Agenda
Novo calendario de Andainas de Primavera 2020 na Guarda
Fecha desde el 21 de Marzo de 2020
hasta el 06 de Junio de 2020O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.
Ampliar contenidoO departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.Estas andainas están organizadas conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.
As persoas interesadas en participar poden xa realizar a súa inscrición contactando co Departamento de Deportes do Concello da Guarda no tel. 690 928 751 ou remitindo un enderezo electrónico a deportes@aguarda.es As inscricións estarán abertas ata o 6 de marzo, sendo obrigatorio realizar o pago antes do 13 de marzo.
Información sobre as Andainas de Primavera 2020
ANDAINA 1.- SÁBADO, 21 DE MARZO:
TRILHO DOS PASTORES NA SERRA D'ARGA (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17.00 h.
Prezo: 9 €
Ruta iniciada en San Lourenzo da Montaría que presenta unha espectacular vista panorámica da Serra d'Arga e o val do río Lima. A zona posúe unha gran riqueza no referente á flora, á fauna, á xeoloxía e ao patrimonio, con multiplicidade de cruceiros e igrexas de grande interese cultural.
ANDAINA 2.- SÁBADO, 18 DE ABRIL:
ROTA DA RIBEIRA DO ULLA (TOURO)
Distancia: 12,8 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.00 h
Prezo: 10 €
A segunda ruta discorrerá de xeito lineal a a carón do río Ulla, por sendas de pescadores, camiños de carro, grandes bosques, fervenzas e carballeiras.
Atoparemos restos de muíños e ouriceiras abandonadas utilizadas no pasado para recoller os ourizos das castañas e protexelos dos xabaríns, así como as ruínas do Pazo de San Cristovo.
ANDAINA 3.- SÁBADO, 16 DE MAIO:
TRILHO NA PAISAGEM PROTEGIDA DE CORNO DO BICO (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17:00 h.
Prezo: 9 €
Esta ruta discorre polo santuario natural da Paisagem Protegida de Corno do Bico, unha rexión montañosa cunha paisaxe singular de aspecto caótico. Alí atoparemos poboados fortificados, monumentos fúnebres do neolítico e poderemos observar a harmoniosa mistura entre a natureza e a influencia humana.
ANDAINA 4.- SÁBADO, 6 DE XUÑO:
SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO-CANDÁN (FORCAREI)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.30 h.
Prezo: 11 €
Ruta circular iniciada no Mosteiro de Aciveiro. A andaina discorre polos arredores do río Lérez, e ascende polas suaves ladeiras da Serra do Candán, pertencentes á Rede Natura 2000. Atoparemos muíños, pontes, cruceiros, bosques e prados mentres camiñaremos polo antigo camiño de carro, rodeados polos remanentes do antigo traballo de cantería da zona.
O Rosal celebra o Día das Letras Galegas dun xeito diferente e virtual
Fecha desde el 17 de Mayo de 2020
hasta el 17 de Mayo de 2020Unha das actividades será -Un lema para a nosa lingua-, unha proposta coa que se invita a toda a veciñanza a enviar frases para potenciar o uso da lingua que se plasmarán en bolsas de papel que se repartirán nos comercios rosaleiros
Ampliar contenidoEste ano o Concello do Rosal convida a toda a veciñanza a celebrar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dun xeito diferente e virtual cunha programación que poderá seguirse a través da web municipal e dos perfís do Concello nas redes sociais. Serán cinco actividades culturais, lúdicas e de lecer coas que se procura non só render homenaxe ao escritor deste ano, Ricardo Carvalho Calero, senón tamén potenciar o uso da lingua galega entre todos e todas.
A primeira proposta será ‘Un lema para a nosa lingua', unha actividade que busca a implicación de toda a veciñanza para a celebración desta data tan sinalada. O obxectivo desta iniciativa é que os rosaleiros e rosaleiras envíen lemas ou frases que exalten ou potencien o uso do idioma de un máximo de 10 palabras. As mellores frases a prol do galego imprimiranse en bolsas de papel que se repartirán entre a veciñanza no mercado, no supermercado e no comercio local o sábado 16 de maio.
Todas as persoas interesadas en participar deberán enviar a súa proposta dende hoxe ata o vindeiro venres 8 de maio a cultura@concellodorosal.gal poñendo no asunto ‘Un lema para a nosa lingua' e indicando nome e apelidos da persoa que propón o lema. O envío das frases suporá a aceptación das bases da actividade e a cesión dos dereitos ao Concello do Rosal para publicalas na páxina web e nas redes sociais do Concello xunto co nome do seu autor ou autora ou para arquivala na súa base de datos.
Unha morea de actividades
Esta non será a única actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas. Este ano Concello e Agrupación Musical do Rosal colaboran para poñerlle banda sonora a esta data: dende primeiros de maio, o Concello publica cada día un vídeo con pequenas actuacións protagonizadas por membros da agrupación, diferentes instrumentos e melodías cos que poñer a nota musical a un mes dedicado ás Letras Galegas e a Ricardo Carvalho Calero. Esta actividade rematará cun concerto virtual de toda a agrupación o 17 de maio.
Por outro lado tamén se irán publicando vídeos coa lectura de poemas de Carvalho Calero por parte de persoas ligadas ao asociacionismo do Rosal, organizarase unha mostra de fotografías para a que tamén se buscará a colaboración de toda a veciñanza e o escultor Marcos Escudero deleitará aos rosaleiros e rosaleiras cun vídeo sobre o conto de Carvalho Calero ‘As pitas e a choiva', que contará con música interpretada por músicos da Agrupación Musical do Rosal.
Dende o Concello queremos agradecer de antemán a colaboración de todas as persoas que están xa a traballar para poder facer un Día das Letras Galegas moi especial e participativo, así como de toda a veciñanza que envíe as súas propostas para as diferentes actividades.
Aberto o prazo para solicitar praza do curso 2020/21 na Escola Infantil Municipal da Guarda
Fecha desde el 09 de Mayo de 2020
hasta el 05 de Junio de 2020O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/21.
Ampliar contenidoO departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/21.O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 11-22 de maio para nenos/as matriculados e con praza no curso anterior (2019/2020) e do 25 de maio ó 5 de xuño para nenos/as de novo ingreso.
A escola infantil municipal da Guarda é un centro de atención diurna de carácter socio educativo para os nenos e nenas de 3 meses a 3 anos de titularidade municipal.
Entre os seus obxectivos destacan a promoción e o fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno e nena, facilitar a conciliación familiar entre a vida familiar e laboral, facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc..., lograr un equilibrio afectivo satisfactorio, respectar a singularidade e diversidade de cada menor, entre outros.
As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude e a documentación requirida dentro do prazo establecido no regulamento de organización e funcionamento da escola infantil municipal publicado no BOP o 9 de outubro de 2009.
A documentación e impresos poderán descargala na web municipal e nas dependencias municipais. Para maior información dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986 61 4507.
Tomiño convida a Margarita Ledo e a Méndez Ferrín a colaborar na conmemoración do Día das Letras Galegas
Fecha desde el 17 de Mayo de 2020
hasta el 17 de Mayo de 2020A Concellería de Cultura e a OMIX ofrecen pasar un domingo diferente con concertos e xogos relacionados coa lingua, a través das redes sociais
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño convidou a Margarita Ledo e Xosé Luís Méndez Ferrín, dous grandes persoeiros da lingua e cultura galegas, a gravar unha mensaxe de vídeo coa que conmemorar dun xeito moi especial as Letras Galegas 2020.
A primeira, Catedrática de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela, e membro da Real Academia Galega (RAG), aceptou o reto e gravou un vídeo que poderá verse nas redes sociais do Concello, o vindeiro domingo.Méndez Ferrín, pola súa banda, fixo chegar unha agarimosa resposta á alcaldesa Sandra González, explicando que estaría encantado de poder participar, pero que por razóns persoais, non podería facelo esta vez. Aínda así, o escritor, político, Doctor en Filoloxía e ex-presidente da RAG, fixo chegar ao Concello, "Apertas e múltiples felicitacións polo voso traballo municipal que sigo con atención. Tamén don Daniel Calzado e o siñor Afranio, aplaudirían o voso labor se estivesen no mundo".
Ademais o Concello de Tomiño conmemorará a festividade das Letras Galegas, con concertos musicais e outras actividades de carácter lúdico.
Ás 19.00 horas, en directo, o grupo "CÉ ORQUESTRA PANTASMA", ofrecerá dende a súa páxina de Facebook , ao pé dun carballo, un concerto para toda a familia, co que pretende homenaxear a Carvalho Calero, persoeiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.Asemade, compartirase a través de mailing, whatsapp, web e redes sociais, un par de xogos en liña sobre a lingua e literatura galegas; un divertido xogo de dardos na palabra realizado coa colaboración do grupo de voluntariado da OMIX.
Dende o Concello agradecen moi especialmente a colaboración de todas as persoas implicadas na organización destas actividades.
Camisetas e bolsas alusivas
As camisetas conmemorativas deste ano, cuxo logo pertence a Saskia Díaz Castro, serán repartidas de balde entre as persoas que acudan á libraría tomiñesa NOVIDADES para mercar UN LIBRO EN GALEGO, a partir do 17 de maio.
Por outra banda, despois de recoller centos de palabras galegas escritas polos usuarios e usuarias das nosas redes sociais, reuníronse as vinte palabras máis votadas a través da páxina web do Concello, que serán impresas nas "tote bags" (bolsas de tea 100% algodón), que se repartirán tamén de balde ao longo deste mes. Haberá cinco deseños diferentes serigrafiados coas seguintes verbas: changarella, afouteza, coliño, aperta, chouchiña, bágoa, ruliña, quérote, sentidiño, bico, riquiña, bolboreta, aloumiño, fedello, morriña, agarimo, toxo, xoaniña, amodiño e enxebre.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
