Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP CONFIRMA A ESTEBAN GONZÁLEZ EN TOMIÑO COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA PARA AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Esteban González manifestou sentirse moi emocionado por encabezar o equipo de homes e mulleres renovado, unido e ilusionado que se presentará nos vindeiros días

Esteban González manifestou sentirse moi emocionado por encabezar o equipo de homes e mulleres renovado, unido e ilusionado que se presentará nos vindeiros días

Fecha: 16 de Marzo de 2015

Fuente: PP de Tomiño

Esteban González Miranda, de 33 anos de idade, titulado en Comercio nacional e natural da parroquia de Estás presentouse onte públicamente como candidato á Alcaldía do Partido Popular de Tomiño, nun acto no que estivo arroupado por Alcaldes, concelleiros e unha candidata do PP da comarca, a portavoz e presidenta da Xestora Paula Romeu, o Presidente provincial Rafael Louzán así como a Directora de Turismo, Nava Castro, o Director Xeral de Administración Local , Alberto Pazos, así coma un gran número de afiliados, simpatizantes e amigos.

En palabras de Alberto Pazos "o PP non o fan os que están nos departamentos da Xunta de Galicia senon todos e cada un dos que estades presentes hoxe aquí e que visitades cada día cada un dos recunchos do voso Concello" e "estades hoxe apoiando a Esteban, unha persona que leva traballando toda a vida no PP de Tomiño en prol dos tomiñeses e tomiñesas que residen nas 15 parroquias que compoñen o Concello de Tomiño".

Rafael Louzán salientou que "A Deputación de Pontevedra ven de aprobar unha ampliación na financiación destinada a Saneamento do Concello de Tomiño, tendo en conta tamen a preocupación polo emprego plasmada na financiación dos diferentes Plans de Emprego destinados ós desempregados de Tomiño, xerando máis de 100 postos de traballo no Concello".

"Hoxe apóstase por Esteban, un home da casa, e creo que os veciños de Tomiño valorarán esta opción que, convinada coa experiencia doutros membros que o acompañarán, serán quen de traer savia nova ó Concello de Tomiño".

Esteban González, pola súa parte, manifestou sentirse "moi emocionado por encabezar o equipo de homes e mulleres renovado, unido e ilusionado que se presentará nos vindeiros días", "que é preciso facer fincapé nos 1.700 desempregados do Concello de Tomiño, nos Servizos Sociais e na Educación como piares fundamentais para o desenvolvemento do Concello de Tomiño", e insistiu en que "nos presentamos como a única alternativa real que estou tremendamente orgulloso de encabezar".

Destacou, asimesmo que as Novas Xeracións, nas que él mesmo ten a súa orixe, " son a verdadeira rexeneración da política sumado á experiencia e pericia dos máis maiores".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones