Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os carteiros e carteiras máis especiais chegan ás residencias de Tomiño

Integrantes de Voces Novas, promotores do programa -Unha postal polo Nadal-, entregaron medio cento das cartas personalizadas ás persoas maiores destes centros

Integrantes de Voces Novas, promotores do programa -Unha postal polo Nadal-, entregaron medio cento das cartas personalizadas ás persoas maiores destes centros

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño deixou en mans duns carteiros e carteiras moi especiais a entrega das primeiras cartas personalizadas da iniciativa ‘Unha postal polo Nadal’, un proxecto ideado e promovido polo Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño, Voces Novas, a través do que case 700 maiores do concello recibirán unha postal personalizada deseñada, creada e escrita polo alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do municipio.

Dez integrantes de Voces Novas entregaron estes días as primeiras 53 cartas ás persoas maiores das dúas residencias de Tomiño. O resto das misivas, máis de 620, foron enviadas xa por correo aos fogares de todos aqueles tomiñeses e tomiñesas con máis de 85 anos.

Trátase dunha iniciativa “moi bonita e humana” que xa celebra a súa terceira edición e que ano a ano vai medrando, como salienta a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, “grazas á rapazada tan implicada, colaborativa e empática que temos no noso concello. Temos que agradecer un ano máis o gran traballo feito por todos os mozos e mozas de Voces Novas e a ilusión, esforzo e ganas que puxeron en cada unha das cartas que crearon o alumnado do CEP Pedro Caselles Beltrán, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes e IES Antón Alonso Ríos”.

Un agradecemento que a edil quere facer extensivo ao gran número de persoas que fan posible un ano máis esta iniciativa grazas ao seu compromiso e colaboración desinteresados e que este ano permitirá facer chegar ás persoas maiores do municipio case 700 tarxetas pintadas e decoradas con diferentes técnicas nas que se incluíron ademais mensaxes personalizados. Rodríguez anima a todas as persoas remitentes a continuar a cadea e responder a estas tarxetas feitas con agarimo.

Tomiño é unha das Cidades Amigas da Infancia recoñecidas en Galicia por UNICEF. Un dos requisitos para conseguir esta distinción foi precisamente contar cun Consello da Infancia e Adolescencia comprometido co futuro do seu municipio e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata a loita contra o cambio climático.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí