Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O documental -Xela Arias. Poeta nas marxes-, chega este sábado a Tomiño

O traballo, dirixido por unha moza tomiñesa, vaise proxectar no Auditorio de Goián o sábado 5 de xuño ás 20 horas, e haberá un coloquio posterior

O traballo, dirixido por unha moza tomiñesa, vaise proxectar no Auditorio de Goián o sábado 5 de xuño ás 20 horas, e haberá un coloquio posterior

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

As entradas, de balde, poden reservarse chamando ao Concello nos teléfonos 986 622001/03, ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

 

 

 

O Concello de Tomiño proxectará o vindeiro sábado o documentalXela Arias. Poeta nas marxes”dirixido por Beatriz Pereira, moza graduada en Comunicación Audiovisual e veciña da parroquia tomiñesa de Tebra.

 

A proxección encádrase dentro do proxecto  que leva a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia (á que pertence Tomiño) no marco da programación institucional Letras Galegas 2021 para dar a coñecer a figura, a vida e a obra da autora homenaxeada pola RAG este ano.

 

O traballo documental vaise proxectar no Auditorio de Goián o vindeiro sábado 5 de xuño, ás 20 horas, para persoas a partir de 12 anos, e haberá un coloquio posterior. As entradas, de balde, poden reservarse chamando ao Concello nos teléfonos 986 622001/03, ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

 

“Con esta iniciativa queremos facer partícipe da programación institucional das Letras a concellos e entidades da RDL e á súa cidadanía para que a festa da lingua galega se estenda máis alá do propio 17 de maio, do mes das Letras, e teña presenza ao longo de todo o ano", explican os organizadores”.

 

A partir dos testemuños de figuras da cultura galega coma Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo, Marga do Val e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada, “deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí