Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Tomiño únese ao Reto para aumentar a taxa de reciclaxe do colector amarelo

    Fecha desde el 01 de Marzo de 2022
    hasta el 31 de Mayo de 2022

    Son 13 os municipios que participan na campaña de 2022, promivida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes. Os que consigan o reto recibirán un premio de 2.000 ? para investir nunha causa social

    Tomiño é un dos 13 municipios galegos (o único da comarca) que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recollidos a través do colector amarelo.

     

    Trátase dun reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases domésticos lixeiros en España), para aumentar a achega ao colector amarelo un 10% durante tres meses consecutivos, comparando estas achegas co mesmo período de tempo do ano anterior de cada municipio; é dicir, cada municipio compite consigo mesmo.

     

    Os municipios que consigan mellorar a súa taxa de reciclaxe neste período, recibirán un premio de 2.000 € para investir nunha causa social, a elixir por cada  Concello.

     

    Para conseguir o obxectivo marcado, será fundamental motivar aos cidadáns informando sobre a importancia de separar correctamente os envases en orixe, para a súa posterior recollida selectiva e reciclaxe, sen depositar impropios en ningún caso.

     

    Con este fin, dende o 1 de marzo ata o 31 de maio desenvolveranse diferentes accións nos 13 municipios participantes. O vindeiro mércores, 2 de marzo, comezaranse a instalar uns valos publicitarios coa imaxe da campaña en puntos estratéxicos do concello. Irase informando da campaña en redes sociais e un equipo de 2 promotores visitará distintos puntos de Tomiño co fin de tomar contacto co comercio e a hostalería, repartindo e instalando vinilos coa imaxe da campaña en escaparates, repartindo pulseiras de tea, e explicando aos cidadáns a campaña e a importancia da reciclaxe no colector amarelo para conseguir o reto.

     

    Para máis información: https://uneteaoreto.com/

    Ampliar contenido
  • A XVIII Andainatudense Solidaria 2022 terá lugar o 14 de maio

    Fecha desde el 02 de Abril de 2022
    hasta el 11 de Mayo de 2022

    Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

    Cita anual e inescusable para subir e desfrutar do monte Aloia, este ano a saída e a chegada serán na céntrica praza da Inmaculada, de onde partiremos ás 10:00 horas cara o monte Aloia pasando pola senda do Lagartón, a ponte das Febres e os muiños de Paredes sobre o río Deique. O xantar farémolo arredor da capela de san Xiao sobre as dúas da tarde, para despois comezar o descenso hacia Tui pasando ao carón do castro do Alto dos Cubos antes de chegar a praza da Inmaculada, onde finalizaremos a XVIII Andainatudense Solidaria.

     

    Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que no momento da recollida de dorsais aconsellamos aos participantes entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

     

    Xa está toda a información, e abertas as inscricións, na páxina www.andatui.es. O prezo é de 12 euros e as inscricións finalizarán o mércores 11 de maio.

    Ampliar contenido
  • A exposición -Artistas Tudenses- presenta a obra de trinta creadores artísticos

    Fecha desde el 18 de Abril de 2022
    hasta el 17 de Mayo de 2022

    Pódese visitar até o 17 de maio na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez

    Dende o pasado sábado pódese visitar na Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Artistas Tudenses”. A exposición, organizada polo Concello de Tui, con motivo das festas de san Telmo, recolle unha escolma da obra dunha trintena de artistas tudenses de diversas disciplinas artísticas.

    Na mesma expóñense obras dende o século XVIII ata a actualidade. A máis antiga é unha pintura titulada “Pentecostés”, de  Benito Antonio Silva y Ruibal,  datada en 1783. Esta obra na actualidade é propiedade do Concello de Tui, e procede dalgún convento tudense desamortizado, posiblemente o convento franciscano de San Antonio. Expóñense tamén obras de Ricardo Padín e o seu fillo Eduardo, de Benito Prieto Coussent, dos irmáns Gonzalo e Jaime González Besada, ou da pintora e escritora Gloria Pereira García “María Tydeska”.

    Están presentes tamén os nomes máis referenciais como Silverio Rivas ou Xosé Luís de Dios, que testemuñan un alto nivel de calidade nesta mostra representativa da arte tudense.

    As esculturas de Moise Dikoff, Rai, Juan Vázquez, Romer ou Andrés Lamas, forman parte da mostra xunto ás obras pictóricas de Clara Torres, Luis Coello, Escuder, Martín Rodríguez, Rosa Vila, Nuria Buján, Beatriz Iglesias Almeida, Juan Valcárcel, etc

    Complétase a exposición cunha escolma de fotógrafos, que se inicia coa figura de Santos Salvado, que nas últimas décadas do século XIX, fotografía a misión beneditina de Nova Nursia, en Australia, fundada polo seu irmán Frei Rosendo Salvado. Xunto a el nomes como Pedro Varela, Rosendo Bugarín, Gonzalo Gutiérrez, Juan Vila ou Gus Abreu.

    Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, a mostra recolle nomes tudenses vinculados ás diversas expresións e modalidades artísticas, que expresan coas súas obras a súa capacidade creativa e de comunicación. Engade a concelleira “unhas obras que nos enriquecen como sociedade, que nos axudan a ollar de novos, e ás veces alternativos, xeitos a nosa realidade, a ter a capacidade de sumar á nosa mirada á diversa percepción que estes artistas expresan coa súa creatividade....”.

    Ampliar contenido
  • Últimos días para presentar solicitude para as subvencións de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos

    Fecha desde el 21 de Abril de 2022
    hasta el 09 de Mayo de 2022

    As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000? por proxecto.

    Dende o Concello da Guarda infórmase de que o próximo día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

     

    Superado o ecuador do prazo de solicitude, facemos unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas interesados nestas axudas da Xunta.

     

    Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

     

    As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.

     

    Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

    Ampliar contenido
  • O libro -O Terror nas Tebras e outras catas na memoria- será presentado en Oia e Camposancos

    Fecha desde el 06 de Mayo de 2022
    hasta el 13 de Mayo de 2022

    O 6 de maio en Oia e o 13 de maio en Camposancos

    "O Terror nas Tebras e outras catas na memoria" será presentado en Oia e Camposancos polo seu autor, o historiador Carlos Méixome.

    O 6 de maio ás 20h no Centro Cultural de Oia, presentado por Alfonso Álvarez Cáccamo

    E o 13 de maio ás 20h será no Bar Aquilino de Camposancos, presentado por Xosé Malleiro

    Escollemos estes dous lugares polo que representan para a memoria histórica local, con dous dos maiores campos de concentración do País.

    Ampliar contenido
  • O martes inaugúrase a exposición -Lebres coma gacelas- que mestura palabras e imaxe, poesía e fotografía

    Fecha desde el 03 de Mayo de 2022
    hasta el 17 de Mayo de 2022

    A mostra, que abre a programación -Tui en letras- poderá visitarse en Tui até o 11 de xuño.

    O próximo martes, 3 de maio, ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra.

    Xela Arias foi a autora conmemorada nas Letras Galegas 2021, muller inconformista e intempestiva que deixou un importantísimo legado poético referente para presentes e futuras xeracións. Tomando como inspiración a súa obra “Tigres coma cabalos” (1990), na que cada poema da escritora se confronta cunha imaxe do fotógrafo Xulio Gil, naceu este proxecto multidisciplinar que mestura palabra e imaxe, poesía e fotografía en perfecta simbiose.

    “Lebres coma gacelas” establece unha analoxía con ese curioso título, pero escolle dous nomes de animais en feminino cunha clara declaración de intencións, reforzada ademais pola asociación simbólica que estes teñen coa intelixencia, coa axilidade e coa liberdade.

    Esta mostra presenta poemas de autoras referentes na escrita galega, que crearon un diálogo ex professo para a fotografía contemporánea de dous artistas con estilos diferenciados, que retratan o corpo e o contorno cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata. As poetas participantes crearon as súas pezas para a mostra (tres cada unha) inspiradas polas imaxes de Eva Díez e Fran Herbello, que retratan o corpo e a contorna cunha ollada fixa na realidade máis inmediata. Temas como a arquitectura, especialmente relacionada coa paisaxe, están moi presentes nas distintas obras presentadas na mostra, así como a pegada do corpo humano na vivenda e nas citadas paisaxes. A mostra, comisariada e coordinada polo Servizo de Cultura da institución provincial e que poderá visitarse ata o 11 de xuño.

    No acto de ianuguración desta mostra que terá lugar o vindeiro martes, 3 de maio, ás 20,00 contaremos cun recital poético a cargo de dúas voces da poéstica feminina de Galicia: Lorenza Conde e Miriam Ferradás xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Municipal de Música de Tui.

    Con estra exposición a concelleria de ensino e cultura do Concello de Tui inicia o seu programa de actividades que baixo a denominación de “Tui en letras” comprende diversas actuacións ao longo dos meses de maio e xuño, centrándose especialmente na celebración do “Día das Letras Galegas” o vindeiro 17 de maio.

    Ampliar contenido
  • Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira promove Programa de Voluntariado + Curso de Formaçao-Açao na área da Programaçao Cultural

    Fecha desde el 05 de Mayo de 2022
    hasta el 20 de Junio de 2022

    Inscrições abertas até 20 de junho

    No âmbito da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira, o programa de voluntariado de 2022 será realizado em contexto de trabalho e proporcionará aos participantes formação certificada e aprendizagens em contexto real de trabalho. O projeto Formação Ação em "Programação Cultural na XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira” tem inscrições abertas até ao dia 20 de junho e encontra-se sujeito ao limite de vagas disponíveis.

    O programa de voluntariado da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira apresenta algumas novidades em 2022. Durante o período preparação e realização do evento (1 de julho a 30 de setembro de 2022), a Fundação Bienal de Arte de Cerveira e a Castelform vão proporcionar formação certificada e aprendizagens em contexto real de trabalho, reconhecidas através da emissão de certificado de formação profissional emitido na Plataforma SIGO, creditada no Passaporte Qualifica.

    O programa é individual, podendo o voluntário/formando escolher áreas de maior interesse e ser acompanhado por tutores. Para além de tutoria personalizada, os participantes terão ainda acesso, na plataforma integrada de formação, a conteúdos exclusivos em formato texto, imagem, áudio e vídeo que deverão consultar em atividades pedagógicas de auto-formação.

    Os voluntários serão integrados em atividades de planificação, conceção, organização, execução e avaliação, sendo orientados por tutores, de forma individualizada e em ambiente laboral, na concretização do plano de ação e resolução de problemas na função e nas valências em que participam.

    O programa decorrerá de 1 de julho a 30 de setembro, todos os dias (incluindo domingos e feriados) das 14h00 às 22h00 (7 horas por dia). A Fundação Bienal de Arte de Cerveira garantirá o seguro, a alimentação (almoço e jantar) e o alojamento (se aplicável).

    O curso encontra-se organizado em temas, que correspondem a quatro áreas funcionais e de atividades a desenvolver pelos participantes:

    • Tema I - Produção audiovisual e comunicação
    • Tema II - Educação e Mediação Cultural
    • Tema III - Animação e Informação Turística
    • Tema IV - Montagem de exposição e produção de eventos

     

    De referir que são elegíveis candidatos nacionais e internacionais, tendo como idiomas de trabalho o português, espanhol e inglês.

    Mais informações:

    Curso

    Inscrição

    Perguntas Frequentes (FAQ's)

    Ampliar contenido
  • La Asociación Os Amigos de Camposancos organiza un viaje a Guimaraes

    Fecha desde el 06 de Mayo de 2022
    hasta el 30 de Mayo de 2022

    Inscripciones e información en el 647 653 088 y en el 678 214 180

    La Asociación Os Amigos de Camposancos organiza el próximo 4 dejunio un Viaje a Guimaraes(Portugal).

    Con salida a las 8:00am, se visitará el castillo con su fortaleza y el Palacio de los Duques de Bragança.

    Se subirá al Monte de la Penha, con sus grutas y espacios de ocio.

    Precio del viaje:

    Socios 15€

    No socios: 20€

    Inscripciones e información en el 647 653 088 y en el 678 214 180

    Ampliar contenido
  • O 9 de maio abre o prazo de solicitude de reserva de prazas para a Escola Infantil Municipal

    Fecha desde el 09 de Mayo de 2022
    hasta el 31 de Mayo de 2022

    Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá do 9 ata o 31 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022/2023.

    As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes por sede electrónica ou nas dependencias municipais.

    Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido