Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) denuncia a fragmentación artificial dos parques eólicos da Serra da Groba

Un procedemento que abrevia e evita a intervención do Goberno estatal na autorización dos parques.

Un procedemento que abrevia e evita a intervención do Goberno estatal na autorización dos parques.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2021

Fuente: IEM

Serra da Groba a Xunta de Galicia ten previsto a instalación de 6 parques eólicos que espallarán 44 aeroxeradores por toda Serra. Na actualidade están en fase de tramitación o parque eólico do Rosal e o Parque eólico Torroña I, e as estes sumaranse os parques eólicos Toroña, Torroña III, Merendón e Albariño I. As infraestruturas eólicas afectarán ós concellos de Baiona, Oia, Tomiño, e O Rosal.

A denuncia pública presentada polo IEM baséase nos seguintes feitos:

Por un lado e tal e como se recolle no documento inicial de Avaliación de Impacto Ambiental do parque eólico Torroña I, promovido pola empresa ACCIONA Energía e que actualmente se atopa en fase de exposición pública, “a enerxía xerada polo parque eólico evacuarase a través da subestación prevista para o parque eólico Albariño I… Dita subestación servirá de infraestructura elevadora, ademáis, para o futuro parque eólico Torroña III”.

Por outro lado a distribución dos aeroxeradores nos diferentes parques eólicos, tal e como constan nos proxectos en tramitación e no Rexistro Eólico de Galicia, están mesturados e non existe una discontinuidade xeográfica entre eles especialmente no que atinxe ós parques eólicos Toroña e Torroña III, tal e como se pode apreciar na seguinte imaxe.

Polo tanto, debido a que comparten infraestruturas e que as áreas dos distintos parques eólicos se solapan, a tramitación como parques eólicos individuais resulta presuntamentemente ilegal. Esta presunta fragmentación artificial dos parques eólicos ten por obxectivo non superar os 30 MW xa que deste xeito, a tramitación dos seus expedientes faise pola vía simplificada e a autorización queda en mans da Xunta de Galicia, burlando así a obriga legal que establece que ós parques eólicos de máis de 30 MW deban tramitarse pola vía ordinaria e os de máis de 50 MW, correspondelle ó Goberno estatal a súa autorización.

Este xeito fragmentado de tramitación dos proxectos eólicos supón unha deficiente avaliación dos efectos ambientais que se xeran pola totalidade das infraestruturas eólicas á vez que se conculcan os dereitos de información e participación da cidadanía.

A fragmentación artificial dos parques eólicos ven sendo unha práctica moi frecuente que se ten denunciado en numerosas ocasións ata o punto de que os tribunais anularon o procedemento de tramitación dalgúns parques, recoñecendo esta práctica ilegal.

Ademáis destas presuntas prácticas ilegais, nas últimas semanas iniciouse o procedemento de tramitación de numerosos parques eólicos por toda Galicia. A Administración autonómica está aproveitando a situación de confinamento e limitacións de mobilidade da ciudadanía para tramitar os proxectos eólicos sabendo que os cidadáns non poden informarse convintemente e sen que se poidan celebrarse as asembleas preceptivas das diferentes comunidades de montes afectadas.

Resulta chamativo o feito de que a pesar destas claras vulneracións dos dereitos da ciudadanía, as administracións non garantan os dereitos dos cidadáns de xeito activo e teñan que ser a propia cidadanía a que se vexa na obriga de enfrontarse soa a estes procedementos de tramitación administrativa. “Non entendemos que é o que están a facer os concellos que terán que asumir estes proxectos eólicos en contra dos acordos plenarios e mesmo o Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico que asiste impasible á fragmentación artificial dos proxectos coa finalidade de burlar as súas competencias”. “A cidadanía está soa e ninguén vela polos seus dereitos

O IEM xa impulsou a elaboración dun manifesto apoiado por máis de 70 colectivos en contra da instalación dos parques eólicos na Serra da Groba. “Non se trata de estar en contra ou a favor das enerxías renovables, ese non é o debate. Trátase de opoñernos a un modelo enerxético que favorece o enriquecemento de fondos de inversión estranxeiros mentres a poboación local sofre as graves consecuencias medioambientais deste tipo de infaestruturas mentres seguimos sendo un dos países que mais cara paga a electricidade de Europa”.

Malia a falta de información pública e a tramitación tan opaca destes proxectos sabemos, a partir dos dous documentos que se atopan a exposición pública (O Rosal e Torroña I) que para a instalación de tan só 6 aeroxeradores serán necesarias,

  • 17 millóns de metros cadrados (case 700 hectáreas) de monte público afectadas.
  • Máis de 000 metros cadrados de superficie explanación para plataformas de montaxe
  • Máis de 000 metros cadrados de explanación para zonas de traballo.
  • Maís de 5 km de novos viais de acceso.
  • Case 13 km de gabias para a condución da electricidade

As afeccións ó territorio serán fondas e irreversibles, non só alterando a paisaxe natural que se transformará nunha paisaxe industrial senón estragando tamén hábitats e especies de interés comunitario nunha comunidade (Galicia) que se atopa á cola do estado español en superficie protexida pola Rede Natura 2000. Os danos ó patrimonio arqueolóxico serán tamén graves, tendo en conta ademáis que na Serra da Groba está a maior concentración de xacementos arqueolóxicos de Galicia. Serán graves tamén os impactos sobre os recursos hídricos superficiais e subterráneos que abastecen de auga potable ás poboacións humanas da contorna e que acentuarán os problemas xa existentes de escaseza de auga en épocas de sequía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí