Agenda
Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en febreiro e marzo na Guarda
Fecha desde el 22 de Enero de 2021
hasta el 09 de Marzo de 2021A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA
Ampliar contenidoA Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
* do 23/02/2021 ao 09/03/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás:
* 09/03/2021 que será horario só de mañáPara solicitar cita previa:
- Por teléfono: 902 30 90 00
- A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Em Valença Há Lampreia em Takeaway, Pode Encomendar e saborear, está divinal!
Fecha desde el 20 de Febrero de 2021
hasta el 18 de Abril de 2021Em Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.
Ampliar contenidoEm Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que começam a 20 de fevereiro e prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.A restauração valenciana apresenta a lampreia em takeaway a oportunidade para saborear, este ano, a lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo pelos especialistas.
Lampreia de Tantas Formas
A tradição apresenta a lampreia, em Valença, à bordalesa, em arroz de lampreia, recheada, assada no forno ou na brasa. Tantas formas para saborear, deliciar-se e encantar-se com os sabores únicos da lampreia do rio Minho. Às tradicionais os chefes da restauração valenciana vão acrescentando novas formas de apresentação e confeção.
Lampreia em Valença Tem Fama e Tradição
Há séculos que a lampreia é um verdadeiro petisco em Valença, tem tradição, fama e serve-se à mesa como um manjar.
Por esta época saborear a lampreia, em Valença, é um verdadeiro prazer, no mínimo uma vez por ano, assim manda a tradição. Os segredos da preparação, confeção e apresentação tem passado de geração para geração pelas mãos sábias das cozinhas das aldeias que a restauração local recria.
Lampreia do Rio Minho
As primeiras lampreias da época já estão a sair nas redadas dos pescadores das comunidades de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo e segundo os mesmos é de excelente qualidade.
A lampreia é um prato de época e é entre janeiro e abril que se apresenta na plenitude dos seus sabores.
RESTAURANTES ADERENTES AOS FIM DE SEMANA GASTRONÓMICOS DA LAMPREIA
ADEGA REGIONAL - Take Away por encomenda
Lugar de Chamosinhos nº53 R/C – S.Pedro da Torre
+351 251 839 043
CRISTINA - Take Away por encomenda
Centro Comercial Lara - Valença
+351 251 825 368
FONTE D’OURO - Take Away por encomenda
Lugar de Vilar - Cerdal
+351 251 839 393
MERENDOLA - Take Away por encomenda
Oliveira da Mosca - Ganfei
+351 251 822 201
O COZINHEIRO/NUNO - Take Away por encomenda
Estrada Nacional 101 – Lugar de Barracas nº1 - Verdoejo
+351 918104871
ROCHA E GRILL - Take Away por encomenda
Ed. Cidade Nova Bl.8
Lj.E,R.Dr. Ibérico Nogueira
+351 251 826 455
TERESINHA - Take Away por encomenda
Rua Tróias Loja
+351 2 251 823 573
Videoxogos e escape room educativo centran a nova oferta formativa da OMIX de Tomiño
Fecha desde el 22 de Febrero de 2021
hasta el 12 de Marzo de 2021As persoas interesadas en participar nestes cursos que se celebrarán no mes de marzo xa poden inscribirse a través da páxina web do Concello
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño oferta a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dúas novas actividades formativas en modalidade online para o próximo mes de marzo a través das que as persoas participantes achegaranse a diferentes proxectos educativos cos videoxogos e un escape room como protagonistas.
Así, o primeiro curso en arrancar en marzo será sobre escape room educativo, unha técnica lúdica e educativa que fomenta o traballo en equipo e a toma de decisións, entre outros beneficios. Dirixido a docentes, educadores/as e orientadores/as, nesta modalidade descubrirán unha forma de motivar ao alumnado e de presentar de forma orixinal os contido. O curso tamén está destinado a mozos e mozas interesados poderán aprender a interiorizar conceptos educativos que estean a estudar a través do xogo, creando o seu propio escape room e desfrutando de todas as súas vantaxes e estratexias.
As clases serán luns, mércores e venres de 18.00 a 21.00 horas dende o 12 de marzo ata o 12 de abril. O curso terá un custe de 10€ e todas as persoas interesadas poden inscribirse xa a través da web do Concello en https://tomino.gal/curso-escape-room-educativo/.
Outro dos cursos do mes será o de videoxogos educativos e plataformas para videoxogar. Trátase dun curso intensivo de 4 horas a través de Zoom os días 20 e 21 de marzo (de 17.00 a 19.00 horas) no que se falará dos cambios nos videoxogos nos últimos anos e como estes inflúen actualmente na sociedade, repasando os tipos que existen, as ferramentas para a socialización dentro deles e os perigos que se poden atopar neste mundo dixital.
Ademais, as persoas interesadas tamén coñecerán os diferentes métodos de comunicación social nos videoxogos e aprenderán a utilizar ‘Discord’, unha das plataformas máis empregadas actualmente, crearán o seu propio servidor e traballarán con esta aplicación descubrindo todas as súas habilidades comunicativas. O custe do curso será de 10€ e pode facerse xa a inscrición a través da web municipal en https://tomino.gal/curso-online-de-videoxogos-educativos-e-plataformas-para-videoxogar/.
Tui acolle a exposición -Jewish Journeys / Viaxes Xudías- da Biblioteca Nacional De Israel
Fecha desde el 22 de Febrero de 2021
hasta el 26 de Marzo de 2021O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
Ampliar contenidoAté o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe.
Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición. "Viaxes xudías" analiza e ilustra a través de 6 paneis informativos (traducidos ao español pola Rede), acompañados de fotografías, as situacións nas que o pobo xudeu ten e tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.
A Biblioteca Nacional de Israel (NLI), fundada en Xerusalén en 1892, ten un dobre mandato distintivo, que serve de biblioteca nacional tanto para o Estado de Israel como para o pobo xudeu de todo o mundo. Os seus extensos fondos conteñen unha gran cantidade de material en diversos formatos, que contan a historia e traxectoria cultural e intelectual do pobo xudeu, do Estado de Israel e da Terra de Israel ao longo dos séculos.
O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) na rúa Colón, 2.
O Teatro Municipal retoma a programación con seis espectáculos no mes de marzo
Fecha desde el 05 de Marzo de 2021
hasta el 24 de Marzo de 2021Maxia, teatro e cinema forman parte desta oferta cultura. As entradas estarán á venda en tui.gal
Ampliar contenidoA próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25%.
A presentación tivo lugar esta mañá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a presentación desta oferta cultural na xornada na que despois de catro meses de peche perimetral se permite de novo a mobilidade. Unha vez superada esa situación, dicía, “presentamos a programación do teatro de marzo que ven plasmar a implicación que este concello ten coa cultura”. Agradecía o traballo e o esforzo realizado dende o departamento de Cultura para en momentos complicados “sacar adiante a programación cultural e poder plasmala con todas as dificultades e con todas as limitacións que temos que superar”. E destacaba que se está a facer un traballo importante para que “a cultura non perda os pasos nin o tren que nunca debeu ter perdido, e que pola situación que estamos vivindo pasa por momentos moi difíciles”.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicitou esta aposta pola cultura nunha proposta que estaba xa prevista para a inicio deste mes de febreiro pero que tivo que adiarse debido ás medidas restritivas en vigor. Neste tempo barallaron distintas alternativas para poder manter así os espectáculos programados nos que a capacidade do teatro estará limitada ao 25% do aforo, é dicir 148 butacas. Destacou coma novidade que a venda de entradas realizarse exclusivamente en liña. Remataba a súa intervención convidando á cidadanía de Tui e doutros concellos, agora que se permite de novo a mobilidade, a asistir ao Teatro.
Maxia, teatro e cinema centran esta programación de inverno no Teatro Municipal.
A primeira cita será o xoves, 4 de marzo, ás 18.30 h, con Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined que achegarán un espectáculo de maxia e ilusionismo para todos os públicos. Hoxe mesmo na presentación fixeron un truco de maxia con cartas nas figuran os lugares nos que teñen actuado ao longo dos 15 anos da súa carreira. A elixida foi precisamente na que figuraba o Teatro Municipal de Tui.
Ao día seguinte, venres 5 de marzo ás 19.30 h, La Quintana representan “O Premio” unha comedia interpretada por Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar na que o público será quen decida o final entre os tres posibles.
O xoves, 11 de marzo, ás 18.30 h o público familiar a partir dos 2 anos, é o destinario da obra de monicreques “O lobo e a lúa” que achega Baobab Teatro.
O cinema estará presente o venres, 12 de marzo, as 19.30 h coa proxección de “A illa das mentiras” de Paula Cons, e o xoves, 18 de marzo, ás 18.30 h con “A Galiña Turuleca”.
A programación pecharase coa estrea de “Illas Desertas” de Artesa Cía, en dobre función, o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30h. Neste caso o aforo estará limitado a 50 persoas cada día. Laura Villaverde, que xunto a Roi Fernández, se encarga da dirección, dramaturxia e posta en escena, desta innovadora obra que é “unha travesía cara nada”. Destacaba a colaboración de Fura del Baus e Sebastián Álvaro, nunha peza na que a tecnoloxía estará moi presente. Previa a estrea a compañía terá sete días de residencia no teatro tudense.
A entradas para cada espectáculo poranse á venda o luns da semana da función e poderán mercarse so en liña en tui.gal até o propio día do evento unha hora antes do comezo. O aforo estará limitado a 148 butacas, agás para “Illas desertas” que será de 50 persoas.
Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda
Fecha desde el 04 de Marzo de 2021
hasta el 10 de Marzo de 2021As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico atlanticculturescape.aguarda@gmail.com ou no teléfono 886 212131
Ampliar contenido- O evento está aberto a toda a cidadanía e terá lugar na tarde do vindeiro 10 de marzo no Concello da Guarda
- As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico aguarda@gmail.com ou no teléfono 886 212131
O vindeiro mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda será o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.
Esta xornada, que arrancará ás 16:30h da tarde, ten coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.
A xornada estará dividida en dúas partes, na primeira delas realizarase unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizaranse mesas de traballo nas que os asistentes poderán traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.
Todas aquelas persoas, sexan profesionais ou non, e que desexen desenvolver ou participar en proxectos para a creación de novos produtos turísticos, atraer turismo á Guarda, potenciar a nosa cultura ou dar a coñecer o noso patrimonio, teñen unha oportunidade moi especial nesta xornada, na que participarán expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.
Máis información sobre o proxecto en: https://atlanticculturescape.eu/
A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2021
Fecha desde el 08 de Marzo de 2021
hasta el 08 de Marzo de 2021A Programación da concellaría de igualdade e do CIM do concello da Guarda para o ano 2021 conta con varias actividades de sensibilización
Ampliar contenidoNun ano marcado pola pandemia e polas restricións sanitarias desde o Concello da Guarda programáronse actividades adaptadas á situación actual para seguir reivindicando e loitando por unha igualdade real entre mulleres e homes en todas as esferas da vida (no ámbito persoal, familiar, laboral, de lecer...).
Actividades programadas para este ano 2021:
Campaña de sensibilización - O Concello de A Guarda énchese de frases e palabras a prol da Igualdade á muller durante o mes de marzo.
A través do poder dos deseños, composto dun perfil de caras de mulleres de diferentes idades e razas, e mostrando palabras ou frases a prol da Igualdade, pretendemos conmemorar dende A Guarda o Día Internacional da Muller.
Queremos indicar que o material empregado para pendurar os carteis de formato redondo nas árbores foi corda de cáñamo coa intención última de non ferir ás árbores.
A Campaña de Sensibilización vese complementada cunha valla publicitaria na Alameda con motivo do 8M, a colocación dunha pancarta no balcón do Concello, a Iluminación en cor morada do Concello e do CIM, así como unha entrevista á directora do CIM na radio do IES A Sangriña feita polo propio alumnado do Centro.
E este ano queremos centrar as nosas actividades na poboación máis nova, as crianzas e a xuventude, porque consideramos primordial que a concienciación e o fomento de Igualdade entre mulleres e homes estea centrada neste sector da poboación.
Actividades nos centros de ensino
O Contacontos "O pozo das Señoras" con Rilo e Penadique (contadora de contos e música) levarase a cabo en formato online (debido a situación sanitaria actual) dirixido a crianzas con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos.
Ofreceráselle a todos os centros de ensino da Guarda unha ligazón que estará dispoñible durante toda a mañá do martes día 9 para facilitar o seu acceso e adaptarse á programación educativa de cada centro.
A actividade que chamamos "Mulleres galegas, donas do seu" vai ir dirixida ao alumnado de 1 º de Bacharelato do IES A Sangriña, é un dos exercicios prácticos de Interpretación do Patrimonio material e inmaterial galego, que 14 alumnos/as de 2º curso do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística do CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza en Pontevedra, deseñaron no módulo de Procesos de Guía que imparte a profesora Tina Otero.
Consiste en investigar e recuperar aspectos moi interesantes da dura vida de moitas mulleres galegas e non galegas tiveron ao longo da historia e convertelo nun discurso dinámico, interesante e actual para que a nosa audiencia, xoves adolescentes coñezan as estas protagonistas, mulleres que viviron en tempos duros, difíciles.. pero que non se acobardaron… loitaron, traballaron e se esforzaron para mellorar a súa situación, a das súas familias e sen sabelo a de toda a sociedade, porque elas axudaron a que agora no século XXI as mulleres teñamos máis dereitos, liberdades e unha mellor vida, de feito van recoñecer nestas historias ás súas nais e avoas.
O obxectivo principal deste traballo é aplicar os coñecementos, destrezas e habilidades acadadas durante o ciclo e preparar emotivos discursos complementados con dinámicas presentacións que sacan do esquecemento histórico a estas mulleres, darlles voz e poñelas como exemplo para invitar a toda a sociedade a seguir loitando por esa igualdade e liberdade que desgraciadamente aínda a día de hoxe as mulleres e as xoves ás que está dirixido este discurso as veces non temos…. buscamos provocar na nosa audiencia unha reflexión e reacción final positiva con cada unha das mulleres e oficios que presentamos, por iso a grande importancia de proxectos como o que nos presenta a profesora Tina Otero que nos ofrecen a oportunidade de crear sinerxias entre diferentes centros educativos e o CIM da Guarda.
Convídase a todas as persoal que queiran vestir algunha prenda ou pór algún complemento de cor morada, como cor que simboliza o Día Internacional das Mulleres.
Tui presenta o seu III Plan Municipal da Igualdade con 50 medidas e 162 actividades para unha igualdade real e efectiva
Fecha desde el 08 de Marzo de 2021
hasta el 08 de Marzo de 2021Terá unha vixencia de 4 anos e aplicarase de forma transversal en todas as áreas
Ampliar contenidoEste mediodía presentouse na casa do concello o III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui. Aprobado por unanimidade en plano o pasado mes de decembro, recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero. Con este acto abriuse hoxe o programa de actividades previsto con motivo do Día Internacional da Muller, 8M.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e da técnica redactora do Plan, Laura Seara.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que “este é un plan desta institución” indicando que “servirá coma guía e referencia das políticas que estamos desenvolvendo e se van desenvolver”. Apuntou que o este ten que ser “un documento vivo que permita levalo á práctica”. Amosou a súa satisfacción pola implicación dos distintos colectivos sociais no proceso de redacción deste Plan. Concluíu indicando que “en igualdade queda moitísimo traballo por facer porque non todo está conseguido”.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, expuxo que o Plan presentado hoxe é “un documento para lograr unha igualdade real e efectiva” ao tempo que recoñeceu que “aínda queda moito por facer” xa que o propio Plan na súa diagnose amosa “a existencia e persistencia das desigualdades estruturais”. “As políticas de igualdade, os dereitos, as leis, os cambios perduran, e son patrimonio de todas e todos” indicaba a edil que concluía manifestando que “coa aprobación deste plan o Concello de Tui amosa un compromiso decidido e responsable, e coma sempre activo, para a igualdade. É a nosa responsabilidade dotarnos de todos os instrumentos para erradicar discriminacións e lograr unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.
Laura Seara, técnica redactora desta III Plan de Igualdade, destacou que este é un documento ambicioso, moi participativo e transversal que nace cun gran liderato e gran implicación.
O Plan de Igualdade recolle unha folla de ruta a seguir nos próximos catro anos. O documento comeza cunha análise pormenorizada da situación no municipio, por sectores e áreas, e cos resultados das enquisas realizadas á poboación. Na síntese sinálase a detección de “desigualdades entre mulleres e homes, fundamentalmente no ámbito sociolaboral”. As mulleres son o 51.8% da poboación tudense.
Os obxectivos do Plan de Igualdade son:
- Introducir a perspectiva de xénero no funcionamento do Concello
- Implicar a todas as concellerías e departamentos municipais no desenvolvemento de políticas, programas, estratexias e accións de igualdade.
- Detectar e combater as fendas de xénero económicas, sociais, culturais e políticas en Tui.
- Favorecer a participación da cidadanía na posta en marcha das políticas de igualdade en Tui.
- Poñer en marcha os mecanismos axeitados para remover os obstáculos que manteñen as discriminacións por razón de sexo e perpetúan a desigualdade estrutural das mulleres.
O Plan desenvólvese en 8 áreas de actuación o Concello; Emprego; Conciliación da vida familiar, laboral e persoal; Inclusión con perspectiva de xénero: Saúde, Calidade de vida e deporte; Coeducación e cultura; Urbanismo, Mobilidade, Medioambiente e Seguridade; e o Combate contra a violencia de xénero. Nas mesmas recóllense en conxunto 50 medidas e 162 actividades a realizar.
As medidas contempladas aplicaranse de forma transversal en todas as áreas municipais.
Contémplase a adhesión do Concello de Tui ao sistema Viogen, a creación dunha Unidade de Apoio Local contra a Violencia de Xénero e un Protocolo de Prevención do Acoso Sexual e de Acoso por Razón de Sexo no Concello de Tui.
Tamén se prevé a creación do “Espazo en Igualdade” na web municipal. No mesmo recollerase toda a información de normativa, recursos, enlaces de interese, novas municipais, actividades, ou un espazo para reflexión con texto de escritoras e activistas relacionadas co feminismo.
A redacción do Plan contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e cunha achega municipal.
Acto institucional
O próximo luns, 8 de marzo, ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada, terá lugar o acto institucional. O acto abrirase coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.
A continuación seis mulleres, de distintos ámbitos, darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos. Haberá poesía coa pedagoga Teresa Domínguez, quen dará lectura a un poema da súa autoría, e música con Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
O aforo está limitado pero poderase seguir en directo canle de Youtube, na web e nas redes sociais do Concello de Tui.
A CIG convoca concentración na Guarda na Praza de Avelino Vicente o luns 8 de marzo polo Día Internacional das Mulleres
Fecha desde el 08 de Marzo de 2021
hasta el 08 de Marzo de 2021Na Guarda o Luns día8 de marzo ás 12:00h na Praza Avelino Vivente
Ampliar contenido- Na Guarda o Luns día8 de marzo ás 12:00h na Praza Avelino Vivente
A CIG ten convocadas 31 mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza , entre elas na Guarda, para facilitar a participación de todas durante a xornada de folga de mulleres do 8 de Marzo. Co fin de garantir o cumprimento de todos os requisitos derivados da pandemia, nas asembleas acordouse promover actos a nivel local, evitando desprazamentos, garantindo a distancia interpersoal de máis de metro e medio, e uso de máscara de protección. A secretaría das Mulleres fai tamén un chamamento a participar nas manifestacións convocadas pola plataforma GALEGAS8M da que a central sindical fai parte.
Fronte a campaña de “desprestixio e boicot” que se está poñendo en marcha, a secretaria das Mulleres da CIG, denuncia que “ao poder non lle interesa a resposta na rúa” e que, coa escusa da pandemia, “está facendo un chamado a non mobilizarse cando, porén, permitiu manifestacións da ultradereita, saltándose límites perimetrais, e acudindo mesmo sen protección”.
Por iso fai un chamamento a reflexionar colectivamente sobre as razóns polas que se pretende criminalizar a mobilización do feminismo cando se permiten as convocadas por outros colectivos, “a non ser que se pretenda culpabilizar de novo a quen está a soster a crise facéndolles crer que si se mobilizan serán as culpábeis dunha nova onda”.
Lembra que “todas as marchas e mobilizacións foron comunicadas previamente, sen que houbese ningunha restrición por parte das autoridades” e que están a ser organizadas de xeito pormenorizado “para asegurarnos de que se poidan realizar en condicións seguras para todas”.
Sobran razóns para a mobilización
A secretaría das Mulleres da CIG denuncia, entre outras cuestións, a sobreexplotación; a precariedade das mozas que intentan acceder ao emprego; a das que suman moreas de contratos a tempo parcial e de curta duración; a explotación das traballadoras do comercio, dos sectores sociosanitarios; os abusos ás traballadoras dos centros de chamadas, ás traballadoras do fogar; a situación das que tiveron que renunciar a salarios por ter que coidar da súa familia ou os despedimentos realizados de xeito oportunista por unha patronal que veu na pandemia a oportunidade para liquidar os seus contratos.
Isto xunto a denuncia de que as mulleres son as máis prexudicadas pola fenda dixital ou pola analfabetización electrónica que tanto dificultou o seu acceso a axudas e prestacións; as pensións miserentas ou os riscos asumidos por falta de equipos de protección mesmo nos servizos esenciais durante a pandemia. Unha crise sanitaria que pagaron as mulleres co seu lombo e co seu traballo de balde, limpando, curando, coidando.
Tomiño organiza un curso de manipulador de alimentos no Auditorio de Goián
Fecha desde el 08 de Marzo de 2021
hasta el 08 de Marzo de 2021A acción formativa terá lugar o 8 de abril de cinco a oito da tarde
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño organiza un novo CURSO DE MANIIPULADOR/A DE ALIMENTOS. Será o xoves, 8 de abril de 2021, no Auditorio de Goián, entre as 17.00 e as 20.00 horas.
A data límite para inscribirse é o vindeiro 5 de abril, sendo as prazas limitadas e tendo un custe de 20 euros. As persoas interesadas poden anotarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ou chamando ao número de teléfono 986 622 001.
As persoas asistentes ao curso deberán levar con elas o seu DNI e ir provistas de máscara e bolígrafo.
O luns de San Telmo entregaranse os Premios Cidade de Tui a Silverio Rivas, a Alberto Estévez Piña e á Residencia San Telmo
Fecha desde el 07 de Marzo de 2021
hasta el 12 de Marzo de 2021Mercedes Peón, Víctor Coyote e Andrea Pousa actuarán no Teatro Municipal de Tui
Ampliar contenidoO Concello de Tui presentou o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui..
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foron os encargados de dar a coñecer a programación elaborada.
Ambos lembraron coma o ano pasado a situación epidemiolóxica obrigou a celebrar un San Telmo virtual. Sinalaron que na proposta de actividades para este ano conxúgase o cumprimento das medidas sanitarias co feito de sacar adiante unha intensa axenda cultural para estes sete días.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacaba coma novidade a entrega dos Premios Cidade de Tui, nun acto institucional que se celebrará o luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal. O rexedor tudense explicou, esta mañá, que era unha vella aspiración do equipo de goberno poder levar a cabo este recoñecemento de forma institucional “para todas as persoas e colectivos que traballaron e fixeron deste concello o que é”. Os galardoados serán o escultor Silverio Rivás, a título póstumo Alberto Estévez Piña, e coma colectivo a Residencia San Telmo.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicaba que “é unha programación pensada para que as xentes de Tui poidan disfrutar duns días de agasallo cultural e de lecer”, destacando que “a cultura é segura”. Repasou polo miúdo a oferta prevista que se estruturará en pasarrúas, actuacións na carpa que se situará no Paseo da Corredoira, e no Teatro Municipal.
O próximo luns, 5 de abril, ás 20 h en tui.gal habilitarase a reserva gratuíta de entrada para todos os espectáculos previstos tanto na carpa na Corredoira coma no Teatro Municipal de Tui. Poderanse reservar un máximo de dúas localidades por persoa.
As actividades previstas encherán as rúas de cor coas actuación de Asacocico. Barafunda, Pista Castro, Fantoches Baj e Troula Animación. Cada xornada dende o martes 7 ao luns 12 haberá dous pases ás 17 h e ás 19 h.
Mentres na carpa situada no Paseo da Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuarán cada xornada ás 18 h Pista Catro con “Lila Star”; Paco Nogueiras con “Brinca Vai”; Circo Chosco con “Riscando o ceo”; Fran Rei con “O Superheroe”; o Mago Teto con “Novas Tolemaxias”; e Uxía Lambona e a Banda Molona.
O Teatro Municipal será o escenario da cita prevista cada día ás 20 h cun aforo de 180 persoas. O mércores 7 proxectarase a película “Ons” e o xoves 8 Butaca Zero representará a obra teatral “32m2”. Na fin de semana a música será a protagonista co concerto “Retornos” de Andrea Pousa o venres, coa presentación de “Déixaas” de Mercedes Peón o sábado; e con Víctor Coyote co seu último traballo “Las Comarcales” o domingo.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o concerto de peche desta programación de actividades de San Telmo o luns ás 20 h no Teatro Municipal. E previamente na carpa situada no Paseo da Corredoira actuará, ás 12 h, as sección de vento madeira o sábado, vento metal o domingo e os grupos de cámara o luns.
Non faltarán nesta cita as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos que farán un pasarrúas no Paseo da Corredoira ás 13 h do sábado e domingo, respectivamente.
Amais dende o martes 7 ao luns 12 poderase visitar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.
Programación de Actividades de San Telmo 2021
Do 7 ao 12 de abril
- Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
Mércores 7
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PISTA CATRO “Lila Star”
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
- Ás 20 h no Teatro Municipal CINEMA “Ons”
Xoves 8
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs BARAFUNDA “3 Pompeiras”
- Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2
Venres 9
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira CIRCO CHOSCO “Riscando o Ceo”
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs PISTACATRO “O Circo“
- Ás 20 h no Teatro Municipal ANDREA POUSA “Retornos”
Sábado 10
- Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
- Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga A TU RITMO
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
- Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”
Domingo 11
- Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
- Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs Charanga CANTOS SOMOS
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
- Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”
Luns 12
- Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
- Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
- Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis?Tolos”
- Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
- Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs TROULA ANIMACIÓN “Polis?Tolos”
- Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI
Notas
- Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
- No Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas
- Reserva de entradas en tui.gal dende o luns, 5 de abril, ás 20 h. Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas.
- No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
