Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • -O fío invisible- abre a actividade do Cineclub Poleiro de Goián

    Fecha desde el 03 de Octubre de 2019
    hasta el 09 de Enero de 2020

    O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño

    O xoves, 3 de outubro no auditorio de Goián ás 21:30 horas o Cineclub Poleiro proxecta O FÍO INVISIBLE unha comedia dramática multipremiada, dirixida por Paul Thomas Anderson.
    Sinopse: No Londres de posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá visten á realeza e ás mulleres elegantes. Un día o modisto solteiro coñece a unha moza que se convirte en musa e amante. Unha vida metódica transformada polo amor.

    O xoves, 7 de novembro, proxección da película francesa SAUVAGE unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet
    Sinopse: Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo. O futuro é incerto.

    O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL , con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017)
    Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. dunha muller. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.

    O xoves 9 de xaneiro , cine fantástico , LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)
    Sinopse : Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna .Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.

    O bono para as catro películas custa 12 euros

    O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño
    Ampliar contenido
  • O outono chega a Tomiño con máis de 30 actividades culturais, deportivas e de lecer para todos os públicos

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    O Concello de Tomiño ven de editar en papel a súa Axenda de Outono, na que se recollen todas as actividades previstas ata xaneiro, dende teatro ou concertos ata cursos, actividades deportivas e de voluntariado ou exposicións e obradoiros

    Un programa de actividades transversal e integrador dirixido a todos os públicos. Así é a programación cultural, deportiva e lúdica que o Concello de Tomiño ten prevista para os vindeiros meses e que ven de recoller en papel na xa tradicional Axenda de Outono. Un completo programa trimestral no que se aglutinan todas as actividades de cultura, mocidade, deporte, voluntariado e transfronteirizas "dun xeito cómodo e planificado, informando debidamente á veciñanza e garantindo que todas as actividades son un éxito", salienta a alcaldesa, Sandra González.

    A nova edición da Axenda de Outono recolle as preto de 30 actividades que se levarán a cabo entre outubro, novembro e decembro, rematando coa ampla programación preparada para o Nadal. Así, a programación trimestral arrancará esta mesma fin de semana coa obra de teatro ‘#Camiños', de Butaca Zero e, a vindeira semana, con dous cursos dirixidos á mocidade sobre cociña vegana e danzas urbanas, cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición.

    A partir de aí comezará unha intensa lista de actividades entre as que destaca a ampla programación teatral, con 8 obras para toda a familia e outras 6 dirixidas a público adulto. Así, o público infantil poderá desfrutar o 13 e o 27 de outubro de Baobab Teatro e de Roque e os seus contos no Mercado Municipal de Tomiño; o 3 de novembro dos ‘Contos do recreo' de Redrum Teatro; o 17 de novembro de Xarope Tulú e as súas ‘Nómades'; o 28 de decembro dos ‘Contos do animalario' de Daboapipa; o 29 de decembro das espectaculares pompas de xabón de de ‘Os fabulosos Cleaners' de Malasombra Producións e o 4 de xaneiro co último panda do planeta, ‘Mai-Mai', de Baobab Teatro.

    Pola súa banda, o público adulto disporá dun amplo abano de obras no auditorio de Goián: o 19 de outubro Contraproducións representará ‘Commedia' no auditorio de Goián; o 2 de novembro Chévere chegará con ‘Anatomía dunha serea'; o 9 de novembro Artesacía presentará a ‘Chola, a It Girl'; o 16 de novembro Destexeito Producións estará con ‘Loló e mamá' e o 24 de novembro Redrum Producións escenificará ‘Invisibles'.

    Actividades para todos os gustos
    A programación complétase cunha vintena de actividades e concertos, entre os que destacan os que ofrecerá Agrupación Musical de Goián en honra de Santa Icía (23 de novembro) e por Nadal (22 de decembro), os da Coral Polifónica de Tomiño (13 de outubro e 15 de decembro) ou o Festival de Nadal Virxe de Alivio. Pola súa banda, o Mercado Municipal de Tomiño acollerá en outubro unha exposición da Asociación de Cultivos do Baixo Miño e dende Voluntariado levaranse a cabo dúas actividades: a creación dun vídeo sobre a realidade das mulleres no rural e unha xornada de retirada de plantas invasoras.


    Os amantes do deporte teñen dúas citas este trimestre. Por un lado, o vindeiro 27 de outubro a Eurocidade Cerveira-Tomiño celebra o remate do seu programa Deporte para todas as persoas cunha xornada de actividades no Parque de Lazer do Castelinho, en Vila Nova de Cerveira, e o 22 de decembro terá lugar unha nova edición da Carreira de Nadal.


    E, como cada ano, Tomiño contará cunha programación especial de Nadal que comezará o 15 de decembro co concerto da Coral Polifónica e rematará coa tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro. Entrementres, 20 días de música, actividades deportivas, contacontos, teatro, obradoiros, inchables e moito máis pensados para que toda a familia poida desfrutar destas datas.


    Esta axenda en papel repartirase e colocarase en lugares de moito tránsito para difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, pero tamén pode consultarse directamente na web do Concello: https://tomino.gal/axenda-de-outono-2019/ .

    Ampliar contenido
  • Duas novas exposições para desfrutar no Aquamuseu do rio Minho

    Fecha desde el 10 de Octubre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    Até ao final do ano, o Aquamuseu do rio Minho sugere mais duas exposições que convidam ao conhecimento de duas espécies: o Ruivaco e a Enguia.

    Assim, até 30 de novembro, os visitantes do Aquamuseu podem conhecer um pouco mais sobre o Ruivaco do Oeste, um pequeno ciprinídeo (< 15cm) que só existe em Portugal, em três rios do Oeste: no rio Alcabrichel e Sizandro, em Torres Vedras e na ribeira do Safarujo, em Mafra. Tem estatuto de ameaça de "criticamente em perigo", consequência da poluição, destruição de habitats, escassez de água e predação por parte do lagostim-da-Louisiana. A presente exposição em painéis descreve as características gerais, habitats e problemas desta espécie endémica da Península Ibérica que, apesar de não ter importância comercial, tem muita importância para o equilíbrio dos ecossistemas.

    Já até dia 31 de dezembro, encontra-se patente ao público a exposição "A enguia no rio Minho", onde é abordado o ciclo biológico, as características gerais, a distribuição, a tendência do recurso, a pesca do meixão, as ameaças e a investigação. A enguia é um peixe serpentiforme, que vive grande parte da sua vida em água doce, migrando para o mar para se reproduzir. A sua exploração comercial e a construção de obstáculos à sua migração são considerados importantes fatores de ameaça.

    O Aquamuseu do rio Minho encontra-se de portas abertas de terça-feira a domingo, das 10h00 às 12h30 e das 14h00 às 18h00.
    Ampliar contenido
  • O Crochet Veste com Arte em Cerveira

    Fecha desde el 06 de Noviembre de 2019
    hasta el 31 de Diciembre de 2019

    Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento

    Exposição 'O Crochet Veste com Arte' - Artes e Ofícios Tradicionais
    Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento
    Ampliar contenido
  • Abertura de Candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2019
    hasta el 11 de Diciembre de 2019

    Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.

    Está a decorrer, entre esta segunda-feira e o dia 11 de dezembro, o período para apresentação de candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020, atribuídas pelo Município de Vila Nova de Cerveira.

    À semelhança dos anos anteriores, a autarquia cerveirense volta a atribuir 10 bolsas de estudo para agregados familiares do concelho com menores possibilidades, contribuindo para um maior e mais equilibrado desenvolvimento social, económico e cultural local.

    Além do preenchimento da documentação necessária e dos requisitos descritos no Regulamento Municipal de Concessão de Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior, os candidatos devem disponibilizar-se para a realização de 70 horas de trabalho comunitário em atividades/serviços da Câmara Municipal na área de formação frequentada ou outras.

    O processo de candidatura para o presente ano letivo 2019/2020 encontra-se aberto até às 16h30, do dia 11 de dezembro, formalizado com a entrega do requerimento próprio previamente preenchido na Secção de Atendimento ao Utente da Câmara Municipal.

    Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.
    Ampliar contenido
  • Ampliado ata o 5 de decembro o prazo de inscrición para o Curso de Adestradores de fútbol na Guarda

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    O Luns día 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda a partires do 25 de novembro.

    O pasado 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda.

    O Curso que se vai a realizar na Guarda e o Curso de Adestradores de nivel C Uefa, que permite adestrar a todos os equipos de fútbol das categorías Base, titulación mínima esixida e que poden facer todos os interesados ou interesadas sempre e cando teñan máis de 16 anos e que teñan a titulación mínima esixida, ESO ou equivalente.

    O prazo de inscricións ven de ampliarse

    Este curso realízase na Guarda a petición do Clube Sporting Guardés, per esténdese tamén aos concellos limítrofes, polo que todos os interesados e interesadas poden inscribirse ata o 5 de decembro a través da web da Federación Galega de Fúbtol www.futgal.es no apartado de adestradores. O Curso ten un custo de 200€, reembolsables no caso de que o alumno realice «a posteriori» o Curso de Adestradores de nivel B.

    Dende o Concello anímase a participar neste curso aos interesados, de cara á profesionalización e formación das persoas que traballan cos deportistas da vila, favorecendo a aposta polos valores na práctica deportiva.

    Ampliar contenido
  • Magosto, música e teatro neste mes de novembro en Randufe

    Fecha desde el 17 de Noviembre de 2019
    hasta el 01 de Diciembre de 2019

    A Asociación Xuntanza Randufe organiza varias actividades para este mes de novembro

    DOMINGO, 17 DE NOVEMBRO: MAGOSTO
    Unhas ricas castañas sempre sentan moi ben, por iso convidámoste ó noso magosto o Domingo, 17 de novembro a partir das 18:30h. Degustaremos xuntos as mellores castañas asadas e viño de balde.
    Mentres comemos as ricas castañas teremos a oportunidade de cantar e bailar co grupo de Gaitas da nosa asociación e algún grupo convidado, aínda así, estades convidados a traer o voso instrumento para todos xuntos facer unha tarde de domingo diferente.
    Animádevos a participar!!

    XOVES, 21 DE NOVEMBRO: ESTUDIO AUDITIVO GRATUITO
    No mes de marzo, a asociación firmou un convenio de colaboración con Centros Audika, o cal os/as socios/as teñen numerosos beneficios (estudo audiolóxico gratuito, desconto na compra de audífonos...). Debido a boa acollida do estudo auditivo realizado no mes de abril, volvemos a darvos a oportunidade de facer o estudo gratuito. O horario de atención será o xoves 21, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00.
    Todo socio/a interesado na revisión de forma gratuita da audición, deberán notificar a súa asistencia no teléfono da asociación 646.646.500.

    SÁBADO 30 DE NOVEMBRO E DOMINGO 1 DE DECEMBRO:
    X MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO
    - Sábado 30 de novembro ás 21:30 horas: comezamos a mostra co noso grupo de teatro, "Teatro Chirlomirlo", coa obra "MILES GLORIOSUS". Un militar romano fantoche e de pouco siso, uns veciños e uns escravos fartos de aturalo, un achado indiscreto e unha historia que se precipita por culpa....dunha mona!!.
     Domingo 1 de decembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de "Teatro de Xinzo", Ponteareas, coa comedia "TODO QUEDA NA CASA". Trátase dunha obra de humor, que conta a historia dunha familia do rural, que despois de aparecer unha nena na casa provoca moitos enredos.
     - Haberá mágnificos bingos os dous días!!!
    Ampliar contenido
  • A Guarda conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con varias actividades

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    O Centro Cultural acolle unha obra de teatro o día 22 e a Praza do Reló acolle unha actuación musical o 25 de novembro

    O Concello da Guarda afronta xa a recta final para as conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N que, un ano máis, se coordina dende o Centro de Información á Muller da Guarda e a Concellería de Igualdade e servizos Sociais, participando na campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

    Desde o Concello se pon disposición dos establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos/as, camisetas e bolsas para aqueles comercios que o ano pasado non participaron e, como novidade, haberá pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as preaceiros/as para que do 18 ao 25 de novembro, podan vestir as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes ou os mesmos empregados e empresarios de negro.

    Para participar nesta campaña tan só é preciso chamar ao número de teléfono 986614648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 13 de novembro e deseguida contactarase cos interesados/as. Arestora se conta xa con máis dunha vintena de establecementos adheridos.

    Programación de actividades
    O venres día 22 de novembro o Centro Cultural acolle ás 21:00h a obra de teatro «Anatomía dunha serea», unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, madre e vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde previa retirada de tickets, dispoñibles dende o día 21 de novembro no Centro Cultural, de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h e no CIM de 9:00h a 14:30h. Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
     
    O próximo día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:30 h na Praza do Reló, contarase coa actuación músical de cantautora Su Garrido e se convida a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria. Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra. Esta actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
    Ampliar contenido
  • Asociacións e promotores de Galicia e Portugal presentan 5 candidaturas ao OPT 2020

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
    hasta el 15 de Diciembre de 2019

    A cidadanía de Cerveira e Tomiño poderá votar os dous proxectos que máis lle guste dende o 15 de novembro até o 15 de decembro

    O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2020 xa ten novas propostas enriba da mesa. Un total de 27 asociacións e promotores de Galicia e Portugal participaron no proceso que desembocou finalmente na presentación de cinco proxectos para participar na cuarta edición do OPT de Cerveira e Tomiño, unha iniciativa que busca permitir o coñecemento e intercambio de persoas, asociacións e entidades que comparten intereses e obxectivos a ambas beiras do Miño e que trata de promocionar a igualdade de oportunidades e o reforzo da participación pública da cidadanía transfronteiriza na procura de solucións para problemas comúns.

    O período de votación de propostas estará aberto do 15 de novembro ao 15 de decembro e nel poderán participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio dar o voto a dous proxectos. Todas as votacións realizarante a través da plataforma online participacerveiratomino.eu, garantindo a transparencia do proceso participativo. Esta votación popular servirá para elixir os dous proxectos preferidos pola cidadanía, proxectos que serán desenvolvidos en 2020 en que contarán cada un cun orzamento de 10.000 euros.

    Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.

    LISTA DE PROXECTOS
    "As Rotas Minho/Roteiros Miño": busca unir dous países a través das andainas para poder coñecer camiñando polos dous territorios a nivel paixasístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Os seus promotores son o Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega.
    "Intercambio interxeracional": procura promover a interrelación entre nenos, nenas e maiores institucionalizados, con sesións de intercambio de experiencias, anécdotas, lingua e coñecementos. Os seus promotores son a Santa Casa da Misericordia de Vila Nova de Cerveira e a súa Creche e Jardim de Infáncia, e a Escola Infantil Mi primer paso.


    "Experiencies4all": ten coma fin a posta en marcha de experiencias guiadas/orientadas nas áreas de patrimonio, turismo, ocio e cultura. Os promotores desta proposta son Patrick Alves Esteves e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.


    "Pensar o corpo, mover a mente": propón unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de ocio para todos os públicos. Os seus promotores son o Club de Fitness de Cerveira CITIUS Fit (Asociación sen fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.


    "Unha pinga de auga": busca dar a coñecer o patrimonio inmaterial relacionado coa auga dos dous municipios a través de talleres, visitas e actividades dirixidas á poboación máis nova. Ten como promotores a Coxapo e á Associaçao Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda.


    A web de votación recolle información máis ampla sobre cada unha das candidaturas.

    Ampliar contenido
  • Segue aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal en Tui

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
    hasta el 30 de Noviembre de 2019

    Celebrarase do 5 ao 8 de decembro no Paseo da Corredoira

    O Concello de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira do 5 ao 8 de decembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e creadores de artigos relacionados co Nadal.

    O Mercado Sustentable de Nadal, que forma parte da programación de Nadal, está baseado na sustentabilidade, na economía circular e de proximidade, así coma no respecto ao medio ambiente. O Concello de Tui promove este Mercado Sustentable de Nadal para dinamizar o sector comercial do municipio e a economía local ao servir de atractivo que permita incrementar a afluencia tanto da poboación local coma de visitantes á cidade.

    Ofértanse un total de 40 postos de madeira con carpa tipo "jaima" cunha coidada decoración e iluminación. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar a solicitude de participación no enlace https://forms.gle/9A3yA82DWpPvSpRGA , debendo acompañar fotografías representativas do produtos que ofertarán.

    Pódese ampliar esta información no 630 650 415 ou no correo info@enrede.es.
    Ampliar contenido
  • Medrando en Familia propón reforzar a alimentación saudable con charlas e obradoiros

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    As familias poderán aprender sobre o tema asistindo a un encontro e a dous obradoiros organizados pola Concellería de Benestar. Haberá servizo de gardería, pero é preciso apuntarse

    A Concellería de Benestar organiza, a través do seu departamento de Educación Familiar, o encontro "Tres, dous, un...a comer" o luns 25 de novembro, ás 17.30h, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

    A actividade, enmarcada dentro do programa de intervención socio-comunitaria "Medrando en Familia", está dirixida especialmente a familias con nenos e nenas menores de 6 anos, polo que haberá servizo de gardería (é preciso inscribirse previamente). A charla estará a cargo da nutricionista e farmacéutica, Nuria Iglesias Lomba.

    O programa inclúe este semestre a alimentación e os bos hábitos de nutrición infantil, tratando de maneira especial, por un lado, a transición dos líquidos aos sólidos nos casos dos bebés, e por outro, aprendendo trucos para achegarse ás boas prácticas alimenticias, explorando novas propostas culinarias entre fillos/as e nais e pais.

    Así, tras o encontro, celebraranse dous obradoiros; un (luns 2 de decembro, 17.30h) para familias con fillos/as de 0 a 24 meses, e outro (luns 9 de decembro á mesma hora), para familias con nenos e nenas de 24 meses en adiante. Ambos no Mercado Municipal.

    Medrando en Familia, posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño, é un programa de intervención socio-comunitario que busca influír, fundamentalmente, no benestar dos máis cativos e cativas, dando resposta a ese intervalo de poboación que conforma a primeira infancia, e tamén á rede familiar. Varias charlas, encontros e obradoiros marcan esta nova edición do programa, no que se fai especial fincapé na busca dunha alimentación saudable. Unha media de 30 familias asisten ás actividades, de balde, organizadas polo Concello, rexistrándose un total de 700 usuarios e usuarias dos programas do Servizo de Educación Familiar, no que vai de ano.

    Segundo explica Cristina Martínez, concelleira de Benestar, " a través de encontros e obradoiros, este programa promove a estimulación nun sentido amplo, a adaptación da intervención ás necesidades da familia e en relación aos menores, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna".

    Ampliar contenido
  • Até o 1 de decembro pode visitarse en Tui e exposición -Alto Minho, paisagens, espécies, historias-

    Fecha desde el 16 de Noviembre de 2019
    hasta el 01 de Diciembre de 2019

    Está promovida pola Comunidade Intermunicipal ? CIM Alto Minho

    A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 1 de decembro a exposición itinerante "Alto Minho, paisagens, espécies, historias" promovida pola Comunidade Intermunicipal - CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.
    Esta mostra realiza unha itinerancia polos concellos do Alto Minho e do Sur de Galicia. Está integrada por paneis interpretativos así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: Paisaxes, Especies e Historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.

    A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade.

    Así na mostra recóllese a orvalhinha, a lesma do mar, a salamandra lusitânica, as mouras encantadas, a lenda do lagarto de Lamas de Mouro ou as maias.

    Para o Concello de Tui a presenza en Tui desta exposición divulgativa sobre o territorio transfronteirizo é unha nova oportunidade de ofrecer aos tudenses e visitantes un achegamentos aos valores naturais e culturais deste espazo xeográfico que compartimos galegos e portugueses, en definitiva as poboacións asentadas nas ribeiras do Miño. Nunha nova oportunidade Tui é unha ponte de comunicación, agora na divulgación de patrimonio e de natureza, entre as terras de Galicia e o Norte de Portugal.

    Ampliar contenido
  • Últimos días para inscribirse no obradoiro interxeracional de bailes e cancións en Oia

    Fecha desde el 20 de Noviembre de 2019
    hasta el 13 de Diciembre de 2019

    A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos

    Oia acollerá un obradoiro interxeracional de bailes e cancións, que se desenvolverá en Torroña no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

    A actividade celebrarase baixo o título "Bailes e cancións de agora e de sempre" e vai dirixida a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos. As sesións terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro nas Escolas de Torroña, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

    As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden inscribirse no Concello de Oia (986.36.21.25) ata o 13 de decembro.

    Ampliar contenido
  • Concentración na praza do Calvario contra a Violencia de Xénero este luns

    Fecha desde el 24 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    Domingo 24 de novembro ás 12:00h no Salón de Exposicións do Concello do Rosal

    Este próximo domingo 24 de novembro terá lugar no Salón de Exposicións do Concello do Rosal unha Xornada contra a Violencia de Xénero á que está convidada toda a veciñanza.

    Ás 12.00 será a presentación do libro de poemas "No camiño do vento" na que intervirán Joshua Alonso Mateo e Miriam Ferradáns, fillo de Sesé Mateo e xornalista experta en xénero respectivamente.

    Sesé Mateo foi asasinada en 2017 polo seu exparella, que provocou un incendio na súa casa de Chapela. Entre as lapas sobreviviu un caderno de poemas feministas que hoxe presentamos. "No camiño do vento".

    María José, Sesé Mateo (Chapela, Redondela, 1965) foi unha muller moi activa socialmente. Colaborou en grandes mobilizacións sociais, participou no levantamento da fosa común na que se atopaba enterrado o seu avó republicano fusilado, foi defensora dos dereitos das traballadoras como sindicalista, e defendía a igualdade de dereitos da muller. A súa loita era feminista.

    Pero o 20 de febreiro de 2017, Emilio Fernández a súa ex parella, deixou en casa dos seus pais ao fillo que tiñan en común e regresou á casa de Chapela cando non estaba Sesé. Alí cortou a goma das bombonas e baleirou un bidón de gasolina. A casa voou polo aire. Nesa casa destruída, entre entullos de pedras e restos do que un día foi o fogar dunha familia, sobreviviu milagrosamente un caderno de poemas feministas escrito por Sesé. Con todo ese traballo editouse un libro, No camiño do vento, da man dos seus fillos e de mulleres vinculadas a la cultura. Son poemas en galego e castelán reunidos nun volume.

    O seu fillo Joshua falaranos do que supón perder a unha nai e o que supón enfrontarse á administración como orfo dunha muller vítima de violencia de xénero.

    Ás 12.45 será a entrega dos premios ás persoas gañadoras do III Concurso de haikus convocado polo Concello do Rosal.

    Ás 13.00 será a sesión vermú a cargo do Su Garrido Pombo, cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abarca diversos xéneros con matices de bossa, folk ou jazz. No mes de maio de neste mesmo ano, obtén o Premio Martin Codax da música galega na categoría de Canción de autora. Desfrutaremos da actuación aberta a todo o público e gratuíta no Salón de Exposicións, nos baixos do Concello.

    Ase mesmo lembramos que o luns 25 de novembro terá lugar ás 12.00 h. a concentración na praza do Calvario en contra da violencia de xénero. Participará alumnado dos centros educativos e leerase un manifesto de rexeitamento da violencia de xénero. Animádevos a participar....... EN NEGRO CONTRA As VIOLENCIAS!!!!
    Ampliar contenido
  • Tui tínguese de negro para conmemorar o 25N

    Fecha desde el 20 de Noviembre de 2019
    hasta el 30 de Noviembre de 2019

    Convídase á cidadanía e ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural á sumarse á campaña

    Tui tínguese de negro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de sensibilizar e implicar á poboación contra as violencias machistas.

    O Concello de Tui adheriuse de novo este ano á campaña "En negro contra as violencias" na que este ano participan máis de 130 concellos galegos. O obxectivo é fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal. Tamén persegue implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. Dende o Concello de Tu convídase á poboación a sumarse a esta campaña tinguindo Tui de negro dende hoxe mércores, 20 de novembro, até o sábado día 30.

    Coma inicio da campaña Tui En Negro este mediodía colócase unha lona na fachada da casa do concello. E dende hoxe repartirase material da campaña Tui En Negro entre o comercio, hostalería e centros públicos, os interesados poden tamén recoller este material no departamento de Servizos Sociais na casa do concello. Este sábado, 23 de novembro, dende ás 10 h repartiranse mandís da campaña "Tui en Negro" entre as persoas que se acheguen á praza de Abastos.

    Dentro das accións programadas pola Concellería de Igualdade para este 25N está tamén a iniciativa "Tui soña" que dende comezos de mes está en marcha en todos os centros educativos de Infantil e Primaria de Tui. Tense convidado os colexios a "soñar cun mañá mellor a través das voces dos nenos e nenas" segundo explica a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez. En concreto a proposta consiste en que cada centro decore unha silueta de muller, aportada polo Concello, con frases, debuxos, poesía...en positivo. Este traballo realizado polo escolares exponse inicialmente en cada centro educativo, e o próximo luns será entregado na casa da concello, para a súa exposición durante unha semana, posteriormente na Sala Municipal na Área Panorámica, e a continuación as siluetas serán expostas en distintos locais comerciais e de hostalería facendo chegar así a mirada de optimismo dos cativos e cativas cara ao futuro á poboación en xeral.

    Este domingo, 24 de novembro, ás 11 h sairá da praza de San Fernando a I Andaina "Camiño á liberdade" contra a violencia de xénero. Realizará un percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e haberá unha muiñada. A dificultade da ruta, que regresará ao punto de partida, é doada e terá unha duración aproximada 2 h 30 minutos. Para participar nesta andaina é preciso inscribirse até o propio domingo na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.

    O próximo luns, 25 de novembro, está previsto o acto institucional da campaña, ás 12 h na praza de San Fernando. Consistirá na lectura dun manifesto, na exposición das siluetas de mulleres da campaña "Tui soña" cos deseños realizados polo alumnado e Infantil e Primaria, e contarase coa actuación musical do alumnado dos distintos centros educativos tudenses. Dende o Concello convídase á cidadanía a participar no acto vestidos de negro ou cunha prenda negra en sinal de do polas vítimas da violencia de xénero.

    O sábado, 30 de novembro, impartirase o curso gratuíto "Autodefensa para mulleres ante situacións violentas" concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Será de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2. Será impartido por monitores especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións.

    As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui.
    Programa
    - Mércores 20
    o Inicio da Campaña Tui En Negro coa colocación da lona na casa do concello e do material da campaña en edificios públicos, establecementos comerciais, hostaleiros... e nas redes sociais municipais
    - Sábado 23
    o Ás 10 h repartiranse mandís da campaña "Tui en negro" entre as persoas que se acheguen á praza de Abastos.
    - Domingo 24
    o Ás 11 h I Andaina "Camiño á liberdade" contra a violencia de xénero. Saída da Praza de San Fernando. Percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e muiñada. Duración aproximada 2 h 30 minutos. Inscrición previa na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
    - Luns 25
    o Lectura dun manifesto, exposición das siluetas de "Tui Soña" e actuacións musicais dos centros educativos.
    - Sábado 30
    o Dende ás 10 h Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas no pavillón do CEIP nº2
    Ampliar contenido
  • Tomiño busca a implicación da cidadanía na campaña contra a violencia de xénero

    Fecha desde el 21 de Noviembre de 2019
    hasta el 25 de Noviembre de 2019

    Dende o día 15, os comercios, empresas, clubs deportivos e asociacións poden recoller no Concello o material da campaña -En negro contra as violencias-

    Un ano máis, e xunto con máis dun centenar de vilas e cidades galegas, o Concello de Tomiño súmase á campaña "En negro contra as Violencias", en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero . Por elo, dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, animan novamente ao sector do comercio e a todos os axentes sociais e empresarias do municipio, a implicarse nesta acción colectiva, tinguindo de loito o concello, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

    "Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Tomiño, e sodes o gran escaparate que pode transmitir a mensaxe de denuncia e solidariedade para un Tomiño libre de violencias machistas, convidámosvos a participar nesta campaña co obxectivo de rexeitar coa maior contundencia posible e, dunha vez por todas, a violencia machista, e situala na axenda como un problema público, de toda a cidadanía", explican dende a concellería.

    A partir do 18 e até o 25 de novembro viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, asociación etc. de negro", é a petición da Oficina Municipal de Igualdade de Tomiño.

    Así, dende o venres 15 de novembro, pódese recoller a cartelaría da campaña, de xeito gratuíto, no Rexistro do Concello.

    Lembran tamén que se pode difundir esta campana dende negocios, asociacións, clubs deportivos, redes sociais e amosar así o apoio público ao fin da violencia machista.

    Actos

    Ademais da campaña Tomiño en Negro (18 ao 25 de novembro), os actos con ocasión do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, serán:

    Día 24. 18:00h. Auditorio de Goián. De balde. TEATRO: "INVISIBLES", de Redrum Teatro (historias reais de mulleres galegas unidas polo fío común da violencia de xénero). Unha reflexión sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.

    Día 25N. 12:00h. No Mercado Municipal ( 1º andar). Lectura de manifesto coa intervención e actuación musical do alumnado de 1º Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos.
    Ampliar contenido
  • Tui acolle atao 14 de decembro a exposición -Descubre Sefarad-

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2019
    hasta el 14 de Diciembre de 2019

    É a primeira actividade que a Red de Juderías de España promove na cidade

    Dende mañá venres, 22 de novembro, e até o sábado 14 de decembro poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio "Francisco Sánchez", a exposición "Descubre Sefarad". A mostra está organizada pola Red de Juderías de España, na que recentemente se ten integrado o Concello de Tui.

    Esta exposición realiza un percorrido a través de imaxes polas cidades integradas nesta Red de Juderías de España. Son 24 imaxes de gran formato que capturan a alma das xuderías de cada unha cidades integradas nesta Rede e que están acompañadas dun pequeno texto que destaca a esencia xudía de cada unha destas localidades.

    A exposición está circulando por diversas localidades de España (Lorca, Monforte, etc,) así como de Francia (Lyon) e Alemaña (Berlín) para a promoción cultural e turística dos municipios integrados na Red de Juderías.

    "Descubre Sefarad" contribúe a remarcar a importancia e contribución que a cultura xudía ten aportado ao carácter e esencia de España e traza un recorrido polo labor da Red de Juderías a prol da conservación e difusión do patrimonio xudeu, tanto o de carácter materia como inmaterial.

    O Concello de Tui forma parte dende este ano da Red de Juderías e con esta integración se pretende promover o importante legado xudeu na nosa cidade que ten exemplos como a colección de "Sambenitos" do Museo Diocesano que teñen un carácter único e excepcional e que xunto as diversas testemuñas da presenza desta cultura na nosa cidade constitúen un importante recurso cultural e turístico que posiciona á nosa cidade e diversifica a súa aposta turística centrada neste tipo de turismo cultural.

    Mañá venres, ás 12h , o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado do concelleiro de Patrimonio e Turismo, Laureano Alonso, visitarán a exposición que é a primeira actividade que promove a Red de Juderías en Tui.
    Ampliar contenido
  • Apertura do prazo de inscrición para participar no Campamento de Nadal 2019 no Rosal

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2019
    hasta el 11 de Diciembre de 2019

    As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida no Rexistro do concello.

    O vindeiro luns 25 de novembro ás 8:00 ábrese o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal que terá lugar en decembro e xaneiro de 8.45h. a 14.15h.
    Nos seguintes enlaces pódense descargar as bases e os documentos que deben cubrirse para poder participar. O prazo para realizar a solicitude de participación remata ás 14:00 do 11 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida no Rexistro do concello.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido