Agenda
Em Valença Há Lampreia em Takeaway, Pode Encomendar e saborear, está divinal!
Fecha desde el 20 de Febrero de 2021
hasta el 18 de Abril de 2021Em Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.
Ampliar contenidoEm Valença há sete restaurantes a preparar a lampreia em regime takeaway, nos fins de semana gastronómicos da lampreia que começam a 20 de fevereiro e prolonga-se até a fim de semana de 17 de abril.A restauração valenciana apresenta a lampreia em takeaway a oportunidade para saborear, este ano, a lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo pelos especialistas.
Lampreia de Tantas Formas
A tradição apresenta a lampreia, em Valença, à bordalesa, em arroz de lampreia, recheada, assada no forno ou na brasa. Tantas formas para saborear, deliciar-se e encantar-se com os sabores únicos da lampreia do rio Minho. Às tradicionais os chefes da restauração valenciana vão acrescentando novas formas de apresentação e confeção.
Lampreia em Valença Tem Fama e Tradição
Há séculos que a lampreia é um verdadeiro petisco em Valença, tem tradição, fama e serve-se à mesa como um manjar.
Por esta época saborear a lampreia, em Valença, é um verdadeiro prazer, no mínimo uma vez por ano, assim manda a tradição. Os segredos da preparação, confeção e apresentação tem passado de geração para geração pelas mãos sábias das cozinhas das aldeias que a restauração local recria.
Lampreia do Rio Minho
As primeiras lampreias da época já estão a sair nas redadas dos pescadores das comunidades de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo e segundo os mesmos é de excelente qualidade.
A lampreia é um prato de época e é entre janeiro e abril que se apresenta na plenitude dos seus sabores.
RESTAURANTES ADERENTES AOS FIM DE SEMANA GASTRONÓMICOS DA LAMPREIA
ADEGA REGIONAL - Take Away por encomenda
Lugar de Chamosinhos nº53 R/C – S.Pedro da Torre
+351 251 839 043
CRISTINA - Take Away por encomenda
Centro Comercial Lara - Valença
+351 251 825 368
FONTE D’OURO - Take Away por encomenda
Lugar de Vilar - Cerdal
+351 251 839 393
MERENDOLA - Take Away por encomenda
Oliveira da Mosca - Ganfei
+351 251 822 201
O COZINHEIRO/NUNO - Take Away por encomenda
Estrada Nacional 101 – Lugar de Barracas nº1 - Verdoejo
+351 918104871
ROCHA E GRILL - Take Away por encomenda
Ed. Cidade Nova Bl.8
Lj.E,R.Dr. Ibérico Nogueira
+351 251 826 455
TERESINHA - Take Away por encomenda
Rua Tróias Loja
+351 2 251 823 573
Tui acolle a exposición -Jewish Journeys / Viaxes Xudías- da Biblioteca Nacional De Israel
Fecha desde el 22 de Febrero de 2021
hasta el 26 de Marzo de 2021O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
Ampliar contenidoAté o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe.
Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición. "Viaxes xudías" analiza e ilustra a través de 6 paneis informativos (traducidos ao español pola Rede), acompañados de fotografías, as situacións nas que o pobo xudeu ten e tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.
A Biblioteca Nacional de Israel (NLI), fundada en Xerusalén en 1892, ten un dobre mandato distintivo, que serve de biblioteca nacional tanto para o Estado de Israel como para o pobo xudeu de todo o mundo. Os seus extensos fondos conteñen unha gran cantidade de material en diversos formatos, que contan a historia e traxectoria cultural e intelectual do pobo xudeu, do Estado de Israel e da Terra de Israel ao longo dos séculos.
O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) na rúa Colón, 2.
Continúa aberto o prazo para participar no Concurso de árbores senlleiras en Tomiño
Fecha desde el 23 de Marzo de 2021
hasta el 14 de Mayo de 2021A iniciativa, pioneira no ámbito municipal galego, pretende servir tamén como un recurso educativo que poña en valor o patrimonio natural
Ampliar contenidoCon motivo da conmemoración do Día dos Bosques, este domingo o Concello de Tomiño presentou un catálogo de árbores senlleiras, co que se pretende poñer en valor ás árbores máis identificativas e singulares do municipio e o seu patrimonio natural e cultural asociado, unha iniciativa pioneira no ámbito municipal galego. O libro está dispoñible para descarga na web municipal.
A iniciativa, promovida polo concelleiro Francisco Campo e impulsada pola anterior concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, recolle un total de 125 rexistros compostos por 116 árbores e 9 formacións correspondentes a 40 especies. Delas, a metade son autóctonas coma o carballo, o sobreiro, o amieiro ou o freixo, e a outra metade corresponden a especies exóticas e foráneas como a oliveira, o magnolio ou o cedro do Himalaia.
Segundo explica o autor do libro, Xurxo Mariño, o traballo de campo e recopilación estivo levándose a cabo durante o último ano e medio, onde destacou tamén a implicación e participación de moitos veciños e veciñas na conformación do catálogo. “Quixemos darlle un enfoque múltiple, de xeito que tivese un carácter técnico pero que tamén servise como recurso educativo e divulgativo”, comenta.
Do mesmo xeito, desde a concellería de Medio Ambiente que actualmente dirixe Ana Belén Casaleiro, explican que se escolleron sete rexistros do catálogo para propoñer que sexan incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, e valórase a posibilidade de que o catálogo poida ampliarse facendo unha segunda recopilación.
Concurso de árbores senlleiras
Co gallo da presentación do libro, desde a concellería de Medio Ambiente lanzan tamén o I Concurso de Composición Artística ou Relato Curto: ¿Como ves tí as nosas árbores senlleiras? no que os participantes deberán plasmar o xeito no que vén as árbores singulares do municipio. Estarán divididos en catro categorías dependendo da idade (benxamín, ata os 6 anos, infantil, de 7 a 11 anos, xuvenil, de 12 a 17 anos e adulto, a partir de 18).
Nas categorías benxamín e infantil os participantes poderán presentar un debuxo ou composición realizado con materiais reciclados ou naturais, mentres que na xuvenil e de adultos terán tamén a opción de presentar un relato curto de ata catro páxinas. Haberá dous premios por categoría, entre os que se atopan entradas para visitar a granxa-escola Corazón de Carballo, un circuíto no Ecoparque Marín ou un circuíto termal no Talaso Atlántico de Oia, entre outros. As bases do concurso publicaranse hoxe na web municipal e os participantes terán de prazo para presentar as súas obras ata o vindeiro 14 de maio.
Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença
Fecha desde el 23 de Marzo de 2021
hasta el 04 de Abril de 2021Poderá visitarse até o 4 de abril na sala municipal
Ampliar contenidoO Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal. A exposición, que recupera material dunha anterior exposición, realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra. Poderá visitarse até o 4 de abril, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
O 25 de marzo de 1886 tivo lugar o solemne acto de inauguración oficial da Ponte Internacional de Tui, cun acto que consistiu no encontro das locomotoras Valença e Alfonso XII reunindo, segundo as crónicas xornalísticas da época, preto de 20.000 persoas en ambas ribeiras do Miño.
Esta singular obra foi deseñada polo enxeñeiro español Pelayo Mancebo Agreda combinando os piares graníticos, procedentes das canteiras de Guillarei, coa celosía metálica que define a estrutura desta singular obra, realizada pola empresa belga, con presenza en Portugal, “Braine la Compte”.
Na vista a exposición podemos achegarnos ao proceso de acordo entre os gobernos de España e Portugal, ao deseño por Pelayo Mancebo, ao proceso de construción dirixido polos enxeñeiros Eugène Rolin e o seu irmá Ernest, que axiña foi substituído por Auguste Cazaux, xunto ao enxeñeiro inspector, o galego Andrés Castro Teijeiro.
A ponte metálica sobre o Miño, integrada por cinco tramos de ferro que alcanzan unha luz de 330 m, é un dos exemplos sobranceiros do patrimonio industrial de Galicia. Pero esta Ponte posúe tamén un alto valor simbólico como imaxe das relacións entre Galicia e Portugal ao tempo que expresa a entrañable unión de Valença e Tui que grazas á comunicación que posibilita converta a estas cidades miñotas nun único espazo cidadán, cunha continuidade urbana que resulta un exemplo único en toda a fronteira hispano-lusa.
Para a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, esta exposición, mais aló da súa modestia de montaxe, contribúe a afondar nas estreitas relación que a ponte posibilita entre Valença e Tui, interrompidas na actualidade polo peche da fronteira provocado pola pandemia que todos agardamos axiña poidamos superar para recuperar a comunicación intensa que acolle esta ponte centenaria.
A OMIX de Tomiño presenta a súa programación para o mes de abril
Fecha desde el 23 de Marzo de 2021
hasta el 15 de Abril de 2021Cursos sobre como elaborar un currículum innovador, usar Google Docs Online ou o manexo de LinkedIn, entre as opcións ofertadas
Ampliar contenidoNo marco da habitual programación formativa que desenvolve a OMIX de Tomiño, a oficina municipal vén de facer pública a súa oferta de cursos para o mes de abril, no que estarán dispoñibles catro obradoiros sobre distintas temáticas.
CURSO ONLINE COMO ELABORAR UN CV INNOVADOR
Unha cuestión fundamental á hora de atopar traballo é ter unha boa carta de presentación que nos faga destacar, e para isto é importante aproveitar todas as ferramentas que os novos medios nos ofrecen. No curso abordaranse conceptos e eidos coma o portfolio, o blog profesional ou a tarxeta de visita a través de códigos QR, entre outros. Terá unha duración de 20 horas e un prezo de 15 euros. As datas nas que se impartirá irán desde o 13 ao 26 de abril, de luns a venres en horarios de 19:00 a 21:00 horas. Vai dirixido especialmente a persoas desempregadas, estudantes en xeral e a todas as persoas que queiran mellorar as súas posibilidades de atopar traballo.
OBRADOIRO ONLINE: LINKEDIN, a rede social que máis che fará crecer
As redes sociais poden ser unha forma excelente para atopar emprego e LinkedIn é o mellor exemplo diso. O Curso pretende mostrar as transformacións xeradas polas novas tecnoloxías no ámbito empresarial e laboral e as novas formas de relacionarse e comunicarse neste ámbito en internet, ensinando as bases para comprender o funcionamento da plataforma e as distintas estratexias que existen para acadar o éxito profesional.
O curso será impartido por Raúl Ordóñez, especialista en márketing e estratexia online con máis de 20 anos de experiencia no sector. Director de Sherpa Cultura Digital dende onde guían a empresas e profesionais a adaptarse con éxito ao cambio tecnolóxico e colaborador habitual con diferentes universidades coma a USC, Universidade de Jaén e diferentes escolas de negocios e finanzas.
Impartirase do 12 ao 15 de abril en horario de luns a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas e está dirixido a todas as persoas interesadas entre os 16 e os 35 anos (se quedan prazas libres poderán facer o curso as maiores de 35). Terá un prezo de 15 euros.
Curso de Aplicacións de Google: GOOGLE DOCS ONLINE
O manexo das aplicacións de procesamento de textos e xestión de documentos tense tornado fundamental nos últimos tempos e desde a OMIX ofrecen agora a oportunidade de introducirse ao manexo de Google Docs Online. O curso será en modalidade ONLINE con clases gravadas en vídeo e dispoñibles nunha web con formato de academia online, con vídeos explicativos, documentos PDF e nalgúns casos enlaces a webs. Haberá titorías de luns a venres por correo electrónico. O horario é libre: cadaquén escolle cando realizar a formación malia que o curso terá unha data de inicio e remate (comezará o 19 de abril e rematará un mes despois). Terá un prezo de 10 euros.
CURSO DE FRANCÉS ONLINE NIVEL MEDIO
Os participantes deste curso terán a oportunidade de seguir ampliando os seus coñecementos sobre o idioma e a cultura francesa de xeito ameno e, sobre todo, práctico, da man dunha filóloga nativa. O curso terá 20 horas de duración, comezará o 21 de abril, e terá lugar todos os mércores de 20:00 a 22:00 horas. Impartirase de xeito online e terá un prezo de 10 euros.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na web municipal. Para máis información pódese contactar coa oficina municipal a través do correo omix@tomino.gal.
Convocatoria de Pleno Ordinario este venres día 26 de marzo na Guarda
Fecha desde el 26 de Marzo de 2021
hasta el 26 de Marzo de 2021Venres día 26 de marzo ás 20:00h
Ampliar contenidoConvocatoria de Pleno Ordinario para este venres día 26 de marzo ás 20:00h coa seguinte orde do día:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Aprobación das actas das sesións ordinaria do 29.01.2021 e a extraordinaria do 22.02.2021
2. Expediente 860/2021. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.01.2021 ATA 15.03.2021
3. Expediente 528/2021. DAR CONTA DOS REPAROS
4. Expediente 650/2021. Dar conta do Informe anual de resolucións e acordos adoptados contrarios aos reparos formulados e resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos.
5. Expediente 2336/2017. Dar conta do Informe morosidade e período medio de pago- Cuarto trimestre 2020
6. Expediente 157/2021.DAR CONTA LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2020
7. Expediente 791/2021. MODIFICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2021-2022. FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
8. Expediente 640/2021. MODIFICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2021-2022. AXUDAS SECTORES AFECTADOS POLO PECHE
9. Expediente 570/2021.PROPOSTA DA ALCALDÍA APROBACIÓN BASES REGULADORAS DA LIÑA AXUDAS AOS ESTABLECEMENTOS AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA COMO CONSECUENCIA DOS EFECTOS DA COVID 19.
10. Expediente 479/2021. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL CRÉDITO 2 2021
11. Expediente 313/2021. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL PLAN MUNICIPAL PREVENCIÓN INCENDIOS
12. Expediente 421/2019. PROPOSTA ALCALDÍA RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSTALACIÓN DE TERRAZAS EN ESPAZOS DE USO PÚBLICO
13. Expediente 645/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOBRE AS INMATRICULACIÓNS DE BENS INMOBLES
14. Expediente 669/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A COMUNICACIÓN AOS GRUPOS MUNICIPAIS DOS PROCEDEMENTOS XUDICIAIS NOS QUE O CONCELLO SEXA PARTE
15. Expediente 690/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A TRANSFERENCIA DA AP9 A GALIZA
16. Expediente 814/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A MELLORA DA COMUNICACIÓN DA POBOACIÓN GUARDESA CON VIGO
17. Expediente 888/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLA ASOCIACIÓN TRANS MIÑO (2021-E-RE-702) E ASUMIDA POLOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PARTIDO POPULAR E DE CONVERXENCIA GALEGA.
18. Expediente 882/2021. Declaración institucional da corporación sobre o día 8 de marzo.
19. ROGOS E PREGUNTAS
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
