Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Nadal conquista ao público infantil no Mercado de Tomiño

O 26 de decembro Migallas Teatro organizará un obradoiro con sesión contos, mentres que o día 19 Cía Eléctrica sorprenderá co seu espectáculo de narración oral -Carabranca-

O 26 de decembro Migallas Teatro organizará un obradoiro con sesión contos, mentres que o día 19 Cía Eléctrica sorprenderá co seu espectáculo de narración oral -Carabranca-

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello xa ten todo listo para acoller a vindeira semana ‘O Nadal no mercado’, unha programación totalmente de balde pensada para conquistar aos máis pequenos e pequenas da casa e que terá como escenario central o Mercado de Tomiño.

A primeira cita será con Migallas Teatro e o seu obradoiro ‘Arte e contos no Nadal’, unha sesión de contos onde o público escoitará relatos relacionados con estas datas tan sinaladas. Ao rematar a sesión de narración oral, os rapaces e rapazas participantes realizarán actividades artísticas utilizando diversas técnicas. Esta actividade, dirixida a público infantil a partir de 4 anos, desenvolverase o vindeiro luns 26 de decembro ás 11.30 horas.

O xoves 29 de decembro será a quenda de Cía Eléctrica, que se subirá ao escenario do Mercado municipal de Tomiño para representar ‘Carabranca’, un espectáculo de narración oral pola igualdade baseado nun conto de Iván Sende e interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz gañadora do Premio Maríaa Casares á mellor actriz e ao mellor texto orixinal en 2019 e do Premio Maruxa Villanueva á interpretación ese mesmo ano.

A través desta historia, cativos e cativas poderán divertirse con Carabranca, unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre que se lle presente. A partir do teatro de obxectos, a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade. Será ás 11.30 horas.

A alcaldesa, Sandra González, convida a todos os tomiñeses e tomiñesas a participar nestas actividades pensadas especialmente para público infantil e para desfrutar en familia das vacacións de Nadal dos máis pequenos e pequenas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí