Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRETO DE 400 MOTORISTAS PERTENCENTES A CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE VISITARON TUI O PASADO SÁBADO

Preto de 400 motoristas pertencentes a distintos corpos e forzas de seguridade que teñen común a súa paixón polas motos visitaron o pasado sábado a cidade de Tui.

Preto de 400 motoristas pertencentes a distintos corpos e forzas de seguridade que teñen común a súa paixón polas motos visitaron o pasado sábado a cidade de Tui.

Fecha: 02 de Septiembre de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Preto de 400 motoristas pertencentes a distintos corpos e forzas de seguridade que teñen común a súa paixón polas motos visitaron o pasado sábado a cidade de Tui. A súa chegada tivo lugar pasadas ás once da mañá acendendo dende a Avenida da Concordia ao Paseo da Corredoira que presentou unha estampa nada habitual ao estar completamente ateigada polas motocicletas dos participantes na IV Concentración Internacional de Policías Motoristas organizada por Motopolisvigo.

Dende este céntrico paseo os participantes na concentración dirixíronse ata a Praza de San Fernando, onde foron recibidos polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Os mandatarios da Eurocidade lles deron a benvida e os convidaron a regresar ás dúas cidades fronteirizas nunha nova ocasión, agardando que sexa embaixadores turísticos da Eurocidade. Houbo intercambio de agasallos entre a asociación organizadora e as dúas administracións locais que brindaron a este colectivo o libro turístico da Eurocidade. Puideron disfrutar tamén do folclore local coa actuación do grupo "Refaixos e polainas" de Baldráns. Tras visitar a Catedral e o conxunto histórico os participantes nesta concentración cruzaron pola vella ponte internacional cara Valença onde tiveron o xantar con produtos da gastronomía portuguesa.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta o efecto positivo que este tipo de visitas teñen sobre a cidade xa que por unha banda os asistentes consumen no comercio e na hostalería local, e por outra coñecen tanto Tui coma Valença regresando de seguro noutra ocasión á zona ou recomendando a súa visita a familia e amigos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones