Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Apalpador baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas de Tomiño

Estará o 31 de decembro ás 12.30 horas na Praza do Seixo, onde a vindeira semana será a quenda dos inchables

Estará o 31 de decembro ás 12.30 horas na Praza do Seixo, onde a vindeira semana será a quenda dos inchables

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Apalpador é un home grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado todo o ano en facer carbón. Vestido cun traxe vello e cheo de remendos, con boina e ataviado cunha gran barba, cada ano baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas tomiñesas. Este Nadal a cita será o vindeiro 31 de decembro a partir das 12.30 horas na Praza do Seixo.

Así, rapazas e rapaces de Tomiño poderán coñecer ao home que durante o Nadal lles toca a barriga cando están durmidos e durmidas para ver se están fartos ou teñen fame e deixarlles unha presa de castañas e algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa.

Tras o paso do Apalpador, a Praza do Seixo continuará sendo o escenario das actividades de Nadal para os máis cativos e cativas da casa. Os vindeiros 3 e 4 de xaneiro haberá inchables para público infantil e totalmente de balde de 16.00 a 20.00 horas.

O Concello anima a toda a veciñanza a acompañar ao Apalpador na súa estancia en Tomiño, ao tempo que destaca a importancia de pór en valor as tradicións entre a infancia. Convida tamén a todas as familias a achegarse con nenos e nenas e desfrutar de tardes de lecer cos inchables no centro da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí