Agenda
Tomiño únese ao Reto para aumentar a taxa de reciclaxe do colector amarelo
Fecha desde el 01 de Marzo de 2022
hasta el 31 de Mayo de 2022Son 13 os municipios que participan na campaña de 2022, promivida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes. Os que consigan o reto recibirán un premio de 2.000 ? para investir nunha causa social
Ampliar contenidoTomiño é un dos 13 municipios galegos (o único da comarca) que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recollidos a través do colector amarelo.
Trátase dun reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases domésticos lixeiros en España), para aumentar a achega ao colector amarelo un 10% durante tres meses consecutivos, comparando estas achegas co mesmo período de tempo do ano anterior de cada municipio; é dicir, cada municipio compite consigo mesmo.
Os municipios que consigan mellorar a súa taxa de reciclaxe neste período, recibirán un premio de 2.000 € para investir nunha causa social, a elixir por cada Concello.
Para conseguir o obxectivo marcado, será fundamental motivar aos cidadáns informando sobre a importancia de separar correctamente os envases en orixe, para a súa posterior recollida selectiva e reciclaxe, sen depositar impropios en ningún caso.
Con este fin, dende o 1 de marzo ata o 31 de maio desenvolveranse diferentes accións nos 13 municipios participantes. O vindeiro mércores, 2 de marzo, comezaranse a instalar uns valos publicitarios coa imaxe da campaña en puntos estratéxicos do concello. Irase informando da campaña en redes sociais e un equipo de 2 promotores visitará distintos puntos de Tomiño co fin de tomar contacto co comercio e a hostalería, repartindo e instalando vinilos coa imaxe da campaña en escaparates, repartindo pulseiras de tea, e explicando aos cidadáns a campaña e a importancia da reciclaxe no colector amarelo para conseguir o reto.
Para máis información: https://uneteaoreto.com/
O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades -Semente de Igualdade-
Fecha desde el 08 de Marzo de 2022
hasta el 27 de Abril de 2022Unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h no Centro Cultural, onde terá lugar a lectura dun manifesto acompañado da representación teatral “SUBTERRÁNEA” da actriz Mónica Sueiro. “Subterránea” é unha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas. Levan demasiado tempo habitando en territorio INVISIBLE.
Subterránea é unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.
A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.
O día 10 de marzo no IES A Sangriña coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, coa actividade que levou por título "Mulleres Galegas. Donas de seu" dirixida ao alumnado de 1º de BACH do IES A Sangriña.
Este ano 2022 , o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de BACH da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título "Arte para todas e con todas".
Esta actividade consiste en convidalas/os a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.
Para a xornada do venres día 11 de marzo ás 20:00h está prevista a proxección no Centro Cultural do filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar. O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente.
Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral da obra TABÚ da Compañía Tarabela Creativa. "Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
As actividades estenderanse ao mes de abril, deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.
Os Centros escolares do municipio participarán este ano nas conmemoracións do 8M recibindo círculos con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes, participarán tamén nunha charla que contará coa intervención de Amelia Tiganus.
O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.
Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.
Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».
Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".
Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas
As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade
Biblioteca Municipal de Cerveira retoma -hora do conto- no formato presencial
Fecha desde el 05 de Marzo de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Sessões semanais gratuitas apresentam-se como uma oportunidade para motivar as crianças para a leitura, ouvindo e contando histórias, além de contribuir para reforçar o conceito de que a família deve ser o berço da leitura.
Ampliar contenidoA partir do dia 5 de março, a interativa ‘Hora do Conto’, em formato presencial, está de regresso à Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira, após um longo interregno devido à pandemia Covid-19. A atividade lúdico-pedagógica gratuita acontece aos sábados, pelas 11h00, privilegiando o envolvimento entre crianças e familiares.
As sessões da ‘Hora do Conto’ compreendem, numa primeira abordagem, um momento de leitura, apresentação da história selecionada pelos colaboradores técnicos da Biblioteca Municipal ou ainda por algum escritor, ilustrador ou contador de histórias convidado. Num segundo momento é proposta uma exploração da história, de forma ativa e participativa por parte das crianças e seus familiares, complementado com o desenvolvimento de atividades lúdicas ou de expressão plástica. O desafio é que pais e filhos, avós e netos, possam ler e interpretar a história agendada em conjunto e dar asas à imaginação através de um elemento interpretativo.
A calendarização para os próximos dois meses já se encontra definida e as histórias em destaque são, em março, “Faísca & Luzinhas” de Alexander Bar (dia 5), “Trollzarrão” de Barbara van den Speulhof e Stephan Pricken (dia 12), Espetáculo – Oficina de Dança “Miocárdio” pela Comédias do Minho (dia 19) e “Por aqui não há crocodilos” de Jonny Lambert (dia 26). Para abril, está agendada a história “Isto não é uma selva” de Susanna Isern” (dia 9) e “O Grufalão” de Julia Donaldson (dia 16).
Com a organização de mais uma edição da Festa do Livro e da Leitura, os restantes sábados de abril vão ter uma programação especial para escolas e comunidade em geral (consultar programa próprio), mas que no habitual período da ‘Hora do Conto’ (11h00), não descura a dinâmica entre crianças e familiares. Desta forma, no sábado, 2 de abril, está previsto um espetáculo para bebés, denominado ‘Histórias com Música Lá Dentro Trilogia Aves/Ninho, como forma de assinalar o Dia Internacional do Livro Infantil, no sábado dia 23 também está programado um espetáculo para bebés e famílias, intitulado ‘Afinal… O Gato!’, enquadrado na comemoração do Dia Mundial do Livro; e a 30 de abril, há lugar para as ‘Histórias do Cinema que não se veem nos filmes’ – Conversa com o Autor Mário Augusto.
A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos visitará O Rosal no mes de abril
Fecha desde el 08 de Abril de 2022
hasta el 27 de Abril de 2022Atenderá os días 8 e 20 para vehículos agrícolas e o 27 para ciclomotores. As persoas interesadas poden pedir cita previa a través da web sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00
Ampliar contenidoA unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de abril para a revisión de diferentes tipos de vehículos. Por un lado, a unidade móbil 10 de inspección técnica de agrícolas estará situada na rúa Simón do Mazo o vindeiro 8 de abril en horario de mañá (de 09.00 a 13.30 horas) e o día 20 de mañá e tarde, de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. Ademais, o mércores 27 de abril a unidade móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores estará diante do pavillón municipal de 09.00 a 13.30 horas.
As persoas interesadas xa poden solicitar cita previa:
- Por teléfono no 902 30 90 00.
- A través da páxina web de Sycitv, no apartado Cita previa.
Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de revisión regulamentarias.
Volve o -Gómez Alfaro-, o premio literario impulsado por Orpagu para estudantes de 10 a 12 anos de toda Galicia
Fecha desde el 01 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Os escritores Claudia Castro, Paula Carballeira y Diego Giráldez serán os encargados de valorar os traballos enviados á sede de Orpagu entre o 1 e o 30 de abril.
Ampliar contenidoTras un parón de dous anos pola pandemia, o certame literario “Homes e Mulleres do Mar. Premio Gómez Alfaro”, impulsado pola Organización de Palangreiros Guardeses en colaboración coa Editorial Galaxia, volve con máis forza que nunca para premiar a calidade literaria en galego de estudantes de 10 a 12 anos de toda Galicia. Con este galardón, Orpagu quere poñer o foco no traballo que realiza a xente do mar como parte inherente e fundamental de toda unha cultura narrada na lingua que lle é propia.
Os traballos presentados deberán estar escritos en galego, contar cunha extensión mínima de dous folios e máxima de 6 e ter unha temática relacionada cos “homes e mulleres do mar”. Ademais, os textos deberán ser de ficción, orixinais e inéditos, polo que non se terán en conta aqueles que fosen presentados ou premiados noutros concursos. Para participar no certame, os relatos deberán ser enviados á sede de Orpagu, na Guarda, entre o día 1 e o día 30 de abril. (As bases pódense atopar en www.orpagueducativo.com/certame-literario/).
O premio literario leva o nome do escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro, profesor de Ensino Secundario no Colexio Padres Somascos da Guarda, localidade na que viviu ata o seu falecemento. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Gómez Alfaro foi un recoñecido escritor, poeta e articulista en varios medios de comunicación. Como poeta deuse a coñecer en 1969 cunha obra en castelán, “De rodillas”, publicada na Editorial CLA en Bilbao, pero toda a súa obra posterior foi en galego.
Xurado e premios
O xurado deste ano está formado por tres escritores: Claudia Castro, Paula Carballeira e Diego Giráldez.
Claudia Castro (Santiago de Compostela) é licenciada en Xornalismo e Filoloxía Inglesa e recibiu varios recoñecementos literarios pola súa obra poética, entre eles o “ Duck Fin”, o “María Mariño” e o “Xosé Manuel López Ardeiro”. En 2018 publicou o seu primeiro libro de poesía para nenos “Galicia, ou país dás marabillas”, da man de Galaxia.
Paula Carballeira (Fene) estudou Filoloxía na USC e desde 1994 é narradora oral profesional, actriz e escritora. Como autora ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varios idiomas: portugués, inglés, italiano, coreano... A maior parte da súa obra está pensada para a infancia e mocidade.
Diego Giráldez (O Porriño) exerceu ao longo da súa traxectoria profesional como xornalista en diferentes medios. Na actualidade, colabora co xornal dixital Praza Pública e a revista Luzes. Os seus dous traballos literarios, “Galería de saldos” e “Hotel para coleccionistas discretos”, conseguiron importantes recoñecementos. En breve presentará a súa nova novela, “Ou meu sangue”, tamén con Galaxia.
A gañadora ou o gañador do certame organizado por Orpagu levará unha tablet, un trofeo e un lote de libros da Editorial Galaxia.
A XVIII Andainatudense Solidaria 2022 terá lugar o 14 de maio
Fecha desde el 02 de Abril de 2022
hasta el 11 de Mayo de 2022Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Ampliar contenidoCita anual e inescusable para subir e desfrutar do monte Aloia, este ano a saída e a chegada serán na céntrica praza da Inmaculada, de onde partiremos ás 10:00 horas cara o monte Aloia pasando pola senda do Lagartón, a ponte das Febres e os muiños de Paredes sobre o río Deique. O xantar farémolo arredor da capela de san Xiao sobre as dúas da tarde, para despois comezar o descenso hacia Tui pasando ao carón do castro do Alto dos Cubos antes de chegar a praza da Inmaculada, onde finalizaremos a XVIII Andainatudense Solidaria.
Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Xa está toda a información, e abertas as inscricións, na páxina www.andatui.es. O prezo é de 12 euros e as inscricións finalizarán o mércores 11 de maio.
Cerveira faz de abril uma Festa do livro e da leitura
Fecha desde el 01 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022A 31ª edição do evento dinamizado pela Biblioteca Municipal contempla atividades específicas dirigidas aos públicos infantil, escolar e geral, nomeadamente Encontros com Escritores, Espetáculos de Teatro, Horas do Conto, uma Homenagem a José Saramago e u
Ampliar contenidoA Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira dinamiza, ao longo do mês de abril, um programa amplo e de excelência em torno das letras, aproximando a população aos escritores e às mais diversas e dinâmicas manifestações literárias. De 1 a 30 de abril, a Biblioteca Municipal da ‘Vila das Artes’ celebra mais uma edição da Festa do Livro e da Leitura, com ações gratuitas para todas as faixas etárias, priorizando o interesse e a participação das crianças e jovens através de propostas mais adequadas aos seus gostos.
Incentivar o gosto pelo livro e pela leitura é o objetivo transversal a todas as feiras do livro, mas a forma de o alcançar pode e deve ser anualmente reinventada para continuar a cativar diferentes públicos. Em Vila Nova de Cerveira prima-se pela realização de atividades que promovam o contacto, o envolvimento e a interação entre os presentes, conjugando aprendizagem com diversão, distribuindo as iniciativas previstas mediante o público – infantil, escolar ou geral.
Neste sentido, a 31ª Festa do Livro e da Leitura de Vila Nova de Cerveira arranca esta sexta-feira, 1 de abril, com os Encontros com a Escritora Adelaide Graça, que vai apresentar a sua mais recente obra “Vamos Lá!” aos alunos do 2º ciclo, nas bibliotecas escolares, e termina no dia 30 de abril com uma Conversa com os conhecido autores Mário Augusto e Álvaro Sobrinho Lúcio, abordando “A Perspetiva de Quem Conta”. A iniciativa é dirigida ao público em geral e realiza-se no Auditório da Biblioteca Municipal, pelas 16h30.
Ao longo do mês de abril, está agendado um espetáculo para bebés (dia 2, público infantil e família); encontros com o ilustrador Sebastião Peixoto e a apresentação do livro “O Homem da Nuvem Escura” (dias 4 e 5, público escolar); Hora do Conto com “Isto não é uma selva” de Susanna Isern (dia 9, público infantil e família); Evocação de José Saramago no Centenário do seu Nascimento (dia 9, público geral); o Teatro “História de um Muro” (dia 12, público infantil e escolar); Hora do Conto com “Grufalão” de Julia Donaldson, com a caraterística de ser realizada ao ar livre e com desafio de construir um acordeão (dia 16, público infantil e famílias); o espetáculo para bebés “Afinal… O Gato!” (dias 22 e 23, público infantil e famílias); o espetáculo “À Margem, de uma certa maneira – O Canto do Exílio” (dia 23, público geral); os Encontros com a Escritora Clara Cunha (dias 26 e 27, público escolar); e, no último dia, 30 de abril, integrado no projeto da CIM Alto Minho, “Cultura para Todos”, as “Histórias do Cinema que não se veem nos filmes” – Conversa com o Autor Mário Augusto (público infantil e famílias); uma atuação da Tuna da Unisénior (público geral) e a inauguração da exposição artística “Se a Memória não me falha…” do curso de pintura da Unisénior (público geral).
Para que não perca nenhuma atividade da Festa do Livro e da Leitura de Vila Nova de Cerveira 2022, consulte o programa específico disponível no site da autarquia e esteja atento às redes sociais do Município de Vila Nova de Cerveira. Votos de boas e animadas leituras!
A Guarda da a benvida a abril cunha ampla programación polo mes do libro
Fecha desde el 04 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Contacontos, exposicións, presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura neste mes de abril.
Ampliar contenido- Contacontos, exposicións, presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura neste mes de abril.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de presentar as actividades e a programación para o mes do libro 2022 que arrancou xa na xornada deste venres día 1 de abril coa inauguración da Exposición de libros “O Principiño”.
A Casa dos Alonso foi o escenario elixido para presentar toda a programación a cargo do Alcalde da vila, Antonio Lomba e da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes. A este acto acudiron tamén representantes das librarías da vila e demais convidados, que puideron participar tamén na inauguración da Exposición de libros “O Principiño”, unha exposición que recolle máis de 250 exemplares de diversas edicións sobre unha das novelas curtas mais importante e a obra mais famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.
Os exemplares expostos do Principiño son propiedade de Chelo Vicente Rodríguez, unha veciña da Guarda que comezou fai xa uns dez anos a coleccionar libros desta obra, a máis traducida do mundo, contando na actualidade con tradución a máis de cincocentos idiomas e 12 dialectos da xeografía española. Chelo comezou esta interesante colección a raíz das viaxes que foi realizando polo mundo, mercando exemplares en diferentes idiomas grazas tamén a formar parte dun grupo de coleccionistas, mercando libros tamén ilustrativos, que poderán contemplar os visitantes que se acheguen á Casa dos Alonso, na primeira exposición pública na que se vai poder ver esta interesante e asombrosa colección de libros do Principiño.
Sobre o autor falou Paco Vidal, un gran apaixonado da literatura e gran coleccionista tamén de libros, que non desaproveitou esta oportunidade para falar da historia de Antoine de Saint-Exupéry e o que significou e significa para moitas xeracións a obra do Principiño.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, quixo agradecer no acto de inauguración a Chelo Vicente, que dende o primeiro momento se amosou moi receptiva a realizar esta exposición de libros do Principiño e colaborou de xeito moi activo para que a mesma fose unha realidade en moi pouco tempo. Engadiu a Concelleira de Cultura que “é todo un luxo para a cidadanía guardesa, para tod@s, pequenos e maiores poder desfrutar desta exposición na Casa dos Alonso e poder coñecer un pouco máis dun dos libros máis traducidos en todo o mundo. O Principiño sitúase nun lugar destacado nesta programación do Mes do Libro, onde queremos que tod@s se aproximen á lectura coma un elemento de busca da liberdade, do coñecemento, do espírito crítico e tamén "deses breves e incandescentes momentos de felicidade" como soñaba Jorge Luis Borges.
Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “O pobo da Guarda, dende sempre, deu moita importancia aos libros, isto explica a gran produción e colaboración editorial que se fai dende o concello. Este ano, poder comezar o mes do libro coa exposición sobre O Principiño, é un luxo. Espero que desfrutemos dela grandes e pequenos. E que para elo, nós, os grandes, aceptemos a suxerencia do Principiño e nos acordemos de cando eramos cativos.”
PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO
O Mes do Libro 2022 na Guarda comeza coa Exposición de libros “O Principiño”, que estará na Casa dos Alonso do 1 ao 10 de abril en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres e en horario de 10:00h a 13:00h os sábados.
A programación continúa este sábado día 2 de abril co Contacontos polo día do libro infantil con “DEDAS” ás 12:00h na Biblioteca Municipal da Guarda(Centro Cultural). DEDAS é un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo para nenos e nenas de 1 a 6 anos.
O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro : Soledad García nos textos, Laine Villero a cargo das ilustracións e Natalia Guisande como deseñadora. As tres artistas conforman o proxecto Solaina, unha fusión de arte: palabras, pintura e deseño.
Para acudir á esta actividade é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.
Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal da Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.
O 9 de abril ás 12:00h a Biblioteca Municipal da Guarda acolle o contacontos “O Principiño en figuras de Luz”, é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.
Xa para rematar a programación do mes do libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da Guarda e obsequiarase cunha flor(ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día. Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, “Mortadelo e Filemón”, que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as Librarías e as principais rúas da vila.
Recorda que na Biblioteca Municipal da Guarda habilitarase un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.


Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa
Fecha desde el 16 de Abril de 2022
hasta el 25 de Abril de 2022Luíz Zahera será o pregoeiro dos festexos. Efecto Pasillo, grupos emerxentes e orquestras amenizarán as noites festivas.
Ampliar contenidoTui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.
O inicio da festa terá lugar co pregón popular que lerá o actor Luís Zahera o sábado 16 ás 11.45 h na praza da Inmaculada. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que “se cambiou a filosofía do pregón porque entendiamos que debía ter un carácter máis popular e festivo”. Engadía que o acto institucional pasa a ser a gala de entrega dos premios Cidade de Tui, que terá lugar o mesmo sábado ás 19.30 h no Teatro Municipal “nos que se recoñecerá a unha persoa e a un colectivo que dalgunha forma a súa traxectoria estea baseada na implicación na cidade dende moitos puntos de vista”.
Explicaba tamén o rexedor tudense que outra das apostas deste ano é a deslocalización das actividades que se celebrarán en até seis puntos da cidade con eventos festivos. Será así o Paseo da Corredoira, a rúa Compostela, as prazas de San Fernando e San Telmo, o edificio Francisco Sánchez, e o espazo feira na prolongación da travesía da rúa Casal Aboy.
A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, indicou que logo de dous anos as festas celébranse este ano “cun programa ao uso”. A música moi presentes nestes festexos segundo explicaba a concelleira con concertos de grupos coma Efecto Pasillo, xunto a outras agrupacións emerxentes e da zona coma Micalip’s, No All Kansas, Rockin' Gina & The Sentinels, Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L, e Lucky Duckies. As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo actuarán polas rúas, ao igual que a Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas, a Banda de Gaitas “Arume” de Malvas, e a Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos que actuará na praza de San Fernando. Tamén protagonizarán pasarrúas Troula Animación e Hípica Celta.
Non faltará o son das bandas de música coa Banda de Música Popular de Tui, xunto ás de Salvaterra, Monçao, Lanhelas, e a da Escola Naval Militar de Marín. O público familiar poderá gozar na carpa da Corredoira coa maxia de Samuel Moreno, o circo de Cia Assircopatas, a música de Pakolas e Odaiko, e o teatro con Culturactiva.
Avanzou tamén Sonsoles Vicente que da man do festival Música no Claustro o domingo 24 na Catedral recuperarase a Misa medieval de San Telmo co concerto de Seconda Pratica de canto gregoriano.
O domingo 17 ás 17.30 h celebrarase no Teatro Municipal o Festival Folclórico coa participación dos grupos locais Traxe Tradicional, Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro) e San Telmo. Do mesmo xeito regresa tamén a Semana do Teatro Amador cos grupos San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe, estreando todos eles novas montaxes.
As corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres, e San Telmo actuará tamén estes festexos no centro de día Amoralia, e nas residencias Paz e Ben e San Telmo.
Outra das novidades deste ano será o fin de festa, o luns 25, cunha tirada de Fogos Piromusicais.
A gastronomía será outro dos pratos fortes destes festexos. Do 8 ao 25 deste mes celebrarase a Festa do Meixón que será presentada este xoves. E o sábado 16 e domingo 17 na praza da Inmaculada celebrarase o I Encontro de Viños da Raia. Con este evento, coma sinalou a concelleira Ana Núñez, ”búscase promocionar as adegas locais, da contorna e da outra beira do Miño”. Explicaba que participarán dez adegas de pequenos produtores que presentarán viños brancos, tintos e espumosos.
O deporte está presente neste programa coa Carreira Popular de San Telmo que se celebrará o o sábado 23 organizada polo Club Atletismo Tui, coa Andaina Popular de San Telmo organizada polo club Andatui o domingo 24, e coa Feira Cabalar en San Bartolomeu que terá lugar o luns 25, Día de San Telmo, coa implicación da Asociación de Veciños de San Roque e San Bartolomeu, o Club Equigalia, Hípica Marcos, e a Peña Cabalar Valle do Louro coma explicaba o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez.
O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, avanzou que xa dende esta Semana Santa e logo na fin de semana de San Telmo darase protagonismo ás persoas coa peonalización dun tramo de Augusto Besada e da Corredoira, do mesmo xeito que indicaba que na travesía da rúa Casal Aboy, haberá restricións no tráfico cando se celebren concertos neste emprazamento.
Festas de San Telmo 2022, do 16 ao 25 de abril
Festa do Meixón
Do 8 ao 25 de abril. Restaurantes participantes: Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, Parador de Tui. Ración, pan e copa de albariño 69€
I Encontro de Viños da Raia
Sábado 16 e domingo 17 de abril, de 12.00 ha 15.00 h e de 18.00 a 21.00h, na Praza da Inmaculada. Degustación de brancos, tintos e espumosos, música e maridaxes.
XII SEMANA DE TEATRO AMADOR
Do martes 19 ao venres 22 de abril. Venda de entradas numeradas a 2 €, dende o domingo 13 de abril en tui.gal, e o día da función dende unha hora antes só 100 entradas no despacho de billetes do Teatro Municipal.
HORARIOS DA EXPOSICIÓN DE ARTISTAS TUDENSES
Do 16 ao 25 de abril na Sala de Exposición Municipal no edificio Francisco Sánchez
Horario de luns a venres de 11.30 h a 13.30 h e de 17.30 a 19.30 e sábado, domingos e festivo de 12 a 14 h e de 17 a 20 h. Entrada de balde.
Sábado 16
- 00h – 14.00 h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos na compaña da Charanga Cantos Somos.
- 45h – 13.15 h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Luis Zahera. En caso de choiva na carpa da Corredoira.
- 30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Gala “Premios Cidade de Tui”. Entrada libre até completar capacidade.
- 30h – 21.30 h Na Sala de Exposicións, inauguración da exposición “Artistas Tudenses”.
- 30h – 23.00h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Micalip’s.
- 00h – 01.00h Na no espazo feiral (explanada do antigo Cam-Fran) actuación do grupo Efecto Pasillo.
Domingo 17
- 30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
- 30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. *Entrada libre até completar capacidade. Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui),
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música de Salvaterra.
- 30h – 21.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Satélites.
- 30h – 21.30 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 30h – 23.00 h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo No All Kansas.
Martes 19
- 00h – 17.30 h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral Ponte das Febres.
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira actuación de maxia “Why not 2.0” con Samuel Moreno .
- 00h – 22:15 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de “Milagro no convento de Santa María Juana”.
Mércores 20
- 00 h – 17.30h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
- 00 h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de circo “Abracadaver” coa Cia Assircopatas.
- 00 h – 22:30h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Spot”
Xoves 21
- 00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
- 00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
- 00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.
Venres 22
- 00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.
- 00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”
- 30h – 22.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.
- 30h – 00.00 h Na carpa da Corredoira, actuación de Rockin' Gina & The Sentinels.
- 00h – 01.0 0h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.
Sábado 23
- 00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
- 00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
- 00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
- 00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.
- 00h – 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.
- 00h – 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 30h – 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.
- 00h – 23.00h Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos.
- 00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.
Domingo 24
- 00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
- 15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
- 30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
- 00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 30h – 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.
- 00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
- 00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 30h – 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
- 30h – 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.
- 30h – 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
Luns 25
- 00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
- 30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
- 00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
- 00h – 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 00h – 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
- 00h – 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
- 15h – 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.
- 22:45h – 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 30h – 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.
- 00h – 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
A Guarda y Caminha presentan las Andainas de Primavera 2022
Fecha desde el 11 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Las Andainas de Primavera 2022 cuentan con 4 rutas en total entre el 30 de abril y el 9 de julio, en las que visitarán el Trilho da Serra d´Arga (Caminha), la PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla (Touro), el Trilho da paisagem protexida Corno do Bico (Paredes
Ampliar contenidoEl martes día 5 de abril de 2022 tuvo lugar en la Casa dos Alonso da Guarda la presentación de las Andainas de Primavera 2022, organizadas conjuntamente por el Ayuntamiento de A Guarda y la Câmara Municipal de Caminha.
Estas andainas, que gozan de una amplia participación en ambas márgenes del río Miño, contarán con 4 recorridos esta primavera de 2022 y vienen a retomar las marchas que se organizaban cada año hasta que la pandemia de la COVID-19 impidió su celebración.
En la presentación estuvo presente Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Miguel Alves, presidente de la Câmara Municipal de Caminha, así como concejales de deportes de ambos municipios y medios de comunicación.
Para Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, “estos paseos son, una vez más, una apuesta por el deporte y la organización de actividades en colaboración con la vecina localidad de Caminha, con la que tanta relación tenemos, un paso más en la unificación de los territorios transfronterizos de la “raia” Galicia/Portugal”.
En palabras de Miguel Alves, presidente de la Câmara de Caminha, “es una buena oportunidad para compartir experiencias juntos, tras la parada obligatoria por la pandemia del COVID-19, una vez más las localidades vecinas de A Guarda y Caminha trabajan unidas en la realización de actividades para el disfrute de los ciudadanos gallegos y portugueses.”
Las Andainas de Primavera 2022 cuentan con 4 rutas en total entre el 30 de abril y el 9 de julio, en las que visitarán el Trilho da Serra d´Arga (Caminha), la PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla (Touro), el Trilho da paisagem protexida Corno do Bico (Paredes de Coura) y el Sendeiro Natural Aciveiro (Forcarei).
Trilho en la Serra d’Arga en Caminha – 30 de abril
Los paseos comienzan el 30 de abril con el Trilho en la Serra d'Arga en Caminha, un recorrido ecológico y paisajístico de unos 15km y con un grado de dificultad fácil/medio que partirá de Arga de Cima (Caminha) y tendrá una duración aproximada de 5,5 h.
La Serra d’Arga es una de las zonas más emblemáticas del Alto Minho, no solo por la inmensidad de los paisajes salvajes de su cima, sino también por la singularidad de sus valores naturales y culturales. En los puntos más altos de la montaña, dominados por imponentes macizos graníticos, existen zonas de pastos naturales de rara belleza donde se encuentran diferentes tipos de matorrales en una matriz de pastos con una notable diversidad florística. Cerca de los pintorescos pueblos que se desarrollan en la transición a la pizarra, hay campos, marismas y bosques naturales, atravesados ??por varias líneas de agua.
El paraje de la Serra de Arga cuenta con un valioso patrimonio natural, que incluye hábitats naturales y seminaturales, así como especies de fauna y flora prioritarias para la conservación. Este territorio tiene una extraordinaria riqueza de flora, incluyendo especies raras o en peligro de extinción.
Esta ruta, en la zona de Arga de Cima, Arga do Baixo, Arga de São João y Dem, asentamientos rurales de la Serra d'Arga, discurre por una de las zonas más emblemáticas del Alto Minho, en la Ribeira de Arga y el valle de la Ribeira de São João, en áreas de marismas, campos y bosques naturales, atravesadas por varias líneas de agua, a través de las cuales es posible entrar en contacto con aspectos de interés geológico y geomorfológico, y apreciar varios ejemplos de arquitectura vernácula , tales como molinos y graneros .
Desde Cabeço do Meio Dia, en Arga de Baixo, a 550 m de altitud, se puede contemplar una de las panorámicas más impresionantes y amplias de la comarca, desde el valle del río Coura, Monte de Santa Tecla y A Guarda, a Corno Paisaxe do Bico y la Serra da Peneda.
PR-G 93 Ruta por la Ribera del Ulla en Touro – 14 de mayo
El segundo paseo programado con la Ruta PR-G 93 por la Ribeira do Ulla en Touro tendrá lugar el sábado 14 de mayo, un recorrido lineal con contenido natural y etnográfico que partirá de Ponte Basede y terminará en San Pedro da Ribeira, con una distancia total de 13km y unas 4 horas de duración, con un grado de dificultad fácil.
Este camino discurre por la margen derecha del río Ulla para acercarnos, en medio de un bello paisaje, a lugares tan emblemáticos del municipio de Toro como el Salto del Infermiño o el Pozo do Pego.
Por el camino descubriremos los restos del Pazo de San Cristovo, pequeños molinos y los escondidos y milenarios erizos que salpican repetidamente las frondosas arboledas.
En las inmediaciones del pueblo de San Pedro de Ribeira disfrutaremos de la tranquilidad de la playa de Pozo do Pego, un paraje natural de extraordinaria belleza.
Durante el recorrido, lo que más sorprenderá serán los cambios en la vegetación, que incluyen bosques de tipo mediterráneo con alcornoques y ramitas, bosques atlánticos como sotos o robledales y, a poca distancia, densos bosques de ribera.
Es una ruta de poca dificultad pero donde es muy recomendable el uso de botas de montaña y ropa adecuada.
Trilho en el Paisagem Protegida Corno do Bico en Paredes de Coura - 4 de junio
El 4 de junio tendrá lugar la tercera marcha con el Sendero Paisaje Protegido Corno do Bico en Paredes de Coura, una ruta ecológica/paisajística que partirá de Túmio, con un recorrido de 12km, con una duración aproximada de 4,5h y un grado de dificultad fácil/media.
El Corno de Bico es un espacio emblemático del municipio de Paredes de Coura y de gran importancia para la comarca, considerado un pequeño santuario natural, un espacio de rara belleza que el hombre ha modelado armónicamente, de alto valor ecológico, de gran belleza. e importancia para la región del Alto Minho. Hoy juega un papel importante en la conservación de la naturaleza, lo que le ha permitido ser incluido como un sitio clasificado en la Red Europea NATURA 2000 y en la Red de Áreas Protegidas de Portugal. Igualmente importante en este territorio es el patrimonio humano de las comunidades rurales.
Desde el punto más alto de esta ruta, un mirador natural, se divisa un majestuoso paisaje que se abre o bien al valle del río Coura o bien a los valles de los ríos Vez y Lima.
PR-G 100 Sendero Natural Aciveiro en Candán(Forcarei) – 9 de julio
Para finalizar estos paseos el sábado 9 de julio tendrá lugar la ruta PR-G 100 Sendero Natural Aciveiro, que con un recorrido circular de carácter natural y etnográfico, partirá del Monasterio de Aciveiro para recorrer un total de 15km, en una duración estimada de 4,5 horas y con un grado de dificultad fácil/medio.
El sendero PR-G 100 consiste en un recorrido circular de 15 km con inicio y final en el Monasterio de Aciveiro. Caminando hacia Vilaverde, se cruza el río Lérez rodeado de numerosas especies arbóreas hasta llegar, cerca de A Rochela, a una alvariza que testimonia la presencia pasada del oso. Luego, entre prados, matorrales, marismas y pequeños bosques, se asciende por las laderas de la Serra do Candán, espacio natural Red Natura 2000.
La ruta desciende hacia Lamasgalán de Arriba, donde un camino de carros conduce al caminante hasta Lamasgalán de Abaixo. Disfrutando de los paisajes y ecosistemas humanizados de este lugar, se llega al Ponte Vella de Andón, para luego caminar por la ribera del Lérez en busca de nuevo del Monasterio. Casas, puentes, molinos y cruceros son ejemplos del célebre trabajo de los antiguos canteros de estas tierras.
Información e inscripciones
Los interesados ??en participar en estos paseos pueden obtener más información en la Oficina de Turismo de Guarda en el teléfono 986614546 o en turismo@aguarda.es, las inscripciones estarán abiertas a partir del próximo lunes 11 de abril.
En Caminha, las inscripciones se pueden realizar llamando al 258721708 o al 914476461 o en el correo electrónico ambiente@cm-caminha.pt
Novás(O Rosal) acolle as Festas de San Xosé Obrero
Fecha desde el 23 de Abril de 2022
hasta el 01 de Mayo de 2022Os días 23, 30 de abril e 1 de maio en Novás, no Rosal
Ampliar contenidoOs días 23 e 30 de abril e 1 de maio en Novás, no Rosal, celebranse as Festas de San Xosé Obrero.
PROGRAMA
Sábado 23 de abril: Spring Novás a partir das 23:00h con DJ Charlie, Christyan Pereira, Adrian Mesu e Wonderkaos, con cantina a prezos populares e bocadillos.
Sábado 30 de abril: Ás 22:00h verbena a cargo do Trío La Noche e o Combo Dominicano.
Domingo 1 de maio: Ás 11:30h da mañá baixada do Santo acompañado do Grupo A Boalleira en PRocesión ata a Praza, donde ás 12:00h celebrarase unha misa de campaña na honra de San Xosé, cantada pola Coral Ecos do Folón. A partir das 17:30h actividades para nen@s, contacontos a cargo de Isabel Porto, pintacaras e globoflexia. Continuando coa subasta de produtos típicos e actuación das Pandereteiras Tremelique.
Música no Claustro recupera os vestixios musicais da Catedral de Tui nun concerto extraordinario nas festas patronais de San Telmo
Fecha desde el 24 de Abril de 2022
hasta el 24 de Abril de 2022O códice Pasionario Tudense contén a Misa Medieval de San Telmo, unha partitura inédita de canto gregoriano en notación aquitana sobre liña vermella que se recupera no concerto do ensemble Seconda Pratica o domingo 24 de abril ás 17,30h na Catedral de Tui
Ampliar contenidoA Catedral de Tui acolle a presentación do concerto de recuperación patrimonial da Misa Medieval de San Telmo, unha partitura inédita de canto gregoriano en notación aquitana sobre liña vermella que se conserva no códice Pasionario Tudense do arquivo da S.I Catedral de Tui. Música no Claustro, festival de música, patrimonio e creación con sede na Catedral de Tui dende o ano 2005, impulsa este relevante e innovador proxecto de salvagarda, estudo e divulgación do patrimonio musical, cultural e relixioso catedralicio como preámbulo da celebración do VIII centenario da Catedral de Tui no ano 2025.
Don José Diégez Dieppa, Deán do Cabido catedralicio, deu a benvida ao acto destacando que esta recuperación “é o pórtico de Música no Claustro 2022 e ten como motivo fundamental a celebración do noso padroeiro San Telmo”. Un proxecto musical que pon en valor o patrimonio cultural e relixioso da nosa Catedral, sendo a testemuña da evolución da liturxia na diocese dende o século XIII ata ben entrado o século XIV”.
A concelleira de cultura e ensino Sonsoles Vicente manifestou que “esta actividade demostra que o patrimonio, entendido como a nosa cultura, a nosa tradición e historia, está moi vencellado ás nosas vidas e para o Concello de Tui é un orgullo que este concerto forme parte das festas patronais de San Telmo”. Don Avelino Bouzón, arquiveiro da Catedral de Tui, sinalou “o carácter peregrino deste códice tras estar presente en exposicións en Varsovia, Praga ou a mostra Códices na Cidade da Cultura. Con frecuencia recibimos a solicitude de fragmentos do mesmo para o seu estudo, o que nos fai pensar na súa futura dixitalización”.
Samuel Diz, director de Música no Claustro, enmarcou esta recuperación patrimonial nos horizontes da celebración do VIII centenario da Catedral de Tui, o Plan Catedrais Xacobeo 2027 e a participación de Música no Claustro no deseño da xornada inaugural da candidatura Braga’27 Cidade Europea da Cultura. Uns horizontes “cheos de ilusión e retos entre dous polos: a recuperación e divulgación do patrimonio catedralicio en paralelo a unha estratexia de dixitalización que permita o acceso ao festival a calquera persoa dende calquera lugar do mundo”.
As particularidades musicais desta partitura de canto gregoriano con texto en latín require da interpretación do grupo vogal de música antiga Seconda Pratica, con coñecementos específicos litúrxicos e de notación musical aquitana sobre liña vermella. Chegado dende os Países Baixos, Seconda Pratica está formado pola soprano Sofia Pedro, o contralto Tim Braithwaite, o tenor Jonatan Alvarado e o baxio Nuno Atalaia.
Samuel Diz mostrou as particularidades do pergamiño da Misa medieval de San Telmo ás persoas asistentes, pondo a atención “en que esta partitura é a primeira testemuña documental da protección de Pedro González Telmo como patrón dos mariñeiros e navegantes, dulia que o universalizou dende o seu Frómista natal a Sevilla, San Sebastián ou Bos Aires, así como a México onde a festividade de San Telmo está recollida como manifestación do patrimonio inmaterial ou a Porto Rico, onde se descubriu recentemente un fresco coa representación do fraile dominico nunha igrexa do século XVI. Unha universalidade que nos ilusiona nesta recuperación e salvagarda do patrimonio cultural e relixioso local”.
O sábado 23 de abril, previo a recuperación sonora en concerto, a sede tudense da UNED acolle unha xornada de estudo que reúne ás principais eminencias da materia, pondo en diálogo os traballos do musicólogo galego Manuel Rey Olleros, quen ten realizado a catalogación do repertorio medieval das catedrais galegas, coas investigacións sobre a iconografía medieval de San Telmo realizadas pola historiadora Carmen Manso Porto da Biblioteca da Real Academia de la Historia, e o profundo coñecemento do musicólogo Manuel Pedro Ferreira da Universidade Nova de Lisboa no legado musical de conventos, mosteiros e catedrais no contexto ibérico. Esta xornada de estudo desenvolverase nun formato híbrido, con participación presencial ou vía zoom con previa inscripción gratuíta neste formulario ou a través de www.musicanoclaustro.com
Nesta rolda de prensa, o alcalde tudense Enrique Cabaleiro recoñeceu “a inmensa gratitude aos promotores de Música no Claustro por este traballo de recuperación e posta en valor do patrimonio do conxunto catedralicio que é a alma do noso concello, e solicitou a implicación de toda a sociedade tudense nesta celebración de San Telmo”.
Pechou o acto o bispo Don Luis Quinteiro mencionando o “fito importante para a Catedral da recuperación destas testemuñas musicais do século XIII, querendo agradecer o esforzo de Música no Claustro, xa maduro, que ofrece novas perspectivas deste Catedral, alma da nosa cidade, da nosa diocese, de Galicia, da nosa fe cristiana e da nosa cultura”. E continou sinalando “que a nosa historia é unha fonte permanente de rexenerar vida e de creación para o presente. Isto é moi importante neste momento no que necesitamos perspectivas, razóns, puntos de unión para afrontar o noso futuro”.
SÁBADO, 23 DE ABRIL DE 2022: xornada de estudo
Lugar: UNED de Tui (Antigo Convento de San Domingos)
Formato híbrido (presencial e zoom) con inscrición previa en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfE2fw6dicY1MwTgANtN2pcCyhNxOAsq-3Q6eh61B8FEyrwQw/viewform
11.30h.- SAMUEL DIZ. Director de Música no Claustro
A Misa medieval de San Telmo: unha recuperación patrimonial holística no preámbulo do VIII centenario da S.I. Catedral de Tui
12h.- DON JOSÉ DIÉGUEZ DIEPPA. Deán do Cabido da S.I. Catedral de Tui
Liturxia e culto a Pedro González no Pasionario Tudense
12.30h.- DON AVELINO BOUZÓN GALLEGO. Cóengo arquiveiro da S.I. Catedral de Tui
O Pasionario Tudense: un códice peregrino
13h.- CARMEN MANSO PORTO. Biblioteca da Real Academia da Historia
Pedro González, frade da Orde de Predicadores: misión apostólica, culto e iconografía en Galicia
***
16,30h.- MANUEL REY OLLEROS. Organista da Catedral de Ourense
Inventario e catalogación dos pergamiños musicais do Arquivo da S.I. Catedral de Tui
17,30h.- MANUEL PEDRO FERREIRA. Universidade Nova de Lisboa
Identidade local e propios litúrxicos: un contexto para a Misa de San Telmo
18,30h.- Mesa redonda co ensemble SECONDA PRATICA
Metodoloxía e praxis musical na recuperación sonora da Misa medieval de San Telmo
DOMINGO, 24 DE ABRIL DE 2022: Concerto, 17,30h.
Lugar: S.I. Catedral de Tui
A Misa medieval de San Telmo. Recuperación sonora dos vestixios musicais da S.I. Catedral de Tui polo ensemble neerlandés Seconda Pratica.
Seconda Pratica é un ensemble formado por cantores internacionais que busca atopar unha voz moderna para a música do pasado. O seu principal obxectivo é romper a fenda entre a investigación, a interpretación e o público, traendo o patrimonio musical histórico á actualidade para revitalizado como experiencia vital compartida. Seconda Pratica foi o primeiro ensemble beneficiario do programa europeo EEEmerging e o seu último disco está dedicado á música de Josquin des Prez e foi dirixido pola medievalista Rebecca Stewart.
A formación elexida para este concerto está formada por Sofia Pedro, soprano; Tim Braithwaite, contralto; Jonatan Alvarado, tenor, e Nuno Atalaia, baixo.
Tomiño busca un deseño atractivo para a camiseta das Letras Galegas 2022
Fecha desde el 08 de Abril de 2022
hasta el 08 de Mayo de 2022A OMIX organiza un novo concurso no que premiará o enxeño, a creatividade e a promoción do idioma galego
Ampliar contenidoUn ano máis a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e literatura galega.
Por este motivo convoca unha nova edición do CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA do Día das Letras Galegas 2022. O devandito deseño será libre e aberto e valorarase que sexa atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e a normalización do idioma galego.
A OMIX aclara que o deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta e terá que ser dunha soa cor a estampar sobre fondo branco.Como vén sendo habitual, todas as persoas que participen e envíen as súas creación, serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta contará coa difusión da súa creación, tanto nas redes sociais, como nos diferentes medios de comunicación.
“A nosa intención é plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico/debuxo algo que defenda ou poña en valor a nosa lingua”, explica a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez.
A frase ou deseño gañador será serigrafado en 800 camisetas que serán repartidas, de balde, entre as persoas que participen nas actividades organizadas con motivo do Día das Letras GALEGAS.
A data tope para enviar os deseños (ao correo electrónico omix@tomino.gal) é o domingo 8 de maio.
A persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos: TABLET LENOVO Tab M10HD con 2/32 e Android; AIRPODS DE APPLE, ou ALTAVOZ MUSE M1915DJ party box troley.
O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui
Fecha desde el 08 de Abril de 2022
hasta el 25 de Abril de 2022Cinco restaurantes ofrecerán este prato dende o 8 até o día 25
Ampliar contenidoO meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Mañá mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.
Esta mañá presentouse este festexo gastronómico, un acto no que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidaba a gozar deste evento, e agradecía a implicación por parte dos restaurantes que se suman á festa. Destacaba Enrique Cabaleiro esta festa coma “significativa e importante” polo seu valor gastronómico, e por ser unha das dúas deste produto que se celebran en España. Sinalaba o rexedor tudense sobre o meixón que “este é un produto identitario da nosa gastronomía que forma parte das nosas raíces culinarias”. Engadía que A administración debe facer o posible por tratar de potenciar este produto, que non deixa de ser un reclamo que redunda positivamente no comercio e na hostalería local.
Na presentación desta mañá as cociñeiras e cociñeiros dos restaurantes participantes eran os encargados da preparación do meixón. Pilar Blanco, veterana cociñeira do Restaurante El Molino destacaba coma o secreto na preparación do meixón está en “darlle o punto”. Canda a ela estaban María Domíguez do Novo Cabalo Furado, Miguel Rodríguez e Emilio González do Parador, Manu Garrido de La de Manu e Paulo Salvado de Asador Paulo. E para acompañar este suculento prato nada mellor que un viño de produtores locais coma é a adega do Vimbio. Esta mañá Martín Crussat explicaba as característicos do viño Vimbio, un albariño que “tentamos que reflicta a alma e o espírito dos viños que se bebían antigamente: pouca intervención e moito cariño”.
Dende mañá no Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui poderase degustar, previa reserva en cada establecemento, a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. O produto é subministrador por Angulas Río Miño e Angulas Miño.
A Guarda organiza os Obradoiros Balcóns Verdes enmarcados no ciclo medioambiental sostendo o futuro
Fecha desde el 12 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no mail informacion@aguarda.es
Ampliar contenidoDentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente, oferta tres obradoiros diferentes baixo o título Balcóns verdes, coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear zonas verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.
Os obradoiros terán unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado.
Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.
Os tres obradoiros son:
- Plantas aromáticas e flores no balcón.
22, 23, 29 e 30 de abril
- Coñecer a orientación óptima no teu balcón e que flores e plantas aromáticas poderanse cultivar
- Macetas e outros envases para o cultivo así como a importancia da terra apropiada. Onde conseguir a mistura de terra axeitada para o meu cultivo.
- Que é o que quero e podo cultivar no meu balcón. Onde e como adquiro as plantas.
- Usos das herbas e plantas medicinais na cociña e infusións.
- Exemplos para a reprodución e conservación das plantas
- Balcón verde de plantas comestibles
6,7,13 e 14 de maio
- Coñecer a exposición do balcón ao vento e ao sol: cales son as hortalizas que podo cultivar.
-Aprender a aproveitar ao máximo cada espazo para poder cultivar variedades diferentes. Estruturas diferentes para cada balcón ( palets, estantes,…)
- Combinacións de hortalizas para favorecer un crecementos saudable (plano de cutivo para cada participante)
- Exemplos de combinacións de hortalizas e plantas aromáticas que melloran o crecemento e atraen insectos para garantizar a colleita (importancia polinización)
- A horta vertical con ciclo biolóxico completo
20,21,27 e 28 de maio
- Que é unha horta vertical con ciclo biolóxico completo e que necesidades ten.
- A construción do envase para a horta vertical con compostaxe, adaptada a cada balcón e o seu espazo.
- A terra para cubrir as necesidades das plantas.
- Adquisición semente, reprodución plantas anuais e perennes
- Mellores combinacións de hortalizas, plantas aromáticas, flores etc
Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda no mail informacion@aguarda.es
Concurso de ideias da Rota das Fortalezas Abaluartadas da Raia com prazo prolongado
Fecha desde el 12 de Abril de 2022
hasta el 08 de Mayo de 2022Merchandising para a Rota das Fortalezas Abaluartadas da Raia
Ampliar contenidoO Concurso de Ideias “Merchandising das Fortalezas Abaluartadas da Raia”, promovido pelos Municípios de Almeida, Elvas, Marvão e Valença, prolongou o prazo de envio de propostas até ao dia 08 de Maio de 2022.
Trata-se de um Concurso que tem por objetivo a seleção da melhor Proposta de Ideia e Gráfica para a conceção e produção do Merchandising da Rota das Fortalezas Abaluartadas da Raia, inspirada por este património único e que une os 4 municípios acima enunciados.
Esta iniciativa visa estimular, junto da comunidade estudantil de design e áreas afins, dos profissionais atuantes neste setor e de todos os interessados de uma forma geral, a conceção de peças de merchandising ancoradas nas especificidades dos territórios da Rota das Fortalezas Abaluartadas da Raia e a ela alusivas.
Como participar?
Os participantes deverão desenvolver os seguintes documentos:
- Peça escrita (proposta de ideia); peça desenhada (proposta gráfica); maquette física à escala; orçamento de produção com comprovativo e discriminação de suporte, pantones e acabamentos da peça proposta;
- Apresentação de 3 (três) peças distintas: uma de valor de produção inferior ou igual a 2 euros; outra de valor de produção inferior ou igual a 5 euros; outra de valor inferior ou igual a 10 euros, destinada a público infanto-juvenil e/ou adulto;
- O vencedor deve ainda entregar o Manual de Normas de cada uma das peças apresentadas;
O Concurso decorre de 10 de Fevereiro a 08 de Maio de 2022 e o Prémio consiste na atribuição de 1 500,00 euros à proposta vencedora composta.
Regulamento do Concurso disponível em: https://cm-valenca.pt/7865
O OMIX de A Guarda quere escoitar o que ten que dicir a xuventude da vila sobre o seu futuro
Fecha desde el 19 de Abril de 2022
hasta el 29 de Abril de 2022Iníciase unha investigación sobre o futuro laboral e a perspectiva da mocidade
Ampliar contenido- Os resultados presentaranse na vindeira Feira de Emprego de outubro
A Oficina Municipal de Información Xuvenil ven de comezar un proxecto de investigación sobre a visión de A Guarda dos mozos e mozas de entre 15 e 29 anos e as perspectivas de futuro laboral que ofrece a vila.
O elemento clave para o éxito da investigación será a participación activa da mocidade, que se canalizará a través dunha primeira fase de sondaxe masiva e a posterior creación dun Foro participativo. A devandita enquisa estará dispoñible en formato electrónico ata o día 29 de abril na seguinte ligazón https://es.surveymonkey.com/r/OMIX . Nela, búscase coñecer cales son os aspectos máis valorados neste segmento de idade á hora de escoller o seu futuro -ou actual- lugar de residencia, o desenvolvemento da súa carreira profesional e en que grao A Guarda pode satisfacer esas expectativas. Para garantir as taxas de participación o máis altas posibles, realizaranse visitas aos centros educativos guardeses nos próximos días. Tamén se colocarán carteis con códigos QR en diferentes puntos de tránsito habitual da mocidade, coma as asociacións e clubs ou o propio OMIX.
O posterior Foro participativo fará unha achega máis próxima á visión global da mocidade da vila a través de dinámicas participativas e actividades, que serán levadas a cabo por unha facilitadora experta na materia da empresa intheMOVE. A inscrición no evento, que se desenvolverá en dependencias do concello o 11 de maio, poderase realizar a través da citada enquisa.
Para rematar a investigación, cos datos obtidos de ambas fases elaborarase un vídeo resumo que será presentado na Feira de Emprego de outubro.
Malos tempos para ser novo
Segundo os últimos datos publicados polo Instituto da Xuventude sobre o desemprego xuvenil, Galicia é unha das comunidades autónomas cunha taxa por debaixo da media estatal, que así e todo é dun 12% no pasado mes de febreiro. Este mesmo organismo, no seu último Informe Xuventude España publicado no 2021, recolle que a crise do Covid foi a última circunstancia en afectar negativamente á taxa de emancipación das mozas e mozos españois, aumentando a fenda con outros países da Unión Europea.
A xa acuñada “década perdida”, que leva ás costas os efectos a longo prazo da crise económica do 2008 e dunha pandemia, destaca a inestabilidade do mercado laboral como factor determinante á hora de considerar o seu futuro máis inmediato. Proximamente saberemos se a mocidade de A Guarda reflicte estas inquedanzas nesta investigación.
A exposición -Artistas Tudenses- presenta a obra de trinta creadores artísticos
Fecha desde el 18 de Abril de 2022
hasta el 17 de Mayo de 2022Pódese visitar até o 17 de maio na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez
Ampliar contenidoDende o pasado sábado pódese visitar na Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Artistas Tudenses”. A exposición, organizada polo Concello de Tui, con motivo das festas de san Telmo, recolle unha escolma da obra dunha trintena de artistas tudenses de diversas disciplinas artísticas.
Na mesma expóñense obras dende o século XVIII ata a actualidade. A máis antiga é unha pintura titulada “Pentecostés”, de Benito Antonio Silva y Ruibal, datada en 1783. Esta obra na actualidade é propiedade do Concello de Tui, e procede dalgún convento tudense desamortizado, posiblemente o convento franciscano de San Antonio. Expóñense tamén obras de Ricardo Padín e o seu fillo Eduardo, de Benito Prieto Coussent, dos irmáns Gonzalo e Jaime González Besada, ou da pintora e escritora Gloria Pereira García “María Tydeska”.
Están presentes tamén os nomes máis referenciais como Silverio Rivas ou Xosé Luís de Dios, que testemuñan un alto nivel de calidade nesta mostra representativa da arte tudense.
As esculturas de Moise Dikoff, Rai, Juan Vázquez, Romer ou Andrés Lamas, forman parte da mostra xunto ás obras pictóricas de Clara Torres, Luis Coello, Escuder, Martín Rodríguez, Rosa Vila, Nuria Buján, Beatriz Iglesias Almeida, Juan Valcárcel, etc
Complétase a exposición cunha escolma de fotógrafos, que se inicia coa figura de Santos Salvado, que nas últimas décadas do século XIX, fotografía a misión beneditina de Nova Nursia, en Australia, fundada polo seu irmán Frei Rosendo Salvado. Xunto a el nomes como Pedro Varela, Rosendo Bugarín, Gonzalo Gutiérrez, Juan Vila ou Gus Abreu.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, a mostra recolle nomes tudenses vinculados ás diversas expresións e modalidades artísticas, que expresan coas súas obras a súa capacidade creativa e de comunicación. Engade a concelleira “unhas obras que nos enriquecen como sociedade, que nos axudan a ollar de novos, e ás veces alternativos, xeitos a nosa realidade, a ter a capacidade de sumar á nosa mirada á diversa percepción que estes artistas expresan coa súa creatividade....”.
A Guarda remata abril con programación polo día do libro
Fecha desde el 22 de Abril de 2022
hasta el 30 de Abril de 2022Presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura neste mes de abril.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, realizou ao longo deste mes de abril diversas actividades polo mes do libro 2022 que continúan esta fin de semana co Día do Libro(23 de abril).
PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO
Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal da Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.
Xa para rematar a programación do mes do libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da Guarda e obsequiarase cunha flor(ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día. Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, “Mortadelo e Filemón”, que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as Librarías e as principais rúas da vila.
Recorda que na Biblioteca Municipal da Guarda está habilitado un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.
Máis actividades polo mes do libro
O venres día 22 de abril presentase ás 20:00h na Casa dos Alonso o libro sobre o Campo de Concentración de Camposancos “A Porta do inferno” de José Antonio Uris Guisantes e Víctor M. Santidrian.
O Sábado día 30 de abril ás 18:00h terá lugar na Casa dos Alonso a presentación do libro “Palabras como corpos prata” de Joaquín Cadilla. Aforo limitado e inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Músicas de abril no 48 aniversário da Revoluçao dos cravos
Fecha desde el 24 de Abril de 2022
hasta el 25 de Abril de 2022A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira propõe um concerto temático e um espetáculo de fogo de artifício, além da cerimónia protocolar de hastear de bandeiras e sessão solene.
Ampliar contenidoVila Nova de Cerveira assinala, nos dias 24 e 25 de abril, o 48º aniversário da ‘Revolução dos Cravos’, e a música é a forma de expressão em destaque para manter viva esta data histórica e emblemática para todos os portugueses, símbolo da liberdade e da democracia.
O programa comemorativo da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira tem início na noite de domingo, 24 de abril, pelas 22h00, com a realização de um Concerto de Músicas de Abril, protagonizado pela Academia de Música Fernandes Fão, no Cineteatro de Cerveira – Marreca Gonçalves. À meia-noite, o convite vai no sentido de desfrutar de um céu colorido, graças a um espetáculo de fogo-de-artificio que assinala a entrada no dia 25 de abril, considerado o Dia da Liberdade de Portugal, graças à Revolução de 1974.
No dia 25 de abril, a autarquia cerveirense vai proceder à cerimónia de hastear de bandeiras, nos Paços do Concelho, pelas 09h30, ao som do Hino Nacional, interpretado pela Academia de Música Fernandes Fão, seguindo-se uma Sessão Solene no Salão Nobre da Câmara Municipal, na qual vão discursar o Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, e o Presidente da Assembleia Municipal, António Quintas.
Esta fin de semana celébrase a Carreira Solidaria e a Feira Cabalar dentro das Festas de San Telmo
Fecha desde el 23 de Abril de 2022
hasta el 24 de Abril de 2022A inscrición para a carreira, que se celebrará o sábado, está aberta até mañá ás 23.59 h. A Feira Cabalar terá lugar domingo e luns
Ampliar contenidoO deporte está tamén presente nas Festas de San Telmo. Este sábado celébrase a Carreira Solidaria e o domingo e o luns a Feira Cabalar, dous eventos que foron presentados esta mañá. Na rolda de prensa participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; Laura Solla do Club Atletismo Tui; Elvira Crespo do Club Hípico Equigalia; Jesús Gómez, José López e Rosa Moreira da Asociación Cultural San Roque e Bartolomeu; e Luís Romero da Peña Cabalar Val do Louro.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, manifestaba na presentación que “hoxe nos congratulamos todos de presentar dúas probas emblemáticas das festas de San Telmo”. Salientaba coma a Carreira Popular “sempre tivo altísima participación” e agradeceu ao Club Atletismo Tui “a súa implicación nesta proba e no desenvolvemento da práctica deportiva, en especial do atletismo”.
Con respecto á Feira Cabalar que este ano se celebrará ao longo de dúas xornadas, domingo e luns, Enrique Cabaleiro, destacou que “este concello ten a peculiaridade de que hai moitísima afección ao mundo dos cabalos, case podemos dicir que somos unha potencia nese senso, e iso débese, entre outras cousas, ás e aos profesionais que están traballando día a día". Amosaba así o seu agradecemento á Peña Cabalar Valle do Louro “pola súa implicación constante no desenvolvemento de actos relacionados co mundo equino" e á Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu que “sempre foron a alma mater de que en San Bartolomeu se puidera desenvolver este evento, que é un evento moi ligado ás festas e a ese histórico barrio". Tamén agradecía a colaboración e implicación de Equigalia, e tiña palabras de lembranza para Luís Pimentel de quen dicía "foi unha persoa moi implicada no mundo cabalar e no desenvolvemento de actividades de práctica deportiva de equitación, e polo tanto a quen todos e todas lle debemos moito” e anunciaba que “nos resulta sumamente satisfactorio e emotivo dedicarlle esta primeira proba de salto".
Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, indicaba que a carreira de San Telmo é “unha carreira popular con inscrición gratuíta, pero solidaria coa aportación dun quilo de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño", e engadía que "é unha proba con moito tirón".
Sobre a feira cabalar resaltaba que “serán dous días, o domingo centrado sobre todo nas probas deportivas“. E destacaba "o primeiro Concurso de Salto en memoria de Luís López Pimentel" así coma os espectáculos e actividades previstas.
Laura Solla do Club Atletismo Tui convidaba a participar nesta proba deportiva que se vai celebrar este sábado a partir das 11 h con saída dende o Paseo da Corredoira "animar a todo o mundo a que veña á carreira de San Telmo, porque é totalmente popular" destacando que "é solidaria". Até onte á noite había xa 300 persoas anotadas. A inscrición está aberta até mañá mércores ás 23.59 h na web clubatletismotui.wordpress.com. As distancias irán dos 5 quilómetros da categoría absoluta aos 80 metros dos máis pequenos.
Elvira Crespo do Club Hípico Equigalia avanzaba que participarán na feira con ponis para “animar á xente a que se meta no mundo do cabalo” e o luns de 11 a 12 h organizan un concurso no que participarán os nenos e nenas do club.
Jesús Gómez da Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu explicaba que “imos procurar que saia o mellor posible” engadindo que “penso que vai a haber moita xente” sinalando que a coincidencia o luns do festivo en Portugal, poderá permitir que se acheguen tamén xinetes lusos.
Luís Romero da Peña Cabalar Valle do Louro explicaba que tanto o domingo coma o luns contarán coa presenza de Miron Bococi cun espectáculo de exhibición a nivel internacional no que “fai liberdade, doma vaqueira,… un espectáculo moi bonito”. Non faltará o concurso de enganche, e a actividade de compra venda de gando cabalar.
Carreira Popular Solidaria
- Inscrición até ás 23.59 h do mércores 20 de abril en https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/
- Sábado 23
- De 9.30 h a 10.45 h Acreditacións e entrega de dorsais para a carreira absoluta, e ata 15 minutos antes de cada saída para as demais.
- Horarios das Probas.
- Ás 11.00 h Senior, veterano, xuvenil e junior
- Ás 11.45 h Cadete e infantil
- ÁS 12.00 h Alevín
- Ás 12.15 h Benxamín
- Ás 12.30 h Prebenxamín
- Ás 12.45 h Pitufos
- Ás 13.00 entrega de premios para a categoría absoluta. Ao remate de cada carreira para as categorías dende Pitufos ata Cadetes.
Feira Cabalar – Programa
- Domingo 24
- Ás 11.00 h Partido de Horseball
- Ás 12.00 h Poni club
- Ás 16.00 h Exhibición Concurso de Enganches
- Ás 18.30 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show
- Luns 25
- Ás 9.00 h apertura da Feira. Compra e venda de gando cabalar
- Ás 10.30 h I Concurso de Salto Memorial Luís Pimentel
- Ás 12.00 Entrega de Trofeos Premios Mellor xinete, amazona, cabalo e poni. Premio Tratando con máis cabezas, burros, ponis e cabalos
- Ás 13.00 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show
Domingos de sesión vermú no Mercado para dar pulo a músicos emerxentes
Fecha desde el 24 de Abril de 2022
hasta el 24 de Abril de 2022Marcos del Prado será o encargado de amenizar unha nova cita este 24 de abril a partir 12.30 horas
Ampliar contenidoXa está todo listo para unha nova cita cos domingos de sesión vemú no Mercado de Tomiño, que esta fin de semana cede o escenario a un músico novo na súa aposta por artistas emerxentes e locais. Marcos del Prado será o encargado de amenizar este 24 de abril a xornada nunha actuación acústica programada ao abeiro das accións de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello co obxectivo de reactivar a actividade económica e social do municipio.
A partir das 12.30 horas, o público poderá gozar no primeiro andar do Mercado da música en directo con guitarra acústica mentres toma algunha bebida e desfruta do tempo de lecer nun espazo único. Un amplo repertorio no que Del Prado interaccionará co público e percorrerá estilos que irán dende o country ou o rock español dos 80 ata o folck, os temas sociais ou a música de Luís Emilio Batallán para facer desfrutar a todas e todos os presentes. A actividade será de balde ata completar aforo.
O programa de actividades da campaña ‘Vive!’, con concertos e música en directo nas sesións vermú e a degustación de pinchos de autor nos ‘Sábados con sabor’, está a ter unha grande acollida por parte dea veciñanza, que encheu o mercado e as rúas de vida e animación durante todas estas fins de semana.
A Guarda pecha o programa -Semente de Igualdade- coa presentación do libro de Amelia Tiganus
Fecha desde el 22 de Abril de 2022
hasta el 28 de Abril de 2022Amelia Tiganus realizará unha charla con escolares o día 27 de abril e o día 28 presenta o seu libro no Centro Cultural da Guarda(con inscrición previa).
Ampliar contenidoO Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.
Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile
Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.
Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».
Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".
Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas
A Guarda prepárase para acoller a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando
Fecha desde el 22 de Abril de 2022
hasta el 08 de Mayo de 2022A Casa dos Alonso acolleu na mañá deste xoves día 21 de abril a presentación da segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.
Ampliar contenidoA Casa dos Alonso acolleu na mañá deste xoves día 21 de abril a presentación da segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.
No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; Valentina González Rodríguez, representante PP Somascos; Christian Estévez, representante de San Xerome e David Alonso, profesor e coordinador da carreira.
Antonio Lomba quixo agradecer o enorme esforzo que supón organizar este tipo de eventos, dando os parabéns e indicando o total apoio do Concello da Guarda a este evento solidario e inclusivo que, sen dúbida, agrupa a boa parte da cidadanía da Guarda.
Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.
A proba celebrarase o domingo 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3800m e a modo carreira ou andaina e na modalidade 2 con 1000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda da Guarda.
A cota de inscrición será de : 7,00€ para adultos e de 3,00€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.
As inscricións están xa abertas ata o 4 de maio no seguinte link: https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.
Máis actividades na Alameda da Guarda
Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.
Teremos tamén un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.
Realizaranse ademais partidas simultáneas de Xadrez e contarase co concerto do grupo “Uxía Lambona e a Banda Molona”.
Ao remate farase entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.
Aberto o prazo de solicitude de participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do 14 ao 17 de maio
Fecha desde el 21 de Abril de 2022
hasta el 01 de Mayo de 2022As persoas interesadas teñen até ás 23.59 do 1 de maio para inscribirse
Ampliar contenidoHoxe vén de abrir o prazo para solicitar a participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e San Fernando.
A Feira está organizada polo Concello de Tui, contado coa colaboración coa Asociación Galega de Artesáns. Tras o parón motivado pola pandemia, retómase esta tradicional cita coa artesanía, coa que se busca impulsar a promoción comercial do sector artesán galego e apoiar a divulgación da artesanía.
As persoas interesadas en participar, sexan persoas físicas ou sociedades, legalmente constituídos ou regularizados no réxime de traballadores por conta propia, segundo o caso, deberán estar en posesión da carta de artesá/artesáns. A inscrición está aberta até as 23.59 h do 1 de maio a través do formulario dispoñible en www.tui.gal. Ademais, as persoas solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos ao correo comercio@tui.gal. Está terminantemente prohibida a exposición ou venda de pezas non artesanais.
Na selección dos expositores terán prioridade as persoas artesáns solicitantes con razón social no Concello de Tui e comarca e as persoas artesáns tradicionais populares. Valorarase tamén a calidade, singularidade e carácter diferencial da produción, a variedade de oficios representados na feira, que o obradoiro este radicado en Galicia e a presenza dos titulares ao fronte do posto durante a feira, e o ofrecemento do realización de obradoiros para o público.
O Concello disporá ata un total de 40 postos de venda que serán distribuídos entre a rúa Ordóñez, a praza de San Fernando e praza do Concello. A Feira será inaugurada o sábado 14 de maio ás 12 h e abrirá cada xornada de 12 a 21 h. De forma paralela á actividade de exposición e venda a organización está a deseñar un programa que incluirá actividades musicais, obradoiros, demostracións en directo, e actividades infantís. Amais a celebración deste evento coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas e a Feira do Libro Galego en Tui.
As persoas interesadas poden solicitar información complementaria a través da dirección electrónica comercio@tui.gal.
Últimos días para presentar solicitude para as subvencións de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos
Fecha desde el 21 de Abril de 2022
hasta el 09 de Mayo de 2022As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000? por proxecto.
Ampliar contenidoDende o Concello da Guarda infórmase de que o próximo día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.
Superado o ecuador do prazo de solicitude, facemos unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas interesados nestas axudas da Xunta.
Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.
Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.
Tui vivirá unha intensa fin de semana de festas
Fecha desde el 23 de Abril de 2022
hasta el 24 de Abril de 2022Pasarrúas, concertos, verbenas, deporte, un espectáculo piromusical, e a procesión de San Telmo forman parte da programación prevista
Ampliar contenidoTui vivirá unha intensa fin de semana de festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, con actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e relixiosas que congregarán a miles de persoas na cidade até o próximo luns, festivo local.
Concertos e actuacións de bandas de músicas
A carpa do Paseo da Corredoira acollerá mañá sábado ás 21.30 h a actuación de Laura LaMontagne & Pico Amperio xunto a Dj Enter, G Face e Dj Adrián L, e o domingo ás 22.30h o concerto de Lucky Duckies. Tamén aquí terá lugar o espectáculo musical “Vaia Ritmo” de Odaiko ( sábado ás 18h) e os concertos da Banda de Música Municipal de Monçao (domingo ás 12.30 h), da Banda de Música Popular de Tui (domingo ás 18 h), da Banda de Música de Lanhelas (luns ás 12.30 h) e da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín (luns ás 18 h).
Aprazado debido á choiva o concerto da Banda de Gaitas de Paramos
Por outra parte cómpre sinalar que o concerto que a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que recentemente participou no desfile do Día de San Patricio en Nova York, debido á previsión de choiva para mañá á noite foi aprazado. Tanto dende o Concello coma dende a Banda de Gaitas apóstase por facer un concerto ao aire libre, polo que se anunciará proximamente a nova data e emprazamento no que terá lugar.
Música nas rúas e verbenas
A música estará moi presente tamén esta fin de semana nas rúas tudenses coa actuación da banda de gaitas Arume de Malvas (sábado ás 13 h), e as charangas A Tu Ritmo (sábado ás 12 h e ás 20 h e luns ás 17 h) e Cantos Somos (domingo ás 20 h. Pero chegan tamén os espectáculos de rúa “Super Pandi” de Hípica Celta ( sábado ás 17 e ás 19 h); “Circo Krasnovarak” (domingo ás 17 e ás 19h) e “Rufina&Benito” (luns ás 17 e ás 19 h) de Troula Animación.
As orquestras Capitol (sábado) e Los Players (domingo) amenizarán as verbenas na rúa Compostela, onde foi instalada unha carpa. E o luns será Paris Noia, no recito feiral, a encargada da verbena do día grande das festas.
Carreira, andaina e Feira Cabalar entre a oferta deportiva
Preto de 650 persoas de todas as idades van participar mañá sábado, dende ás 11 h na Carreira Popular e Solidaria de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui en colaboración do concello. A liña de saída e de meta estará situada no Paseo da Corredoira entorno ao que estará o circuíto das distintas categorías que irá dende o 5 quilómetros para a carreira absoluta aos 100 metros para os pitufos.
Mentres o domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo guiada polo club Andatui Rego da Pedra para realizar un percorrido de 7 quilómetros por un tramo do Camiño Portugués, e as parroquias de Rebordáns e Pazos de Reis regresando ao punto de partida.
A Feira Cabalar da este ano un importante salto cualitativo tanto por ampliar a súa duración a dúas xornadas, domingo e luns, coma por incrementar a superficie do recinto no barrio de San Bartolomeu, coma polas atractivas actividades previstas nas que destaca o espectáculo internacional a cargo de Miron Bococi con doma en liberdade, acrobacias e doma vaqueira (domingo ás 18.30 h e o luns ás 13 h). Amais celebrarase o I Concurso de Salto Memorial Luís Pimentel (luns ás 13.30 h), concurso exhibición de enganche (domingo ás 16 h), haberá partidos de baloncesto a cabalo (domingo ás 11 h), poni club, e premios para o mellor xinete, amazona, cabalo, poni,… sen esquecer a feira de compra venda de gando cabalar dende primeira hora do luns. Un evento que durante a fin de semana reunirá a miles de persoas afeccionadas ao cabalo. Xunto co concello participan na organización a Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu, Hípica Marcos, Equigalia e a Peña Cabalar Val do Louro.
Desfile do traxe tradicional
Este ano na programación festiva volve tamén o Desfile do Traxe tradicional que recupera o seu percorrido inicial dende a Glorieta de Vigo até a praza de San Fernando, con posterior ofrenda na Catedral. No mesmo participarán persoas ataviadas co traxe tradicional tanto de Tui coma doutros puntos de Galicia e do norte de Portugal.
Recuperación da misa medieval de San Telmo
A misa medieval de San Telmo volverá a soar esta fin de semana cunha viaxe musical ao medievo da man do grupo Seconda Pratica e nunha iniciativa promovida dende o Festival Música no Claustro. O aforo na Catedral está limitado a 300 persoas e non se poderá nin entrar nin saír unha vez comezado o concerto ás 17.30 h.
Xa o luns ás 10.30 h terá lugar a misa na honra a San Telmo na Catedral coa procesión pola coronilla, e ás 21 h sairá a solemne procesión de San Telmo.
Espectáculo piromusical para pechar as festas
Coma fin de festa o luns ás 23.30 h dende a Alameda de San Domingos terá lugar unha tirada de fogos piromusicais, con menor intensidade sonora e acompañados de música. Debido a esta tirada estableceuse un Plan de Seguridade e Emerxencia no que se recolle unha zona de seguridade que estará debidamente delimitada non podendo acceder á mesma o público.
Últimos días da Festa do Meixón
A gastronomía está tamén presente estes días coa Festa do Meixón que até o luns continúa en cinco restaurantes tudenses: Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui. Previa reserva pódese degustarse este prezado produto a un prezo de 69€ a ración.
Exposición de “Artistas Tudenses”, fotográfica da Camelia, e de Exin Castillos
Tres son as exposicións que esta fin de semana se poden visitar en Tui.
Na Sala Municipal, no edificio Francisco Sánchez exponse a obra dunha trintena de artistas tudenses en escultura, pintura e fotografía datas entre o século XVIII e o XXI. Silverio Rivas, Xosé Luís de Dios, Juan Vázquez, Romer, Rai, Moise Diffok, Clara Torres, Luis Coello, Escuder, Martín Rodríguez, Rosa Vila, Nuria Buján, Beatriz Iglesias Almeida, Juan Valcárcel, Ricardo Padín e o seu fillo Eduardo, Benito Prieto Coussent, os irmáns Gonzalo e Jaime González Besada, “María Tydeska”, Santos Salvado, Pedro Varela, Rosendo Bugarín, Gonzalo Gutiérrez, Juan Vila ou Gus Abreu, son algúns dos autores e autoras das obras expostas.
A mostra abrirá mañá sábado, domingo e luns de 12 a 14 h e de 17 a 21h. No mesmo horario no Anexo desta Sala pode visitarse a “Mostra Fotográfica da Camelia” organizada por ATUCA.
Mentres na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, está a exposición “Galicia con Exin Castillos” na que se exhiben dúas reproducións da Catedral, xunto a castelos, un taboleiro de xadrez/damas ou un hórreo. Neste caso o horario de visita é de 9.30 a 14.00 h e de 16 a 19 h.
Tui - San Telmo
Sábado 23
- 00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
- 00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
- 00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
- 00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.
- 00h – 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.
- 00h – 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 30h – 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.
- 00h – 23.00h APRAZADO DEBIDO Á CHOIVA Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos.
- 00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.
Domingo 24
- 00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
- 15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
- 30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
- 00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 30h – 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.
- 00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
- 00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 30h – 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
- 30h – 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.
- 30h – 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
Luns 25
- 00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
- 30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
- 00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.
- 00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
- 00h – 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 00h – 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
- 00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 00h – 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
- 15h – 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.
- 22:45h – 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 30h – 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.
- 00h – 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
Feira Cabalar – Programa
- Domingo 24
- Ás 11.00 h Partido de Horseball
- Ás 12.00 h Poni club
- Ás 16.00 h Exhibición Concurso de Enganches
- Ás 18.30 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show
- Luns 25
- Ás 9.00 h apertura da Feira. Compra e venda de gando cabalar
- Ás 10.30 h I Concurso de Salto Memorial Luís Pimentel
- Ás 12.00 Entrega de Trofeos Premios Mellor xinete, amazona, cabalo e poni. Premio Tratando con máis cabezas, burros, ponis e cabalos
- Ás 13.00 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
