Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Outono de libros baixa o pano coa ópera prima do escritor tudense Emilio Estévez

O autor presentará este venres 11 no Mercado de Tomiño (20.00 h) o seu libro -El Báculo de San Epitacio. Susana, Susana...-, a súa primeira incursión no panorama narrativo de aventuras

O autor presentará este venres 11 no Mercado de Tomiño (20.00 h) o seu libro -El Báculo de San Epitacio. Susana, Susana...-, a súa primeira incursión no panorama narrativo de aventuras

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tras seis semanas achegando á veciñanza a literatura de autores e autoras da comarca, o Outono de libros do Concello de Tomiño baixa o pano cunha presentación moi especial, a da ópera prima do tudense Emilio Estévez, ‘El Báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’. Nunha charla amable, amena e aberta a todos os públicos, o escritor descubrirá ao público a historia que se agocha detrás da súa primeira novela, coa que debuta no panorama narrativo de aventuras.

Ambientada principalmente en Tui, cunha prosa áxil e cun ritmo imparable, Estévez mergúllanos na historia de Susana, unha moza nada no País Vasco que ordena e organiza minuciosamente o seu presente e o seu futuro nunha época de reinicio e cambios, o verán de 1999, co novo milenio chamando á porta. Non obstante, o pasado sae ao seu encontro nunha viaxe á histórica cidade tudense, ao finisterrae románico, na procura das orixes da súa defunta nai que lle cambiará a vida para sempre. Con esta historia de fondo, os e as lectores poderán gozar dunha novela que cabalga entre o xénero de aventuras e a novela histórica, sen desatender os aspectos máis profundos da natureza humana.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a desfrutar da presentación do libro de Emilio Estévez ao abeiro dun programa co que dende o Concello se buscaba “descubrir aos tomiñeses e tomiñesas ás e aos escritores que teñen ao seu carón e dar visibilidade á creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade”.

Natural de Tui, Emilio Estévez é enxeñeiro industrial de profesión, doutor en matemática aplicada e profesor universitario. A súa carreira profesional desenvolveuse ocupando cargos de responsabilidade en empresas e organizacións empresariais, como Coplant, a principal distribuidora de planta ornamental de Galicia e das máis importantes a nivel estatal, da que é xerente. Coa chegada da pandemia, Estévez decidiu explorar unha inquedanza que tiña dende tempo atrás e comezou a dar forma a unha historia que percorre escenarios de ficción nunha aventura trepidante na que o lector e a lectora poderán atopar certos matices autobiográficos. O autor xa está a traballar na súa segunda novela.

A presentación será no Mercado de Tomiño ás 20.00 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí