Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O CIAE 112 Galicia rexistra máis de 150 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa

Acumulouse moita auga na estrada do lugar de Campo da Estaca, no concello de Tomiño, polo desbordamento do río Pego

Acumulouse moita auga na estrada do lugar de Campo da Estaca, no concello de Tomiño, polo desbordamento do río Pego

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Febrero de 2021

Fuente: 112 Galicia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar, desde o martes, día 02/02/2021 ata as primeiras horas do día de hoxe, un total de 157 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que afectou á nosa Comunidade nas últimas horas.

Por provincias, a de Pontevedra foi a máis afectada con 84 incidencias rexistradas, A Coruña con 49, seguida de Lugo con 14 e por último a provincia de Ourense con 10 incidencias contabilizadas. As tipoloxías máis repetidas foron a caída de árbores, pólas e bolsas de auga nas estradas (59) e inundacións nas vías de circulación (29).

Cómpre sinalar que o CIAE 112 Galicia tivo constancia do corte total ou parcial de estradas polo desbordamento dalgún río na Comunidade. Neste senso, no Rosal, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do desbordamento do río á altura do lugar do Urgal, no concello pontevedrés do Rosal.

Os feitos producíronse ao fío das 22:30 horas da pasada noite e foi necesaria a intervención da dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil para restablecer as condicións de seguridade na vía. Tras rematar a intervención, os equipos de emerxencia confirmaron ao 112 que, finalmente, foi necesario cortar dúas estradas, a que une Urgal ao Barrio Novo –á altura da ponte- e a que vincula as localidades de Sandián e Rotea.

Tamén acumulouse moita auga na estrada do lugar de Campo da Estaca, no concello de Tomiño, polo desbordamento do río Pego. Foron os axentes da Policía Local que se puxeron en contacto co 112 Galicia para alertar da situación e informar que procederían co peche da estrada ás 21:45 horas. Decontado, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda Ponteareas e a Protección Civil do municipio pontevedrés.

Ademais, ás 21:30 de onte, o 112 Galicia foi informado da interrupción na circulación da estrada que une Nogueira coa Ponte das Partidas, no concello de Ponteareas. Segundo a información facilitada polos membros de Protección Civil de Ponteareas, o aumento do caudal do río Tea, provocou a inundación en algúns puntos do municipio e, por iso, foi necesario cortar a estrada municipal de Ribatea que enlaza coa N-120.

A causa diso, varios inmobles quedaron incomunicados. Se ben é certo que esa situación non provocou danos persoais, unha das casas estaba habitada e os seus ocupantes foron orientados a permanecer no interior ata que se retomasen as condicións de seguridade. De acordo cos membros de Protección Civil, trátase dunha circunstancia habitual.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí