Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A Guarda presenta a programación de Teatro de Outono

    Fecha desde el 15 de Octubre de 2022
    hasta el 10 de Diciembre de 2022

    Un total de 6 obras teatrais, 3 para público adulto e 3 para público familiar, todas elas no Centro Cultural da Guarda.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano o Outono Teatral 2022, no que se representarán na Guarda un total de 6 obras teatrais, 3 para público adulto e 3 para público familiar.

     

    A presentación desta programación realizouse este xoves, contando coa participación do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes.

    Para Antonio Lomba, “é de salientar a calidade das representacións teatrais que se realizan na Guarda e a complicidade que ten o público guardés coas funcións teatrais, mostra de elo é a gran acollida que teñen as obras de teatro que se realizan na vila, onde cada ano se esgotan as entradas da meirande parte dos eventos que se realizan, gozando case sempre dun aforo completo.”

    Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, “esta programación é unha programación pensada para todos os públicos, con obras destinadas a público adulto e outras destinadas a público familiar, que permitirán desfrutar do teatro a moitos veciños e veciñas da Guarda, unha aposta pola cultura que ano a ano trae á Guarda a algunhas das mellores compañías de teatro de Galicia, como pode ser Ibuprofeno teatro, A Panadaría ou Caramuxo Teatro.”

     

    O vindeiro sábado 15 de outubro arranca o ciclo de teatro para os meses de outono no Centro Cultural, unha programación que está a consolidarse grazas á grande expectación e afluencia que esta disciplina artística esperta entre o público guardés que destaca por un alto nivel de fidelidade ás propostas. 

     

    Para este ano 2022 fíxose unha aposta decidida por manter o nivel das compañías profesionais escollidas, así como por achegar unha variedade nos temas tratados e na perspectiva e técnicas teatrais empregadas, procurando xerar unha diversidade e ofertar propostas novidosas que sigan atraendo ao público guardés.

     

    Fíxose tamén un importante esforzo para que a oferta de programación non quedara só no público adulto, xa consolidado, senón por atraer a públicos mais novos, dende a mocidade que pode atopar unhas atraentes temáticas novidosa, como as meniñas e meniños e familias para as que se fixo unha coidada selección de historias sen olvidar o toque de humor, buscando así crear o hábito ao teatro desde as idades mais tempranas.

     

    Un total de 6 representacións que a razón de dúas sesións cada mes (unha para público adulto e outra para público familiar) queren consolidar esta oferta cultural e de ocio que tan boa aceptación ten sempre no noso auditorio.

     

    PÚBLICO ADULTO E XUVENIL

     

    O Ciclo comezará o vindeiro sábado 15 de outubro coa obra “SMOKE ON THE WATER”, unha historia de sexo, drogas e rock&roll que nos traslada á unha posible recreación da vida de Janis Joplin na súa madurez. Esta peza é a última produción de Ibuprofeno Teatro, quen xa estivo na Guarda con propostas como O Furancho, Raclette, A filla de Woody Allen...Nesta ocasión cambia radicalmente o ton e a temática para trasladarnos a unha historia de curte mais sórdido dentro dun enredo amoroso-financieiro con final sorprendente, como é habitual no corte da compañía. É de destacar a calidade do elenco e a música en directo, especialmente para os amantes do rock.

     

    A proposta do mes de novembro, será a función “As que Limpan” o 24 de novembro da exitosa compañía A Panadería, que xa coñecemos polas obras “PAN! PAN!” e “Elisa e Marcela”. As artistas porriñesas escollen novamente a temática de xénero para denunciar as condicións de precariedade laboral das empregadas da limpeza nas grandes cadeas hoteleiras dentro dun sistema de desenrolo baseado no turismo. A súa programación na Guarda vai aparellada cos eventos relacionados co Día internacional contra a violencia machista e conta cunha. Así mesmo esta función forma parte da programación Tornar As Táboas que organiza a Deputación de Pontevedra por toda a provincia para recuperar o pulso teatral despois da pandemia.

     

    Por último, o 10 de decembro continúa a temática de muller cunha proposta totalmente novidosa de Diana Sieira, unha actriz con longo percorrido no mundo do teatro e do circo, pero que chega por primeira vez ata a Guarda con The Witch, unha novidosa proposta chea de forza, na que estando ela sola sobre o escenario entabla unha proposta participativa establecendo un diálogo/xogo co público para recuperar o debate sobre a persecucións as mulleres menciñeiras na Idade Media.

     

    Para asistir a calquera destas funcións é preciso reservar entrada previa cunha semana de antelación a través do lugar web www.eventbrite.es (https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503) . En caso de dúbida ou dificultades coa plataforma o público pode achegarse ata as oficinas do Concello en horario de 9 a 14h.

     

    PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR

     

    Para acudir ás representacións pensadas para as crianzas non será preciso reservar con antelación previa, estando eso si a entrada condicionada ao límite de aforo sentado

     

    Nesta ocasión seguíuse a mesma premisa que para público adulto de programar unha función cada mes e achegar unha diversidade de historias que van dende a tradición de O Quixote da Compañía Pedras de Cartón (29 de outubro),  a ternura da tradicional historia das Fabas Máxicas da compañía Caramuxo Teatro (12 de novembro) e o humor e desenfado de Fran Rei con Superheróe (4 de decembro)

     

    Todas as representacións realizaranse no Centro Cultural respetando o mesmo horario de 20:00h. Nas opcións de público adulto e 18:00h. No Público familiar

     

    A programación de Outono Teatral é subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022

    Ampliar contenido
  • Último día para realizar a inscrición no campamento de nadal en Tui

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2022
    hasta el 19 de Diciembre de 2022

    O prazo de inscrición finalizará o luns 19 de Decembro.

    O campamento de nadal realizarase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 9:00 á 14:00 horas, e está orientado a nenos de idades comprendidas entre 3 a 12 anos. Conta con prazas limitadas para axudar a conciliar a vida familiar e laboral tras o remate do período lectivo.

    A actividade terá un prezo de 40€ polos 5 días ou 10€ por días soltos e realizarase na Escola da Banda de Música Popular de Tui, ubicada na Gándara 70 - Guillarei (Antigo Centro Cultural).

    As inscrición realizarase a través dun formulario que se pode atopar nas distintas redes socias da escola, contactando no telefono 886 29 28 51 ou no correo escola.bmptui@gmail.com

    Ampliar contenido
  • La Asociación Raiceiras organiza varias sesiones de cortometrajes y debate sobre paternidades en el Baixo Miño

    Fecha desde el 18 de Noviembre de 2022
    hasta el 12 de Diciembre de 2022

    Las proyecciones tendrán lugar entre el 18 de noviembre y el 12 de diciembre en distintos espacios de A Guarda y Tomiño

    La Asociación Raiceiras - Acción Rural, con el apoyo de la Secretaría General de Igualdad y con la colaboración del Concello de A Guarda, la Comunidad de Montes de Camposancos y la Asociación de Veciños de Sobrada (Tomiño), realizará varias proyecciones de cortometrajes.

    Los cortometrajes seleccionados tratarán el tema de la paternidad y cuidados de los hombres en el entorno familiar desde una perspectiva ampla y compleja que favorecerá un posterior debate sobre paternidades, estilos de crianza y reparto de roles, así como estereotipos de género y nuevas masculinidades. Esta actividad está enmarcada dentro del Plan Corresponsables.

    Las proyecciones tendrán lugar en distintos espacios y fechas: en el Aula Multimedia del Concello de A Guarda el 18 de noviembre; en el Centro Cultural  de Camposancos el 25 de noviembre y el 9 de diciembre y en el Centro Cultural de Sobrada el 3 y el 12 de diciembre. Todas las sesiones comenzarán a las 20.00 horas y se realizará un posterior debate sobre los contenidos de las proyecciones. La participación será gratuita.

    Para cualquier información, se puede llamar o enviar un WhatsApp al teléfono 644 69 69 25, enviar un correo electrónico a info@raiceiras.org o contactar con la entidad a través de sus redes sociales.

    Ampliar contenido
  • Abierto el plazo hasta el 10 de enero para renovar la autorización de puestos en el mercado semanal de Tui

    Fecha desde el 12 de Noviembre de 2022
    hasta el 10 de Enero de 2023

    El mercado se celebra cada jueves en la prolongación de la calle Casal Aboy

    Hasta el 10 de enero está abierto el plazo, en el Concello de Tui, para presentar las solicitudes de renovación de los puestos en el mercado semanal que los jueves se celebra en la prolongación de la calle Casal Aboy. Las personas vendedoras deberán presentar la solicitud en el modelo normalizado, disponible en la web www.tui.gal, junto con la documentación requerida.

    Aquellas personas que transcurrido el plazo de solicitud no hayan presentado la documentación no podrán instalar sus puestos. En caso de hacerlo, podrán ser sancionadas según recoge el propio reglamento municipal de venta ambulante.

    En Tui, el mercado semanal se celebra en horario de mañana los jueves en la prolongación de la calle Casal Aboy. Hay puestos de ropa, complementos, calzado, alimentación, flores, hogar, ... entre otros productos.

    Ampliar contenido
  • -A saia raíña- visibiliza en A Guarda el luto y su histórica relación con la mujer en Galicia

    Fecha desde el 10 de Noviembre de 2022
    hasta el 05 de Diciembre de 2022

    Esta exposición de testigos a través de la fotografía y el audiovisual estará en la Casa dos Alonso en horario de mañana hasta el próximo 5 de diciembre

    La Casa dos Alonso de A Guarda acoge hasta el próximo 5 de diciembre en horario de mañana la exposición "A Saia Raíña", una exposición de testigos en los formatos de fotografía y documental, fruto del trabajo de campo de Rita Mas Ybáñez en diferentes aldeas y ciudades gallegas.

    La inauguración, celebrada este jueves 10 de noviembre, contó con la asistencia de cerca de media centena de personas. Intervinieron en ella la concejala de Igualdad, Fátima Rodríguez, el Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, y la autora de la exposición, Rita Mas Ybáñez.

    Para Fátima Rodríguez, "esta exposición pon de manifesto que cada persoa vive en Galicia o loito dunha maneira distinta, en función do seu ámbito familiar, as tradicións dos lugares onde residen ou o seu entorno máis próximo, unha visión global dun feito que a todos nos toca vivir nalgún momento das nosas vidas e que queda reflexado dunha maneira moi visual co excelente traballo feito por Rita Mas Ybáñez".

    El Alcalde valoró esta exposición de forma muy positiva, además coincidiendo en el mes de noviembre, habiendo pasado hace unos días el Día de Todos los Santos, una exposición que hace un trabajo antropomórfico exacto y real del luto en Galicia.

    Para la realización de esta exposición, fueron entrevistadas más de 60 personas informantes, principalmente mujeres aún enlutadas y también hombres, que hablan de la costumbre de guardar el luto, tanto temporal como permanente. Los viajes con cámaras, la grabadora y el cuaderno de campo recorrieron las provincias de Pontevedra, Lugo, Ourense y A Coruña en los ámbitos tanto rural como urbano.

    Las mujeres hablan en el documental de sus vivencias, de la necesidad o imposición de guardar el luto, de las diferencias de costumbre entre hombres y mujeres, y finalmente de su evolución, que tiende a desaparecer en el siglo XXI.

    Rita Mas Ybáñez es poetisa y escritora. Entre otros, ha ganado el Premio Nacional de Poesía Jaime Gil de Biedma (Segovia) y premios de poesía y vídeo-creación de As Mariñas (Carballo). Dedicada a la comunicación en medios y a la etnografía, tras su formación audiovisual, es estudiante de Antropología Social y Cultural en la UNED y realiza su trabajo de campo e investigación etnográfica sobre el luto.

    Ybáñez ha impartido conferencias y charlas en la Universidad, en los Concellos de Vigo y A Coruña y en bibliotecas provinciales tanto dentro como fuera de Galicia. Actualmente, está trabajando en la próxima publicación en formato libro de su monografía sobre el luto y el trabajo de campo etnográfico resultado de esta exposición, "A Saia Raíña: mulleres galegas enloitadas no século XXI".

    Esta actividad está promovida por la Concejalía de Igualdad y el CIM de A Guarda, y está subvencionada con fondos del Pacto de Estado contra la violencia de género. Desde el Concello de A Guarda se lanza una invitación general a toda la ciudadanía guardesa para que visite esta exposición, que estará hasta el próximo día 5 de diciembre en horario de mañana en la Casa dos Alonso.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui convoca o concurso de debuxo escolar para elixir a súa Postal de Nadal

    Fecha desde el 15 de Noviembre de 2022
    hasta el 30 de Noviembre de 2022

    Vai dirixido a alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses

    A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca  unha nova edición do concurso, dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio, para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2022.

     

    A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal". Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente se felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame nos pasados anos 2020 e 2021 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

     

    A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

     

    Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro escollerá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.

    Establécense tres premios:

     

    • 3º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 40 euros
    • 2º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 50 euros
    • 1º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 100 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui.
    Ampliar contenido
  • O papel da educación para facer fronte á violencia de xénero centra o programa do 25N do Concello de Tui

    Fecha desde el 18 de Noviembre de 2022
    hasta el 03 de Diciembre de 2022

    Haberá actividades para o alumnado dos distintos centros escolares pero tamén mesas redondas, conferencias, performances ou as II Xornadas de Comunicación e Igualdade

    Dando voz aos nenos e nenas para coñecer a súa mirada sobre un tema tan importante coma a violencia de xénero, no pleno infantil celebrado onte venres, comezou o programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional para a erradicación da Violencia Contra a Muller.

    Precisamente a infancia e a adolescencia son os sectores da poboación nos que este ano vai incidir especialmente a campaña posta en marcha polo Concello de Tui. Un traballo centrado na educación, na información, na concienciación e na prevención deste tipo condutas.  Os carteis da campaña lanzan precisamente unha mensaxe directa aos e ás adolescentes sobre o que poden ser relacións  nocivas e sobre a axuda que teñen ao seu carón.

    Para iso dende a concellería de Igualdade organizáronse unha serie de actividades nos distintos centros educativos. Así haberá contacontos e talleres formativos para o alumnado de Infantil e Primaria e a performance “A última cea” de Uxía Morán chegará ao alumnado de Secundaria. Amais o xoves 24  está programada a charla informativa “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón. Mentres o alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos asistirá o xoves 24 ao monólogo “En pé de igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro, e o mércores 30 á proxección da película-documental “Serás hombre”, con posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo.

    No programa organizado con motivo do 25N tamén se busca dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista. Así o próximo martes, 22 de novembro, ás 19 h no edificio Francisco Sánchez celebrarase a mesa redonda “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección”. Na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos. Participarán representantes dos equipos VIOXEN da Garda Civil e da Policía Local,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, e unha avogada especializada na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.

    O 25N estará tamén presente na sesión plenaria de carácter ordinario que o próximo xoves 24 celebrará a corporación municipal de Tui. Será coa lectura da Declaración Institucional e coa constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

    O acto central deste programa está previsto para o propio venres 25 de novembro, ás 19 h no interior do edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada. Abrirase con “DesAlento” a acción escénica de Mónica Sueiro, seguida da lectura do manifesto e da actuación musical de Sofía Espiñeira.

    As actividades continuarán o sábado 26 ás 12 h na praza de Abastos coa performance “A última cea” de Uxía Morán. Mentres o martes 29 ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, celebrarase a conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao solo si é si” a cargo de Laura Seara, avogada, deputada, e exsecretaria de Estado de Igualdade.

    O sábado 3 de decembro darase continuidade a iniciativa posta en marcha o ano pasado para abordar cos medios de comunicación a presenza das mulleres nos mesmos, as redes sociais, e os avances dende a aprobación da Lei de Igualdade Efectiva 3/2007 ata a perspectiva de xénero na política e a persistencia de estereotipos de xénero na comunicación e por suposto, elaborar propostas será na II Xornada de Comunicación e Igualdade.

    Tamén ao longo do mes de decembro celebrarase o II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo dirixido ao persoal do Concello de Tui.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, salienta coma a programación deste ano deseñouse pondo o aceno na concienciación da mocidade da importancia de erradicar a violencia de xénero e as actitudes machistas, así coma de facer fronte ao negacionismo deste tipo de conductas e actos violentos. Incide Ana Núñez coma precisamente a educación xoga un papel clave para facer fronte a este tipo de violencia, ao tempo que se incidirá no papel que as redes sociais poden xogar, tanto na parte negativa coma medio para exercer presión, control, …, ou na positiva para conectar coa mocidade e transmitirlles a información, os recursos e a axuda que teñen ao seu carón.

     

    Dia Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller

    Programa

    • Venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, na casa do concello de Tui
      • Pleno infantil: a violencia de xénero a debate polos nenos e nenas dos centro educativos do concello de Tui.
    • Martes, 22 de novembro, ás 19.00 h no edificio Francisco Sánchez
      • Mesa Redonda: “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” Abordaremos: A Atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas. Os Protocolos de protección e os Recursos públicos.
      • Interveñen:
    • Representante da equipa VIOXEN da Garda Civil
    • Representante da equipa Vioxen da Policía Local de Tui
    • Coordinadora Servizos Sociais municipais
    • Avogada de atención a mulleres vítimas
    • Xoves, 24 de novembro.
      • Charla informativa sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón.
      • Monólogo “En pé de Igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro para o alumnado de bacharelato e ciclos formativos dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón.
      • Lectura de declaración institucional no pleno da corporación municipal e constitución plenaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
    • Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h no interior do edificio dos antigos xulgados na Praza da Inmaculada
      • Acto conmemorativo 25N
      • Acción escénica de Mónica Sueiro “DesAlento”
      • Lectura de manifesto
      • Actuación musical de Sofía Espiñeira
    • Sábado, 26 de novembro, ás 12.00 h na Praza de Abastos
      • Performance “A última cea” de Uxía Morán
    • Martes, 29 de novembro, ás 19:00 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez
      • Conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é se” con Laura Seara, avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.
    • Mércores, 30 de novembro
      • Proxección da película-documental “Serás hombre”, e posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo, para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Medios dos IES San Paio e Indalecio Perez Tizón.
    • Sábado, 3 de decembro
      • II Xornada de Comunicación e Igualdade
    • Durante o mes de decembro
      • Formación para o persoal municipal en materia de igualdade do II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo.
    Ampliar contenido
  • En Tomiño as compras de Nadal teñen premio

    Fecha desde el 22 de Noviembre de 2022
    hasta el 30 de Noviembre de 2022

    O Concello pon en marcha unha nova edición da campaña Nadal + Nadal, con galardóns para clientela e comercios locais

    • Concello pon en marcha unha nova edición da campaña Nadal + Nadal, con galardóns para clientela e comercios locais
    • Os establecementos interesados en participar poden inscribirse dende este luns 21 ata o vindeiro 30 de novembro

    O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta por dinamizar o comercio local, especialmente cando se achega unha das épocas máis importantes do ano a nivel de vendas. O Goberno municipal acaba de lanzar unha nova edición de ‘Nadal + Nadal. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre’, unha campaña coa que se busca premiar tanto aos establecementos tomiñeses como a todas aquelas persoas que realizan as súas compras no propio municipio.

    “Queremos apoiar ás nosas e nosos comerciantes, pero tamén a toda a veciñanza. O grande éxito das dúas edicións anteriores demostra que iniciativas coma esta son un grande aliciente que nos permite dar pulo ao noso comercio e fomentar as compras nos locais que temos ao lado da casa”, explica a alcaldesa, Sandra González, que salienta que a campaña “permite dar continuidade ás accións de apoio á economía local que desenvolve o Concello ao longo de todo o ano”.

    Os comercios interesados en participar na campaña poden xa inscribirse dende hoxe mesmo ata o vindeiro 30 de novembro a través da sede electrónica da web do Concello. Como recollen as bases, poderán participar todos os establecementos locais agás aqueles que desenvolvan a súa actividade nos mercados municipais e comercios de primeira necesidade como panaderías, carnicerías, peixarías, farmacias ou supermercados pertencentes a grandes cadeas, aínda que si poderán formar parte da campaña pequenas tendas de alimentación de ámbito local.

    Pola súa banda, dende o 9 ao 27 de decembro os usuarios e usuarias disporán dunha urna en cada un destes locais onde depositar tíckets de compra por un valor de entre 20 e 100 euros xunto cos seus datos persoais. Será o propio 27 de decembro cando se abran as urnas no salón de plenos do Concello ás 20.30 horas e se proceda ao sorteo de vales de compra polo dobre do valor de cada un dos recibos gañadores. Extraeranse os tíckets necesarios ata que a suma de todos eles sexa igual ou inferior a 1.500 euros, polo que durante esta campaña entregarase aos gañadores ou gañadoras vales de compra por un valor total de ata 3.000 euros.

    Por outro lado, coa intención de fomentar a creación dun ambiente agradable e atractivo este Nadal en todos os establecementos tomiñeses, ao participar nesta campaña do 9 de decembro ata o 6 de xaneiro os comercios deberán decorar os seus escaparates ou locais con elementos naturais e reciclados de base acompañados da decoración de Nadal. Deste xeito pasarán a formar parte do concurso ‘Ruta Nadal + Nadal’, unha iniciativa que premiará a decoración más orixinal nas modalidade de mellor escaparate e mellor local, que suporá un premio en metálico de 500 euros a aqueles comercios que acaden o primeiro posto e 250€ ao segundo.

    Dende o Concello, conscientes de que son moitos os establecementos participantes nesta campaña que están a facer un grande esforzo por mellorar as súas decoracións ano a ano, estableceuse que nesta edición non se premiarán aqueles locais ou escaparates que lograron algún galardón nas edicións de 2020 e 2021. Os gañadores serán escollidos por un xurado composto por dous representantes do comercio local, un representante do Concello de Tomiño e tres artistas locais. O veredicto coñecerase o 27 de decembro ás 21.30 h.

    Ampliar contenido
  • Proxección de curtametraxes e debate sobre a paternidade en Camposancos

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2022
    hasta el 09 de Diciembre de 2022

    A primeira de elas será o próximo venres día 25 as oito da tarde e a segunda o día 9 de decembro.

    A asociación "RAICEIRAS - ACCIÓN RURAL" organiza a proxección de duas curtometraxes e posterior debate sobre a temática da paternidade, conciliación familiar, etc.  A primeira de elas será o próximo venres día 25 as oito da tarde e a segunda o día 9 de decembro.

    Por outra banda a Comunidade de montes de Camposancos o día 2 de decembro como todos os primeiros venres de mes as oito da tarde organizamos "Música e palabras" unha actividade da que estamos moi orgullosos por o cubillo que ten.

    Ampliar contenido
  • La Asociación -Amigos da Catedral de Tui- y el cabildo catedralicio convocan el XXII Concurso de Panxoliñas Catedral de Tui

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2022
    hasta el 21 de Diciembre de 2022

    Se han establecido tres premios por importe de 150, 100 y 50 euros respectivamente.

    La Asociación “Amigos da Catedral de Tui” juntamente con el Cabildo Catedral de Tui convocan la XXII edición del Concurso de Panxoliñas de la catedral tudense que tendrá lugar el martes 3 de enero de 2023 a las 17.00 horas. La asociación tudense recupera este certamen navideño después de las restricciones derivadas de la pandemia para revitalizar las tradiciones de Navidad especialmente entre los más jóvenes.

    Las bases de este certamen establecen que los participantes no deben superar los 16 años de edad e interpretarán hasta tres villancicos acompañas por cualquier tipo de instrumento (aunque sin uso de amplificación) con una duración máxima de 15 minutos.

    Se han establecido tres premios por importe de 150, 100 y 50 euros respectivamente.

    Los interesados pueden inscribirse a través del correo electrónico de la Asociación de “Amigos da Catedral de Tui “ (amigoscatedraltui@gmail.com ) hasta el 21 de diciembre de 2022.

    Las bases de este certamen y la correspondiente hoja de inscripción se pueden consultar en el blog de esta asociación: http://amigoscatedraltui.blogspot.com/

    Ampliar contenido
  • Formaçao em -Excel Fundamental no Turismo- em Valença

    Fecha desde el 28 de Noviembre de 2022
    hasta el 19 de Diciembre de 2022

    A formação terá uma duração de 15 horas e decorrerá online nos dias 28 de novembro, 5, 12 e 19 de dezembro

    Valença vai promover a ação de formação "Excel Fundamental no Turismo", de capacitação dos agentes turísticos, no âmbito do Programa Formação + Próxima do Turismo de Portugal. As inscrições estão abertas até 25 de novembro, e a ação está aberta a todos os colabores do setor público e privado das áreas da hotelaria e restauração.

    A formação terá uma duração de 15 horas e decorrerá online nos dias 28 de novembro, 5, 12 e 19 de dezembro, no horário 9h00 - 12h00/13h00. Para participar basta registrar a inscrição online através do link https://academiadigital.turismodeportugal.pt/

    Esta ação decorrerá da parceria estabelecida entre a Câmara Municipal de Valença e o Turismo de Portugal e será dinamizada pela Escola de Hotelaria e Turismo de Viana do Castelo. para mais informações, ou em caso de dúvida contactar ana.freitas@escolas.turismodeportugal.pt ou no 915 640 333.

    Ampliar contenido
  • El GALP Ría de Vigo-A Guarda invita a la ciudadanía a participar en la evaluación de la actual EDLP

    Fecha desde el 29 de Noviembre de 2022
    hasta el 14 de Diciembre de 2022

    El grupo celebra en noviembre y diciembre una serie de reuniones para la evaluación de la Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

    El Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de la Ría de Vigo-A Guarda está evaluando la actual Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Tras la celebración de una asamblea general el pasado 18 de noviembre para la evaluación de la EDLP, llega una serie de reuniones para seguir con el proceso contando con diferentes sectores del área de influencia del grupo (que comprende los municipios de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña y Cangas).

    El 29 de noviembre habrá una reunión de las mesas social, económica y pública, a las 16.30 oras en el Edificio Virxe do Carme del Puerto de Vigo. En el mismo lugar y día, a las 18.00 horas, está fijada la reunión de la mesa de organizaciones profesionales del sector productivo. Por último, el día 14 de diciembre se celebrará el foro final, a las 18.00 horas en la misma localización.

    Para participar en las reuniones presenciales es necesario inscribirse llamando al 986 35 81 09 o enviando un correo electrónico a galpvigoaguarda@yahoo.es

    Como parte del proceso de evaluación pública, el GALP Ría de Vigo-A Guarda también pone a disposición una encuesta online para recoger opiniones sobre el trabajo realizado por el grupo para la gestión del programa de ayudas y cómo este afectó al desarrollo del territorio del GALP.

    La actual Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo del GALP Ría de Vigo-A Guarda se inició en el 2016 para promover proyectos y actuaciones destinados a conseguir un desarrollo equilibrado, sostenible e integrador de su zona marítima de influencia, fortaleciendo el sector pesquero en términos económicos y de empleo, preservando el medio natural y el patrimonio cultural, y con una participación efectiva de agentes y población del territorio. 

    Ampliar contenido
  • Una marea morada de actividades para seguir revolucionando mentes en O Rosal

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2022
    hasta el 09 de Diciembre de 2022

    El Concello ha puesto en marcha un programa de actividades con el que implicar a la infancia, a la juventud y a todos los vecinos en la lucha contra la violencia contra las mujeres este 25N

    O Rosal continúa con su firme compromiso contra la violencia de género. Para conmemorar el 25N, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, el Concello ha puesto en marcha un amplio programa de actividades que busca implicar a todos los vecinos, especialmente a las generaciones futuras. Un conjunto de actividades de carácter transversal "coas que seguir revolucionando mentes este e todos os días do ano, coas que tentar de espertar conciencias, sensibilizar e visibilizar a lacra que supón a violencia machista dentro da nosa sociedade", explica la alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Una visibilización que comienza por los edificios públicos, que durante toda esta semana están alumbrados en color morado para conmemorar el 25N. Una sensibilización que desde el Concello se considera fundamental comenzar desde la base, acercado a niños y niñas a una realidad dura para que tomen conciencia y puedan cambiar el futuro. Por este motivo, los centros educativos rosaleiros se implicaron de forma muy activa en la campaña, participando en diferentes acciones. Además de acoger los "violentómetros" que figuran en diferentes puntos de O Rosal, el alumnado de las escuelas unitarias del CRA María Zambrano y de la escuela infantil disfruta la exposición de las "señales de tráfico" contra la violencia de género.

    Mientras, por su parte, el alumnado de 6º de primaria del CPI Manuel Suárez Marquier participó en el proyecto audiovisual EnRede, una campaña financiada por la Diputación de Pontevedra en colaboración con el Concello de O Rosal, con la que niños y niñas visibilizan la violencia contra las mujeres, la igualdad y el feminismo desde una perspectiva diferente.

    Junto a estas actividades, el Concello anima a todos los vecinos a participar el propio 25 de noviembre en la concentración vecinal que tendrá lugar a las 12.30 horas en el CPI Manuel Suárez Marquier, como muestra de repulsa a la violencia contra las mujeres y en la que se leerá un manifiesto.

    Además de estas actividades, el Concello acogerá durante los próximos días la exposición "Eu tomo partido contra a violencia de xénero", que en esta edición contó con la colaboración de integrantes de la Asociación de Maiores do Rosal y que podrá visitarse hasta el próximo 9 de diciembre en la Casa do Concello y en la Praza do Calvario.

    Ampliar contenido
  • La Asociación de Maiores do Rosal toma partido contra la violencia de género

    Fecha desde el 25 de Noviembre de 2022
    hasta el 09 de Diciembre de 2022

    Miembros de la asociación protagonizan una nueva edición de la exposición organizada por el Concello como parte del 25N

    O Rosal demuestra un año más su firme rechazo a la violencia contra las mujeres y a cualquier tipo de agresiones. En este camino, al amparo de la programación puesta en marcha en conmemoración del 25 de noviembre, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, el Concello ha puesto en marhca una nueva edición de la exposición "Eu tomo partido, e ti?". En esta ocasión, los y las protagonistas de la muestra son los integrantes de la Asociación de Maiores do Rosal, que posan ante la cámara con un encerado con el lema "Eu tomo partido contra a violencia de xénero" escrito. La muestra puede visitarse hasta el 9 de diciembre en la Casa Consistorial.

    Son 13 las personas que dan la cara para sumarse a un proyecto con el que se pretende luchar, concienciar y visibilizar la problemática de la violencia ejercida contra las mujeres: Conchi Balboa, Aurora Rodríguez, Victoria Rodríguez, Teresa Rodríguez, Rocío Fernández, Rufina Rivero, Manolo Fernández, Carlos Álvarez, Luis Ferreira, Carmen Sousa, Lucía Gándara, Antolina González y María Rodríguez.

    El Concello quiere agradecer la colaboración de la Asociación de Maiores do Rosal en esta iniciativa, así como su implicación con la vida social y cultural del municipio.

    En el proyecto "Eu tomo partido, e ti?" han participado deportistas locales, profesorado de los centros educativos rosaleiros, jugadores del Valinox Novás, integrantes de la Agrupación Muiscal do Rosal o la directiva del Club Ciclista de O Rosal. "Para nós é un orgullo contar con veciñanza tan implicada e con ganas de colaborar con nós para seguir revolucionando mentes cada día do ano, porque a eliminación da violencia contra as mulleres é un traballo continuo e diario de visibilización e sensibilización no que debemos involucrarnos todas e todos como sociedade", explica la alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Ampliar contenido
  • Concentración en defensa da sanidade pública 30 de novembro na praza Avelino Vicente da Guarda

    Fecha desde el 30 de Noviembre de 2022
    hasta el 30 de Noviembre de 2022

    Mércores día 30 de novembro ás 20:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda

    A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA, xunto co resto de plataformas de Galiza e SOS-SANIDADE PÚBLICA convocan concentracións simultáneas en toda Galiza o próximo 30 de novembro ás 8 da tarde. Na Guarda a concentración realizarase na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas).

    A Plataforma fai un chamamento á sociedade a participar nesta mobilización, para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego, ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta de Galiza e a Consellería de Sanidade.

    As persoas sofremos importantes limitacións para ser atendida nos Centros de Saúde, PAC, soportamos listas de espera de días ou semanas; a perda da prevención, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas; e o abandono da participación comunitaria.

    Mentres o persoal dos centros de saúde e PAC está sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.

    Por todo iso convocamos á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galiza debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria.

    Só a mobilización social pode frear o deterioro da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público Galego.

    Ampliar contenido
  • Aprazada a San Silvestre da Guarda

    Fecha desde el 30 de Noviembre de 2022
    hasta el 29 de Diciembre de 2022

    Aprazada ao domingo 8 de xaneiro de 2023 ás 11:00h dende a Praza de Avelino Vicente.

    O Concello da Guarda organiza en colaboración con NOKO 360 para a xornada do sábado día 31 de decembro a carreira San Silvestre, un evento deportivo que terá lugar ás 17:00h e que, cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a Praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.

    As inscricións están xa abertas na seguinte ligazón: https://www.deporticket.com/web-evento/7889-san-silvestre-a-guarda de xeito gratuíto ata o 29 de decembro.

    Carreira para todas as idades, os menores nados  en 2011 ou antes deberán de ir acompañados dun adulto.

    EVENTO APRAZADO AO 8 DE XANEIRO DE 2023

    ás 11:00h.

    Ampliar contenido
  • IX Camiñada Solidaria 2022 a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

    Fecha desde el 30 de Noviembre de 2022
    hasta el 18 de Diciembre de 2022

    Domingo 18 de decembro ás 10:00h na capela de san Xiao, no monte Aloia

    O club Andatui comunica que o domingo 18 de decembro realizarán a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Este ano a Camiñada levaráse a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense. Ámbolos dous falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.

    A visita comezará na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 h.

    Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.

    Importante, para participar só é preciso entregar un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

     

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido