Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Tui pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón e papel para o comercio, a hostalería e a industria

Realizase os martes e xoves con carácter gratuíto

Realizase os martes e xoves con carácter gratuíto

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de pór en marcha un novo servizo de recollida de papel e cartón porta a porta co obxectivo de contribuír á reciclaxe destes produtos por parte dos establecementos comerciais, hostaleiros, e a industria local.

Con esta iniciativa búscase por unha parte axudar aos e ás comerciantes e hostaleiros na separación e reciclaxe dun material coma o papel e cartón, do que xeran importantes cantidades nos seus negocios. Coa recollida específica para eles búscase non colapsar os contedores azuis deixando o seu uso preferente para a cidadanía.

O Concello de Tui mantivo reunións informativas coas asociacións de comerciantes locais, ACITUI e EMPRETUI, e coa Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Areas, para exporlles os pormenores do servizo e que a súa vez os puideran trasladar aos seus asociados.  Amais o pasado 31 de xaneiro convocouse unha reunión informativa telemática, na que participaron a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, e un responsable da empresa que realiza a recollida, no que se deu conta do funcionamento e da posta en marcha deste novo servizo gratuíto.

Dende a semana pasada está xa activa a recollida porta a porta de cartón e papel os martes e xoves. Así no Parque Empresarial de Areas as empresas deben sacar o cartón á rúa os martes e xoves de 16 a 18 h xa que a recollida se realizará a partir das 18 h. Mentres no caso dos establecementos comerciais e de hostalería deberán depositar o cartón e papel apilado xunto ao colector azul máis próximo ao local os martes e xoves de 19 a 21 h, xa que a recollida terá lugar a partir das 21 h.  

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, explica que con esta iniciativa o Concello de Tui buscan seguir avanzando na recollida selectiva facilitando neste caso ao comercio, á hostalaría e as empresas locais o seu labor de reciclaxe, e por outra parte mellorar tamén a imaxe da cidade.   Agarda a edil que “progresivamente se vaia consolidando este novo servizo” para o que solicita “a colaboración do tecido comercial, hostaleiro e empresarial para o bo funcionamento do mesmo e mellorar así a imaxe que estamos dando”.

Aqueles establecementos comerciais ou industriais do municipio interesados en sumarse  a este servizo de recollida porta a porta poden solicitar  mais información a través dos correos electrónicos comercio@tui.gal ou medioambiente@tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí