para o Curso de Adestradores de fútbol na Guarda

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    O Luns día 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda a partires do 25 de novembro.

    O pasado 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda.

    O Curso que se vai a realizar na Guarda e o Curso de Adestradores de nivel C Uefa, que permite adestrar a todos os equipos de fútbol das categorías Base, titulación mínima esixida e que poden facer todos os interesados ou interesadas sempre e cando teñan máis de 16 anos e que teñan a titulación mínima esixida, ESO ou equivalente.

    O prazo de inscricións ven de ampliarse

    Este curso realízase na Guarda a petición do Clube Sporting Guardés, per esténdese tamén aos concellos limítrofes, polo que todos os interesados e interesadas poden inscribirse ata o 5 de decembro a través da web da Federación Galega de Fúbtol www.futgal.es no apartado de adestradores. O Curso ten un custo de 200€, reembolsables no caso de que o alumno realice «a posteriori» o Curso de Adestradores de nivel B.

    Dende o Concello anímase a participar neste curso aos interesados, de cara á profesionalización e formación das persoas que traballan cos deportistas da vila, favorecendo a aposta polos valores na práctica deportiva.

    Ampliar contenido
  • Magosto, música e teatro neste mes de novembro en Randufe

    Fecha desde el 17 de Noviembre de 2019
    hasta el 01 de Diciembre de 2019

    A Asociación Xuntanza Randufe organiza varias actividades para este mes de novembro

    DOMINGO, 17 DE NOVEMBRO: MAGOSTO
    Unhas ricas castañas sempre sentan moi ben, por iso convidámoste ó noso magosto o Domingo, 17 de novembro a partir das 18:30h. Degustaremos xuntos as mellores castañas asadas e viño de balde.
    Mentres comemos as ricas castañas teremos a oportunidade de cantar e bailar co grupo de Gaitas da nosa asociación e algún grupo convidado, aínda así, estades convidados a traer o voso instrumento para todos xuntos facer unha tarde de domingo diferente.
    Animádevos a participar!!

    XOVES, 21 DE NOVEMBRO: ESTUDIO AUDITIVO GRATUITO
    No mes de marzo, a asociación firmou un convenio de colaboración con Centros Audika, o cal os/as socios/as teñen numerosos beneficios (estudo audiolóxico gratuito, desconto na compra de audífonos...). Debido a boa acollida do estudo auditivo realizado no mes de abril, volvemos a darvos a oportunidade de facer o estudo gratuito. O horario de atención será o xoves 21, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00.
    Todo socio/a interesado na revisión de forma gratuita da audición, deberán notificar a súa asistencia no teléfono da asociación 646.646.500.

    SÁBADO 30 DE NOVEMBRO E DOMINGO 1 DE DECEMBRO:
    X MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO
    - Sábado 30 de novembro ás 21:30 horas: comezamos a mostra co noso grupo de teatro, "Teatro Chirlomirlo", coa obra "MILES GLORIOSUS". Un militar romano fantoche e de pouco siso, uns veciños e uns escravos fartos de aturalo, un achado indiscreto e unha historia que se precipita por culpa....dunha mona!!.
     Domingo 1 de decembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de "Teatro de Xinzo", Ponteareas, coa comedia "TODO QUEDA NA CASA". Trátase dunha obra de humor, que conta a historia dunha familia do rural, que despois de aparecer unha nena na casa provoca moitos enredos.
     - Haberá mágnificos bingos os dous días!!!
    Ampliar contenido
  • Exposición fotográfica sobre Dereitos Humanos en Mozambique na Guarda

    Fecha desde el 13 de Noviembre de 2019
    hasta el 22 de Noviembre de 2019

    A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono

    Ata o 22 de novembro a Casa dos Alonso acolle a exposición "Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista", promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello da Guarda.

    A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

    A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 300.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa "irmá" a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD).

    Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

    O fotógrafo
    Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.


    Un dos países máis empobrecidos
    Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego, que nos últimos anos mesmo iniciou unha liña de traballo coa Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos.


    O Fondo Galego
    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 97 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

    Ampliar contenido
  • Asociacións e promotores de Galicia e Portugal presentan 5 candidaturas ao OPT 2020

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
    hasta el 15 de Diciembre de 2019

    A cidadanía de Cerveira e Tomiño poderá votar os dous proxectos que máis lle guste dende o 15 de novembro até o 15 de decembro

    O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2020 xa ten novas propostas enriba da mesa. Un total de 27 asociacións e promotores de Galicia e Portugal participaron no proceso que desembocou finalmente na presentación de cinco proxectos para participar na cuarta edición do OPT de Cerveira e Tomiño, unha iniciativa que busca permitir o coñecemento e intercambio de persoas, asociacións e entidades que comparten intereses e obxectivos a ambas beiras do Miño e que trata de promocionar a igualdade de oportunidades e o reforzo da participación pública da cidadanía transfronteiriza na procura de solucións para problemas comúns.

    O período de votación de propostas estará aberto do 15 de novembro ao 15 de decembro e nel poderán participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio dar o voto a dous proxectos. Todas as votacións realizarante a través da plataforma online participacerveiratomino.eu, garantindo a transparencia do proceso participativo. Esta votación popular servirá para elixir os dous proxectos preferidos pola cidadanía, proxectos que serán desenvolvidos en 2020 en que contarán cada un cun orzamento de 10.000 euros.

    Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.

    LISTA DE PROXECTOS
    "As Rotas Minho/Roteiros Miño": busca unir dous países a través das andainas para poder coñecer camiñando polos dous territorios a nivel paixasístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Os seus promotores son o Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega.
    "Intercambio interxeracional": procura promover a interrelación entre nenos, nenas e maiores institucionalizados, con sesións de intercambio de experiencias, anécdotas, lingua e coñecementos. Os seus promotores son a Santa Casa da Misericordia de Vila Nova de Cerveira e a súa Creche e Jardim de Infáncia, e a Escola Infantil Mi primer paso.


    "Experiencies4all": ten coma fin a posta en marcha de experiencias guiadas/orientadas nas áreas de patrimonio, turismo, ocio e cultura. Os promotores desta proposta son Patrick Alves Esteves e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.


    "Pensar o corpo, mover a mente": propón unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de ocio para todos os públicos. Os seus promotores son o Club de Fitness de Cerveira CITIUS Fit (Asociación sen fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.


    "Unha pinga de auga": busca dar a coñecer o patrimonio inmaterial relacionado coa auga dos dous municipios a través de talleres, visitas e actividades dirixidas á poboación máis nova. Ten como promotores a Coxapo e á Associaçao Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda.


    A web de votación recolle información máis ampla sobre cada unha das candidaturas.

    Ampliar contenido
  • A Deputación reúne en Tomiño a especialistas para buscar novos mecanismos de financiamento para a Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030

    Fecha desde el 18 de Noviembre de 2019
    hasta el 19 de Noviembre de 2019

    No encontro, liderado polo AECT Rio Minho, analizarase o próximo marco financeiro europeo con representantes do Ministerio de Economía e Facenda, Consellería de Facenda, CCDR-N e Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas

    Os días 18 e 19 de novembro a Deputación de Pontevedra reunirá en Tomiño a administracións públicas estatais e rexionais de España e Portugal, especialistas en financiamento europeo e representantes das entidades locais do territorio miñoto, para estudar o futuro financiamento da estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030, con vistas ao novo marco financieiro europeo. Será nunhas xornadas organizadas conxuntamente pola institución provincial e o Grupo Ante da Universidade de Santiago de Compostela, segundo anunciou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez.

    Á cita en Tomiño acudirán destacados expertos en financiamento europeo como o secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo; o coordinador da ARFE Global Initiative, José María Cruz; o consultor para a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG Regio), Jonatan Paton; representantes do Ministerio de Hacienda e da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia; da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal e da AECT Galicia - Norte de Portugal.

    Tamén estarán en Tomiño os principais actores locais do territorio, as tres eurocidades do Miño (Tui - Valença, Tomiño - Cerveira e Salvaterra - Monçao) e as alcaldías e cámaras municipais transfronteirizas, liderados polo AECT Rio Minho, para estudar conxuntamente os mecanismos de financiamento das accións incluídas dentro do documento estratéxico galego portugués.


    ITI Río Miño
    Segundo explica Benítez, o encontro servirá para afondar na proposta de formulación "dun innovador mecanismo da Unión Europea pouco coñecido en Galiza pero xa implementado con éxito noutros territorios como é o Investimento Territorial Integrado (ITI)" que, segundo apuntou o deputado, "será o instrumento axeitado para a financiar o Plano de Acción da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030, dado o seu carácter de integración nun mesmo programa dos diferentes instrumentos de financiamento, tanto europeo, como estatal e rexional. "Un ITI transfronterizo permitiría empregar de xeito máis eficaz os fondos para o desenvolvemento territorial", engadiu Benítez.

    Precisamente, para "coñecer o funcionamento dos ITI e as súas posibilidades convidamos a participar nas xornadas ao único exemplo de ITI transfronteirizo da Unión Europea", explicou Benítez, "o italoesloveno de de Gorizia/Nova Gorica/ Sempeter-Vrtojba, ademais doutros exemplos como o ITI portugués do Alto Minho e os implementados en Aragón, Andalucía e Castilla la Mancha, xa no ámbito español."

    As xornadas continuarán o martes 19 cunha reunión de todos os representantes as eurocidades da fronteira ibérica para o intercambio de experiencias e boas prácticas na que participarán entre outros a alcaldesa de Ayamonte, Natalia Santos (Eurociudad del Guadiana); o rexedor de Badajoz, Francisco Javier Fragoso (Eurociudad de Badajoz - Elvas); o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro (Eurocidade Tui - Valença); a alcaldesa de Tomiño, Sandra González (Eurocidade Tomiño - Cerveira), e o secretario executivo da Eurocidade Chaves Verín, Pablo Búa.

    As xornadas están abertas á participación pública mediante inscrición a través da páxina web www.smartminho.eu/aect/xornadas/ onde tamén se pode consultar e descargar o programa completo e actualizado do encontro.

    Tras a aprobación da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030 no Consello Consultivo celebrado en Valença o pasado mes de abril, o documento foi presentado ante as máximas instancias do goberno español e portugués, presentada no 9º Encontro Anual da Plataforma de AECTs de Palma de Mallorca e ante a DGRegio en Bruxelas durante a Semana Europea das Rexións e das Cidades, cunha positiva recepción por parte de todas as entidades cara este traballo estratéxico na que a Deputación de Pontevedra leva traballando dende o ano 2017.

    Ampliar contenido
  • Segue aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal en Tui

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
    hasta el 30 de Noviembre de 2019

    Celebrarase do 5 ao 8 de decembro no Paseo da Corredoira

    O Concello de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira do 5 ao 8 de decembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e creadores de artigos relacionados co Nadal.

    O Mercado Sustentable de Nadal, que forma parte da programación de Nadal, está baseado na sustentabilidade, na economía circular e de proximidade, así coma no respecto ao medio ambiente. O Concello de Tui promove este Mercado Sustentable de Nadal para dinamizar o sector comercial do municipio e a economía local ao servir de atractivo que permita incrementar a afluencia tanto da poboación local coma de visitantes á cidade.

    Ofértanse un total de 40 postos de madeira con carpa tipo "jaima" cunha coidada decoración e iluminación. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar a solicitude de participación no enlace https://forms.gle/9A3yA82DWpPvSpRGA , debendo acompañar fotografías representativas do produtos que ofertarán.

    Pódese ampliar esta información no 630 650 415 ou no correo info@enrede.es.
    Ampliar contenido
  • Até o 1 de decembro pode visitarse en Tui e exposición -Alto Minho, paisagens, espécies, historias-

    Fecha desde el 16 de Noviembre de 2019
    hasta el 01 de Diciembre de 2019

    Está promovida pola Comunidade Intermunicipal ? CIM Alto Minho

    A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 1 de decembro a exposición itinerante "Alto Minho, paisagens, espécies, historias" promovida pola Comunidade Intermunicipal - CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.
    Esta mostra realiza unha itinerancia polos concellos do Alto Minho e do Sur de Galicia. Está integrada por paneis interpretativos así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: Paisaxes, Especies e Historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.

    A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade.

    Así na mostra recóllese a orvalhinha, a lesma do mar, a salamandra lusitânica, as mouras encantadas, a lenda do lagarto de Lamas de Mouro ou as maias.

    Para o Concello de Tui a presenza en Tui desta exposición divulgativa sobre o territorio transfronteirizo é unha nova oportunidade de ofrecer aos tudenses e visitantes un achegamentos aos valores naturais e culturais deste espazo xeográfico que compartimos galegos e portugueses, en definitiva as poboacións asentadas nas ribeiras do Miño. Nunha nova oportunidade Tui é unha ponte de comunicación, agora na divulgación de patrimonio e de natureza, entre as terras de Galicia e o Norte de Portugal.

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido