Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Piueiro fai navegar pola rede o encontro de embarcacións tradicionais e ultima a recuperación dun volanteiro

A construción desta embarcación tradicional é un dos primeiros pasos do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia do próximo mes de xullo en A Guarda.

A web www.encontroaguarda.com xa está operativa con información do encontro e de turismo da zona.

Fecha: 12 de Diciembre de 2018

Fuente: Asoc Piueiro

Cunha mestura perfecta de modernidade e tradición, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais de A Guarda Piueiro traballa a reo na organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá no próximo mes de xullo na localidade do Baixo Miño. E nesas tarefas ven de acadar dous grandes fitos: a posta en marcha da páxina web www.encontroaguarda.com e a avanzada construcción dun volanteiro.

Tendo coma premisa básica a posibilidade de xunguir de xeito natural a recuperación da importante tradición marítima de A Guarda coa tarefa de dala a coñecer a través dos medios máis actuais, Piueiro ten moi avanzada a construcción dun volanteiro, unha embarcación da que se teñen referencias dende o século XVII, que viviu o seu momento de maior pulo no XIX e que desapareceu a comezos do XX pola aparición dos arrastreiros.

Na tarefa de revivir este maxestuoso barco céntrase Piueiro nos estaleiros El Pasaje, que encabeza a un amplo grupo de colaboradores que acadan a veintena: Astilleros Armón, Abanca, Murimar Seguros, Grupo Botas, Cabomar, Copemar S.A., Espaderos del Atlántico, Carbopesca-Pescadores de Carboneras, Asociación de Armadores de Marín-Opromar, MTD (Marine Technology Development), Zodport-Salvamento Marítimo Profesional, Inxenia Desarrollos Tecnolóxicos, Aserport Consignatarios, Cadilla C.B., Torres y Gago Lda, Antonio Elías Rodríguez y las comunidades de montes de A Guarda, Salcidos y Camposancos. Unha tarefa conxunta que amosa a implicación da sociedade galega, e mesmo andaluza, na recuperación do seu pasado.

Pero de pouco serviría toda esta labor se non trae consigo a súa divulgación. Nela terá un papel trascendental o devandito Encontro de Embarcación Tradicionais de Galicia que Culturmar otorgou a Piueiro de cara ó próximo mes de xullo. Un acto que vai moito máis aló dos seus catro días de celebración e que xa ten en marcha actividades previas. Entre elas, a recente posta en marcha da páxina web www.encontroaguarda.com, na que, dun xeito sinxelo e moi visual, pódese acadar todala información precisa do encontro, xa sexa para persoas interesadas en inscribirse nel como para aquelas que so queiran acudir coma visitantes. O público pode coñecer non so o propio encontro, senón que tamén pode acadar información turística de A Guarda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones