Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Em Valença Há Lampreia em Takeaway, Pode Encomendar e saborear, está divinal!

    Fecha desde el 20 de Febrero de 2021
    hasta el 18 de Abril de 2021

    Em Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.

    Em Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que começam a 20 de fevereiro e prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.

    A restauração valenciana apresenta a lampreia em takeaway a oportunidade para saborear, este ano, a lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo pelos especialistas.

    Lampreia de Tantas Formas
    A tradição apresenta a lampreia, em Valença, à bordalesa, em arroz de lampreia, recheada, assada no forno ou na brasa. Tantas formas para saborear, deliciar-se e encantar-se com os sabores únicos da lampreia do rio Minho. Às tradicionais os chefes da restauração valenciana vão acrescentando novas formas de apresentação e confeção.

    Lampreia em Valença Tem Fama e Tradição
    Há séculos que a lampreia é um verdadeiro petisco em Valença, tem tradição, fama e serve-se à mesa como um manjar.
    Por esta época saborear a lampreia, em Valença, é um verdadeiro prazer, no mínimo uma vez por ano, assim manda a tradição. Os segredos da preparação, confeção e apresentação tem passado de geração para geração pelas mãos sábias das cozinhas das aldeias que a restauração local recria.

    Lampreia do Rio Minho
    As primeiras lampreias da época já estão a sair nas redadas dos pescadores das comunidades de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo e segundo os mesmos é de excelente qualidade.
    A lampreia é um prato de época e é entre janeiro e abril que se apresenta na plenitude dos seus sabores.

    RESTAURANTES ADERENTES AOS FIM DE SEMANA GASTRONÓMICOS DA LAMPREIA
    ADEGA REGIONAL - Take Away por encomenda
    Lugar de Chamosinhos nº53 R/C – S.Pedro da Torre
    +351 251 839 043

    CRISTINA - Take Away por encomenda
    Centro Comercial Lara - Valença
    +351 251 825 368

    FONTE D’OURO - Take Away por encomenda
    Lugar de Vilar - Cerdal
    +351 251 839 393

    MERENDOLA - Take Away por encomenda
    Oliveira da Mosca - Ganfei
    +351 251 822 201

    O COZINHEIRO/NUNO - Take Away por encomenda
    Estrada Nacional 101 – Lugar de Barracas nº1 - Verdoejo
    +351 918104871

    ROCHA E GRILL - Take Away por encomenda
    Ed. Cidade Nova Bl.8
    Lj.E,R.Dr. Ibérico Nogueira
    +351 251 826 455

    TERESINHA - Take Away por encomenda
    Rua Tróias Loja
    +351 2 251 823 573

    Ampliar contenido
  • Tui acolle a exposición -Jewish Journeys / Viaxes Xudías- da Biblioteca Nacional De Israel

    Fecha desde el 22 de Febrero de 2021
    hasta el 26 de Marzo de 2021

    O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui

    Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe.

    Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición. "Viaxes xudías" analiza e ilustra a través de 6 paneis informativos (traducidos ao español pola Rede), acompañados de fotografías, as situacións nas que o pobo xudeu ten e tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.

    A Biblioteca Nacional de Israel (NLI), fundada en Xerusalén en 1892, ten un dobre mandato distintivo, que serve de biblioteca nacional tanto para o Estado de Israel como para o pobo xudeu de todo o mundo. Os seus extensos fondos conteñen unha gran cantidade de material en diversos formatos, que contan a historia e traxectoria cultural e intelectual do pobo xudeu, do Estado de Israel e da Terra de Israel ao longo dos séculos.

    O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) na rúa Colón, 2.

    Ampliar contenido
  • O Teatro Municipal retoma a programación con seis espectáculos no mes de marzo

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2021
    hasta el 24 de Marzo de 2021

    Maxia, teatro e cinema forman parte desta oferta cultura. As entradas estarán á venda en tui.gal

    A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25%.

    A presentación tivo lugar esta mañá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a presentación desta oferta cultural na xornada na que despois de catro meses de peche perimetral se permite de novo a mobilidade. Unha vez superada esa situación, dicía, “presentamos a programación do teatro de marzo que ven plasmar a implicación que este concello ten coa cultura”. Agradecía o traballo e o esforzo realizado dende o departamento de Cultura para en momentos complicados “sacar adiante a programación cultural e poder plasmala con todas as dificultades e con todas as limitacións que temos que superar”. E destacaba que se está a facer un traballo importante para que “a cultura non perda os pasos nin o tren que nunca debeu ter perdido, e que pola situación que estamos vivindo pasa por momentos moi difíciles”.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicitou esta aposta pola cultura nunha proposta que estaba xa prevista para a inicio deste mes de febreiro pero que tivo que adiarse debido ás medidas restritivas en vigor. Neste tempo barallaron distintas alternativas para poder manter así os espectáculos programados nos que a capacidade do teatro estará limitada ao 25% do aforo, é dicir 148 butacas.  Destacou coma novidade que a venda de entradas realizarse exclusivamente en liña.  Remataba a súa intervención convidando á cidadanía de Tui e doutros concellos, agora que se permite de novo a mobilidade, a asistir ao Teatro.

    Maxia, teatro e cinema centran esta programación de inverno no Teatro Municipal.

    A primeira cita será o xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h, con Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined que achegarán un espectáculo de maxia e ilusionismo para todos os públicos. Hoxe mesmo na presentación fixeron un truco de maxia con cartas nas figuran os lugares nos que teñen actuado ao longo dos 15 anos da súa carreira. A elixida foi precisamente na que figuraba o Teatro Municipal de Tui.

    Ao día seguinte, venres 5 de marzo ás 19.30 h, La Quintana representan “O Premio” unha comedia interpretada por Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar na que o público será quen decida o final entre os tres posibles.

    O xoves, 11 de marzo, ás 18.30 h o público familiar a partir dos 2 anos, é o destinario da obra de monicreques  “O lobo e a lúa” que achega Baobab Teatro.

     O cinema estará presente o venres, 12 de marzo, as 19.30 h coa proxección de “A illa das mentiras” de Paula Cons, e o xoves, 18 de marzo, ás 18.30 h con “A Galiña Turuleca”.

    A programación pecharase coa estrea de “Illas Desertas” de Artesa Cía, en dobre función, o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30h. Neste caso o aforo estará limitado a 50 persoas cada día.  Laura Villaverde, que xunto a Roi Fernández, se encarga da dirección, dramaturxia e posta en escena, desta innovadora obra que é “unha travesía cara nada”. Destacaba a colaboración de Fura del Baus e Sebastián Álvaro, nunha peza na que a tecnoloxía estará moi presente. Previa a estrea a compañía terá sete días de residencia no teatro tudense.

    A entradas para cada espectáculo poranse á venda o luns da semana da función e poderán mercarse so en liña en tui.gal até o propio día do evento unha hora antes do comezo. O aforo estará limitado a 148 butacas, agás para “Illas desertas” que será de 50 persoas.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui ofrece 5 cursos para os sector do comercio e hostalería en liña e gratuítos

    Fecha desde el 11 de Marzo de 2021
    hasta el 25 de Marzo de 2021

    A matrícula pode realizarse até o 25 de marzo

    Até o 25 de marzo está aberto o prazo de inscricións para os curso de formación en liña para os sectores da hostalería e comercio que ofrece o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Son cursos 100 subvencionados polo SEPE, dirixidos a persoas traballadoras destes dous sectores, autónomos e persoas traballadoras de calquera sector que estean en ERTE.  Ao remata da actividade formativa as persoas participantes recibirán un certificado oficial.

    Os cursos ofertados son “Atención ao cliente e calidade no servizo”, “Habilidades de venda no comercio” e “Internet comercio electrónico” para o sector comercio.

    Mentres “Innovación na cocina” e “Xestión da restauración” van dirixido ao sector hostaleiro.

    As persoas interesadas poden ampliar esta información no 608 844 058, no 986 60 8920 ou no correo formacion@sanbenito.es

    Ampliar contenido
  • A película gañadora do Goya de animación -A Galiña Turuleca- proxéctase este xoves no Teatro Municipal

    Fecha desde el 18 de Marzo de 2021
    hasta el 18 de Marzo de 2021

    Ás entradas están á venda en tui.gal até o xoves ás 17.30 h

    Esta semana continúa a programación cultural no Teatro Municipal de Tui coa proxección da película “A Galiña Turuleca”, seleccionada como mellor película de animación na edición dos Premios Goya 2021.

    A cita será este xoves, 18 de marzo, ás 18:30 h, no Teatro Municipal. O filme “A Galiña Turuleca” está dirixido por Víctor Monigote e Eduardo Gondell. A famosa Galiña da canción dos pallasos da tele chega á gran pantalla nunha película de produción española e arxentina con Gloriamundi Producciones. Un filme galardoado como mellor película de animación na edición dos Premios Goya deste ano 2021. Amais o compositor internacional Sergio Moure de Oteyza está nominado como finalista aos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor música orixinal pola banda sonora de “A Galiña Turuleca”.

    Turuleca é unha galiña singular no galiñeiro. Un día unha exprofesora de música levaa a vivir a súa casa e descobre o seu gran talento, fala e canta. Este talento permítelle superar os seus medos e iniciar unha aventura na que atopar o seu lugar no mundo.  A película ten unha duración de 73 minutos.

    As entradas están á venda en tui.gal até o xoves ás 17.30 h aos prezos de 4€ e 3€.

    O Teatro Municipal de Tui conta cun estrito protocolo de seguridade e prevención fronte a Covid-19. O aforo está limitado nesta proxección a 148 butacas.

    Ampliar contenido
  • A CIG rebélase contra a represión sindical na empresa Depósitos Coballes do Rosal

    Fecha desde el 18 de Marzo de 2021
    hasta el 18 de Marzo de 2021

    A marcha sairá este xoves 18 da Cunchada, no Rosal, ás 11:00 horas e rematará diante das instalacións da empresa, no polígono industrial do Viso.

    A CIG non está disposta a permitir a represión sindical que se vive na empresa Depósitos Coballes do Rosal, polo que vén de convocar unha manifestación para rexeitar o acoso laboral ao que está sometido o persoal que apoiou a central nas eleccións sindicais ou que é membro do comité. Ademais, non descarta medidas máis contundentes como unha folga para facerlle fronte á actitude da dirección, que mesmo despediu ao traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral.

    A marcha sairá este xoves 18 da Cunchada, no Rosal, ás 11:00 horas e rematará diante das instalacións da empresa, no polígono industrial do Viso. Dende a central lembran que a empresa levaba anos sen representación sindical “polo medo do cadro de persoal a enfrontar o que hoxe está a acontecer”.

    Neste contexto, a CIG contactou cos traballadores/as despois da negociación dun ERTE derivado da covid, pero a empresa despediu de xeito disciplinario ao traballador máis activo días antes da presentación do preaviso de eleccións sindicais co obxectivo de evitar o proceso. O Xulgado do Social de Vigo fallou a favor do traballador, declarando a improcedencia do despido e obrigando a pagarlle a correspondente indemnización.

    “A presión exercida durante o proceso de eleccións foi brutal, chegando a empresa mesmo a celebrar unha reunión advertindo de que baixo ningún concepto podía prosperar a candidatura da CIG”, sinalan dende a central.

    Ademais, días antes das eleccións presentou un expediente de modificación substancial das condicións de traballo para cambiar de quenda aos traballadores/as máis veteranos/as e utilizou o xefe de fábrica como peza chave para ir sementando medo no taller. “Mais grazas á determinación do conxunto do persoal a CIG conseguiu acadar a maioría no comité de empresa nas eleccións celebradas no mes de setembro”.

    Revogación do comité

    O seguinte paso da dirección foi intentar revogar o comité “buscando favores en traballadores/as; difundindo bulos no taller; illando aos membros do comité; faltándolles ao respecto mesmo con insultos directos e someténdoos a un control absoluto de todos os seus movementos; buscando sancións; e deixando claro no taller que quen esta a favor do comité está en contra da empresa e pode perigar o seu posto”.

    A compañía está a facer todo o posíbel para impedir as reunións do comité, non contestando as súas solicitudes, negándolle a información que legalmente lles pertence e actuando de mala fe nas negociacións buscando só o desprestixio dos representantes da CIG. Diante disto, a central solicitou o pasado mes de febreiro unha medición do AGA coa intención de dar normalidade ás negociacións coa empresa.

    A raíz desta solicitude, a patronal Asime convidou aos responsábeis comarcais da CIG-Industria de Vigo a unha reunión o pasado 22 de febreiro “na que se lle ofreceu ao sindicato unha xuntanza na empresa coa intención de mediar ambas partes entre empresa e comité e atopar unha saída aos temas que estaban enriba da mesa, principalmente categorías profesionais e unhas condicións de saúde laboral moi precarias”.

    Pero lonxe de mellorar as cousas, durante os 15 días previos ao encontro a empresa intensificou o seu acoso no taller, materializando as súas ameazas con dous despedimentos de persoas afíns as sindicato, unha delas candidata nas eleccións, advertindo que haberá máis.

    Tamén sancionou con 5 e vinte 20 días de emprego e soldo a dous membros do comité por sinalar que o tellado das instalacións da compañía supón un perigo para os traballadores/as que son obrigados/as a subir para limpalo. Ademais, advertiran sobre o incumprimento das medidas contra a covid tras unha xuntanza de 11 persoas nunha oficina de pequenas dimensións.

    Suspenden as negociacións
    Neste senso, dende a CIG consideran que os cartos que a empresa leva gastado en despidos “como ferramenta de medo e represión” bastaban para solucionar gran parte dos problemas de saúde laboral que o comité vén reclamando.

    Ao mesmo tempo, indican que despois de ter esgotada toda vía posible de negociación, “e despois de ter aturado un acoso continuo”, os representantes do comité da CIG, “fartos de humillacións e represión”, anunciáronlle á dirección o pasado 11 de marzo que non van retomar negociación algunha até que os compañeiros despedidos sexan readmitidos e lles sexan retiradas as sancións aos membros do comité.

    Por todo isto, decidiron iniciar mobilizacións, sen descartar a posibilidade de convocar folga na empresa, ademais de poñer en coñecemento da Inspección de Traballo de todas as irregularidades en materia de saúde laboral e de presentar denuncias en Medio Ambiente, Facenda e Xulgado do Social pola vulneración do dereito de liberdade sindical.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido