Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O novo ciclo de cinco películas no Cineclub Poleiro arranca este xoves en Goián

Comeza o xoves 2 de febreiro con -A peor persoa do mundo- ás 20:30h

Comeza o xoves 2 de febreiro con -A peor persoa do mundo- ás 20:30h

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2023

Fuente: Cineclub Poleiro

O novo ciclo de cinco películas de primavera no Cineclube Poleiro de Goián comeza este xoves 2 de febreiro con "A peor persoa do mundo", que se proxectará no auditorio de Goián ás 20.30 horas, dirixida polo noruegués Joachim Trier. 

Sinopse: Julie vai cumprir os 30 anos e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte o seu talento e o seu mozo, Aksel, un novelista gráfico de éxito e maior que ela, tenta que sente a cabeza, presionándoa. Unha noite coñece a un mozo encantador e non tarda en romper con Aksel para comezar unha nova vida.

Premios: Mellor actriz no Festival de Cannes 2021, Mellor película de fala non inglés para o Círculo de Críticos de Nova York.

 

A continuación, o xoves 2 de marzo proxectarase "Que vemos cando miramos ao ceo", dirixida por Alexandre Koberidze (Xeorxia).

Sinopse: Unha nova parella decide citarse nun bar logo de coincidir varias veces pola rúa. Pero, coma nun conto de fadas, vítimas dunha extraña maldición, o día do encontro transmutaron a súa apariencia e son incapaces de recoñecerse.

Premios: Premio Internacional da Crítica no Festival de Berlín 2021, Premio especial do Xurado no Festival Mar de Plata 2021.

 

En terceiro lugar, o xoves 13 de abril chega o filme "Aftersun", da británica Charlotte Wells.

Sinopse: Sophie reflexiona sobre a alegría compartida e a melancolía privada dunhas vacacións que fixo co seu pai 20 anos atrás. Os recordos reais e imaxinarios enchen os espazos entre as imaxes mentres tenta reconciliar ao pai que coñeceu co que non coñeceu.

 

O xoves 4 de maio proxectarase "Tori e Lokita", dos cineastas belgas Jean Pierre e Luc Dardene. Unha denuncia sobre as mafias que explotan aos inmigrantes máis vulnerables premiada en Cannes.

 

Por último, o xoves 1 de xuño pechará o ciclo a película belga "Close", dirixida por Lukas Dhont, un poema sobre a amizade, o duelo e a culpa, protagonizada por dous amigos de 13 anos tratada con gran sensibilidade. Premio: Gran Premio do xurado no festival de Cannes 2022.

Co Bono socio, pódese acceder ás cinco películas por un prezo total de 12 euros.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí