Agenda
-O fío invisible- abre a actividade do Cineclub Poleiro de Goián
Fecha desde el 03 de Octubre de 2019
hasta el 09 de Enero de 2020O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño
Ampliar contenidoO xoves, 3 de outubro no auditorio de Goián ás 21:30 horas o Cineclub Poleiro proxecta O FÍO INVISIBLE unha comedia dramática multipremiada, dirixida por Paul Thomas Anderson.
Sinopse: No Londres de posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá visten á realeza e ás mulleres elegantes. Un día o modisto solteiro coñece a unha moza que se convirte en musa e amante. Unha vida metódica transformada polo amor.
O xoves, 7 de novembro, proxección da película francesa SAUVAGE unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet
Sinopse: Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo. O futuro é incerto.
O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL , con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017)
Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. dunha muller. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.
O xoves 9 de xaneiro , cine fantástico , LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)
Sinopse : Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna .Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.
O bono para as catro películas custa 12 euros
O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño
O outono chega a Tomiño con máis de 30 actividades culturais, deportivas e de lecer para todos os públicos
Fecha desde el 04 de Octubre de 2019
hasta el 31 de Diciembre de 2019O Concello de Tomiño ven de editar en papel a súa Axenda de Outono, na que se recollen todas as actividades previstas ata xaneiro, dende teatro ou concertos ata cursos, actividades deportivas e de voluntariado ou exposicións e obradoiros
Ampliar contenidoUn programa de actividades transversal e integrador dirixido a todos os públicos. Así é a programación cultural, deportiva e lúdica que o Concello de Tomiño ten prevista para os vindeiros meses e que ven de recoller en papel na xa tradicional Axenda de Outono. Un completo programa trimestral no que se aglutinan todas as actividades de cultura, mocidade, deporte, voluntariado e transfronteirizas "dun xeito cómodo e planificado, informando debidamente á veciñanza e garantindo que todas as actividades son un éxito", salienta a alcaldesa, Sandra González.
A nova edición da Axenda de Outono recolle as preto de 30 actividades que se levarán a cabo entre outubro, novembro e decembro, rematando coa ampla programación preparada para o Nadal. Así, a programación trimestral arrancará esta mesma fin de semana coa obra de teatro ‘#Camiños', de Butaca Zero e, a vindeira semana, con dous cursos dirixidos á mocidade sobre cociña vegana e danzas urbanas, cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición.
A partir de aí comezará unha intensa lista de actividades entre as que destaca a ampla programación teatral, con 8 obras para toda a familia e outras 6 dirixidas a público adulto. Así, o público infantil poderá desfrutar o 13 e o 27 de outubro de Baobab Teatro e de Roque e os seus contos no Mercado Municipal de Tomiño; o 3 de novembro dos ‘Contos do recreo' de Redrum Teatro; o 17 de novembro de Xarope Tulú e as súas ‘Nómades'; o 28 de decembro dos ‘Contos do animalario' de Daboapipa; o 29 de decembro das espectaculares pompas de xabón de de ‘Os fabulosos Cleaners' de Malasombra Producións e o 4 de xaneiro co último panda do planeta, ‘Mai-Mai', de Baobab Teatro.
Pola súa banda, o público adulto disporá dun amplo abano de obras no auditorio de Goián: o 19 de outubro Contraproducións representará ‘Commedia' no auditorio de Goián; o 2 de novembro Chévere chegará con ‘Anatomía dunha serea'; o 9 de novembro Artesacía presentará a ‘Chola, a It Girl'; o 16 de novembro Destexeito Producións estará con ‘Loló e mamá' e o 24 de novembro Redrum Producións escenificará ‘Invisibles'.Actividades para todos os gustos
A programación complétase cunha vintena de actividades e concertos, entre os que destacan os que ofrecerá Agrupación Musical de Goián en honra de Santa Icía (23 de novembro) e por Nadal (22 de decembro), os da Coral Polifónica de Tomiño (13 de outubro e 15 de decembro) ou o Festival de Nadal Virxe de Alivio. Pola súa banda, o Mercado Municipal de Tomiño acollerá en outubro unha exposición da Asociación de Cultivos do Baixo Miño e dende Voluntariado levaranse a cabo dúas actividades: a creación dun vídeo sobre a realidade das mulleres no rural e unha xornada de retirada de plantas invasoras.
Os amantes do deporte teñen dúas citas este trimestre. Por un lado, o vindeiro 27 de outubro a Eurocidade Cerveira-Tomiño celebra o remate do seu programa Deporte para todas as persoas cunha xornada de actividades no Parque de Lazer do Castelinho, en Vila Nova de Cerveira, e o 22 de decembro terá lugar unha nova edición da Carreira de Nadal.
E, como cada ano, Tomiño contará cunha programación especial de Nadal que comezará o 15 de decembro co concerto da Coral Polifónica e rematará coa tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro. Entrementres, 20 días de música, actividades deportivas, contacontos, teatro, obradoiros, inchables e moito máis pensados para que toda a familia poida desfrutar destas datas.
Esta axenda en papel repartirase e colocarase en lugares de moito tránsito para difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, pero tamén pode consultarse directamente na web do Concello: https://tomino.gal/axenda-de-outono-2019/ .
Duas novas exposições para desfrutar no Aquamuseu do rio Minho
Fecha desde el 10 de Octubre de 2019
hasta el 31 de Diciembre de 2019Até ao final do ano, o Aquamuseu do rio Minho sugere mais duas exposições que convidam ao conhecimento de duas espécies: o Ruivaco e a Enguia.
Ampliar contenidoAssim, até 30 de novembro, os visitantes do Aquamuseu podem conhecer um pouco mais sobre o Ruivaco do Oeste, um pequeno ciprinídeo (< 15cm) que só existe em Portugal, em três rios do Oeste: no rio Alcabrichel e Sizandro, em Torres Vedras e na ribeira do Safarujo, em Mafra. Tem estatuto de ameaça de "criticamente em perigo", consequência da poluição, destruição de habitats, escassez de água e predação por parte do lagostim-da-Louisiana. A presente exposição em painéis descreve as características gerais, habitats e problemas desta espécie endémica da Península Ibérica que, apesar de não ter importância comercial, tem muita importância para o equilíbrio dos ecossistemas.
Já até dia 31 de dezembro, encontra-se patente ao público a exposição "A enguia no rio Minho", onde é abordado o ciclo biológico, as características gerais, a distribuição, a tendência do recurso, a pesca do meixão, as ameaças e a investigação. A enguia é um peixe serpentiforme, que vive grande parte da sua vida em água doce, migrando para o mar para se reproduzir. A sua exploração comercial e a construção de obstáculos à sua migração são considerados importantes fatores de ameaça.
O Aquamuseu do rio Minho encontra-se de portas abertas de terça-feira a domingo, das 10h00 às 12h30 e das 14h00 às 18h00.
O Crochet Veste com Arte em Cerveira
Fecha desde el 06 de Noviembre de 2019
hasta el 31 de Diciembre de 2019Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento
Ampliar contenidoExposição 'O Crochet Veste com Arte' - Artes e Ofícios Tradicionais
Para visitar até 31 de dezembro, na Galeria da Loja Interativa de Turismo, dentro do período normal de funcionamento
Agenda dos principais eventos culturais, desportivos e recreativos de Valença, referentes aos meses de novembro e dezembro
Fecha desde el 06 de Noviembre de 2019
hasta el 31 de Diciembre de 2019Referentes aos meses de novembro e dezembro.
Ampliar contenidoAgenda dos principais eventos culturais, desportivos e recreativos de Valença, referentes aos meses de novembro e dezembro.
Abertura de Candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020
Fecha desde el 12 de Noviembre de 2019
hasta el 11 de Diciembre de 2019Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.
Ampliar contenidoEstá a decorrer, entre esta segunda-feira e o dia 11 de dezembro, o período para apresentação de candidaturas às Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior 2019/2020, atribuídas pelo Município de Vila Nova de Cerveira.
À semelhança dos anos anteriores, a autarquia cerveirense volta a atribuir 10 bolsas de estudo para agregados familiares do concelho com menores possibilidades, contribuindo para um maior e mais equilibrado desenvolvimento social, económico e cultural local.
Além do preenchimento da documentação necessária e dos requisitos descritos no Regulamento Municipal de Concessão de Bolsas de Estudo para Alunos do Ensino Superior, os candidatos devem disponibilizar-se para a realização de 70 horas de trabalho comunitário em atividades/serviços da Câmara Municipal na área de formação frequentada ou outras.
O processo de candidatura para o presente ano letivo 2019/2020 encontra-se aberto até às 16h30, do dia 11 de dezembro, formalizado com a entrega do requerimento próprio previamente preenchido na Secção de Atendimento ao Utente da Câmara Municipal.
Toda a informação e documentação necessária está disponível no Portal do Município, em Viver - Educação - Bolsas de Estudo.
Magosto, música e teatro neste mes de novembro en Randufe
Fecha desde el 17 de Noviembre de 2019
hasta el 01 de Diciembre de 2019A Asociación Xuntanza Randufe organiza varias actividades para este mes de novembro
Ampliar contenidoDOMINGO, 17 DE NOVEMBRO: MAGOSTO
Unhas ricas castañas sempre sentan moi ben, por iso convidámoste ó noso magosto o Domingo, 17 de novembro a partir das 18:30h. Degustaremos xuntos as mellores castañas asadas e viño de balde.
Mentres comemos as ricas castañas teremos a oportunidade de cantar e bailar co grupo de Gaitas da nosa asociación e algún grupo convidado, aínda así, estades convidados a traer o voso instrumento para todos xuntos facer unha tarde de domingo diferente.
Animádevos a participar!!
XOVES, 21 DE NOVEMBRO: ESTUDIO AUDITIVO GRATUITO
No mes de marzo, a asociación firmou un convenio de colaboración con Centros Audika, o cal os/as socios/as teñen numerosos beneficios (estudo audiolóxico gratuito, desconto na compra de audífonos...). Debido a boa acollida do estudo auditivo realizado no mes de abril, volvemos a darvos a oportunidade de facer o estudo gratuito. O horario de atención será o xoves 21, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00.
Todo socio/a interesado na revisión de forma gratuita da audición, deberán notificar a súa asistencia no teléfono da asociación 646.646.500.
SÁBADO 30 DE NOVEMBRO E DOMINGO 1 DE DECEMBRO:
X MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO
- Sábado 30 de novembro ás 21:30 horas: comezamos a mostra co noso grupo de teatro, "Teatro Chirlomirlo", coa obra "MILES GLORIOSUS". Un militar romano fantoche e de pouco siso, uns veciños e uns escravos fartos de aturalo, un achado indiscreto e unha historia que se precipita por culpa....dunha mona!!.
Domingo 1 de decembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de "Teatro de Xinzo", Ponteareas, coa comedia "TODO QUEDA NA CASA". Trátase dunha obra de humor, que conta a historia dunha familia do rural, que despois de aparecer unha nena na casa provoca moitos enredos.
- Haberá mágnificos bingos os dous días!!!
Asociacións e promotores de Galicia e Portugal presentan 5 candidaturas ao OPT 2020
Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
hasta el 15 de Diciembre de 2019A cidadanía de Cerveira e Tomiño poderá votar os dous proxectos que máis lle guste dende o 15 de novembro até o 15 de decembro
Ampliar contenidoO Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2020 xa ten novas propostas enriba da mesa. Un total de 27 asociacións e promotores de Galicia e Portugal participaron no proceso que desembocou finalmente na presentación de cinco proxectos para participar na cuarta edición do OPT de Cerveira e Tomiño, unha iniciativa que busca permitir o coñecemento e intercambio de persoas, asociacións e entidades que comparten intereses e obxectivos a ambas beiras do Miño e que trata de promocionar a igualdade de oportunidades e o reforzo da participación pública da cidadanía transfronteiriza na procura de solucións para problemas comúns.
O período de votación de propostas estará aberto do 15 de novembro ao 15 de decembro e nel poderán participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio dar o voto a dous proxectos. Todas as votacións realizarante a través da plataforma online participacerveiratomino.eu, garantindo a transparencia do proceso participativo. Esta votación popular servirá para elixir os dous proxectos preferidos pola cidadanía, proxectos que serán desenvolvidos en 2020 en que contarán cada un cun orzamento de 10.000 euros.
Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.LISTA DE PROXECTOS
"As Rotas Minho/Roteiros Miño": busca unir dous países a través das andainas para poder coñecer camiñando polos dous territorios a nivel paixasístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Os seus promotores son o Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega.
"Intercambio interxeracional": procura promover a interrelación entre nenos, nenas e maiores institucionalizados, con sesións de intercambio de experiencias, anécdotas, lingua e coñecementos. Os seus promotores son a Santa Casa da Misericordia de Vila Nova de Cerveira e a súa Creche e Jardim de Infáncia, e a Escola Infantil Mi primer paso.
"Experiencies4all": ten coma fin a posta en marcha de experiencias guiadas/orientadas nas áreas de patrimonio, turismo, ocio e cultura. Os promotores desta proposta son Patrick Alves Esteves e a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.
"Pensar o corpo, mover a mente": propón unha fin de semana de actividades deportivas, artísticas e de ocio para todos os públicos. Os seus promotores son o Club de Fitness de Cerveira CITIUS Fit (Asociación sen fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.
"Unha pinga de auga": busca dar a coñecer o patrimonio inmaterial relacionado coa auga dos dous municipios a través de talleres, visitas e actividades dirixidas á poboación máis nova. Ten como promotores a Coxapo e á Associaçao Amigos dos Espaços Naturais de Reboreda.
A web de votación recolle información máis ampla sobre cada unha das candidaturas.
Segue aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal en Tui
Fecha desde el 15 de Noviembre de 2019
hasta el 30 de Noviembre de 2019Celebrarase do 5 ao 8 de decembro no Paseo da Corredoira
Ampliar contenidoO Concello de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira do 5 ao 8 de decembro. A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e creadores de artigos relacionados co Nadal.
O Mercado Sustentable de Nadal, que forma parte da programación de Nadal, está baseado na sustentabilidade, na economía circular e de proximidade, así coma no respecto ao medio ambiente. O Concello de Tui promove este Mercado Sustentable de Nadal para dinamizar o sector comercial do municipio e a economía local ao servir de atractivo que permita incrementar a afluencia tanto da poboación local coma de visitantes á cidade.
Ofértanse un total de 40 postos de madeira con carpa tipo "jaima" cunha coidada decoración e iluminación. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar a solicitude de participación no enlace https://forms.gle/9A3yA82DWpPvSpRGA , debendo acompañar fotografías representativas do produtos que ofertarán.
Pódese ampliar esta información no 630 650 415 ou no correo info@enrede.es.
Até o 1 de decembro pode visitarse en Tui e exposición -Alto Minho, paisagens, espécies, historias-
Fecha desde el 16 de Noviembre de 2019
hasta el 01 de Diciembre de 2019Está promovida pola Comunidade Intermunicipal ? CIM Alto Minho
Ampliar contenidoA Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 1 de decembro a exposición itinerante "Alto Minho, paisagens, espécies, historias" promovida pola Comunidade Intermunicipal - CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.
Esta mostra realiza unha itinerancia polos concellos do Alto Minho e do Sur de Galicia. Está integrada por paneis interpretativos así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: Paisaxes, Especies e Historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade.
Así na mostra recóllese a orvalhinha, a lesma do mar, a salamandra lusitânica, as mouras encantadas, a lenda do lagarto de Lamas de Mouro ou as maias.
Para o Concello de Tui a presenza en Tui desta exposición divulgativa sobre o territorio transfronteirizo é unha nova oportunidade de ofrecer aos tudenses e visitantes un achegamentos aos valores naturais e culturais deste espazo xeográfico que compartimos galegos e portugueses, en definitiva as poboacións asentadas nas ribeiras do Miño. Nunha nova oportunidade Tui é unha ponte de comunicación, agora na divulgación de patrimonio e de natureza, entre as terras de Galicia e o Norte de Portugal.
Últimos días para inscribirse no obradoiro interxeracional de bailes e cancións en Oia
Fecha desde el 20 de Noviembre de 2019
hasta el 13 de Diciembre de 2019A actividade está aberta a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos
Ampliar contenidoOia acollerá un obradoiro interxeracional de bailes e cancións, que se desenvolverá en Torroña no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.A actividade celebrarase baixo o título "Bailes e cancións de agora e de sempre" e vai dirixida a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos. As sesións terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro nas Escolas de Torroña, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden inscribirse no Concello de Oia (986.36.21.25) ata o 13 de decembro.
Tui tínguese de negro para conmemorar o 25N
Fecha desde el 20 de Noviembre de 2019
hasta el 30 de Noviembre de 2019Convídase á cidadanía e ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural á sumarse á campaña
Ampliar contenidoTui tínguese de negro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de sensibilizar e implicar á poboación contra as violencias machistas.
O Concello de Tui adheriuse de novo este ano á campaña "En negro contra as violencias" na que este ano participan máis de 130 concellos galegos. O obxectivo é fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal. Tamén persegue implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. Dende o Concello de Tu convídase á poboación a sumarse a esta campaña tinguindo Tui de negro dende hoxe mércores, 20 de novembro, até o sábado día 30.
Coma inicio da campaña Tui En Negro este mediodía colócase unha lona na fachada da casa do concello. E dende hoxe repartirase material da campaña Tui En Negro entre o comercio, hostalería e centros públicos, os interesados poden tamén recoller este material no departamento de Servizos Sociais na casa do concello. Este sábado, 23 de novembro, dende ás 10 h repartiranse mandís da campaña "Tui en Negro" entre as persoas que se acheguen á praza de Abastos.
Dentro das accións programadas pola Concellería de Igualdade para este 25N está tamén a iniciativa "Tui soña" que dende comezos de mes está en marcha en todos os centros educativos de Infantil e Primaria de Tui. Tense convidado os colexios a "soñar cun mañá mellor a través das voces dos nenos e nenas" segundo explica a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez. En concreto a proposta consiste en que cada centro decore unha silueta de muller, aportada polo Concello, con frases, debuxos, poesía...en positivo. Este traballo realizado polo escolares exponse inicialmente en cada centro educativo, e o próximo luns será entregado na casa da concello, para a súa exposición durante unha semana, posteriormente na Sala Municipal na Área Panorámica, e a continuación as siluetas serán expostas en distintos locais comerciais e de hostalería facendo chegar así a mirada de optimismo dos cativos e cativas cara ao futuro á poboación en xeral.
Este domingo, 24 de novembro, ás 11 h sairá da praza de San Fernando a I Andaina "Camiño á liberdade" contra a violencia de xénero. Realizará un percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e haberá unha muiñada. A dificultade da ruta, que regresará ao punto de partida, é doada e terá unha duración aproximada 2 h 30 minutos. Para participar nesta andaina é preciso inscribirse até o propio domingo na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
O próximo luns, 25 de novembro, está previsto o acto institucional da campaña, ás 12 h na praza de San Fernando. Consistirá na lectura dun manifesto, na exposición das siluetas de mulleres da campaña "Tui soña" cos deseños realizados polo alumnado e Infantil e Primaria, e contarase coa actuación musical do alumnado dos distintos centros educativos tudenses. Dende o Concello convídase á cidadanía a participar no acto vestidos de negro ou cunha prenda negra en sinal de do polas vítimas da violencia de xénero.
O sábado, 30 de novembro, impartirase o curso gratuíto "Autodefensa para mulleres ante situacións violentas" concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Será de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2. Será impartido por monitores especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións.
As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui.
Programa- Mércores 20
o Inicio da Campaña Tui En Negro coa colocación da lona na casa do concello e do material da campaña en edificios públicos, establecementos comerciais, hostaleiros... e nas redes sociais municipais
- Sábado 23
o Ás 10 h repartiranse mandís da campaña "Tui en negro" entre as persoas que se acheguen á praza de Abastos.
- Domingo 24
o Ás 11 h I Andaina "Camiño á liberdade" contra a violencia de xénero. Saída da Praza de San Fernando. Percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e muiñada. Duración aproximada 2 h 30 minutos. Inscrición previa na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
- Luns 25
o Lectura dun manifesto, exposición das siluetas de "Tui Soña" e actuacións musicais dos centros educativos.
- Sábado 30
o Dende ás 10 h Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas no pavillón do CEIP nº2
A Guarda promueve dos Barferencias hasta fin de año
Fecha desde el 28 de Noviembre de 2019
hasta el 28 de Noviembre de 2019El próximo jueves día 28 de noviembre tendrá lugar la primera Barferencia del ciclo de finales de 2019 que tendrá lugar a las 20:30h en el bar -Bugus Zentral- de A Guarda.
Ampliar contenidoEl próximo jueves día 28 de noviembre tendrá lugar la primera Barferencia del ciclo de finales de 2019 que tendrá lugar a las 20:30h en el bar «Bugus Zentral» de A Guarda.Esta primera Barferencia tratará sobre «María Vinyals, una gallega de armas tomar» y que contará con la ponencia de Silvia Cernadas.
María Vinyals (1875-1940?) fué una de las grandes y polifacéticas mujeres que nacieron en la Galicia del siglo XIX. Conocida como la "Marquesa roja" por sus ideas sociales y políticas, destacó como escritora y feminista pero acabó muriendo en la miseria y en el olvido. En esta Barferencia se hablará de esta mujer tan relacionada con el Castillo de Soutomaior y cuya vida bien podría ser llevada al mundo del cine o a la televisión.
La ponente encargada de esta primera Barferencia es Silvia Cernadas Martínez, nacida en Soutomaior en el año 1988, es investigadora y Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia por la Universidade de Santiago de Compostela.
Entre sus principales líneas de investigación destacan la historia de la nobleza y los castillos, especialmente el de Soutomaior, sobre lo que trata su proyecto de tesis de doctorado; la historia de la frontera con Portugal en la Edad Media, que comenzó a estudiar en su Trabajo de Fin de Máster, y la historia de las mujeres en la Galicia contemporánea, centrándose en la figura de María Vinyals. Tiene publicado artículos y participado en varios congresos en relación a todos estos temas.
La segunda Barferencia de este ciclo tendrá lugar el próximo jueves día 26 de diciembre a las 20:30h en la «Cervecería La Bodega» e tratará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Recordando a este diputado a las cortes de A Guarda en el 140 aniversario de su fallecimiento», a cargo del historiador local Joaquín Miguel Villa.
Desde el Ayuntamiento de A Guarda se anima una vez más a participar en estas barferencias que año a año despiertan el interés de los guardeses y foráneos en un clima distendido y de intercambio de conocimientos de gran interés general y que cuenta con una amplia participación.
Tui acolle atao 14 de decembro a exposición -Descubre Sefarad-
Fecha desde el 22 de Noviembre de 2019
hasta el 14 de Diciembre de 2019É a primeira actividade que a Red de Juderías de España promove na cidade
Ampliar contenidoDende mañá venres, 22 de novembro, e até o sábado 14 de decembro poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio "Francisco Sánchez", a exposición "Descubre Sefarad". A mostra está organizada pola Red de Juderías de España, na que recentemente se ten integrado o Concello de Tui.
Esta exposición realiza un percorrido a través de imaxes polas cidades integradas nesta Red de Juderías de España. Son 24 imaxes de gran formato que capturan a alma das xuderías de cada unha cidades integradas nesta Rede e que están acompañadas dun pequeno texto que destaca a esencia xudía de cada unha destas localidades.
A exposición está circulando por diversas localidades de España (Lorca, Monforte, etc,) así como de Francia (Lyon) e Alemaña (Berlín) para a promoción cultural e turística dos municipios integrados na Red de Juderías.
"Descubre Sefarad" contribúe a remarcar a importancia e contribución que a cultura xudía ten aportado ao carácter e esencia de España e traza un recorrido polo labor da Red de Juderías a prol da conservación e difusión do patrimonio xudeu, tanto o de carácter materia como inmaterial.
O Concello de Tui forma parte dende este ano da Red de Juderías e con esta integración se pretende promover o importante legado xudeu na nosa cidade que ten exemplos como a colección de "Sambenitos" do Museo Diocesano que teñen un carácter único e excepcional e que xunto as diversas testemuñas da presenza desta cultura na nosa cidade constitúen un importante recurso cultural e turístico que posiciona á nosa cidade e diversifica a súa aposta turística centrada neste tipo de turismo cultural.
Mañá venres, ás 12h , o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado do concelleiro de Patrimonio e Turismo, Laureano Alonso, visitarán a exposición que é a primeira actividade que promove a Red de Juderías en Tui.
Xornadas Lidera: a fronteira coma oportunidade para proxectos europeos transfronteirizos
Fecha desde el 26 de Noviembre de 2019
hasta el 09 de Diciembre de 2019A Fundação Galicia Europa convoca uma Jornada dirigida a interessados en desenvolver Proxectos europeos transfronteirzos empresariais, laborais ou persoais.
Ampliar contenidoXornadas LIDERAA Fundação Galicia Europa convoca uma Jornada dirigida a interessados en desenvolver Proxectos europeos transfronteirzos empresariais, laborais ou persoais.
26 de novembro & 9 de Dezembro
Vila Nova de Cerveira
A fronteira como oportunidade!!!!
Esta actividade do proxecto europeo LIDERA, está enmarcado no programa Interreg V A España- Portugal 2014-2020 (POCTEP).
Vives na fronteira ou preto?
Tes un proxecto ou unha idea de negócio e necesitas socios do outro lado da fronteira???Ou tes o obxetivo de traballar ou ter unhas prácticas profisionais no pais veciño??? Ou é unha entidade/asociación que quere encontrar socios para presentar proxectos europeos de cooperación transfronteiriza?
Entonces, non deixe de participar, xa no próximo dia 26 de Novembro en Vila Nova de Cerveira, nas Xornadas LIDERA.
Esta sesión de Brainstorming/Mentoring e presentación de proxectos é unha actividade integrada no proxecto LIDERA, proxecto europeo do programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).
Será unha actividade que consiste na análise das tuas ideas / proxectos transfronteirizos/europeos que pretendas desenvolver no territorio transfronteirizo.Consiste en duas xornadas coa presencia de consultores con experiencia en proxectos europeos e con entidades socias do proxecto Lidera, que oirán os proxectos dos participantes e resolverán dúbidas e direccionarán os mesmos as entidades adecuadas.
Na primeira sesión , os consultores presentes analizarán o proxecto de cada participante, obxetivo ou idea.
Na segunda xornada e sesión final, serápresentado a cada participante o "camiño" para viabilidade do seu proxecto. Tras a presentación dos mesmos, os consultores e entidades do proxecto e os participantes traballarán para o seu desenvolvemento e concretización .
Os destinatarios son esencialmente xovens con un mínimo espíritu empreendedor, institucións, asociacións, entre outros, que procurem experiencias profisionais, ou socios no ámbito da cooperación . Igualmente, permite a oportunidade de desenvolver unha candidatura a un proxecto europeo co acompañamento dun equipo de asesores con experiencia.
Para o desenvolvemento desta actividade a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración dos socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federação Nacional de Associações Juvenis de Portugal (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
O obxetivo do projeto LIDERA é dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.
Estas xornadas encadranse na actividade "Cataliza", que ten como obxectivo mellorar, potencializar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude a través de asesoramento individual, formación personalizada e coaching persoal.
O proecto Lidera, conta con unm financiamento europeo de 1,4 milhões de euros e unha duración de catro anos. Co obxectivo de promover o desenvolvimento económico transfronteirizo en Galicia e na Rexión Norte de Portugal, a través do fomento das capacidades laborais e de empreendimento dos xovens, as actividades impulsadas polo Lidera está orientadas a loitar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor do impulso económico destas rexións.
Inscrébete !
Inscripción ata o día 25 de Novembro, en galaxi@galaxipotential.com Número limitado (15)
Apertura do prazo de inscrición para participar no Campamento de Nadal 2019 no Rosal
Fecha desde el 25 de Noviembre de 2019
hasta el 11 de Diciembre de 2019As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida no Rexistro do concello.
Ampliar contenidoO vindeiro luns 25 de novembro ás 8:00 ábrese o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal que terá lugar en decembro e xaneiro de 8.45h. a 14.15h.
Nos seguintes enlaces pódense descargar as bases e os documentos que deben cubrirse para poder participar. O prazo para realizar a solicitude de participación remata ás 14:00 do 11 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida no Rexistro do concello.
Este sábado impartirase un curso gratuíto de autodefensa para mulleres en Tui
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2019
hasta el 29 de Noviembre de 2019As mulleres interesadas en realizar o curso, que ten carácter gratuíto, deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de
Ampliar contenidoDentro da campaña "Tui en Negro" que se está a desenvolver en Tui promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, este sábado impartirase o curso "Autodefensa para mulleres ante situacións violentas", que foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Celebrarase no pavillón do CEIP nº2 de 10 a 14 h e de 17 a 20 h. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Vai destinado a mulleres maiores de 18, ou maiores de 16 con autorización da súa nai, pai ou titor/a.
As mulleres interesadas en realizar o curso, que ten carácter gratuíto, deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui.
As siluetas femininas de -Tui soña- realizada polos escolares tudenses están expostas na casa do concello
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2019
hasta el 06 de Diciembre de 2019A partir do luns poderanse ver na Área Panorámica
Ampliar contenidoA casa do concello acolle até este venres a exposición das siluetas de mulleres do proxecto "Tui soña". Todos os centros educativos de Tui participaron nesta iniciativa da concellería de Igualdade convocada co gallo do 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este proxecto traballouse coas novas xeracións dende a educación sobre este tema.
A proposta presentada aos distintos colexios era decorar as siluetas de madeira aportadas polo Concello cunha imaxe de optimismo cara ao futuro. Bolboretas, mans, pingas, círculos, estrelas, lúas, corazóns, flores... son algunhas das formas empregadas polo alumnado para deixar as súas mensaxes. "Mulleres felices, mundo contento. Somos un equipo!" pódese ler na das pancartas portada por dúas destas siluetas de mulleres. Agarimo, respecto, valor, bicos, igualdade, xuntos, son algunhas das palabras que as nenas e nenos tudenses colocaron nas súas creacións. Tamén frases coma "Por unha vida sen violencia", "Se doe non é amor",...
O pasado venres os colexios de tudense achegaron até o Concello o seu traballo, que onte se expuxo na praza de San Fernando con motivo do acto institucional da campaña Tui En Negro. Dende hoxe e até este venres as siluetas femininas de "Tui soña" poden verse nas distintas dependencias da casa do concello, e a partir do luns estarán na Área Panorámica, na entrada da Biblioteca e da Sala de Exposicións. Posteriormente, as siluetas volverán saír a rúa, nunha data que se anunciará en función das condicións meteorolóxicas. Por último as siluetas estarán tamén expostas en distintos establecementos comerciais.
Continúa aberto o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte Tudense 2019
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2019
hasta el 10 de Diciembre de 2019O xurado valorará os resultados acadados nesta temporada. A entrega de premios terá lugar no mes de febreiro.
Ampliar contenidoO Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte Tudense 2019. A oitava edición deste evento terá lugar o venres, 28 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.
Este evento ten coma obxectivo recoñecer o traballo realizado polos distintos deportistas e clubs tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino sub23, deportista masculino e feminino adaptado, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.
Até o martes, 10 de decembro, pódense presentar as candidaturas enviando un correo electrónico a deportes@tui.gal, coa persoa, club, ou entidade proposta coa categoría correspondente, xunto ao currículo deportivo do ano 2019.
No transcurso da VIII Gala do Deporte Tudense, ao igual que nos últimos anos, realizaranse distintas homenaxes a persoas que marcaron un antes e un despois na historia deportiva do concello. Do mesmo xeito haberá un recoñecemento ás e aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa neste ano 2019.
Inspección técnica de turismos os días 27 e 28 de novembro en Tomiño
Fecha desde el 27 de Noviembre de 2019
hasta el 28 de Noviembre de 2019As citas previas poden solicitarse chamando ao teléfono 902 309 000, ou a través da páxina web: www.sycitv.com
Ampliar contenidoOs días 27 e 28 de novembro, unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos lixeiros (turismos) desprazarase até Tomiño, para realizar as inspeccións periódicas obrigatorias.
A devandita unidade móbil situarase na Zona Empresarial Gabín-Forcadela, nos seguintes horarios:
Día 27/11: de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.
Día 28/11: de 9.00 a 13.30 horas.As citas previas poden solicitarse chamando ao teléfono 902 309 000, ou a través da páxina web: www.sycitv.com
Pleno ordinario este xoves 28 novembro ás 20.30 h no Rosal
Fecha desde el 28 de Noviembre de 2019
hasta el 28 de Noviembre de 2019Este xoves, día 28 de novembro celebrarase un pleno ordinario ás 20.30 h no Salón de Plenos do Concello do Rosal.
Ampliar contenidoEste xoves, día 28 de novembro celebrarase un pleno ordinario ás 20.30 h no Salón de Plenos do Concello do Rosal.
Queremos recordar á veciñanza que os plenos ordinarios que se viñan celebrando no Concello do Rosal desde fai anos os sábados pola mañá cedo, cambian de día e de hora. Celebraranse sempre o último xoves dos meses impares ás 20.30 h.
O obxectivo do grupo de goberno, segundo expresa a alcaldesa, "é fomentar e facilitar unha maior asistencia e participación de toda a veciñanza que así o desexe".Esta decisión foi tomada co apoio unánime de toda a corporación.ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1.Aprobación das actas das sesións anteriores
2.Dación de conta dos decretos de alcaldía
3.Expediente 720/2019. Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito nº 03/2019
4.Expediente 1352/2019. Aprobación ou Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora de Axuda no Fogar
5.Expediente 1367/2019. Aprobación da modificación do Inventario ou Catálogo de Bens
6.Expediente 1025/2018. Aprobación da negociación do acordo regulador do persoal funcionario e do convenio colectivo persoal laboral 2017-2020
7.Expediente 1381/2019. Proposta de Alcaldía en relación á situación das prazas no Centro de Adultos da Asociación San Xerome Emiliani asumida por tódolos grupos políticos do concello.
B) Actividade de control
-
C) Rogos e preguntas
8.Mocións de urxencia
9.Rogos e preguntas
«O Camiño Aguárdate» chega á Guarda da man de O Teu Xacobeo
Fecha desde el 28 de Noviembre de 2019
hasta el 06 de Diciembre de 2019A primeira actividade de -O Camiño Aguárdate- terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais
Ampliar contenidoO Concello da Guarda acolleu este mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.A presentación contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e representantes de A Jalleira AFEA e da Comunidade de Montes de Camposancos.
O proxecto pretende sensibilizar, especialmente entre a poboación local, os valores que o camiño representa a nivel cultural, natural, e sobre todo social. O presente proxecto pivota sobre a divulgación dos valores ambientais e patrimoniais da ruta e sensibilización sobre a evolución socioeconómica e o impacto percibido, implicando a peregrinos e poboación local, abrindo pontes a coñecer a experiencia dos peregrinos.
Xornada Medioambiental
A primeira actividade de «O Camiño Aguárdate» terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.
Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, As prazas son limitadas.
Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.
Maís actividades
«O Camiño Aguárdate» traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.
As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.
Convocatoria de pleno ordinario este xoves en Tui
Fecha desde el 28 de Noviembre de 2019
hasta el 28 de Noviembre de 2019Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 28 de novembro ás 20:00 horas
Ampliar contenido"RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convocar á Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 28 de novembro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior extraordinaria nº 14/2019 , do 30 de outubro.
2º.- Expediente 1419/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-722 de data 18.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
3º.- Expediente 1420/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-723 de data 18.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
4º.- Expediente 1491/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-5182 de data 24.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
5º.- Expediente 1493/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-5072 de data 21.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
6º.- Expediente 1489/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE- 5179 de data 24.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
7º.- Expediente 1496/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-5259 de data 25.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
8º.- Expediente 1492/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta en sentido desfavorable da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-8377 de data 24.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
9º.- Expediente 1673/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta en sentido desfavorable da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-6003 de data 15.07.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
10º.- Expediente 1486/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta en sentido desfavorable da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, sobre solicitude de subvención con RE-5169 de data 24.06.2019 para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" na Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23/05/2018.
11º.- Expediente 2987/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 15/11/2019, de bonificación de ICIO correspondente a obras que realizan os afectados de Paramos.
12º.- Expediente 555/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 15/11/2019, de bonificación de ICIO correspondente a obras de "Recuperación de acceso peatonal y carros en rehabilitación de vivenda unifamiliar" na rúa San Telmo, 27.
13º.- Expediente 1006/2018.Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, de bonificación de ICIO por obras de "Rehabilitación de edificio-1ª fase ejecución" na rúa Seijas, 4.
14º.- Expediente 2556/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais do 21/11/2019, de proposta da Alcaldía, de data 07/11/2019, de adhesión á Central de Contratación da FEMP.
15º.- Expediente 2531/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, de acordar cambio de uso de inmoble ubicado na Avda. da Condordia 47 con referencia catastral 9656022NG2595N0001TO, equipamento EQ 242A.
16º.- Expediente 2618/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, de acordar cambio de uso de inmoble ubicado no lugar de A Macoca - con referencia catastral 36055A051000010000UB, equipamento EQ 104.
17º.- Mocións de Urxencia.
B).- Actividade de control:
18º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de outubro e novembro de 2019.
19º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía do nº 1060 de data 23/09/2019 ata o nº 1374 de data 22/11/2019.
C).- Rogos e preguntas:
20º.- Rogos e preguntas.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso."
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
