Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal mellorará a estrada de Couselo e Tomiño investirá na senda peonil no Camiño Novo con cargoo Plan Concellos 2017

O goberno de Carmela Silva destina preto de 700.000 ? para oito novos proxectos en concellos da provincia

O goberno de Carmela Silva destina preto de 700.000 ? para oito novos proxectos en concellos da provincia

Fecha: 10 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

As achegas, enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos 2017, están destinadas a reformar rúas municipais, a mellorar sendas peonís e ciclistas, ao saneamento e a acondicionar paseos fluviais, centros culturais e espazos públicos nos concellos de Agolada, Lalín, Moaña, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal e Tomiño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case 700.000 € para que sete concellos da provincia poidan acometer oito novos investimentos nos seus termos municipais. En concreto, benefícianse das achegas Agolada, Lalín, Moraña, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal e Tomiño para, tal e como informou a Presidenta provincial, "levar a cabo reformas de rúas así como melloras no saneamento e proxectos de sendas peonís e ciclistas, paseos fluviais, centros culturais e espazos públicos".

Carmela Silva subliñou que "coas axudas aprobadas esta mañá, que ascenden a preto de 700.000 €, levamos xa distribuídos case 14,4 millóns de euros, é dicir, o 56% da liña 1 que, como saben, este ano ten un orzamento de 25.750.000 €". A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a importancia destas achegas "sen as que os concellos da nosa provincia dificilmente poderían facer fronte ás súas competencias, impulsar novos investimentos ou novos proxectos en beneficio das súas veciñas e veciños".

O concello de Agolada recibirá 97.248,21 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de formigón. Con esa aprobación, o concello ten xa adxudicado o 100% do Plan Concellos a través do cal a Deputación de Pontevedra achega 506.741,11 € á vila.

No caso de Lalín, o Goberno da institución provincial aprobou destinar 76.468,25 € para acondicionar o paseo fluvial do Río Pontiñas e a zona do Auditorio de Lalín. Ata o momento, Lalín ten adxudicado o 54,85% do orzamento do Plan Concellos que lle corresponde para este ano.

Pola súa banda, Moaña recibirá 171.380,13 € dos cales, segundo informou Carmela Silva, 99.380,13 € serán para a reforma do centro cultural "Daniel Castelao" e 72.000 € para o acondicionamento da antiga Casa do Concello e Praza de Abastos. Con estas achegas, Moaña ten o 62,81% do Plan Concellos 2017 aprobado.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar 76.479,62 € para que Pazos de Borbén invista na senda peonil e ciclista entre Moscoso e Xunqueiras. O concello ten, ata o momento, o 85,19% do orzamento que lle corresponde do Plan Concellos deste ano.

No caso de Redondela, o concello recibirá 88.365,26 € para o saneamento no barrio das Nogueiriñas, O Viso e Redondela. Con esta aprobación, o concello ten xa adxudicado o 52,34% do Plan Concellos 2017.

Pola súa banda, O Rosal recibirá 71.995 € para a mellora parcial da estrada de Couselo. Esta achega, sumada ás xa aprobadas ata o momento no concello, significan o 40% do orzamento que lle corresponde ao Rosal do Plan Concellos 2017.

Amais, Tomiño beneficiarase de 103.792,97 € para o financiamento de investimentos na senda peonil no camiño novo. No caso deste concello, con esta aprobación, ten adxudicado o 71,62% do Plan Concellos deste ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones