Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Dezasseis restaurantes de Cerveira apresentam diferentes Confeçoes da lampreia nos seus cardápios de fim de semana

    Fecha desde el 19 de Febrero de 2022
    hasta el 17 de Abril de 2022

    O maior número de estabelecimentos aderentes à iniciativa resulta de uma reunião entre empresários do setor e o Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira

    O maior número de estabelecimentos aderentes à iniciativa resulta de uma reunião entre empresários do setor e o Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira,

    para abordar a importância da gastronomia tradicional como alavanca de um turismo de qualidade e diferenciado.

     

     

    Durante todos os fins-de-semana, até 15 de abril, 16 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira apresentam os mais saborosos pratos confecionados com a distinta Lampreia do rio Minho. Trata-se da 13ª edição da ‘Lampreia do rio Minho – Um Prato de Excelência’ presente em cerca de 100 restaurantes dos seis municípios parceiros do Vale do Minho, numa organização da ADRIMINHO, com o apoio do Turismo do Porto e Norte de Portugal.

     

    O lançamento oficial decorreu, esta quarta-feira, em Melgaço, com o Município de Vila Nova de Cerveira a fazer-se representar pelo Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, que convidou três pescadores cerveirenses - Alberto Castro, Napoleão Rodrigues e João Araújo - a acompanhar o evento para partilhar testemunhos e experiências do seu dia a dia de safra da lampreia. A Loja Interativa de Turismo complementou a presença com uma mesa adocicada recheada dos tradicionais biscoitos de milho, Cerveirenses e Hidromel, além de material informativo alusivo à atividade muito singular do Aquamuseu do rio Minho na valorização deste ciclóstomo.

     

    O objetivo deste conceituado certame gastronómico é dar maior visibilidade aos pratos tradicionais, em particular valorizar a lampreia do Rio Minho enquanto recurso endógeno, assim como promover as potencialidades naturais e patrimoniais de cada concelho, através do envolvimento das populações em torno desta estratégia territorial.

     

    Durante uma reunião preparatória do evento, decorrida no Salão Nobre dos Paços do Concelho, o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, desafiou os proprietários dos restaurantes do concelho a aderir a esta iniciativa gastronómica, aliando um dos ex-libris do rio Minho com técnicas ancestrais de confeção, potenciando um turismo que se pretende diversificado e de qualidade.

     

    Assim, em Vila Nova de Cerveira, é possível degustar esta iguaria tão singular e reconhecida nacional e internacionalmente, em especial no mercado ibérico, em 16 restaurantes, nomeadamente, Abrigo das Andorinhas, Adega Real, Boega – O Peregrino, Cantinho dos Amigos, Casa das Velhas, Casa Lau, Casebre, Central, Costa Verde, D. Júlio, D. Lima, Glutão, Lavrador, Luso-Galaico, O Cervo, e o Dias. Além da lampreia confecionada das mais variadas formas, quem visitar a ‘Vila das Artes’ pode ainda usufruir de uma panóplia de atividades que o Município de Vila Nova de Cerveira promove para atrair cada vez mais visitantes, bem como para dinamizar a economia local.

     

    Da programação cultural prevista para o mês de fevereiro, destacam-se os concertos ‘Diálogos entre a Música e o Património’, nas Igrejas Paroquiais, e a Festa de Carnaval com bares locais e DJ’s - ‘Cerveira Viva: Carnaval 2022’ (dia 28); em março mais uma edição dos ETC… Encontros de Teatro (dias 5, 19 e 27) com teatro infantil, de comédias e de revista; e em abril, a comemoração da quadra pascal (de 15 a 17), especificamente um Mercado de Doces da Páscoa, a atividade infantil ‘Caça aos Ovos’, uma Exposição de Ovos Gigantes no centro histórico e a singular Queima de Judas, além da Festa do Livro e da Leitura (1 a 30), do “Há Jazz no Museu” (dia 30), e das sugestões do turismo ativo e das visitas a museus.

    Ampliar contenido
  • Tomiño únese ao Reto para aumentar a taxa de reciclaxe do colector amarelo

    Fecha desde el 01 de Marzo de 2022
    hasta el 31 de Mayo de 2022

    Son 13 os municipios que participan na campaña de 2022, promivida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes. Os que consigan o reto recibirán un premio de 2.000 ? para investir nunha causa social

    Tomiño é un dos 13 municipios galegos (o único da comarca) que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recollidos a través do colector amarelo.

     

    Trátase dun reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases domésticos lixeiros en España), para aumentar a achega ao colector amarelo un 10% durante tres meses consecutivos, comparando estas achegas co mesmo período de tempo do ano anterior de cada municipio; é dicir, cada municipio compite consigo mesmo.

     

    Os municipios que consigan mellorar a súa taxa de reciclaxe neste período, recibirán un premio de 2.000 € para investir nunha causa social, a elixir por cada  Concello.

     

    Para conseguir o obxectivo marcado, será fundamental motivar aos cidadáns informando sobre a importancia de separar correctamente os envases en orixe, para a súa posterior recollida selectiva e reciclaxe, sen depositar impropios en ningún caso.

     

    Con este fin, dende o 1 de marzo ata o 31 de maio desenvolveranse diferentes accións nos 13 municipios participantes. O vindeiro mércores, 2 de marzo, comezaranse a instalar uns valos publicitarios coa imaxe da campaña en puntos estratéxicos do concello. Irase informando da campaña en redes sociais e un equipo de 2 promotores visitará distintos puntos de Tomiño co fin de tomar contacto co comercio e a hostalería, repartindo e instalando vinilos coa imaxe da campaña en escaparates, repartindo pulseiras de tea, e explicando aos cidadáns a campaña e a importancia da reciclaxe no colector amarelo para conseguir o reto.

     

    Para máis información: https://uneteaoreto.com/

    Ampliar contenido
  • O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades -Semente de Igualdade-

    Fecha desde el 08 de Marzo de 2022
    hasta el 27 de Abril de 2022

    Unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

    O Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

    As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h no Centro Cultural, onde terá lugar a lectura dun manifesto acompañado da representación teatral “SUBTERRÁNEA” da actriz  Mónica Sueiro. “Subterránea” é unha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas. Levan demasiado tempo habitando en territorio INVISIBLE.

    Subterránea é unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.

    A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

    O día 10 de marzo no IES A Sangriña coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, coa actividade que levou por título "Mulleres Galegas. Donas de seu" dirixida ao alumnado de 1º de BACH do IES A Sangriña.

    Este ano 2022 , o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de BACH da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título "Arte para todas e con todas".

    Esta actividade consiste en convidalas/os a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.

    Para a xornada do venres día 11  de marzo ás 20:00h está prevista a proxección no Centro Cultural do filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar.    O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente.

    Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral da obra TABÚ da Compañía Tarabela Creativa. "Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

    Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

    As actividades estenderanse ao mes de abril, deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

    Os Centros escolares do municipio participarán este ano nas conmemoracións do 8M recibindo círculos con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes, participarán tamén nunha charla que contará coa intervención de Amelia Tiganus.

    O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus,    dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.

    Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

    Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

    Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa  Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.

    Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».

    Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".

    Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

    As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade

    Ampliar contenido
  • Biblioteca Municipal de Cerveira retoma -hora do conto- no formato presencial

    Fecha desde el 05 de Marzo de 2022
    hasta el 30 de Abril de 2022

    Sessões semanais gratuitas apresentam-se como uma oportunidade para motivar as crianças para a leitura, ouvindo e contando histórias, além de contribuir para reforçar o conceito de que a família deve ser o berço da leitura.

    A partir do dia 5 de março, a interativa ‘Hora do Conto’, em formato presencial, está de regresso à Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira, após um longo interregno devido à pandemia Covid-19. A atividade lúdico-pedagógica gratuita acontece aos sábados, pelas 11h00, privilegiando o envolvimento entre crianças e familiares.

     

    As sessões da ‘Hora do Conto’ compreendem, numa primeira abordagem, um momento de leitura, apresentação da história selecionada pelos colaboradores técnicos da Biblioteca Municipal ou ainda por algum escritor, ilustrador ou contador de histórias convidado. Num segundo momento é proposta uma exploração da história, de forma ativa e participativa por parte das crianças e seus familiares, complementado com o desenvolvimento de atividades lúdicas ou de expressão plástica. O desafio é que pais e filhos, avós e netos, possam ler e interpretar a história agendada em conjunto e dar asas à imaginação através de um elemento interpretativo.

     

    A calendarização para os próximos dois meses já se encontra definida e as histórias em destaque são, em março, “Faísca & Luzinhas” de Alexander Bar (dia 5), “Trollzarrão” de Barbara van den Speulhof e Stephan Pricken (dia 12), Espetáculo – Oficina de Dança “Miocárdio” pela Comédias do Minho (dia 19) e “Por aqui não há crocodilos” de Jonny Lambert (dia 26). Para abril, está agendada a história “Isto não é uma selva” de Susanna Isern” (dia 9) e “O Grufalão” de Julia Donaldson (dia 16).

     

    Com a organização de mais uma edição da Festa do Livro e da Leitura, os restantes sábados de abril vão ter uma programação especial para escolas e comunidade em geral (consultar programa próprio), mas que no habitual período da ‘Hora do Conto’ (11h00), não descura a dinâmica entre crianças e familiares. Desta forma, no sábado, 2 de abril, está previsto um espetáculo para bebés, denominado ‘Histórias com Música Lá Dentro Trilogia Aves/Ninho, como forma de assinalar o Dia Internacional do Livro Infantil, no sábado dia 23 também está programado um espetáculo para bebés e famílias, intitulado ‘Afinal… O Gato!’, enquadrado na comemoração do Dia Mundial do Livro; e a 30 de abril, há lugar para as ‘Histórias do Cinema que não se veem nos filmes’ – Conversa com o Autor Mário Augusto.

    Ampliar contenido
  • Videomapping e iniciación á pintura son as dúas propostas formativas da OMIX Tomiño para esta primaveira

    Fecha desde el 12 de Marzo de 2022
    hasta el 20 de Abril de 2022

    O vindeiro sábado (12 de marzo) o Grupo de Voluntariado organiza unha xornada de adopción de mascotas na Praza do Seixo

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño vén de abrir o prazo de inscripción para as dúas propostas formativas que comezarán no mes de abril, e que son, por unha parte un novidoso obradoiro de Videomapping, e por outra, un curso de iniciación á pintura.

    O primeiro terá lugar a fin de semana do 8 e 9 de abril, da man do artista visual navarro Miguel Martínez Caraballo, coa idea de impartir esta nova disciplina sobre a fachada do edificio do Concello. O alumnado asistente participará activamente durante dous intensos días de formación e proxectará sobre a fachada da casa consistorial o videomapping realizado. “Será un espectáculo espectacular”, explica o artista. O taller, cun prezo de 20 euros, celebrarase no salón de plenos, comezando o venres 8 de abril e concluíndo o sábado 9. As clases, serán eses dous días no salón de plenos entre as 19.00 e 21.00 horas, comezando ás 22.00 do sábado o denominado “Evento Videozapping”. A idade mínima para participar é 12 anos e as inscricións poden facerse en https://tomino.gal/obradoiro-de-videomapping/

    Por outra banda, a artista Gemma Marqués ditará un curso teórico-práctico de pintura básica para entender a teoría da cor, aprender a mesturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida. A data de inicio será o 20 de abril e o horario, mércores de 17.00h a 18.30h. O prezo da actividade é de 15€ e a data de finalización o 11 de maio. A idade mínima para participar é 12 anos e as inscricións poden facerse en https://tomino.gal/curso-basico-de-pintura/

    ADEMAIS, o grupo de voluntariado da OMIX organiza o sábado 12 de marzo unha XORNADA DE ADOPCIÓN CANINA E FELINA que terá lugar de 10h a 14h na Praza do Seixo.

    Por mor do mal tempo previsto para a xornada do sábado 12 de marzo, queda adiada a Xornada de Adopción Canina e Felina deste sábado na Praza do Seixo. A mesma terá lugar o sábado 19 de marzo no mesmo lugar e hora (de 10 a 14).

    Existe a posibilidade de adoptar un animal da protectora ou un gato ou gata procedente de colonias de familias que viven na rúa. Son bebés felinos que o Concello de Tomiño se compromete a castrar de xeito gratuito. Os voluntarios e voluntarias pretenden crear unha listaxe de persoas adoptantes para estes animais.

    Ademais, malia que non se adopte, pódese axudar doando comida para cans e gatos, ou material novo ou usado en bo estado que xa non se use (xoguetes, correas, transportín, camiñas, mantas, etc.).

    Ampliar contenido
  • O concello da Guarda saca a licitación a humanización da Rúa Manuel Rodríguez Sinde

    Fecha desde el 16 de Marzo de 2022
    hasta el 12 de Abril de 2022

    Ata o 12 de abril estará aberto o proceso de licitación. As bases e o proxecto está dispoñible para descarga no perfil do contratante do Concello da Guarda na Plataforma de contratacións do Estado.

    O Concello da Guarda saca a licitación as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde dende o cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa rúa San Bernardo, entre os números 5 e 23, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

     

    Esta humanización ven a completar as realizadas na contorna dando a este tramo de rúa a tipoloxía do casco histórico: pavimentado en pedra con plataforma única. Eliminaranse os estacionamentos para gañar espazo para os peóns, haberá un carril de rodadura de tres metros e o resto do ancho da rúa, repartido a ambos lados, estará reservado para as persoas e debidamente protexido. Esta nova urbanización cumple cos criterios de humanización da Deputación e converte esta  rúa en accesible

     

    As obras contemplan a renovación dos servizos de abastacemento de auga e sumidoiro, con separación de augas pluviais e fecais, así como a preinstalación para telecomunicacións e novas acometidas para o alumeado público.

     

    O tempo de execución das obras estímase en 45 días e o orzamento de execución é de 172.331,54€.

     

    Dende hoxe día 15 de marzo e ata o 12 de abril estará aberto o proceso de licitación. As bases e o proxecto está dispoñible para descarga no perfil do contratante do Concello da Guarda na Plataforma de contratacións do Estado.

    Ampliar contenido
  • Cruz Vermella en Baixo Miño organiza un novo obradoiro de xestión emocional

    Fecha desde el 18 de Marzo de 2022
    hasta el 15 de Abril de 2022

    Todos os mércores dende o 20 de Abril ata o 8 de Xuño, en horario de 10.30 a 12.30, realizarase un novo obradoiro de Xestión emocional.

    Todos os mércores dende o 20 de Abril ata o 8 de Xuño, en horario de 10.30 a 12.30, realizarase un novo obradoiro de Xestión emocional. O obradoiro terá lugar nunha aula de instalacións pertencentes ó concello de Tui. Esta actividade enmárcase dentro do programa “Cruz Vermella te escoita”, que ten como obxectivo favorecer o benestar emocional das persoas e que se puxo en marcha trala crise provocada pola Covid-19.

    Dentro destes talleres, que son impartidos por voluntarias especializadas en psicoloxía, trabállanse diferentes aspectos como o papel das emocións, os problemas derivados dunha mala xestión emocional, a importancia dos pensamentos, o control da ansiedade,  a regulación emocional ou  a xestión do duelo,  ó tempo que se establece o momento no que é importante pedir axuda profesional.

    A pandemia está tendo repercusións sobre a saúde mental e tamén sobre as persoas que se atenden dende Cruz Vermella e que xa eran vulnerábeis. Por esta razón, é necesario contar con formas innovadoras para reforzar o apoio e o acompañamento psicosocial das persoas que máis o precisan.

    Estas sesións son posibles grazas a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (UNESPA) que lanzou hai uns meses a campaña “Estar preparados (Para estar máis seguros)”, coa que realizaron unha importante contribución de 3,8 millóns para distintas accións do Plan Cruz Vermella Responde.  En total, 107 aseguradoras participaron nesta campaña na que quixeron que a súa financiación serva para loitar contra as consecuencias económicas e sociais da pandemia, polo que está dirixida a diferentes proxectos encamiñados a mellorar a empregabilidade, loitar contra a brecha dixital, facilitar o acceso á educación dos menores en risco de exclusión ou a ofrecer apoio e acompañamento psicosocial ás persoas vulnerábeis dentro da área de saúde.

    Ampliar contenido
  • Continúa a oferta de actividades da Omix da Guarda con obradoiros de Lettering e Comunicación

    Fecha desde el 22 de Marzo de 2022
    hasta el 01 de Abril de 2022

    Seguen abertas as inscricións para o Obradoiro de Música e Canto Moderno ata este martes día 22.

    A Omix da Guarda informa da ampliación do prazo de inscricións do obradoiro de música e canto moderno para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso. Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade. Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna.
    O obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e é de balde para as persoas participantes.

    Para o próximo mes de abril a OMIX da Guarda organiza dúas novas actividades formativas. A primeira, un obradoiro de iniciación ao lettering, en colaboración coa libraría Atlántica e que  impartirá Amasonia Tropical o día 1 de abril de 17:30 a 19:30.

    A segunda acción será un Obradoiro de comunicación e oratoria que leva por título Canta claro coma o galo! que se desenvolverá os martes de 16:30 a 18:30 horas a partir do día 5 de abril e que en total terá unha duración de 12 horas. Neste obradoiro tratarase de introducir ás persoas participantes na vivencia da comunicación como unha experiencia agradable e de transformación persoal. Aclarar os puntos clave para dominar a comunicación en calquera contexto da vida. Conseguir que as persoas gañen en seguridade persoal.

    ¡Os obradoiros teñen prazas limitadas!

    Inscrición e información na OMIX da Guarda, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7

    Ampliar contenido
  • Aberta a pre-inscrición para acceder ás escolas infantís de Tomiño e Goián

    Fecha desde el 22 de Marzo de 2022
    hasta el 08 de Abril de 2022

    As listas provisionais publicaranse o 6 de maio, e as definitivas o 31 do mesmo mes

    Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás 2 escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos de Tomiño (O Seixo e Goián), o único concello da comarca que conta con 2 centros de educación infantil públicos. A día de hoxe o padrón de habitantes contabiliza 350 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

    Ata o 8 de abril os pais e nais poden solicitar algunha das 102 prazas (61 en Goián e 41 en Tomiño) que se ofertan nas dúas escolas, tanto de renovación, como de novo ingreso.

    Ademais, cada curso se reserva unha praza por aula para nenos e nenas derivados dende os Servizos Sociais previa aprobación do Consorcio.

    A lista provisional de inscritos e lista de agarda será publicada o 6 de maio. O prazo de reclamación será do 9 ao 13 de maio e a publicación das listas definitivas o 31 do mesmo mes. Por último, do 1 ao 10 de xuño será o prazo de matrícula propiamente dito.

    Unha das grandes novidades deste curso é que será gratuíta a atención educativa para todo o alumnado, con independencia do número de irmáns da unidade familiar (os servizos de comedor ou merenda terán que abonarse, como até o de agora).

    A Escola infantil de Goián conta con 4 aulas e unha capacidade total de 61 prazas. Segundo os datos achegados polo director, José María Torres, este curso renovarán sobre 20 familias. As prazas libres son 7 no grupo 0-1 e dependendo das solicitudes recibidas, variará a configuración das outras 3 unidades da escola, podéndose establecer máis de un grupo para os niveis 1-2 e/ou 2-3.

    A presentación de solicitudes pode ser presencial (nas escolas) ou telemática, recomendándose ás persoas interesadas pasarse polo centro a informarse previamente e coñecer as instalacións, para o que é preciso chamar antes.

    No Seixo son 42 prazas en total, estando vacantes para este curso 7 na aula de 0-1; 5 na de 1-2 e 7 na de 2-3. “Eu recomendaríalle aos pais e nais que se animasen a vir, que os nenos e nenas veñen moi contentos e as familias teñen sempre as portas abertas”, explica a directora, Paula Oliveira.

    O alumnado que entra novo cada ano pasa un período de adaptación para que os nenos e nenas non acusen tanto o cambio.

    O impreso de matrícula pode recollerse nas propias escolas infantís ou baixalo de internet en sede.xunta.gal. Para máis información ou cita previa, pódese chamar ao 986 622 887 (Escola Infantil de Tomiño) ou 986 620 385 (Escola Infantil de Goián).

    Asemade, toda a información relativa ao proceso, así como os formularios normalizados do procedemento, poderán consultarse e descargarse na páxina web da rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul.

    Outro enlace de interese para ampliar a información é a https://www.escolasinfantisdegalicia.es/index.php/resolucion-da-xerencia-do-consorcio-pola-que-se-convoca-o-procedemento-de-adxudicacion-de-prazas-nas-escolas-infantis-0-3-para-o-curso-2022-23/

    Ampliar contenido
  • Volve o -Gómez Alfaro-, o premio literario impulsado por Orpagu para estudantes de 10 a 12 anos de toda Galicia

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 30 de Abril de 2022

    Os escritores Claudia Castro, Paula Carballeira y Diego Giráldez serán os encargados de valorar os traballos enviados á sede de Orpagu entre o 1 e o 30 de abril.

    Tras un parón de dous anos pola pandemia, o certame literario “Homes e Mulleres  do Mar. Premio Gómez Alfaro”, impulsado pola Organización de Palangreiros Guardeses en colaboración coa Editorial Galaxia, volve con máis forza que nunca para premiar a calidade literaria en galego de estudantes de 10 a 12 anos de toda Galicia. Con este galardón, Orpagu quere poñer o foco no traballo que realiza a xente do mar como parte inherente e fundamental de toda unha cultura narrada na lingua que lle é propia.

    Os traballos presentados deberán estar escritos en galego, contar cunha extensión mínima de dous folios e máxima de 6 e ter unha temática relacionada cos “homes e mulleres do mar”. Ademais, os textos deberán ser de ficción, orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que fosen presentados ou premiados noutros concursos. Para participar no certame, os relatos deberán ser enviados á sede de Orpagu, na Guarda, entre o día 1 e o día 30 de abril. (As bases pódense atopar en www.orpagueducativo.com/certame-literario/).

    O premio literario leva o nome do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro, profesor de Ensino Secundario no Colexio Padres Somascos da Guarda, localidade na que viviu ata o seu falecemento. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Gómez Alfaro foi un recoñecido escritor, poeta e articulista en varios medios de comunicación. Como poeta deuse a coñecer en 1969 cunha obra en castelán, “De rodillas”, publicada na Editorial  CLA en Bilbao, pero toda a súa obra posterior foi en galego.

    Xurado e premios

    O xurado deste ano está formado por tres escritores: Claudia Castro, Paula  Carballeira e Diego Giráldez.

    Claudia Castro (Santiago de Compostela) é licenciada en Xornalismo e Filoloxía Inglesa e recibiu varios recoñecementos literarios pola súa obra poética, entre eles o “ Duck Fin”, o “María Mariño” e o “Xosé Manuel López  Ardeiro”.  En 2018 publicou o seu primeiro libro de poesía para nenos “Galicia, ou país dás marabillas”, da man de Galaxia. 

    Paula Carballeira (Fene) estudou Filoloxía na USC e desde 1994 é narradora oral profesional, actriz e escritora. Como autora ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varios idiomas: portugués, inglés, italiano, coreano... A maior parte da súa obra está pensada para a infancia e mocidade.

    Diego Giráldez (O Porriño) exerceu ao longo da súa traxectoria profesional como xornalista en diferentes medios. Na actualidade, colabora co xornal dixital  Praza Pública e a revista  Luzes. Os seus dous traballos literarios, “Galería de saldos” e “Hotel para coleccionistas discretos”, conseguiron importantes recoñecementos. En breve presentará a súa nova novela, “Ou  meu  sangue”, tamén con Galaxia.

    A gañadora ou o gañador do certame organizado por Orpagu levará unha  tablet, un trofeo e un lote de libros da Editorial Galaxia.

    Ampliar contenido
  • -Fogar, doce fogar-: 200 euros para a túa casa por cortesía do comercio tomiñés

    Fecha desde el 30 de Marzo de 2022
    hasta el 11 de Abril de 2022

    Nova campaña de ADETO para promocionar o comercio de proximidade.

    A Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO), inicia este mércores 30 unha campaña para axudar aos seus clientes a facer esa mellora na súa casa que teñen pendente. Dende a asociación animan á xente a que faga as súas compras no comercio local, cun aliciente extra: “Unha reparación, un moble novo, unha instalación pendente ou redecorar o salón… o que queiras! Os mellores profesionais e os mellores productos están en Tomiño; e queremos que os atopes! Por iso sorteamos un vale de 200€ entre os clientes dos nosos establecementos asociados”.


    Con esta campaña, coa que colaboran o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia, ADETO pretende favorecer o consumo no comercio de proximidade e, ao mesmo tempo, premiar a algún cliente coa posibilidade de facer unha inversión extra no seu fogar. O premio, un vale de 200 €, poderá ser gastado en polo menos en dous establecementos entre e Granitos Álvarez, Muebles Álvarez, Ferretería A Roda, J. Carrera Decoración, Muebles Costa, Carpintería Melo Otero, Instalaciones García Abollo, Instalbami, Foncel, Materiales de Construcción Francisco Fernández, Máster Tomiño, Carpintería Sergio Almeida e Sumycol. O número premiado coñecerase o luns 11 ás 11:30.

    Ampliar contenido
  • A Guarda amplía ata este venres o prazo de inscricións para a Escape Room de Igualdade

    Fecha desde el 29 de Marzo de 2022
    hasta el 01 de Abril de 2022

    As persoas interesadas en participar poden inscribirse na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda

    • As persoas interesadas en participar poden inscribirse na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda (Casa dos Alonso) en horario de 8:00h a 15:30h. e no centro cultural en horario de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: conserje@aguarda.es ( pode descargarse  o modelo de solicitude da páxina web do Concello).

    As actividades programadas polo Día Internacional da Muller estenderanse ao mes de abril de 2022, deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

    Esta proba está recomendada a partir dos 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais , de estratexia….) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolve en grupos, que deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, chegando a un total de 15 grupos como máximo.

    A actividade terá como base a Praza de Avelino Vicente e desenvolverase na zona vella e no Castelo de Santa Cruz. Explicarase inicialmente a dinámica da actividade aos participantes, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que lles poidan xurdir ás persoas participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo.

    En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, diferentes puntos de control distribuídos polo contorna da zona vella da Guarda e o Castelo de Santa Cruz. No seu itinerario deberán atopar certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible outorgará aos equipos máis tempo para superar a seguinte fase. Esta parte terá unha duración aproximada de 30 minutos, cunha distancia total a percorrer aproximada de 2-3Km e un nivel de esixencia medio-baixo. Para iso, as/os participantes contarán cun plano da vila.

    Na terceira parte da proba os equipos volverán á Praza de Avelino Vicente, onde se desenvolverá unha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números…, paralelamente unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte e o código de 6 letras para abrir o críptex.

    As persoas interesadas en participar na actividade poden presentar a solicitude de forma presencial  na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda (Casa dos Alonso) en horario de 8:00h a 15:30h. e no centro cultural  en horario de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: conserje@aguarda.es ( pode descargarse  o modelo de solicitude da páxina web do Concello)

    No caso de menores de idade non acompañados, deberan presentar autorización asinada polas súas proxenitoras/es ou titoras/es.

    As inscricións amplíanse ata o venres día 1 de abril, día no que tamén publicarase a listaxe dos equipos admitidos na páxina web do Concello e comunicarase a través do e-mail que se facilite na solicitude, así como a listaxe de suplentes.

    Descargar Bases

    Descargar Autorización menores

    Descargar Solicitude

    Ampliar contenido
  • O Consello Climático organiza unha Xincana na Guarda o 9 de abril

    Fecha desde el 30 de Marzo de 2022
    hasta el 08 de Abril de 2022

    O inicio da proba será o sábado 9 de Abril ás 11:00 na praza do Reló do Concello de A Guarda.

    A proba consiste na realización dun percorrido polo centro urbano de A Guarda con diferentes paradas para realizar retos e probas cos que os participantes obterán unha puntuación e unha pista para unha proba final.

    A participación está recomendada para maiores de 12 anos polos coñecementos e habilidades necesarias para superar as probas. Existen dúas categorías: xeral (grupos de máximo 3 persoas maiores de 12 anos) e familiar (familias de ata 5 membros nos que pode haber menores de 12 anos).

    Como mínimo unha persoa de cada equipo participante deberá inscribirse no seguinte formulario e ler as bases de participación da actividade.

    Os participantes deben acudir con roupa e calzado cómodos para poder realizar os desprazamentos a pé. Non se permite o uso de patinetes, bicicletas nin ningún outro tipo de vehículos para a realización da proba.

    Entregaráselle a cada equipo un mapa cos puntos aos que teñen que acudir para superar as diferentes probas. Pódense empregar móbiles e outros dispositivos para os desprazamentos. En cada proba, a persoa encargada da explicación e realización da mesma indicará aos participantes as normas para levala a cabo e o material que poden empregar.

    A proba ten unha duración máxima de 2horas e 30 minutos.

    Para calquera dúbida contactar con informacion@aguarda.es

    Inscricións en: https://bit.ly/xincanaAGuarda

    Ampliar contenido
  • A Universidade de Vigo desenvolverá este venres en Tomiño unha xornada de transferencia de coñecemento con empresas do sector da hortofloricultura

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 01 de Abril de 2022

    A Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, reúne 27 empresas do sector da planta e da flor cortada, así como produtores de aguacate ou kiwi.

    A Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, reúne 27 empresas do sector da planta e da flor cortada, así como produtores de aguacate ou kiwi. Este amplo tecido empresarial é o principal sustento de arredor de 800 familias dos concellos da comarca e, tras o impacto da pandemia, afronta novos retos como mellorar a competitividade do eido da hortofloricultura, crear unha marca de calidade e potenciar as fortalezas e oportunidades do sector. Para facelo, estas compañías poderán contar coa colaboración da Universidade de Vigo, coa que este venres manterán un encontro de traballo na procura de sinerxías.


    Para coñecer as demandas e necesidades reais das empresas e darlles a presentar as liñas de investigación dos grupos da UVigo, este venres o concello de Tomiño acollerá unha xornada de transferencia na que se darán cita tanto as empresas que forman parte desta asociación como unha ducia de investigadores de diferentes eidos do coñecemento.


    A xornada comezará con visitas a Flores Toxal, na Guarda, e ao Viveiro Río Tollo, en Goián e, posteriormente, o salón de plenos do Concello de Tomiño acollerá, a partir das 12.45 h, unha sesión de traballo que será inaugurada pola alcaldesa da vila, Sandra González; o reitor da Universidade, Manuel Reigosa e a presidenta de acuBan, Mariví Álvarez.

    Ampliar contenido
  • Tesouros doutros tempos con -Olivia e o clarinete máxico- na biblioteca municipal do Rosal

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 01 de Abril de 2022

    Contacontos para público infantil este venres 1 de abril ás 17.00 h co libro do escritor guardés Francisco Álvarez

    A programación do mes do libro arranca no Rosal cunha actividade para achegar ao máis cativos e cativas da casa ao mundo da literatura. Este venres 1 de abril a biblioteca municipal acolle o contacontos ‘Olivia e o clarinete máxico’,  unha obra do escritor guardés Francisco Álvarez, Koki. A actividade, de balde e con entrada libre, comezará ás 17.00 horas e contará coa colaboración da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

    Será unha tarde acompañando a Olivia na súa procura de tesouros doutros tempos no faiado da casa dos seus avós, un recuncho case máxico no que atopa o clarinete do seu bisavó Pepe. Un instrumento moi especial que tocaba cando ela estaba aínda no ventre da súa nai e que cambiará a vida da pequena para sempre. Unha fantástica historia sobre o valor das tradicións familiares e o amor pola música que namorará a nenos e nenas.

    Francisco Álvarez, Koki, é escritor e animador cultural residente en Nova York dende 1984, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega. Escritor tanto en galego como en castelán, ten unha longa traxectoria como autor con libros de poesía, narrativa, infanto-xuvenil ou obras colectivas e numerosos premios ás súas costas.

    Ampliar contenido
  • O Concello da Guarda organiza o Obradoiro de Canto -Con Voz Propia-

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 20 de Abril de 2022

    Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez de Maga de Voz, realizarase todos os xoves en horario de 10:00h a 12:30h dende o 21 de abril ata o 23 de xuño, cun total de 25h.

    O Concello da Guarda, organiza no mes de abril o Obradoiro de Canto “con Voz Propia”.

    Esta actividade, que será impartida por Cristal Méndez de Maga de Voz, realizarase todos os xoves en horario de 10:00h a 12:30h dende o 21 de abril ata o 23 de xuño, cun total de 25h.

    Trátase dun Obradoiro de canto para mulleres no que se busca o empoderamento das participantes a través da voz e do canto.

    As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, na Praza de San Marcos(ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 61 4648 e no enderezo electrónico muller@aguarda.es

    Esta actividade conta co financiamento e apoio do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.

    Ampliar contenido
  • O concello da Guarda saca a licitación o mantemento das illas ecolóxicas e a reforma do Obradoiro de Emprego

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 11 de Abril de 2022

    A data límite de presentación de ofertas en ambos casos é o 11 de abril de 2022.

    O Concello da Guarda saca a licitación pública dous novos contratos, por unha banda o do Servizo de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados e, pola outra, a reforma do Obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela

     

    O Servizo de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados sae a licitación pública por un importe da licitación de 24.200 euros por dous anos, prorrogable dous anos máis.

     

    A reforma do Obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela sae a licitación pública por un importe da licitación de 43.913,83 máis IVE e o prazo de execución é de 90 días.

     

    A data límite de presentación de ofertas en ambos casos é o 11 de abril de 2022.

     

    Toda a información destas licitacións está no Perfil do Contratante da Sede Electrónica do Concello da Guarda

    Ampliar contenido
  • Cerveira faz de abril uma Festa do livro e da leitura

    Fecha desde el 01 de Abril de 2022
    hasta el 30 de Abril de 2022

    A 31ª edição do evento dinamizado pela Biblioteca Municipal contempla atividades específicas dirigidas aos públicos infantil, escolar e geral, nomeadamente Encontros com Escritores, Espetáculos de Teatro, Horas do Conto, uma Homenagem a José Saramago e u

    A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira  dinamiza, ao longo do mês de abril, um programa amplo e de excelência em torno das letras, aproximando a população aos escritores e às mais diversas e dinâmicas manifestações literárias. De 1 a 30 de abril, a Biblioteca Municipal da ‘Vila das Artes’ celebra mais uma edição da Festa do Livro e da Leitura, com ações gratuitas para todas as faixas etárias, priorizando o interesse e a participação das crianças e jovens através de propostas mais adequadas aos seus gostos.

     

    Incentivar o gosto pelo livro e pela leitura é o objetivo transversal a todas as feiras do livro, mas a forma de o alcançar pode e deve ser anualmente reinventada para continuar a cativar diferentes públicos. Em Vila Nova de Cerveira prima-se pela realização de atividades que promovam o contacto, o envolvimento e a interação entre os presentes, conjugando aprendizagem com diversão, distribuindo as iniciativas previstas mediante o público – infantil, escolar ou geral.

     

    Neste sentido, a 31ª Festa do Livro e da Leitura de Vila Nova de Cerveira arranca esta sexta-feira, 1 de abril, com os Encontros com a Escritora Adelaide Graça, que vai apresentar a sua mais recente obra “Vamos Lá!” aos alunos do 2º ciclo, nas bibliotecas escolares, e termina no dia 30 de abril com uma Conversa com os conhecido autores Mário Augusto e Álvaro Sobrinho Lúcio, abordando “A Perspetiva de Quem Conta”. A iniciativa é dirigida ao público em geral e realiza-se no Auditório da Biblioteca Municipal, pelas 16h30.

     

    Ao longo do mês de abril, está agendado um espetáculo para bebés (dia 2, público infantil e família); encontros com o ilustrador Sebastião Peixoto e a apresentação do livro “O Homem da Nuvem Escura” (dias 4 e 5, público escolar); Hora do Conto com “Isto não é uma selva” de Susanna Isern (dia 9, público infantil e família); Evocação de José Saramago no Centenário do seu Nascimento (dia 9, público geral); o Teatro “História de um Muro” (dia 12, público infantil e escolar); Hora do Conto com “Grufalão” de Julia Donaldson, com a caraterística de ser realizada ao ar livre e com  desafio de construir um acordeão (dia 16, público infantil e famílias); o espetáculo para bebés “Afinal… O Gato!” (dias 22 e 23, público infantil e famílias); o espetáculo “À Margem, de uma certa maneira – O Canto do Exílio” (dia 23, público geral); os Encontros com a Escritora Clara Cunha (dias 26 e 27, público escolar); e, no último dia, 30 de abril, integrado no projeto da CIM Alto Minho, “Cultura para Todos”, as “Histórias do Cinema que não se veem nos filmes” – Conversa com o Autor Mário Augusto (público infantil e famílias); uma atuação da Tuna da Unisénior (público geral) e a inauguração da exposição artística “Se a Memória não me falha…” do curso de pintura da Unisénior (público geral).

     

    Para que não perca nenhuma atividade da Festa do Livro e da Leitura de Vila Nova de Cerveira 2022, consulte o programa específico disponível no site da autarquia e esteja atento às redes sociais do Município de Vila Nova de Cerveira. Votos de boas e animadas leituras!

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido